Falares 13

Page 1

C.E.I.P. DE TENORIO

FALARES 13 CURSO 2004-05 SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


CEIP DE TENORIO

  

 

 



   



  







 



  



  



 



   







 



CURSO 2004-05

2


CEIP DE TENORIO

UNHA ENTREVISTA A MAMÁ Que deporte che gusta máis? Ximnasia Por que che gusta ese deporte? Porque é divertido e moi variado. Dende cando che gusta ese deporte? Desde que era pequena e facía ese deporte. Gústache o turrón do Nadal? Algúns si e outros non. Rompéuseche un dente co turrón duro algunha vez? Non, nunca me rompeu un dente. Gústache o turrón de améndoas? Si, o duro e o brando Que materia che gusta máis? Literatura porque estudas moitos escritores. Gústanche as matemáticas? Non, son moi complicadas e aburridas Tes fallos nas matemáticas? Moitísimos Ves a televisión? Non, porque non me gusta Cal é o teu programa favorito? Ningún Cal foi o teu ano preferido? Os anos nos que tiven ás miñas fillas, o 1992 e o 1996 Gústache o verán? Por que? Si, porque me gusta bañar na praia, é moi agradable. Grazas por contestar ás miñas preguntas.

Fanny Bourdón 3º E.P.

QUE QUERO SER DE MAIOR? Os nenos e nenas de segundo de educación primaria teñen como ilusión: Anxo.– Gustaríame ser BOMBEIRO, porque son moi importantes para apagar os incendios. Espero que os meus soños se fagan realidade. Alberto.– Quero ser PINTOR, porque é moi divertido. Christian.- Desexaría ser MESTRE. Miguel.– Quero ser CAMIONEIRO e condutor de coches para conducir coches “tuning” Sheila.– Quero ser VETERINARIA porque hai moitos animais en perigo de extinción, e tamén quero coidar a outros animais que están enfermos. Carlos.– Gustaríame ser POLICÍA porque quero axudar á xente e atrapar aos ladróns. Cristina.– Desexaría ser VETERINARIA porque me gustan os animais. Pedro.– Gustaríame ser BOMBEIRO, porque salvan as persoas que están en apuros. Irene G.– Quero ser PEITEADORA ou CAMAREIRA. María.– Gustaríame ser ACTRIZ de TEATRO. Carla.– Quero ser MESTRA, porque sempre xogo a mestres e alumnos. Jessica.– Quero ser VETERINARIA, porque así axudo aos animais. David.– Desexaría ser GRANXEIRO ou MARIÑEIRO. José Carlos.– Quero ser CARPINTEIRO ou CONDUTOR de coches “tuning” Irene V.– Quero ser MÉDICO, porque me gusta curar á xente. CURSO 2004-05

3


CEIP DE TENORIO

  Visita á Panadería de Tenorio

Saímos do cole

Cruzamos pola ponte, que é como hai que facer

Xa chegamos! Traballamos moito!

Comemos o pan que amasamos pero antes houbo que cocelo no forno CURSO 2004-05

Despois de traballar e comer tanto, toca descansar 4


CEIP DE TENORIO

VISITA DA POLICÍA O martes 16 de novembro foi un día moi especial. A Policía veu ao meu colexio, para facernos unha demostración do seu traballo. Explicáronnos cunha película de vídeo a parte teórica, e a parte práctica foi moito máis emocionante. Aprendemos como ensinar a un can a rastrexar e atopar cousas perdidas. Como funciona un robot desactivando bombas. Subimos ás motos e aos coches e puidemos prender as sirenas. Vimos distintos tipos de armas e coñecemos que é un detector de metais. Ao final regaláronnos pegatinas e un carnet de policía infantil. Paseino moi ben e aprendín o valentes e importantes que son os POLICÍAS, porque salvan moitas vidas. Juan Carlos 3º EP

CURSO 2004-05

5


CEIP DE TENORIO

AS FORMAS NA MÚSICA

O outro día fomos ao Teatro Principal. Foi moi divertido e alí aprendemos moito. Ensináronnos que cunha simple frase pódese facer unha canción enteira engadíndolle varias cousas: introdución, ponte e coda. Tamén había moitos instrumentos: violíns, violoncello, frauta, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trombón, tuba e percusión. Había dúas filas de cadeiras. Mentres os músicos tocaban un ballet, cada fila facía un ritmo diferente seguindo as ordes do presentador. Falando do presentador, tamén vou contar que era un pouco traveso, pois agachoulles as partituras aos músicos. Por iso tiveron que inventar unha nova e de aí ven que nos ensinaran todo aquilo. En definitiva, foron unhas horas moi valiosas porque pasamos un momento agradable e aprendemos moitas cousas. A min persoalmente foi unha das excursións que máis me gustou. E creo que aos meus compañeiros, tanto de 5º coma de 6º, lles pareceu o mesmo. Por certo, este concerto chamábase “As formas na música”! e estaba patrocinado por Caixanova. Alba Acuña Graña 6º

CURSO 2004-05

6


CEIP DE TENORIO

MÚSICA POPULAR GALEGA Saímos da escola cedo. Cando chegamos ao Pazo da Cultura aínda non empezara o concerto. Empezou aparecendo o señor Cholo durmindo. Pablo e máis Sandra, uns nenos que tamén actuaban, fixéronlle tres bromas coa gaita. Cando fixeron a última broma, espertou Cholo e obrigoulle a tocar unha canción a Pablo. Ao rematar a peza, Pablo escapou a fume de carozo! Logo veu unha señora e cantou “O parlamento do gato”, tocando a zanfona. A continuación saíu un señor gordo que tocou a requinta, soaba moi ben! Despois o señor Cholo e outro señor tocaron o acordeón, e tamén me gustou! Saíu Sandra a tocar a pandeireta. Tamén chamaron a Eloy, un compañeiro da miña clase, e a outro neno para subir ao escenario, e cantamos “A Rianxeira”. O señor Cholo levou aos dous nenos a pescar nunha barca de cartón. Ao final saíron máis nenos ao escenario a probar os instrumentos e para rematar cantamos todos a canción de “A saia de Carolina” e despedíronse cos cabezudos. Laura Nores Mercedes Taboada explica algúns dos instrumentos que empregaron: A gaita.- A gaita ten varias partes: o ronco, o ronquillo, o punteiro... e un fol moi grande A zanfona.- É un instrumento de corda, con caixa de resonancia e teclado. A requinta.- Ten cinco buratos onde se colocan os dedos para tocar, e achégase ao bico de lado.

