Falares 15

Page 1

FALARES 15

C.E.I.P. DE TENORIO CURSO 2006-07 SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


ÍNDICE: PÁXINAS FALARES VIAXANTE POETAS DE 1º

02 - 06 07

FALARES INFORMATIVO

08 - 15

CONTOFALARES

16 - 25

FALARES DE MARÍA MARIÑO

26 - 35

A FEIRA DE CUSPEDRIÑOS

36

SESIÓN PRIMAVERAL

37

AXENDA CULTURAL

38 - 43

FALARES POÉTICO

44 - 47

FALARES DEPORTIVO

48 - 49

MEDIÑO MEDO MEDÁN

50 - 55

FALARES DE RISA

56 - 59

DESPEDIDA

60

LETRAS GALEGAS

61


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

3


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

4


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 3ยบ E.P. 5


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

“Un avó especial”

ALUMN@S 3º E.P. 6


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

7


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

8


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 3ยบ e 5ยบ E.P. 9


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

HEDRA A hedra é unha planta medicinal de talo leñoso. Atópase nos muros e nas paredes en ruíñas. Serve para a reuma, hipertensión e catarros. Elaboración para curar a reuma: férvese un puñado de follas nun litro de auga durante 3 minutos máis ou menos. Déisaxe repousar 15 minutos, prepáranse panos co líquido temperado, e, sen espremelos, aplícanse varias veces ó día. A hedra é unha típica planta trepadora que pode erguerse a moitos metros do chan e gabear por case calquer tipo de superficie terrestre, como árbores,rochas e paredes

LAVANDA É unha planta aromática e medicinal. Procede de Europa meridional ou do norte de África. Aquí atópase en xardíns. Moi utilizada en perfumería e en produtos de cosmética. A nivel terapéutico utilízase como estimulante do estómago para o estrés, insomnio, migrañas… As flores disecadas e en pequenas bolsiñas acostúmase a colocalas no interior dos mobles para perfumar a roupa e preservala das couzas, tamén dentro de almofadas

ROSA MÍSTICA É unha planta ornamental. Procede de México. Alcanza unha altura entre 40 e 90 cm. Atópase nos xardíns. É unha planta ideal para o verán porque a súa floración e moi colorida e abundante.

10


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

CELIDONIA É unha planta medicinal. Atópase en camiños, cascallos, muros húmidos. Recoléctase en primavera e no verán.. Medra espontánea en toda Europa. A planta pode alcanzar 60 cm de altura. Desprende un látex purgante de cor laranxa que pode ser velenoso. Serve para o estrinximento, verrugas e calos.

ACELGA É moi rica en celulosa. Permite que os alimentos transiten rapidamente no aparello dixestivo. Se sufres extrinximento debes tomalo dúas ou tres veces á semana. Combaterás a dor de estómago e as flatulencias

MALVARISCO Planta herbácea perenne con talos dereitos de 2-3 metros de altura. Procede de China e é unha planta ornamental. Florece no verán e ten flores moi vistosas. Coas raíces, as follas e as flores prepáranse infusións, extractos líquidos e xaropes. É laxante e expectorante. 11


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Ficha Técnica Nome: Tucano Clase: Aves Pel: Plumas Extremidades: Ás Alimentación: Herbívoro Respiración: Por pulmóns. Reprodución: Ovípara Ave sudamericana. Posee unha plumaxe longa e suave e, o mesmo que o seu gran pico, de cores brillantes. Cando durme, torce a cola cara diante para cobixar debaixo dela cabeza e o pico. En Sudamérica cómese a súa carne.

Adoitan ter as patas e a cola longas. En caso de emerxencia moitos poden escapar desprendéndose da súa cola, que despois crece de novo. Hai algúns que son áxiles trepadores.

ALUMN@S 3º E.P.

