Xornal 3º trimestre

Page 1

XORNAL DO COLE http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

3º TRIMESTRE 2014

“CREAMOS EN GALEGO” Neste terceiro trimestre traballamos sobre os seguintes temas que podemos observar a continuación: CONTOS Cada clase elaborou o seu propio conto

relacionado

co

tema

das

paisaxes.

motivo

INFANTIL Os vermes de seda.

MURAIS Con

BREVES

das

Letras

Galegas

1º CICLO

elaboramos uns murais relacionados

Cancioneiro. Refráns.

co autor “Díaz Castro” e a nosa lingua.

Adiviñas.

TEATRO: “A TROPA DE TRAPO”

2º CICLO

TEATRO LETRAS GALEGAS

Marmi na Lagoa de

Un ano máis fixemos o Festival das Letras Galegas. Cada unha das clases representou unha obra de teatro ou cantou unha canción na nosa lingua. RAPEO: “Festival da canción”. TRABALLO POR CICLOS

Castiñeiras. 3º CICLO Contos. Entrevista. Fotografías do alumnadode 6º nivel.


GALERĂ?A DE IMAXES http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

CONTOS



MURAIS













TERCEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

Un ratiño especial Fai miles de anos, naceron doce ratiños. Pero un ratiño non era igual aos demais. Tiña o pelo negro e os demais branco,

tiña os ollos azuis

e os demais roxos. Sempre estaba triste porque os outros ratiños non xogaban con el. Un día que foi ao colexio, entrou pola porta unha ratiña guapísima. Era igual ca el, tiña o pelo negro e os

ollos

azuis.

Era

a

ratiña


perfecta,

sentouse ó seu carón

porque só quedaba ese sitio. O ratiño quedouse en branco, non sabía que dicir. A ratiña tamén se quedou en branco. E pasou o tempo e fixéronse mozos. Pero un día o ratiño pillou a súa moza con outro ratiño branco. A moza decidiu romper e o ratiño púxose moi triste. Pero ó final conseguiron ser amigos que é o que importa.

Antía Fontán González. 5º A.


AS COUSAS MARABILLOSAS DA PRIMAVERA Chámome Anxela e teño dez anos. Desde sempre me gustaron os animais, en especial os cabalos, son os meus animais preferidos. Un día de verán fun a montar eu soa, aínda que era un camiño moi perigoso. Había pontes feitas con troncos de árbores, fontes e ríos de auga cristalina, enormes campos de herba e unha fervenza fermosa con rochas ós lados. Chegamos ata un sitio con fontes e ríos de auga cristalina, con enormes campos de herba. Chamoume a atención unha cascada fermosa con rochas ós lados. Decateime de que podía pasar ó outro lado e así o fixen. Alí estaba pasando algo nunca visto: era primavera!!! Pero tiña que ser verán!!! Quedei asombrada, plantas de todo tipo estaban florecendo e tamén había criaturas que na realidade non existen: unicornios, fadas ,trasnos ,bruxas boas e malas, pallasos e ata dragóns. O arco da vella era semelloume impresionante. Acerqueime a eles, o cabalo tiña un pouco de medo pero axiña se fixo amigo dos unicornios . Cando chegou a hora de marchar non me quería ir pero as fadas e trasnos dixéronme:


-Non pasa nada! Podes volver maña e xogar outra vez e que teremos moitos xogos preparados. Pero agora tés que marchar, os teus pais vanse preocupar moito. - Vale, mañán volvo, ata mañán! Cando cheguei á casa os meus pais preguntáronme onde me metera. - Nun sitio nunca visto, pero non me ides crer. - No bosque? - Non, era un sitio moi especial –faleilles das cousas marabillosas que vira. - Para comprobar que dis a verdade iremos mañán e se é mentira non volverás montar. - Vale, xa veredes como digo a verdade. Á mañán seguinte todos montamos nos cabalos e marchamos. Expliqueilles que alí sempre era primavera pero non me crían . Ata que pasaron por detrás da fervenza e quedaron asombrados, estaban marabillados co que vían e non tiveron máis remedio que crerme. Quedamos a pasar alí todo o día e pasámolo moi ben xogando en familia.

Aida Fernández Hermida. 5º A.


ENTREVISTA A BRAIS GONZÁLEZ, CREADOR DA MASCOTA DA BIBLIOTECA, RATICONTO. PROBABLEMENTE

NON

O

SABIADES

PERO

A

MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA FOI CREADA POR UN ALUMNO DE 6º A CHAMADO BRAIS GONZÁLEZ. COM ESTE ANO XA REMATA A PRIMARIA E DEIXA O CENTRO PENSAMOS EN QUE VOS INTERESARÍA COÑECELO UN POUCO MELLOR ASÍ QUE LLE FIXEMOS A SEGUINTE ENTREVISTA:

1. CAL É O TEU NOME COMPLETO? BRAIS GONZÁLEZ ESTÉVEZ 2. COMO SE CHAMAN TEUS PAIS? MARTÍN E SANDRA 3. CON QUEN VIVES? COS MEUS PAIS E A MIÑA IRMÁ PEQUENA, LARA. 4. TÉS ALGUNHA MASCOTA? TÍVENA, PERO XA NON. 5. COMO SE CHE OCORREU A MASCOTA DA BIBLIOTECA? A MESTRA DO 2º CICLO DEUNOS UN MODELO E SOBRE EL CREEI A RATICONTO. 6. AHOGA IMOS FACERCHE UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA COÑECER OS TEUS GUSTOS…PREPARADO? SI.


Comida favorita: A ensalada Postre: A tarta da avoa Froita: A laranxa Música: A de “Los 40 principales”

Bebida: O kas de laranxa Sabor de caramelo: laranxa Cor: Vermella

Asignatura: As matemáticas. Prenda de vestir: O chándal Xogo: O parchís Xogador de fútbol: Bale Programa de televisión: “La que se avecina” Personaxe de serie: Antonio Recio.

O calzado: As deportivas. Deporte: o fútbol. Equipo: Real Madrid Película: “La Lego película”

Libro: “Diario de Greg” Autor: Jeff Kinney

Tipo de libro: O cómic

Conto infantil: “Carapuchiña vermella” Lugar: O bar O’ SPA en Vilalonga (é dos meus tíos)

Xogo: Un coche de carreiras Tarefa: Axudarlle a miña irmá a xogar coa videoconsola.

Número: o 4 Día da semana: venres Flor: A margarida Animal: o can Que che gustaría ser de maior? Xogador de fútbol profesional, rico e famoso.

Estación: o verán Árbore: o Piñeiro


Pois moitas grazas polas túas respostas, Brais, esperamos que o futuro che sorría !!!

XORNALISTA: Noelia Besada, alumna de 6º A

Brais posa coa súa creación.

Raticonto, a mascota da nosa Biblioteca






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.