CURSO 2004-05

7


CEIP DE TENORIO

“AMADÍS DE ALGURES” Nun país afastado, vivían un home e unha muller. O home estaba pescando, e de súpeto, apareceu unha arca que tiña un bebé, unha espada e un papel que dicía: Amadís! Os pais brincaron de alegría pero o bebé estaba baixo a protección da fada Urganda. Pasados varios anos o neno, xa maior, pediulle aos seus pais: Quero ser cabaleiro! A nai comezou a chorar e chorar ata que falaron os pais de Amadis e decidiron ensinarlle a arca. Amadís enstusiasmado abriu a arca e quedou coa boca aberta ao veren unha espada de verdade. O cabo de varios días, Amadis quixo pensar e foi dar unha volta ao bosque e de súpeto, viu unha fermosa rapaza que estaba en perigo porque unha fera a quería comer. Amadis comezou a pelexar coa súa espada e á fin gañou. A princesa, abraiada, mirouno, achegouse e colocoulle o seu pano vermello, deulle un sorriso e marchou o querido. Amadis estaba namorado da querida princesa Oriana e pasados varios días decidiu ir ao castelo de Algures. Cando chegou escoitou un son moi raro, acercouse un pouco máis e levou unha gran sorpresa: era o Rei roncando. Amadis estaba moi nervioso e díxolle ao Rei: Maxestade!, Maxestade...!, así ata que espertou. Amadís tiña un pouquiño de vergoña pero díxolle: - Quero ser cabaleiro! - Cabaleiro, cabaleiro, cabaleiro! - respondeu o rei - Cabaleiro, cabaleiro, cabaleiro! - dixo Amadís O Rei rindo díxolle: - Tí cabaleiro? Ah, ah, ah! Anda rapaz, bule de aquí! Amadís, triste, marchou camiñando. A princesa que estaba observando, cando veu ao rapaz que a salvara foi inmediatamente a falar co seu pai e díxolle: - Papá, ese rapaz salvou a miña vida, porque eu estaba descansando e de súpeto, apareceu unha fera que viña cara a min e entón pelexou e pelexou e ao final gañou. Menos mal que chegou a tempo, senón poderíame comer.

CURSO 2004-05

8


CEIP DE TENORIO

- Eh ti!, como te chames! Ven, ven acá! Non teñas medo!, dixo o rei. O Rei colleu a espada e dixo: - Eu, Rei de Algures, declárote Cabaleiro de Algures! - Ben , ben! Grazas. Amadís quedou moi contento, e ao cabo duns días mercou unha armadura e, por suposto, un cabalo. Pasados xa uns días, uns malvados monstros andaban a facer dano aos nenos, pero o valente cabaleiro Amadís venceunos, e todos os perigos que pasaban en Algures, Amadís impedíaos. Despois Amadís achegouse a un castelo que daba medo e escoitou: Socorro, socorro! De súpeto, apareceu un monstro terrorífico e volveu a escoitar: Socorro, socorro! O malvado monstro dicíalle que non era nada, e así continuamente ata que Amadís pelexou con el e venceuno. Despois abriu a porta do castelo e tivo que pelexar con dous homes pequenos aos que tamén derrotou, salvando a dúas rapazas do terrible monstro. Unha, que era a máis pequena, comezou a chorar. Amadís sentiu tristeza e acariciouna co pano vermello. Ao día seguinte Amadis foi xunto á Oriana, a súa noiva, e deulle o pano vermello. El tivo que marchar e esqueceuse de volver coller o seu pano. A Oriana o pano cheiráballe a muller e furiosa comezou a escribir unha carta. Ao cabo duns días Amadis volveu e entregáronlle a carta, e levou unha gran pena ao lela. Triste, foi xunto ao malvado monstro. Era increíble, aínda seguía vivo! O monstro ofreceulle flores brancas á Princesa Oriana, pero elas non as aceptou, o que provocou o enfado do monstro, que se converteu noutro máis feo e que daba máis medo aínda. Tres soldados tentaron vencelo pero non o lograron , ata que chegou O Cabaleiro Amadis! Pelexaron e gañou Amadís. A Princesa Oriana pediulle perdón e bicáronse. Eles casaron e todo Algures foi salvado grazas ao valente e querido Amadis.

CURSO 2004-05

9


CEIP DE TENORIO

“A PEQUENA FRAUTA MÁXICA” Había unha vez un mozo chamado Pamino que paseaba polo bosque cando, de súpeto, atopouse cun dragón moi grande co que se puxo a pelexar e terminou por caer ao chan. Nese momento apareceu unha fada que matou ao dragón. De alí a un pouquiño Tamino espertou e mirou a un ser chamado Papagueno, ao que lle preguntou se fora el o que matara ao dragón. Papagueno mentindo, díxolle que si. Cando dixo iso apareceu a Raíña da Noite, e púxolle un tapón na boca a Papagueno por mentireiro. Despois, díxolle a Tamino: - Eu quero moito á miña filla Pamina e necesito que a rescates con esta Frauta Máxica. A rapaza é así – dixo ensinándolle unha foto dela - Fareino – dixo o rapaz. - Pero terás que pasar por probas – díxolle a Raíña e marchou. Logo Tamino quitoulle o tapón a Papagueno e marcharon a onde estaba a Princesa Pamina Cando chegaron, intentou rescatala, pero o pai da Princesa Pamina pillounos e explicoulles que el era o pai de Pamina e que a Raíña da Noite era mala. Eles fixéronlle caso porque a Raíña o que quería era ter poderes. Despois Tamino preguntoulle se podía casar coa princesa e díxolle que si, se superaban unhas probas. Mentres Tamino e Pamimna pasaban as probas, a Raíña facía todo o posible por ter poderes pero non o conseguiu. Tamino casou con Pamina e Papagueno coñeceu a unha Papaguena. E foron felices Pamina, Tamino, Papagueno e Papaguena. Nerea Castro 4º CURSO 2004-05

10


CEIP DE TENORIO

O LUGAR ONDE VIVO Eu vivo nunha parroquia chamada Tenorio e dentro dela nun lugar chamado Traslasmós. As rúas e camiños do meu pobo, xeralmente atópanse nun regular estado de conservación, pois algunhas teñen fochancas e as silvas invaden parte da rúa pública. A iluminación é a típica do rural con farois situados á beira dos camiños e beirarrúas. As edificacións máis importantes son o antigo convento (hoxe é a igrexa parroquial), o centro médico, a biblioteca, a farmacia, o supermercado, a panadería, dúas moblerías, a gasolineira, dous talleres de automóbiles, e un almacén de pinturas. O nome de Tenorio, segundo algunhas persoas maiores, vén da unión das sílabas TEN-O-RIO, en referencia ao Río Lérez que pasa pola parroquia. Ola, son Diego Alonso e vivo no número 6 de Calvelo (Tenorio). A miña casa é ... grande. Temos dúas maceiras, unha laranxeira, unha pereira, e unha cerdeira. Á parte temos un lugar onde aparcamos os coches e cando non están xogamos ao fútbol. Tamén temos galiñas con plumas marróns, un can manso e outro máis fero, ovellas brancas, un porco, gatos fermosos e unha xovenca. Calvelo é un pobo pequeno. Ten un monte xigante con sitios rarísimos. Por alí hai un río perigoso ao cal atravesa unha ponte colgante. Calvelo ten tamén o famoso Bar Obélix, unha gasolineira de CEPSA, unha estrada xeral onde os coches circulan moi rápido, unha almacén que se chama Celso Míguez e un concesionario chamado Automóbiles Benito. Á parte están facendo unha fonte de pedra.