Ficha Técnica Nome: Lagarrto Clase: Réptil Pel: Escamosa Extremidades: Patas Alimentación: Carnívoro Respiración: Por pulmóns. Reprodución: Ovípara

12


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

13


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Neste curso, en 4º, fixemos un proxecto para estudar o universo. Aprendemos moito sobre os planetas, as estrelas, as constelacións, as galaxias, a exploración do espazo,… Toda esta información recollémola nun libro e expuxémola no corredor da nosa aula. Alí podédela consultar cando queirades. Agora vos imos contar algunhas das cousas que máis nos chamaron a atención:  

    

  

O universo creouse a partir dunha grande explosión: o BIG BANG. Non coñecemos os seus límites: é infinito. Para medilo non nos serven as magnitudes terrestres, e empregamos outras xigantescas: o ANO LUZ e a UNIDADE ASTRONÓMICA. Un ANO LUZ é a distancia que percorre a luz nun ano: uns 10 billóns de kilómetros. A astronomía é a máis antiga das ciencias. Dende a prehistoria a humanidade observou e estudou o ceo. A nosa galaxia chámase VÍA LÁCTEA e contén máis de 100.000 millóns de estrelas. A galaxia máis proxima a nós é ANDRÓMEDA e está a 2.400.000 anos luz. A estrela máis grande coñecida é NU de CEFEO, a máis grande visible é BETELGEUSE e a máis próxima ó sistema solar é ALFA CENTAURI. Para algunhas civilizacións o sol foi un deus e puxéronlle distintos nomes: Helios para os gregos, Ra para os exipcios,… Mercurio rota cada vez máis lentamente porque o frea a gravidade do sol. Venus rota en sentido contrario ó resto dos planetas, seguramente porque unha colisión con outro corpo fixo que cambiara. 14


C.E.I.P. DE TENORIO 

     

CURSO 2006-07

A terra é magnética porque o seu núcleo é de ferro. Compórtase coma un xigantesco imán. En Marte atópase o Monte Olimpo, o máis alto do Sistema Solar. Mide máis de 24 km de alto e 600 km de base. Coñécense ó redor de 20.000 asteroides. O máis grande é CERES, descuberto en 1801 e que mide 900 km. Os máis pequenos son do tamaño dunha pedra. Xúpiter xenera máis calor no seu núcleo có sol. Ten un anel moi fino que só se ve a contraluz. Saturno ten unha densidade tan baixa que se existira un océano o suficientemente grande, flotaría. Urano non rota como unha buxaina, faino rodando sobre a súa órbita solar, coma unha pelota. En Neptuno zoan os ventos máis veloces de todo o Sistema Solar. Chegan a acadar os 2.200 km/h. Plutón xa non é considerado un planeta porque se descubriron asteroides máis grandes ca el. Só vemos unha cara da Lúa. A outra a observamos co vehículo LUNIK II. A lúa afástase da terra uns 3 cm ó ano. Os astronautas medran uns 5 cm cada vez que van ó espazo, pola falta de gravidade. Cando regresan á terra, encollen outra vez. Cando Neil Amstrong pisou a lúa dixo: “Este é un pequeño paso para o home, pero un grande salto para a humanidade”. Algúns científicos dubidan de que a viaxe á lúa fose certa porque pensan que daquela a ciencia non estaba tan desenvolvida. ALUMN@S 4º E.P. 15


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

16


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S ED. INFANTIL 4-5 ANOS 17


C.E.I.P. DE TENORIO

Javier Vieitez e Victoria Marcial 5ยบ E.P.

CURSO 2006-07

18


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

19


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

20


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Jessica Marcial e Sandra Gonzรกlez 5ยบ E.P. 21


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

22


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

23


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

“A gran treboada” 4 de marzo de 1994. Era de noite. Tronaba moito, dábame medo. O mar estaba moi bravo con ondas de seis metros. Era terrible, as casas estaban inundadas. Os que estaban dentro xa non podían sair. Entón chegou o helicóptero e sacáronos polo tellado. Toda a xente estaba aterrorizada, tiña moito medo de que sucedera o mesmo do día anterior. Dende entón toda a xente que volta ó mar sempre recorda ese terrorífico dia. Sergio 6º