CANDIDATOS A PRESIDENTE DUN PAÍS EXTRANXEIRO Ola! Chámome José Luís e teño 9 anos. Gústame moito o deporte, en especial o fútbol, a lectura e sobre todo falar. Para min o máis importante é a amizade. Eu quero ser o voso amigo, e que todos sexamos amigos. O primeiro para ser amigos e vivir en paz e falar e saber escoitar. Os problemas soluciónanse falando. As guerras teñen que acabarse, son malas e non solucionan nada. Se eu chego a ser o voso Presidente, quero que cando teñades problemas mos contedes antes de pelexar entre vós. Eu tentarei solucionalos do mellor xeito. Traballarei para que fagades deporte. Construirei campos de fútbol, de atletismo, etc.. O deporte é bo para a saúde e para compartir. Tamén construirei bibliotecas para ir ler. Pero o máis importante, loitarei para que nos entendamos falando, respetándonos uns aos outros. VIVA A AMIZADE VIVA A PALABRA ALUMNADO DE 5º NON Á GUERRA. “MARCOS, presidente dun país novo” Eu son un futbolista de categoría e vou poñer este pobo ó día. Farei o pobo máis grande con gran profesionalidade e terei que facer unha portería de gran calidade. Traballarei con honradez para que non me tiren á rede. Saberei mandar e gobernar aínda que para eso terei moito que traballar. Por iso, votádeme, non vos ides arrepentir e volo terei en conta no momento de servir. CURSO 2004-05

11


CEIP DE TENORIO

   Nove ideas para salvar ao noso planeta Plantar máis árbores, facer xardíns, etc.. Que as fábricas estean afastadas das casas. Non tirar lixo aos ríos para non contaminalos, nin nos bosques. Non usar produtos que poidan danar a capa de ozono. Colocar cada envase no seu contenedor (plásticos, cartóns, vidro) Que non haxa discriminación entre as distintas razas, relixións, sexos, etc. Non tirar os medicamentos caducados nin as pilas usadas. Quitar a fame do mundo.

CURSO 2004-05

Dimitri 5º

12


CEIP DE TENORIO

ALUMNADO DE 3ยบ DE EDUCACIร N PRIMARIA

CURSO 2004-05

13


CEIP DE TENORIO

QUE IMPORTANTE É UN BO CONSUMO DA ELECTRICIDADE! Os alumnos de 6º respondemos ao seguinte cuestionario indicando a resposta que máis se axusta á realidade da nosa casa:

ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1.– Cres que o teu consumo de luz é razoable? SI.– 100% NON.– 0%

2.– Apagas os aparellos eléctricos cando non os utilizas? SI.– 50% NON.– 0% ÁS VECES.– 50% 3.- Apagas as luces cando saes dunha dependencia da casa? SI.– 75% NON.– 0% ÁS VECES.– 25% 4.– Cando abres a neveira, pasas moito tempo coa porta aberta pensando que precisas? SI.– 8,3% 80 NON.– 66,6% 60 ÁS VECES.– 25% 40 20 0 SI

NON

ÁS VECES

5.– Cando o conxelador ten moito xeo, desconectádelo e facedes unha limpeza? SI.– 83,3% NON.– 0% ÁS VECES.– 16,6% 6.– Cando apagas a T.V., usas o mando ou o botón de acendido/apagado do aparello? MANDO.– 50% BOTÓN.– 50% 7.– Cando ferves auga, débelo facer co testo posto ou non? CO TESTO.– 83,3% SEN TESTO.– 16,6% 8.– Utilizas a calefacción todo o día? SI.– 0% NON.– 100% 9.– Cando está acesa a calefacción están pechadas as portas e ventás? SI.– 100% NON.– 0% ÁS VECES.– 0% 10.- Utilizas lámpadas convencionais en todos os cuartos? SI.– 25% NON.– 16,6% NALGÚNS.– 58,3%

CURSO 2004-05

14


CEIP DE TENORIO 11.- Hai na túa casa algún electrodoméstico de baixo consumo? SI.-66,6% NON.– 33,3% 12.– Procuras aproveitar as horas de luz solar para estudar? SI.– 58,3% NON.– 16,6% ÁS VECES.– 25% 13.- Pregunta aos teus pais se cando pasan o ferro á roupa o fan con moita cantidade ou só ás prendas que precisan no momento? MOITA ROUPA.– 41,6% A QUE SE PRECISA.– 58,3% 14.– Empregades a lavadora chea de roupa e con auga fría ou non lle dades importancia á cantidade de roupa e a temperatura? CHEA E AUGA FRÍA.– 91,6% NON TEN IMPORTANCIA.– 8,3% 15.– Para quentar comidas usades o microondas ou o forno eléctrico? MICROONDAS.- 75% FORNO ELÉCTRICO.– 25% 16.– Que cousas prácticas podemos facer para non malgastar a electricidade? - Apagar a TV cando non se está vendo. - Apagar a luz cando non fai falta. - Poñer unha chaqueta de máis para non acender a calefacción. - Apagar o forno antes de terminar de facer a comida. - Á noite desconectar todos os aparatos. - Aproveitar a luz solar. Por último, fixemos unha interpretación dunha factura eléctrica e comprobamos que: - Nas épocas de maior luz solar gástase moita menos enerxía eléctrica. - A unidade de medida da electricidade que se consume e Kwh - O prezo da enerxía por hora de consumo é de 0,81587 euros. A mellor conclusión que podemos sacar é que o alumnado de 6º do noso colexio está moi preocupado polo consumo de enerxía eléctrica polo que nos comprometemos a facer un uso axeitado dela.

CURSO 2004-05

15


CEIP DE TENORIO

ALUMNADO DE 2ยบ DE EDUCACIร N PRIMARIA

CURSO 2004-05

16


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

17


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

18


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

19


CEIP DE TENORIO

ALUMNADO DE 1ยบ DE ED. PRIMARIA

CURSO 2004-05

20


CEIP DE TENORIO

TRABALLO SOBRE O CONSUMO (EDUCACIÓN INFANTIL) CURSO 2004-05

21


CEIP DE TENORIO

CURIOSIDADES SOBRE A AUGA Despois de resolver este cuestionario, trata de reflexionar sobre a importancia que ten a auga para todos e a necesidade de facer un uso axeitado dela. Contesta verdadeiro ou falso. Ao final comproba os teus resultados e saberás se os teus coñecementos sobre a auga están ben ou debes ler algo máis sobre ela. 1ª.– A) A auga é un composto químico formado por varios minerais B) A auga é un composto químico formado por hidróxeno e osíxeno. 2ª.- A) A auga preséntase en tres estados: sólido, líquido e gasoso. B) A auga póde presentarse en tres estados: sólido, doce e insípido. 3ª.- A) Os obxectos flotan máis doadamente na auga salgada que na doce. B) É máis fácil flotar no río que no mar. 4ª.- A) A auga adoita considerarse unha fonte limpa de enerxía, xa que non contamina o aire nin produce residuos tóxicos perigosos B) A auga non se pode aproveitar para producir enerxía. 5ª.- A) “Estar coa auga no pescozo” significa meterse na auga ata o pescozo. B) “Estar coa auga no pescozo” significa atoparse en grandes dificultades 6ª.- A) Hai uns dous mil anos, os romanos construíron casas con auga corrente, redes de sumidoiros, baños públicos, depósitos, etc. B) Hai uns dous mil anos, os romanos só empregaban directamente a auga das fontes e dos ríos. 7ª.- A) As persoas non poderían sobrevivir sen auga máis de uns poucos días. B) Un home ben adestrado pode pasar sen beber ata corenta días. 8ª.- A) En moitos fogares do mundo a xente ten que andar ata seis ou sete quilómetros para chegar á fonte máis próxima e poder recoller auga. B) Na actualidade hai auga corrente en case todos os lugares. 9ª.- A) Vivir preto da auga é útil para o transporte, o comercio e a subministración de alimentos. B) Hoxe en día o transporte naval carece de importancia. 10ª.- A) A auga axuda ás plantas da terra a sosterse firmes e manter a súa forma. B) As plantas mantéñense dereitas gracias ao talo e ás follas. 11ª.- A) A capa de aire que rodea á Terra está chea de auga. B) Só hai humidade no aire cando chove.

ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA CURSO 2004-05

22


CEIP DE TENORIO 12ª.- A) Non debemos botar nos ríos e mares productos químicos nin desperdicios porque contaminan a auga. B) A auga é un disolvente moi potente e fai disolver os residuos. 13ª.- A) En moitos países, a auga contaminada transmite enfermidades coma o cólera, e a febre tifoide. B) Os animais e o aire que respiramos son os únicos transmisores de enfermidades. 14ª.–A) A forza da auga dos ríos cambia a forma da terra arreo, escarvando vales, canellas, covas... B) A auga deslízase polos terreos sen modificar nada. 15ª.- A) A cantidade de auga na Terra é sempre a mesma. B) A calor do sol está esgotando a auga da terra.

SOLUCIÓNS:

1ª.- A) F, B) V; 2ª.– A) V, B) F; 3ª.– A) V, B) F; 4ª.– A) V, B) F; 5ª.– A) F, B) V 6ª.- A) V, B) F; 7ª.– A) V, B) F; 8ª.– A) V, B) F; 9ª.– A) V, B) F; 10ª.– A) V, B) F 11ª.- A) V, B) F; 12ª.– A) V, B) F; 13ª.– A) V, B) F; 14ª.– A) V, B) F; 15ª.– A) F, B) V 1.– Se acertaches entre 11 e 15 respostas continúa así porque os teus coñecementos van por moi bo camiño. 2.– Se acertaches entre 6 e 10, debes preocuparte un pouco máis polo tema da auga. 3.– Se acertaches entre 0 e 5 debes ler moito sobre a auga, que é moi importante. O alumnado de 4º de Ed. Primaria xa fixo este cuestionario e os resultados foron bastante satisfactorios. Así mesmo, eles tiñan que suxerirnos cousas que poderiamos facer todos os días para consumir menos auga, e saíron as seguintes: -

Cando lavamos os dentes, ou cando nos enxabonamos, debemos pechar a billa. Cando se lava a louza tamén debemos pechar a billa. Cando non estamos regando deixar a mangueira pechada. Ducharse en vez de bañarse, e se tes que bañarte non encher a bañeira de to-

do. - Se hai unha avaría nun cano, ou nunha billa tratar de arranxala o antes posible. - Non pulsar no botón da cisterna do baño se non é imprescindible. - etc. Tamén tiñan que indicarnos que poderiamos facer para evitar a contaminación da auga: - Non tirar papeis, plásticos, etc, aos ríos e mares. - Evitar o transporte de produtos como o petróleo polo mar. - Non botar produtos tóxicos aos ríos, mares, etc. - Non deixar lixo nas praias, nin nas beiras dos ríos. - Non ter os mananciais sucios.

CURSO 2004-05

23


CEIP DE TENORIO

XOGANDO A SER... Fernando Alonso é o mellor condutor de Fórmula 1. A nós parécenos bastante simpático. Está moi guapo co pelo longo e esa perilla que deixa medrar ás veces. No seu oficio precisa das seguintes prendas: mono interior, mono exterior, luvas (para que a suor non lle faga esvarar as mans no volante) e por suposto un bo casco. Tamén sabemos que leva amuletos para que lle dean sorte. Como é un deportista importante fai anuncios de T.V. e representa marcas moi coñecidas (dende telefonía móbil ata coches) que podemos ver pintadas no seu coche e no seu atavío O noso personaxe chámase Owens. É un home de cor negra que se dedica ao fútbol americano profesional. O seu aspecto físico é impoñente: musculoso, agresivo e moi competitivo. Para xogar ao fútbol americano fai falla unha vestimenta moi especial: cascos especiais, camisetas de gran talla (porque usan unhas ombreiras enormes), pantalóns axustados e botas de tacos; pero podemos observar que leva outros accesorios como brazaletes para limpar a suor. Xoga no equipo Eagles (aguias) e leva o dorsal 81. A súa meta é xogar a Super Bowl. Na foto corre cara a “end zone” para lograr un “touchdown”. Viste o símbolo e as cores do seu equipo. Ronaldo é actualmente un dos xogadores máis famosos de fútbol do Real Madrid. É un home robusto, de nacionalidade brasileira, moreno e gústalle levar o pelo rapado. Nos adestramentos leva a indumentaria obrigatoria: pantalón curto, camiseta, botas de tacos, protectores das canelas e medias. Pero se chove tamén pode usar un bo chuvasqueiro. O seu equipo leva propaganda de Siemens.

ALUMNADO DE 5º ED. PRIMARIA CURSO 2004-05

24


CEIP DE TENORIO

Lance Amstrong é un campión ciclista alto e valente de pelo loiro. Ten os ollos azuis, o nariz acabado en punta e os labios pechados porque está moi concentrado na súa carreira. Na foto viste unha malla bastante apertada de cor amarela con ombreiras. Para prácticar o seu deporte precisa unha bicicleta, un casco, calzado deportivo e calcetíns axeitados. As luvas, os lentes e as ombreiras poderiamos dicir que non son accesorios prescindibles. Leva publicidade impresa na roupa de diferentes patrocinadores: Discovery Channel, Nike, Shimano…

A OBSESIÓN DAS MARCAS O seguinte cadro exemplifica un pequeno estudo que fixemos na aula da relación calidade-prezo en certas prendas deportivas. MARCA

A

B

C

D

Relación calidade/ prezo

C

P

C

P

C

P

C

Camisetas

Boa

8,90€

Boa

15,00€

Moi Boa

29,99€

Zapatillas

Boa

29,90€

Moi Boa

34,90€

Boa

27,50€

Suadoiros

Boa

9,90€

Moi Boa

44,00€

Moi Boa

27,80€

Boa

Gorro

Boa

7,50€

Moi Boa

12,75€

Boa

10,97€

Bolsa

Boa

9,75€

Boa

12,75€

Moi Boa

18,35€

E P

C

P

Regular 26,99€

Moi Boa

14,00€

Regular 19,81€

Moi Boa

65,99€

75,00€

Moi Boa

73,00€

Boa

12,13€

Moi Boa

25,23€

Moi Boa

17,35€

Boa

13,15€

Nós, estamos moi condicionados coas marcas e a publicidade que anuncian os deportistas e actores famosos. Ás veces é mellor comprar unha prenda de roupa de marca pouco coñecida porque aforramos cartos e non perdemos demasiado coa calidade. Pero… queremos semellar aos nosos ídolos. Así que, aínda que nos permitamos algún capricho de cando en vez, reflexionemos un pouco outras veces e fagamos unha comparativa para ver que é o que máis nos convén. CURSO 2004-05