“O mar” Unha mañá, mentres durmía, espertoume pouco a pouco un son moi tranquilo, suave,… viña e marchaba, así sucesivamente. Abrin a ventá e a paisaxe era preciosa, un ambiente tranquilo, co son das gaivotas e das ondas rompendo nas rochas. Púxenme na terraza lendo, pero non podía; tiven que miralo outra vez!, e así decidín baixar e cada vez o sentía máis preto. Cando cheguei, sentinme tan contenta que pensaba en todo menos en marchar dese lugar tan bonito. O mar tiña unha cor indescritible, un azul transparente, con moitas cunchas de diferentes tipos, había un banco de peixes de cores que reflectían co sol e parecía o arco da vella Despois de pasar varias horas contemplando ese precioso mar, tíñame que ir; así que fun correndo para casa, collín a cámara de fotos e volvín a baixar, saqueille unha foto ó solpor, nunca vira un igual. Cando regresei da viaxe e revelei as fotos, merquei un marco de peixes pintados para aquela foto do solpor tan bonita que sacara. Dende entón téñoa na mesiña de noite e cada mañá, cando vexo esa foto acórdome dese tranquilo e suave son Mercedes 6º

“Unha noite inolvidable” Aquela noite de estrelas tan bonita, era o día que máis triste estaba, porque a miña noiva emigrou para outra cidade. Pensei que o mar era o mellor sitio onde poder esquecer todo os recordos e pensamentos que me sucederan con ela. Entón ó día seguinte fun só a praia, a unha da mañá, senteime e ó pensar nela caíanme cada vez máis as bágoas, ,pero…; que era aquelo que viña por alá? Era ela! Ó mirar quedei mudo de alegría, díxome que quería durmir comigo na praia, á luz da lúa. Dende aquela sempre lle pedin aos meus pais que me levaran á praia onde

sucedeu todo, para darlle grazas ó bonito mar dos meus sonos. Hugo 6º

24


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

“A muller tractorista” Este era un pobo que tiña unha boa colleita, nel vivía unha nena que lles gustaba recoller os froitos e xogar con eles. A súa nai era tractorista e o seu pai recollía a colleita. Un día mentres traballaban divisaron ó lonxe un incendio, que cada vez achegábase máis, e chamaron ós bombeiros. Un home ofreceuse a recoller a colleita pero ía tan rápido que tivo un accidente. Entón tiveron que chamar a outro tractorista pero non lle acendía o tractor, a única solución que lle quedaba era a nai da nena, a tractorista, pero non a vían capaz de facelo. Cando estaba transportando a colleita, os paxaros fixéronlle un parasol por mor da calor. Unha vez que xa estaba salvada a colleita foron cear, porque o pai da nena fixera unha cea para todo o pobo coa colleita. Dende aquela a nena quixo ser tractorista coma a súa nai. Irene, Carla e María de 4º

Tamén nos visitáron uns contacontos de Kalandraka para os/as máis cativos/as do cole. 25


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

26


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

27


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

28


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 3ยบ E.P.

29


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

María Mariño naceu na vila de Noia o 8 de xuño de 1907. Foi poucos anos á escola e traballou de costureira polas casas dos veciños.

A familia era humilde, o pai foi zapateiro e a nai traballou como xastra amáis de ocuparse dos labores da casa..

Antes de declararse a guerra civil trasladouse toda a familia a Boiro, á casa dunha tía que traballaba de cociñeira no pazo de Goiáns. O pazo tiña unha boa biblioteca na que María vai pasar moitas horas.

María coñece ao seu home, Roberto Pose Carballido, co que, o 31 de marzo do 39, casa no municipio de Boiro.

María e Roberto teñen un fillo pero a pena e que lle morreu ao mes e medio de nacer. 30


C.E.I.P. DE TENORIO

A metade dos anos corenta, María perde a nai, a quen se sentía moi unida.

CURSO 2006-07

Xosé Baltar, médico da zona e amigo do matrimonio, recoméndalles a escola de Parada do Caurel.

É posible que María escoitase os poemas de Uxío (amigo da parellla). María comeza a escribir os poemas que formarán parte dos seus libros.

A nosa escritora morre a consecuencia da leucemia o 19 de maio do 77, e deixa poemas dos que algúns nenos e nenas lles facemos referencia. 31


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Palabra no tempo

Eu non sei… O silencio das cousas hoxe...