25


CEIP DE TENORIO

ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 4-5 ANOS

CURSO 2004-05

26


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

27


CEIP DE TENORIO

  No verán do 1874 eu, Diego Dios Alonso, fun nunha máquina rara chamada Rouf a un país livián. Era incrible! alí todo flotaba. Excepto as plantas, o mar e as montañas todo flotaba. Nós, as persoas, nunca nos cansabamos porque para andar só tiñamos que mover os brazos. Cando queriamos tocar terra, en canto chegabas saías disparado para o ceo. Pois ben, para ir ao colexio había que abrir as ventás, e non utilizabamos lapis, senón xices, porque co lapis ías lanzado cara arriba, cousa estraña, verdade? En Tabuel, así se chamaba o planeta, había todo o ano colexio. Non viviamos nas casas, senón que cada un durmía e vivía nuns cadernos xigantes, e cando queriamos comer, había unha que, dicías o que querías, e traíacho. Naquel lugar, os traballadores folgaban, porque non había gravidade. A froita andaba por aí a ver quen a quería comer, os coches estaban agarrados por imáns para que non escapasen, a area era alimento das plantas, etc. Pois ben, esas si que foron unhas vacacións para ir no verán... veña, animádevos a ir!

CURSO 2004-05

DIEGO DIOS 5º

28


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

29


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

30


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

31


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

32


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

33


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

34


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

35


CEIP DE TENORIO

“Os de 6º remataron o conto felizmente pero… coa condición de que a bruxa poida vingarse de Laura no futuro e facerlle un novo feitizo; así poderá metela de novo na gaiola...” Baixo esta ameaza queremos invitar a todos os nenos e nenas do colexio de Tenorio a asinar un documento grazas ao que Laura evitará o perigo de ser engaiolada novamente. A sorte de Laura está nas vosas mans, rapaces e rapazas! Que teredes que facer para salvala? Prestade atención! A bruxa Carol, que é moi mala, ten un pequeno problema: para que as súas apócemas e conxuros teñan efecto ten que estar moi concentrada no que está facendo. Por outra banda, a Carol, se a queres distraer, dálle libros que ler ou que lle lean. Por iso, se todos os nenos do cole lle lemos un pouco todos os días á bruxa, un conto será suficiente para entreter a Carol e que se esqueza de Laura!

Así que ,voluntariamente, nos comprometemos a levar a cabo as condicións do seguinte CONTRATO

COTRTANO Eu.......................................................................................cpomormtéo me a ler tdoos os daís un cnoto. Tnato ten que sxea lnogo ou cruto, que o lea rugealr ou ben, miás rpiádo ou miás lneto, con audxa ou sen ela. O que ipmorta de vredade é a intnceión de ler proque de psao aropvietmaos para psaalo moi ben. Dsete xieto, a mlavdaa Craol diratsída qudaerá, e equsecerá por comelpto a súa trreilbe vniagnza. Tneioro, a .......de .................................... de 2005

Anisdao:......................................... CURSO 2004-05

36


CEIP DE TENORIO

A sereíña Érase unha vez unha sereíña que posuía unha voz marabillosa. A sereíña soñaba co mundo dos homes que coñecía a través das súas irmás. Cando cumpriu quince anos o rei do mar deulle permiso para subir á superficie. Ó emerxer da auga viu unha marabillosa paisaxe e un barco que se achegaba cara a ela e viu un capitán novo, alto, moreno e namorouse del. De súpeto o barco afundiu e a sereíña foi rescatar ó capitán e levouno ata a praia. A sereíña escoitou voces e foise esconder no mar. Eran tres mulleres que ó ver ó capitán foron pedir axuda. A sereíña foi onda unha bruxa a pedirlle unhas pernas. A bruxa deulle unha apócema a cambio da súa voz. A sereíña foi ata a area e tomou a apócema, caeu esvaecida e cando acordou veu ó capitán. El levouna ó seu castelo e ela foi mellorando. O príncipe namorara da dama que o salvara na praia e a sereíña decatouse de que non estaba namorado dela. O príncipe viu achegarse un barco e baixar del a dama da praia. Casaron e foron de viaxe en barco e levaron á sereíña. A sereíña colleu un puñal para matar ó príncipe e volver a ser serea pero deulle un bico, tirou o puñal ó mar e ela lanzouse entre as ondas. As fadas do vento levárona nunha nube rosa ata o ceo.

CURSO 2004-05

37


CEIP DE TENORIO

O soldadiño de chumbo Había unha vez un soldadiño de chumbo que só tiña unha perna e había tamén unha bailarina que tiña unha cinta cun brillantiño. O soldadiño namorouse da bailarina. Pola noite un boneco enfadado dixo: - Soldadiño, esquece a bailarina. O soldadiño non fixo caso e pola mañá o seu dono púxoo na ventá e o boneco empurrouno. Dous nenos atoparon ó soldadiño, fixéronlle un barquiño e botárono na auga da chuvia. O barco foi ó mar e un peixe comeu ó soldadiño. Pescaron o peixe e cando lle quitaron as tripas quitaron o soldadiño de chumbo e o devolveron ó seu dono. O soldadiño púxose moi contento porque volvía ver á bailarina. O boneco enfadado empurrouno á cheminea e o lume queimouno. O vento abriu a ventá e levou á bailarina á cheminea. Arderon os dous xuntos. Pola mañá había un corazón de chumbo e un brillantiño. Colorín colorado

este conto está rematado.

Sandra 3º CURSO 2004-05

38


CEIP DE TENORIO

 

O MAGOSTO

Este ano fomos outra vez ao Colexio de Carballedo para celebrar o Magosto

Pasámolo moi ben xogando e comendo as castañas. Os pequenos de infantil estiveron no pavillón facendo xogos. Os de 1º e 2º fixeron manteigadas, e papaventos, xogaron ao “Tres en raia” e despois comeron as manteigadas sen mans.

Os de 3º e 4º participaron no Xogo do Castañazo. Foi moi divertido, parecíase moito á Oca

Os de 5º e 6º participamos en dous xogos tradicionais como son a Petanca e a Chave.

E ao final comemos as tradicionais castañas, que asou un castañeiro que veu co seu tren preparado para asar as castañas.

CURSO 2004-05

39


CEIP DE TENORIO

O NADAL O Nadal comeza co día de Noiteboa e remata co día dos Reis Magos. Son unhas festas moi especiais. As familias reúnense para celebralas todos xuntos. Cómese bacallau, turróns e

outras moitas cousas. Os nenos temos vacacións e chegan os regalos de Papa Noel e de Reis, que nos fan moita ilusión. Algunhas familias aproveitan estas vacacións para facer viaxes e outros, coma nós, imos á casa da aldea. Eu penso ir para Cutián e alí o paso moi ben. Podo xogar cos meus amigos e coa bici e os novos regalos. Nestas datas adornan as rúas e as tendas con detalles navideños. Nas casas poñemos a arbore do Nadal e queda moi bonita. Non todos os nenos do mundo están tan felices polo Nadal, xa que en moitos países hai guerras e os nenos morren de fame e de enfermidades. Que bo sería que nós puideramos compartir uns poucos dos nosos xoguetes e unha pouca da nosa comida con eses nenos que son coma nós pero non poden ser tan felices! J. Luis Caramés 5º E.P. CURSO 2004-05

40


CEIP DE TENORIO

“SHREK O CAMBIACONTOS” Os ogros tradicionais dos contos son uns seres moi malos, feísimos e xigantescos. Se a todo isto lle engadimos que a súa afección favorita é a de atrapar nenos, cebalos un pouco e cando están gordiños metelos na pota para logo comelos, resulta que estes seres non gozan da simpatía de ninguén precisamente. Pero este non é o caso de Shrek. Shrek é un ogro bo, amigo dos seus amigos. É tan bo que ten un corazón que non lle cabe no peito. É unha pasada de bo! Ten un amigo íntimo chamado Asno que nestes intres non se atopa con el. Tivo que ir a Viascón a facer unha dieta coa herba dos seus pastos por mor dun empacho que colleu. Shrek dispúxose a ler un pouco nos libros de contos que ten na súa biblioteca. De súpeto, pasoulle unha idea fenomenal pola súa verde testa, para acabar con aquel aburrimento que tiña. Shrek.- Que che parece se cambiamos un pouquiño os argumentos dalgúns contos infantís? Mago de Oz.- Paréceme ben e ata creo que pode resultar moi divertido. CURSO 2004-05

41


CEIP DE TENORIO

“BRANCANEVES” Os ananiños querían tanto a Brancaneves que a puxeron nunha urna de cristal para poder vela. Tamén os animais do bosque choraban á súa amiga. Un día que un príncipe paseaba polo bosque viu a urna e admirado pola beleza de Brancaneves, deulle un bico. Nese instante rompeuse o feitizo e espertouse.

“A BELA DURMINTE” Nun afastado país vivían un rei e unha raíña que estaban moi tristes por non ter descendencia. Rei.- Miña raíña! Poñemos todas as nosas forzas e emprego para ter un fillo ou unha filla, así que non nos preocupemos. O caso é que non nos atasquemos e as nosas forzas non fallen. Sorrí, miña raíña!, que se non nos empeza a fallar nada, Deus queira que non!, chegará o día que se dará a boa nova. Narrador- E así ocorreu. Un bo día, cun sol espléndido, o pregoeiro do rei anunciou: Pregoeiro.- Atención, atención, atención! Comunicado real, comunicado real! O rei fai saber que despois de moitos esforzos naceu a desexada princesiña, aínda que un pouco delgadiña, polo que se esperou un tempo para comunicalo. Mañá, ás doce do día, poderana ver xogando cos seus pais.

“POLGARIÑO” Narrador.- Había unha vez un leñador que tiña sete fillos. Un era tan pequeno coma un dedo, por iso lle chamaban Polgariño. Era o máis bo e listo de todos. Pero o leñador era moi pobre e non podía mantelos. Por iso, falou coa súa muller e decidiron levalos ao bosque e deixalos quedar, sen sospeitar que Polgariño os estaba escoitando. Ao día seguinte, os nenos saíron moi contentos pensando que ían recoller leña. Cando estaban despistados, o seu pai deixounos no bosque e eles asustáronse moito. Comezaron a chorar pero Polgariño díxolles: Polgariño.- Non choredes, porque tirei frangullas de pan polo camiño e só temos que seguilas para volver á casa. CURSO 2004-05

42


CEIP DE TENORIO

“O LOBO E OS SETE CABRITOS” O lobo á porta petou, TOC, TOC, TOC! e o cabrito máis vello contestou: - Quen chama á cabana? - A vosa nai, a mellor, abride que merquei un tambor!espetou o lobo coa voz rouca. - A nosa nai non ten esa voz! Vaite lobo lambón!Berráronlle todos ao mesmo son. O lobo, moi farruqueiro, unha ducia roubou con astucia de ovos grandes do galiñeiro. Cando as aves do curral se dispuxeron a sumar non lles saíron as contas e armaron unha revolta.

“O FRAUTISTA DE HAMELÍN” Narrador.- O frautista reuniu aos ratiños tocando a súa frauta e todos o seguiron azougados pola música ata que desapareceron no medio do bosque. Hamelín voltou a ser o pobo tranquilo e feliz de sempre pero tiña que lle pagar ao frautista a recompensa prometida polo alcalde. Un día o frautista regresou: Frautista.- Señor alcalde veño cobrar a miña recompensa! Alcalde.- Ai bo señor! Agradecemos o seu traballo pero non temos cartos! Frautista.- Isto non é o acordado! Vostede é un alcalde argalleiro e mentireiro! Vai lamentar a falcatruada! Narrador.- O frautista tocou a súa frauta e xuntou a todos os nenos do pobo e foinos levando coa súa música ata que desapareceron no medio do bosque. Hamelín converteuse nun lugar triste e aburrido. Entón os seus habitantes obrigaron ao alcalde a cumprir a súa promesa.

“CINSENTA” A partires daquel instante Cinsenta tivo máis traballo ca nunca, non parou nin un momento. E así chegou o día da festa, do gran baile. Cinsenta tivo que bañar e perfumar ás súas irmáns, vestilas, colocarlles as xoias, peitealas… As horas pasaron e chegou o momento de saír cara ao palacio e… ela estaba sen traxe, cos seus farrapos non puido acompañalas! Cinsenta choraba moi triste na porta da casa cando, avisada polos seus amigos os ratiños, apareceu de súpeto a Fada Madriña quen, cunhas palabras máxicas, transformou unha cabaza en carroza, o seu traxe de remendos, nun elegante vestido cuns zapatiños preciosos de cristal e un dos ratiños amigos nun garrido cocheiro . CURSO 2004-05

43


CEIP DE TENORIO

  

CURSO 2004-05

44


CEIP DE TENORIO

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2004-05

45


CEIP DE TENORIO

   QUE SI, QUE NON Que si, que si, eu toco así. Que non, que non, eu non toco o saxofón. Que si, que si, o público está aí. Que non, que non, non hai atención. Que si, que si, que eu mirar quero. Que non, que non, que non teño unha gaita marrón. Que si, que si, que fun cantar a Marín. Que non, que non, que hoxe hai baile de salón. Diego Díos, Eduardo González 5º

CURSO 2004-05

46


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

47


CEIP DE TENORIO

UN SACO CHEO DE ADIVIÑAS...

ALUMNADO DE 3º ED. PRIMARIA

Unha señorita moi señoritada, sempre está na casa e sempre está mollada

Teño follas sen ser árbore e fáloche sen ter voz, se me abren non me queixo… adiviña ti quen son.

Que é unha cousiña, cousa, que está na auga e non se molla?

Sei dunha saba tan grande que non se pode encartar, está cheíña de manchas, que non se poden contar

Aluma na noite, unhas veces é mediana e outras grande, que será?

Que cousa é , que sempre remenda sen dar puntada?

Adiviña, adiviñanza, que é o que ten moitas patas pero non se move?

Que cousa, cousiña é que che dá na cara e non a ves?

Teno o pan na barriga, telos ti na cabeza. Pensa, pensa que non son letras! CURSO 2004-05

48


CEIP DE TENORIO

Anacos de cantigas e refráns

As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Debaixo do castiñeiro dá gusto parrandear, pois ten a folla pecha e non deixa entrar o luar. Viva Aguada, viva Aguada por todo os “arredores”, terras de moitas castañas, vivan os “apañadores”! A castaña no ourizo quiso rir e rabiou caeu do castiñeiro abaixo mira que pago levou.