Quen manda na hora de hoxe

O muíño

Froriñas de alto talle...

Cando soupen… Se verdade ben soupera...

Miro, miro e non vexo...

Furna son de San Paio 32


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Ed. Infantil de 3 anos 33


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ED. INFANTIL 4-5 ANOS

34


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

5º ED. PRIMARIA

A saudade espiuna de diferentes maneiras para amosar unha nova voz

A súa voz soa dende o máis profundo, dende “os furados da terra”

Ánxel Fole

Ramón Piñeiro

Rosalía de Castro

Aos meus oídos chegaron os seus versos, na voz de Uxío Novoneyra

De min herdou o gusto pola poesía e a saudade. Logo aderezouno todo dialogando coa natureza.

A miña muller, tamén escritora, dixo dela que facía pensar nas sereas Manuel María

Eu chamábaa cariñosamente “dinamiteira da fala” Uxío Novoneyra

Augusto Assía 35


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

“ A FEIRA DE CUSPEDRIÑOS” A feira de Cuspedriños é unha feira moi popular que se deixou de facer a finais dos sesenta, e recuperouse os días dezanove e vinte de maio de dous mil sete. A esta feira a xente ía con chourizos, queixo, costelas, ata levaban animais. Unha delas era miña bisavoa que ía moi cargada. Dentro da capela de Cuspedriños había moita xente porque botaron unha proxección das antigas feiras e víase como a xente levaba zocos, toucas e cestas con comida. O que a min máis me sorprendeu e me gustou desta feira foi que había mel, que tiña unha pinta boísima, algúns xoguetes como as bruxas, libros antigos e moi interesantes; e por último, legumes coma pementos, feixóns, tomates e incluso algunhas plantas. Hai que darlle as grazas aos que fixeron posible realizar esta feira, que son: Emilio Iglesias e Lina Garrido. Así que desde a miña casa, moitas grazas. Natalia García Meijueiro 6º

Fotos de María Alonso 36


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

SESIÓN PRIMAVERAL O día 21 de maio de 2007 déronnos unha charla sobre diferentes animais impartida por Federico de la Peña. Os malos da veciñanza son os morcegos, as arañas e escorpións que levan vivindo na terra millóns de anos e hai animais que nos poden matar coma as víboras e as abellas. Os mosquitos, mellor dito os mosquitos femia, pican cando vai calor e veñen a nós pola calor que desprendemos. Cando nos pican na proximidade do ollo péchase a pálpebra. O paludismo e a malaria son dúas enfermidades que transmiten os mosquitos femia. O ventilador, as cremas e os allos fan que non se acheguen a nós. As moscas son moi perigosas aínda que se pense que non, porque se pousan en calquera lugar, ata nos excrementos dos animais, por iso poden transmitir ata cen millóns de bacterias. Cando as moscas poñen os seus ovos nunca ferida as larvas son capaces de perforar os tecidos animais. As pulgas son duras, rápidas e campioas de salto, en proporción ao seu corpo. Hai 1500 especies de pulgas. Poden producir a peste e o tifo. Nas praias hai unha especie de pulgas que se meten nas unllas dos pés e ata polo ano dunha persoa. Os carrachos son uns bichos que se alimentan do sangue e que despois de estar no corpo dun can ou un gato comendo todo un día sóltanse e poden estar sen comer ata 10 meses. Para sacar os carrachos o mellor de todo é non molestarlles senón poden vomitar o que comen e producir parálise temporal. As abellas son animais voadores que viven nunha colmea e pódense agrupar entre 5000 e 80000 exemplares. As abellas obreiras non se poden reproducir, soamente a raíña. As abellas que pican son as obreiras e morren a continuación. A araña é un animal pequeno que non ten forza para morder a unha persoa. A máis perigosa é a negra mediterránea e non é moi abundante en Galicia. As tarántulas viven en galerías e cazan de noite. Para evitar que a picadura inche hai que ir ao médico rapidamente. Os escorpións son animais perigosos que hai en Galicia, no sur de Lugo e no norte de Ourense, en zonas moi quentes. Se nos pica, ao principio non sentiremos nada pero pasados uns minutos é unha dor insoportable que pode durar minutos e incluso días. Debemos de ir ao médico. No mar hai medusas. Existen dende hai seiscentos cincuenta millóns de anos. Teñen nos seus tentáculos dardos que son os que nos pican. Para aliviar a dor pódese lavar a ferida con auga de mar sen tocala ou ben mexar nela. As medusas non se poden tocar nin sequera mortas. Os seus tentáculos poden chegar a medir ata 30 m. A medusa cubo pode matar a unha persoa adulta en só tres minutos. As fanecas bravas son: o peixe arañón e o peixe víbora. Teñen espiñas velenosas na aleta dorsal. Cando pican a dor é tremenda por iso debemos ir o médico. En casos moi extremos poden ter que amputar a perna. As serpes nadadoras son inofensivas e pódense diferenciar das víboras polos ollos. As serpes teñen o iris redondo e as víboras en vertical. Mercedes González Taboada.

6º de E.P.

37


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Na pequena aldea gala, de todos coñecida, Astérix e Obélix fan os preparativos dunha nova viaxe. O motivo é que o druída, Panorámix, está esgotando algúns dos ingredientes que leva a súa apócema máxica que, aínda que non son imprescindibles, di que lle dan un toque especial á poción. Precisan ir na busca de: grelos, fabas, patacas... e, sobre todo da enerxética cacheira de porco. Pensan viaxar estes días, aproveitando que en Gallaecia vive un curmán de Panoramix, chamado “Cacheirix”, tamén druída de profesión, que coñece ben a receita da beberaxe que trae aos romanos de cabeza. Tamén é certo que nestas datas de Entroido todos eses ingredientes están ben saborosos. E aquí comezará a súa epopea. Sairán da Bretaña cara á Gallaecia atravesando o mar Cantabricum. Chegarán a onde os romanos din que remata o mundo (Finisterrae) e logo baixarán polas fermosas rías gallaécicas ata a de Pontus Veteris e alí subirán polo Lérez ata a vila de Tenorius onde esperan obter toda a mercancía que pretenden levar á Galia. En Tenorius, como antes dixemos, tamén coñecen a poción máxica, con lixeiras variantes, que inventou o curmán de Panorámix, Cacheirix que, nunha das súas viaxes, namorou destas terras e quedou aquí para sempre. Por iso, tamén alí, en Tenorius, saben manter a raia aos romanos. Os nosos amigos embarcan nunha pequena dorna dispostos a cruzar o Cantabricum. A viaxe resulta tranquila pois o tempo lles acompaña e o mar non está bravo. Preto de Finisterrae teñen un pequeno contratempo cuns vellos coñecidos que non hai viaxe que non atopen. Nin que tivesen imán! Os resultados destes encontros son ben coñecidos por todos. Feita esta pausa, que gustou moito a Obélix, emprenderon a marcha e chegaron a Pontus Veteris. Atracaron a súa dorna xunto a ponte do Burgum e botaron a andar por: Xevum, Borum e Calvelum ata chegar a ...Tenorius!

38


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Nesta marabillosa vila, deciden gozar uns días da festa do Entroido. E como non! Sabedes que é o que máis lle gustou a Obélix? A comida! Porcos ben cebadiños, mellores cós xabarís da súa Galia. Naquelas datas, os romanos andaban moi inquedos pois, os seus servizos secretos detectaran a presenza de dous espías galos nestas terras... O propio César convocou o senado en Roma! Despois de moitas discusións, César consegue que o senado romano aprobe o envío de máis tropas a Gallaecia para capturar aos perigosos espías galos. Mentres isto ocorre, os servicios secretos romanos chegaron á conclusión de que...os perigosos espías estaban na aldea de Tenorius! e de que... non sospeitaban nada de que andaban detrás deles. As novas chegaron aos oídos de César que... sen esperar nin un minuto, mandou ás tropas que lle puxeran un cerco a Tenorius, coa fin de capturar aos espías galos. Ao redor da vila, moi pronto, empezouse a ver moito movemento. De alí a uns días Tenorius amenceu totalmente rodeada de campamentos romanos e o asedio comezou. Os tenorenses decatáronse de seguido do que estaba a suceder. Na vila, non entraba nin saía ninguén, ata que un día ó amencer... O propio Xulio César! impoñía as condicións para que os espías fosen entregados aos seus exércitos. A resposta dos bravos tenorenses foi máxima e inmediata: - Vinde vós a por eles ! Nin máis nin menos que unha pequena vila retaba a todo o exército romano! A Xulio César aquilo non lle soubo nada ben. Onde atopara tanta ousadía outras veces? Un pouquiño alterado dispuxo as súas lexións para a gran batalla. Sería cando amencese. Tenorius sería arrasado! Non quedaría nada en pé! Dentro da aldea reinaba a tranquilidade, e os únicos preparativos que se facían eran unha enorme fila, onde todo o mundo agardaba cunha cunca na man a que lle fose servida a ración de poción máxica para combater aos romanos.