SABÍAS QUE…? As flores do castiñeiro medran en grupos chamados acios. Cada acio pode chegar a ter ata cen flores. Se unha castaña cae en terra boa pode nacer unha árbore.

CURSO 2004-05

49


CEIP DE TENORIO

  No noso colexio continuamos participando no Deporte en Idade Escolar na zona de Terra de Montes. Coma sempre que competimos nestas actividades temos uns obxectivos que procuramos cumprir, facendo máis fincapé no apartado humano e non no competitivo. Este ano temos que resaltar dúas cousas. A primeira é que o Campionato de Campo a Través o organizou o noso colexio. Fixemos un percorrido ao redor do campo de fútbol de As Covas en Tenorio e alí competimos todo os centros da zona. E a segunda é que este ano participou por primeira vez en todos os deportes o Colexio Cordo Boullosa de Pontecaldelas, polo que isto implicou que se tiveran que facer dous grupos. Nun deses grupos estabamos nós, o colexio de Carballedo e máis o de Forcarei, e no outro estaban os colexios de Cerdedo, Soutelo, Campolameiro e Pontecaldelas. Os nosos resultados e clasificacións no noso grupo foron os seguintes: FÚTBOL-SALA BENXAMÍN MASCULINO

TENORIO— CARBALLEDO 4—1

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º FORCAREI

3 PUNTOS

3º CARBALLEDO

0 PUNTOS

FÚTBOL-SALA ALEVÍN MASCULINO

TENORIO— CARBALLEDO 5—2

1º FORCAREI

6 PUNTOS

2º TENORIO

3 PUNTOS

3º CARBALLEDO

0 PUNTOS

BALONCESTO BENXAMÍN FEMININO

TENORIO— CARBALLEDO 20—0

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º FORCAREI

3 PUNTOS

3º CARBALLEDO

0 PUNTOS

BALONCESTO ALEVÍN FEMININO

TENORIO— CARBALLEDO 8—6

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º CARBALLEDO

3 PUNTOS

3º FORCAREI

0 PUNTOS

CURSO 2004-05

FORCAREI— TENORIO 0—5

CARBALLEDO— FORCAREI 1—5

FORCAREI— TENORIO 3—1

CARBALLEDO— FORCAREI 0—3

FORCAREI— TENORIO 2—10

CARBALLEDO— FORCAREI 2—12

FORCAREI— TENORIO 2—32

CARBALLEDO— FORCAREI 18—2

50


CEIP DE TENORIO TENIS DE MESA ALEVÍN MASCULINO

TENORIO— CARBALLEDO 2—3

1º FORCAREI

6 PUNTOS

2º CARBALLEDO

3 PUNTOS

3º TENORIO

0 PUNTOS

TENIS DE MESA ALEVÍN FEMININO

TENORIO— CARBALLEDO 3—2

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º CARBALLEDO

3 PUNTOS

3º FORCAREI

0 PUNTOS

XADREZ BENXAMÍN MIXTO

TENORIO— CARBALLEDO 4—0

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º FORCAREI

3 PUNTOS

3º CARBALLEDO

0 PUNTOS

XADREZ BENXAMÍN FEMININO

TENORIO— CARBALLEDO

1º TENORIO

3 PUNTOS

2º FORCAREI

0 PUNTOS

XADREZ ALEVÍN MIXTO

TENORIO— CARBALLEDO 2—2

1º TENORIO

6 PUNTOS

2º FORCAREI

3 PUNTOS

3º CARBALLEDO

0 PUNTOS

XADREZ ALEVÍN FEMININO 1º FORCAREI

TENORIO— CARBALLEDO —

FORCAREI— TENORIO 5—0

CARBALLEDO— FORCAREI 0—5

FORCAREI— TENORIO 0—5

CARBALLEDO— FORCAREI 5—0

FORCAREI— TENORIO 0—4

CARBALLEDO— FORCAREI 0—4

FORCAREI— TENORIO 2—2

CARBALLEDO— FORCAREI

FORCAREI— TENORIO 1—3

CARBALLEDO— FORCAREI 1—3

FORCAREI— TENORIO 4—0

CARBALLEDO— FORCAREI 0,5—3,5

6 PUNTOS

2º CARBALLEDO 2º TENORIO

CURSO 2004-05

51


CEIP DE TENORIO

O día 7 de abril celebráronse no noso colexio as finais da zona, nas que participamos todos os colexios. Os resultados foron os seguintes: FÚTBOL SALA BENXAMIN: CEIP DE TENORIO 4 —3 CEIP DE PONTECALDELAS FÚTBOL SALA ALEVÍN: CEIP DE FORCAREI 2—0 CEIP DE CERDEDO BALONCESTO BENXAMÍN: CEIP DE TENORIO 8—0 CEIP DE PONTECALDELAS BALONCESTO ALEVÍN: CEIP DE TENORIO 22—1 CEIP DE CERDEDO XADREZ BENXAMÍN MIXTO: CEIP DE TENORIO 1—3 CEIP DE CAMPOLAMEIRO XADREZ BENXAMÍN FEMININO: CEIP DE TENORIO 2,5—1,5 CEIP DE CAMPOLAMEIRO XADREZ ALEVÍN MIXTO: CEIP DE TENORIO 3—1 CEIP DE SOUTELO XADREZ ALEVÍN FEMININO: CEIP DE FORCAREI 3—1 CEIP DE CAMPOLAMEIRO TENIS DE MESA ALEVÍN MASCULINO: CEIP DE FORCAREI 5—0 CEIP DE CERDEDO TENIS DE MESA ALEVÍN FEMININO: CEIP DE TENORIO 5—0 CEIP DE CERDEDO

CAMPO A TRAVÉS Este ano o Campionato de Campo a Través foi organizado polo noso cole, e fixémolo no campo de fútbol de Tenorio. Nesta fase participamos todo os colexios da zona de Terra de Montes e tivemos os seguintes resultados: BENXAMÍN FEMININO 1º Tania Rodríguez 9º Jessica Marcial 10º Fanny Bourdon 11º Victoria Marcial 13º Laura Nores 17º Rocío Couto 18º Jessica Loureiro 21º Irene González 22º Irene Varela 29º María Alonso 30º Cristina Gómez Por equipos o colexio quedou: 2º CEIP DE TENORIO

ALEVÍN FEMININO 5º Sandra González 6º Rebeca Fernández 11º Bárbara García 13º Mercedes González 22º Natalia García 25º Nerea Castro 27º Rocío Pereira 42º Jennifer Morgade 48º Leticia Muiños Por equipos o colexio quedou: 2º CEIP DE TENORIO

BENXAMÍN MASCULINO 3º Anxo Peleteiro 15º Javier Vieitez 23º Eloy Lorenzo 28º Miguel Dios 29º Roberto Rodríguez 31º Miguel Saldaña 45º Alberto Ventín 47º Alberto Quintá Por equipos o colexio quedou: 4º CEIP DE TENORIO CURSO 2004-05