39


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Recordade que o druída de Tenorius, Cacheirix, era curmán de Panorámix e por iso, compartían moitos segredos druídicos. Cando todo o mundo xa tomara a apócema, Astérix, que era un gran estratega, propúxolle un plan de ataque ao xefe da vila... E o novo día chegou! Tenorius atopábase rodeada de romanos por todas partes. De súpeto, as portas da vila abríronse de par en par e, por elas, saíron como se non pasase nada os nosos heroes. Nas filas romanas non había máis que caras de asombro e satisfacción pois, a maioría cría que aquilo significaba que se rendían e, dese xeito, non habería batalla. Pero , cheo de espanto, alguén berrou: Son Astérix e Obélix ! E pola cara que teñen de satisfacción, seguro que están ata as orellas de poción máxica! Estamos perdidos! Pronto, moitos máis compañeiros de aquel asustado lexionario recoñeceron aos nosos heroes e todo o exército romano entrou nun mar de dúbidas e vacilacións. Cando se puxeron a tremer, Astérix dixo: - “ Xa que non vos decides vós, farémolo nós! Pobo de Tenorius... ao ataque!” E...aínda non asomara a multitude pola porta cando os romanos puxeron pés de foguete! Xulio César regresou a Roma acompañado do seu exército, derrotado!, e tivo que sufrir os abucheos dos senadores. Estes marcharon en comitiva cara á Tenorius para intentar asinar un tratado de PAX. Alí foron invitados a cheirar a famosa apócema. Os senadores, intrigados, preguntaron a Cacheirix o nome da poción e este contestoulles: “Caldorum Galaecius!, meus queridos amigos” Oh!, que ben cheira! dixeron os senadores fregando os bandullos. Por iso, dende ese día, a poción máxica dos tenorenses coñécese como “Caldo Galego”, famoso no mundo enteiro! FIN

40


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

41


C.E.I.P. DE TENORIO

Fanny Bourdรณn 5ยบ E.P.

Gabriel Gonzรกlez 2ยบ E.P.

CURSO 2006-07

David Fontenla E.I. 4-5 anos

Tatiana Rojas 4ยบ E.P. 42


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

Nerea Castro 6º E.P.

Adrián Marcial 3º E.P.

Sofía González E.I. 4-5 anos

Leila Gómez E.I. 4-5 anos 43


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

POEMAS CON SENTIMENTOS Cando a lúa aparece no ceo e coma se unha pinga de leite caera nun mar de tinta negra. (Anxo Peleteiro) Eu gardo os soños nunha mochila de cores ten as cores do arco da vella. Esa mochila está case chea de soños enormes, bonitos e de sabores. (Anxo Peleteiro) Eu sinto algo por ti, pero non é moi grande, meu corazón xa está cheo de maldade, e non quero estar contigo. Eu quero ser, coma unha estrela, soa na vida, e a que brila máis de todas. Eu quero ter un paraíso, onde non me doa a barriga, onde non teña amigos, e pais, e avós, e tíos, porque non o teño. (Tatiana Rojas)

Carla Rey 4º

POEMAS CON PALABRAS ESCOLLIDAS

Silencio cabaleiros un coche acércase, di Alberto mentres que peitea unha Barbie. Pero de súpeto, empezan a cantar a canción dos animais. O gato empeza a miañar, o can a ladrar. Pero o cabalo mandounos calar. Todos quedan calados, menos o faisán espetado, pero dille o lobo: “Se non calas o león te comerá” e despois detrás dun estoxo te ocultará. (Pedro Iglesias) 44


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ACRÓSTICOS

Anxo é meu amigo Mamá é moi guapa Non ten máis ca un irmán As veces rifa moito comigo Xoga con toda a clase e Moléstanlle as mentiras. O seu mellor amigo non é un, son de- Antes facíame algúns doces zaoito

(Carlos Martínez)

Teño moito medo, Eles, os de atrás, soltaron un Ñandú do circo e Ouvearon os cans Mesturaron as nosas roupas E enchéronnas de alcatrán, Despois puxémolas e tivémolas que tirar Os outros rindo, volveron á casa a xantar

(Raúl Ibargüen)

(Tatiana Rojas)

Quero Ultimamente Estar moito Rato co meu pai, Ou coa miña nai, E non sei Se será bo Tanto colo. Espero Alcanzar a verdade sen Renunciar á felicidade (Anxo Peleteiro)

Irene González 4º 45


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

POEMAS CON SON Cando te atopo a ti debaixo da Figueira co teu Faisán tan Fermoso, sei que é por Facer unha Festa, pero tes medo por Fernando coa súa Factura. (Sheila Sueiro) Laranxas e limóns, limpos de todo e ó lonxe un letreiro lixado e con lama un cataventos polo aire do libro que agora pecha. Teseo teno todo o tempo, o poder o temporal… Tira a tinta e a tila quere o destrozo total para detelo, encerrámolo e en moito tempo non se escoitou nada sobre el. (Irene González)

Irene González

Perdemos o noso amor nun barco chamado Rafo esperando no mar a que todo se arranxe. Espero que sí! Vermello é o teu vestido a cor do noso amor perdido. Marta, espera! Existe nos grandes mares un corazón de amor que pode arrancar todo o noxo. Os teus ollos son azuis, a cor do ceo e do mar. (Christian Pichel)

46


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

POEMA COLECTIVO Cando nas noites de luar calados, empezan a cantar os grilos, todo se acende, sen un só ruido, as persoas empezan a traballar sen descanso, pola mañá, sae o sol coa súa mañá, e cantan baladas, e os galos cantan, e todos empezamos a almorzar, cunhas torradas todos no seu fio acompañando ao seu fillo pero de súpeto, empeza a bailar, é Nadal, é Nadal, di o señor marqués, mentres que baila, un tirolés, hai que celebralo

Raúl Ibargüen 47


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

FALARES DEPORTIVO

Este ano o deporte escolar cambiou con relación a anos anteriores. Houbo modificacións tanto nos deportes como na organización, pero, a pesar de todo, nós continuamos participando. O máis importante a destacar é que en todos os deportes os equipos son mixtos, participando tanto nenos como nenas, e resultou moi divertido. Agora chámase “Deporte na Escola”, onde soamente participan colexios. Este ano xogamos a : fútbol-sala, baloncesto e xadrez. Como novidades puxeron balonmán e a proba cultural, que consistía en responder a unhas preguntas por parellas. Tamén incluíron unhas probas de atletismo e de natación. O noso cole obtivo os seguintes resultados: CATEGORÍA A (3º e 4º): Final: CEIP DE TENORIO—CEIP DE FORCAREI CAMPIÓN CEIP DE TENORIO CATEGORÍA B (5º e 6º): Final: CEIP DE TENORIO—CEIP CORDO BOULLOSA (Pte. Caldelas) CAMPIÓN CEIP CORDO BOULLOSA (Empatado a puntos co noso cole, pero quedaron eles primeiros porque na final gañaron na proba cultural) Por quedar campións na categoría A, acudimos a Tui para participar na final provincial do “Deporte na Escola”. Alí estivemos xunto con outros coles da provincia: San Narciso de Marín, CEIP de Tui Nº 2, Ángel de la Guarda (Nigrán Tivemos que volver a participar en todos os deportes e resultou moi divertido. Primeiro estivemos xogando no Pavillón de Randufe e logo fomos en autobús para o Pavillón Vello de Tui, onde fixemos a natación e máis o atletismo. Despois comemos, alí daban bocadillos e froita. Como xa non chegamos á final, ao rematar de xantar xa viñemos para casa. Un día inolvidable e moi canso.