52


CEIP DE TENORIO ALEVÍN MASCULINO 1º Juan Gil 3º Hugo Riveiro 6º Luis D. García 9º Eduardo González 13º Dimitri Martínez 20º J. Luis Caramés 28º Manuel Prado 30º Marcos Magdaleno 39º J. Angel Diz 42º J. Manuel Landín 43º H. Alejandro Provenzano 50º Diego Dios 52º Isaac González 53º Sergio Moreira 55º Martín Estevez 59º Nestor Alonso 60ºIván Couto Por equipos o colexio quedou: 1º CEIP DE TENORIO

INFANTIL FEMININO 2º Isabel Souto 3º Mireya García 10º Rita García 11º Paula Villaverde 19º María Souto 29º Alba Acuña Por equipos o colexio quedou: 1º CEIP DE TENORIO

INFANTIL MASCULINO 4º Jordi Ríu 20º Daniel Saldaña 29º Alejandro Quinteiro 31º Sergio Corbacho 35º David Leiro Por equipos o colexio quedou: 7º CEIP DE TENORIO Nesta categoría houbo un problema na meta polo que os resultados non son de todo reais

Despois desta fase zonal acudimos ao Campionato Provincial no que obtive-

mos os seguintes resultados:: BENXAMÍN MASCULINO 27º Anxo Peleteiro

Por equipos o colexio quedou: 14º CEIP DE TENORIO

BENXAMÍN FEMININO 40º Tania Rodríguez 45º Victoria Marcial 46º Jessica Marcial 51º Rocío Couto 53º Laura Nores Por equipos o colexio quedou: 6º CEIP DE TENORIO

INFANTIL MASCULINO 57º Jordi Ríu

ALEVÍN MASCULINO 8º Juan Gil 25º Hugo Riveiro 64º Manuel Prado

INFANTIL FEMININO 75º Mireya Gómez 83º Paula Villaverde 84º María Souto 85º Rita García 86º Alba Acuña Por equipos o colexio quedou: 13º CEIP DE TENORIO

ALEVÍN FEMININO 64º Sandra González 71º Rebeca Fernández 73º Bárbara García 74º Mercedes González 75º Nerea Castro CURSO 2004-05

53


CEIP DE TENORIO

Benvidos á transmisión en directo da carreira de obstáculos!

O “G”, abandeirado do noso idioma, achégase á liña de meta imparable. Estamos a piques de conseguir a vitoria! Pasa a última barreira, entramos na liña de meta, e... ALUMNADO DE 5º ANUNCIO DE T.V.

    Este é o rap do galego, é o mellor do noso tinteiro, emprega emprega, emprega o galego.

ANUNCIO DE RADIO ALUMNADO DE 6º

Ti es a pluma, nós o papel todos debemos xogar con el, Emprega, emprega, emprega o galego CURSO 2004-05

54


CEIP DE TENORIO

LAURA NORES 3ยบ

LEMA CURSO 2004-05

55


CEIP DE TENORIO

A MIÑA LINGUA, A MIÑA NAI Se me mandan cotexar a lingua con outras cousas fareino coa miña nai, son dúas verbas fermosas.

No C.E.I.P. de Tenorio temos como meirande inquedanza que a nosa lingua non morra. É a nosa maior esperanza.

Miña nai cóidame sempre, daría a vida por min, agarímame en galego dende o día que nacín.

Aínda somos moi cativos, estudamos en Primaria e en galego traballamos a nosa tarefa diaria.

Tanto á lingua coma a ela debémoslle devoción. Amémolas moito, moito, con todo o noso corazón!

Poñemos moito empeño niso traballando en liberdade, respectando as outras linguas que son a nosa realidade.

A miña lingua é churrusqueira, viva, doce e melodiosa, quéroa como a miña nai porque é a máis agarimosa.

Inglés, castelán e galego, ao mesmo tempo? É loucura! Diso nada compañeiro, iso chámase cultura!

Estas e outras razóns Por que poñen tanto empeño? son as que entendemos nós A que ven esa manía? para que non quede mal A unha nai non se maltrata parada nin de noite nin de día! a herdanza dos nosos tataravós. Din os sabios de máis sona: O saber non ocupa lugar! Por iso, todos a un tempo Por que hei de esquecer a digamos con voz moi alta: lingua Respectando todas as falas que a miña nai me deu de a harmonía no mundo nunca mamar? falta!

ALUMNADO DE 2º E.P.

RECITADO DE POEMAS CURSO 2004-05

56


CEIP DE TENORIO

O ALUMNADO DE 6º DESPÍDESE DO COLEXIO

María Souto

Rubén Gondaríz

Mireya Gómez

Carlos Pego

Alba Isabel Acuña Souto

Rita García

Alejandro Jordi Quinteiro Riu

David Leiro

Paula Villaverde

Daniel Saldaña

Os nenos de 6º do curso 2004-05 despídense de colexio con moitos bicos e abrazos para todos. Nunca vos esqueceremos. Ata sempre! Fdo: Os nenos e nenas de 6º CURSO 2004-05

57


CEIP DE TENORIO

 

CURSO 2004-05

58


CEIP DE TENORIO

AS ABELLAS As abellas son insectos sociais. Viven en familias ou colonias de ata 60.000 individuos. Hai tres tipos de abellas: raíña, obreiras e zánganos (abázcaros). A raíña é a única femia perfecta. Fai a posta de ovos que darán lugar a novos individuos. As obreiras son femias imperfectas. Teñen como misión coidar da colmea e xuntar provisións. Os zánganos teñen a misón de fecundar á raíña. Nacen en primavera e morren en outono. Non se deben confundir cos abellóns, estes son máis grandes e van as flores, mentres que os zánganos non o fan. As abellas viven en colmeas. Antes existían unhas tradicionais coma o trobo, o covo, o cortizo,… Agora utilízanse unhas máis modernas ou mobilistas, nestas prodúcese máis mel. As partes dunha colmea moderna son: fondo, piqueira, regulador de saída, corpo de cría, alza, cadros de cera, tapa cobre-cadros e teito. Na tapa cobrecadros hai un buraco para alimentar a colmea se o precisa. A raíña pode poñer ata 3.000 ovos diarios. Aos tres días da posta do ovo nace a larva. As obreiras novas daranlle os dous primeiros días xalea real de alimento, que é unha substancia que producen elas, e o terceiro día se a larva vai a ser raíña seguen dándolle xalea real; se vai a ser obreira ou zángano danlle unha papa formada por auga, mel e pole. As obreiras novas alimentan as larvas e a raíña, limpan a colmea, fan de gardianas e de ventiladoras. Cando ALUMNADO DE 6º son adultas saen a recoller o néctar e o pole das flores, a esta misión chámase ED. PRIMARIA pecorear. Poden afastarse da colmea ata 3 Km. Saen a pecorear en rutas determinadas orientadas por outras abellas máis vellas. O néctar mestúrano coa saliva e deposítano nas celas dos cadros de cera. Cando o mel non ten humidade e está maduro tápano cunha capa de cera. A esta función chámase opercular. O mel pódese extraer cando está maduro co extractor. CURSO 2004-05

59


CEIP DE TENORIO

2ยบ CICLO DE ED. PRIMARIA

CURSO 2004-05

60


CEIP DE TENORIO

CURSO 2004-05

61


C.E.I.P. DE TENORIO TENORIO S/N 36120 COTOBADE (PONTEVEDRA) TLFNO/FAX: 986764102 CORREO ELECTRÓNICO: CEIP.TENORIO@EDU.XUNTA.ES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.