48


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07 María Alonso 4º

Como todos os anos tamén participamos no campionato de Campo A Través, que se volveu facer, na fase local, no campo de fútbol de Tenorio. Os resultados máis salientables foron: Alevín feminino. 4º Nerea Castro 6º Sandra González 7º Tania Rodríguez 8º Mercedes González 9º Jessica Marcial 16º Victoria Marcial 17º Natalia García 18º Laura Nores 19º Fanny Bourdon

Alevín masculino 1º Hugo Riveiro 7º Juan C. Argibay 10º Eloy Lorenzo 17º Roberto Rodríguez 21º Javier Vieitez 22º Alej. Provenzano 53º Miguel Dios

Benxamín femenino 3º Irene Varela 6º Noelia Domatos 11º Sheila Sueiro 21º María Alonso 22º Carla Rey 23º Irene González 25º Sonia Gil 27º Antía Gondariz 38º Tania Bugallo

Estes son os/as nenos/as que acudiron a Porriño para participar na Final Provincial de Campo A Través Infantil Feminino: 37º Leticia Muíños

Irene González 4º

Benxamín Masculino 1º Anxo Peleteiro 15º Ernesto Rivas 18º David Nores 19º Alvaro Búa 20º Juan Abilleira 25º Alberto Ventín 37º Jorge Monteagudo 44º Daniel Vidal 46º Pedro Iglesias 51º Carlos Martínez

Os nosos atletas xa empezan a estar preparados para as próximas Olimpiadas en China.. 49


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

50


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 3ยบ E.P.

ALUMN@S DE E.I. 4-5 ANOS 51


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 6ยบ E.P.

ALUMN@S DE 4ยบ E.P. 52


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE 5ยบ E.P.

ALUMN@S DE 2ยบ E.P. 53


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S DE E.I. 3 ANOS

ALUMN@S DE 1ยบ E.P. 54


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

55


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

ALUMN@S 2ยบ E. P.

56


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

57


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

58


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

59


C.E.I.P. DE TENORIO

NATALIA GARCÍA

CURSO 2006-07

NEREA CASTRO

EDUARDO FONZÁ-

ROCÍO PEREIRA

JUAN GIL

REBECA FERNÁN-

JENNIFER MOR-

MARTÍN ESTÉVEZ

LETICIA MUíÑOS

MERCEDES GONZÁ-

HUGO RIVEIRO

L. DAVID GARCÍA

IVAN COUTO

SERGIO MOREIRA

J. ÁNGEL DIZ

ALEJ. PROVENZA-

O alumnado de 6º de Ed. Primaria despídese de nós, xa que marchan para a ESO. QUE MAIORES! ATA SEMPRE! 60


C.E.I.P. DE TENORIO

CURSO 2006-07

PROGRAMA LUNS 14  

Recitado de poemas 3º ciclo Inauguración exposición María Mariño.

MARTES 15  

Contacontos grupo “Os Carballiños”. Visionado dos contos de “Astérix e Obélix”, dobrados ao galego. Proxección de cine mudo: “O cuarto prohibido”.

MÉRCORES 16  

Ás 10:30 horas chocolatada. Ás 11:30 horas, visita ás exposicións e proxeccións. Ás 12: 30 horas: - Teatro Ed. Infantil “A granxa de Martina”. - Teatro de actividades extraescolares: “O bosque animado”. - Baile galego de actividades extraescolares

61


C.E.I.P. DE TENORIO TENORIO S/N 36120 COTOBADE (PONTEVEDRA) TLFNO/FAX: 986764102 CORREO ELECTRÓNICO: CEIP.TENORIO@EDU.XUNTA.ES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.