Ratinovas Press Nº5

Page 1


Editorial Avoa, non quero ser “tu niña bonita”; eu quero ser “a túa nena linda”. Porque ser a túa nena linda sei que é máis que ser “tu niña bonita”. Porque cando dis que son “a túa nena linda” son palabras que saen do teu corazón, chegadas do sangue que percorre todo o teu corpo. O que non ocorre cando dis “tu niña bonita”, palabras saídas dunha boca baleira, influídas por unha contorna que nos fai crer que falar galego é raro ou simplemente non está de moda. Avoa, ti si que es linda cando cres que non te escoito e cantas ás agochadas esas cantigas da túa nenez que falan dos muíños. E non sabes o que me gusta cando te enfadas e dis esas palabras feas porque son palabrotas, pero fermosas porque son en galego. Ti si que es fermosa cando imos ao cemiterio e lle dis ao tío Lolo canto o botas de menos, que non debeu marchar antes ca ti, que ti xa es velliña... tantas cousiñas sentidas que lle dis na túa lingua nai, na nosa lingua. Avoa, a miña avoa linda, non permitas que á nosa lingua lle pase o mesmo ca o tío. Non permitas que a Covid acabe con ela. Vacinémola xuntas!

Ratinovas Press



3 anos


recorrimos un longo camiño

Y sopramos moitas velas....


fixemos actividades


E desfrutamos a tope





Os nenos e nenas de 5 anos A participaron nas actividades do proxecto Voz Natura. O día que tocaba ir ó horto estaban ansiosos e moi contentos. Co asesoramento de Guillermo aprenderon activamente todas as fases do método biointensivo e mesmo colleitaron dos seus cultivos para levar para casa. Seguro que, como os cultivaron coas súas manciñas, lles sabe mellor! Bo proveito!

As familias dos nenos e nenas de 5 anos A realizaron actividades interesantes: amosaron instrumentos tradicionais, trouxeron mascotas, cociñaron, xogaron ás adiviñas, fixeron masaxes, pintaron as uñas…e inda ata remate de curso teñen pensado facer algunhas máis. Ós nenos e nenas failles ilusión que a súa familia vaia ó colexio para compartir cos compañeiros e compañeiras actividades habituais da casa, de ocio ou que desenvolven profesionalmente os seus proxenitores. Os pais e nais teñen moito talento e potencial educativo. Son experiencias que os nenos e nenas non esquecerán nunca!


Mil grazas a todas as familias, tanto ás que viñeron coma aquelas que por motivos laborais non puideron vir. Todas elas sempre atentas e colaboradoras coas propostas do colexio.


O alumnado de 5 anos B participou nas actividades de Revitaliza coas cales aprenderon moitas cousas sobre a compostaxe.

Este curso tivemos a sorte de contar con Guillermo para o proxecto de Voz Natura, aprendimos un montón sobre os cultivos dende como se pranta unha semilla ata os seus coidados.


Agradecer a participación das familias durante este curso, en actividades que foron desenvolvendo na aula.


Como vivimos 1º












UNHA XORNADA INESQUECIBLE

A nosa visita ao ecoparque cos nosos compañeiros e compañeiras en Marín.

Tivemos que combinar equilibrio, inxenio, forza, destreza... para superar as diferentes probas: trapecios, pasarelas, redes verticais, tirolinas....


Xa estamos pensando en volver. Que emocionanteee!

3ºA


3º e 4º EN NATURNOVA No mes de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria desplazouse ata Vigo para ver a exposición de Naturnova. Esta está composta por tres espazos diferenciados e... un simulador dun submarino onde puidemos ver distintos animais en 3D! Puidemos aprender mais cousas da natureza e dos planetas da terra. Vimos cousas que non sabiamos que existian... Foi xenial! Aprendimos sobre a atmosfera. Foi como tocala! Era tan interesante que se me quedaron os ollos como pratos. Aprendimos moitos nomes de cousas que pasan no ceo como o arcoiris.

Había fotos dos planetas do sistema solar. Tamén outras de estrelas, incluido o sol e tamen do cambio climatico da Terra. Outra cousa que aprendimos é que as estrelas teñen distinta cor dependendo da idade.


Nesta sala había un xogo dun dinosaurio que se controlaba cunha tablet. Tamán había unha caixa con area dentro e un proxector enriba dela onde se podía experimentar con altitudes.Tamén había un botón para activar un tornado pequeniño.

Nesta sala explicáronos a importancia das fontes renovables.Tamén nos ensinaron como funcionaba o ciclo da auga. Aprendimos sobre a contaminacion, e a importancia de evitalo porque se derreten os polos. Para isto, ensináronnos como se consegue enerxía naturalmente. Os submarinos axúdanos a saber que especies de peixes hai debaixo de auga e tamén a saber que tipos de barcos fundíronse fai tempo. As gafas que levábanos eran negras e con vermello e ao poñelas sentíase cos peixes estaban delante de nós. O que máis me gustou foi o 3D!

Foi moi divertido!


UNHA VISITA SALVAXE!! Este curso, no cole, recibimos unha visita moi salvaxe. Con ela aprendemos moitas cousas interesantes sobre estes curiosos animais:

Gustounos moito a Tartaruga Caimán, que é unha das tartarugas máis grandes e ten a quinta mordedura máis forte do mundo. Para cazar, mantense quieta no fondo da auga, coa boca aberta e movendo a lingua para atraer os peixes.

Tamén trouxeron un bebé de Ra Touro; unha ra de gran tamaño que pode chegar a pesar un quilogramo.

Puidemos ver e tocar unha “pequena” Tartaruga terrestre. Estas viven unha chea de anos e poden alcanzar tamaños xigantescos. Podemos coñecer a súa idade contando os aneis que teñen na cuncha.

O Dragón Barbudo Australiano é un lagarto cunha gran barba de espiñas que mostra cando se sente ameazado ou no momento do apareamento.


Chamáronnos moito a atención as serpes: A Boa Constrictor de Cola Vermella Albina é un animal solitario e nocturno. Ten moi mala visión pero dispón dunhas escamas termosensibles que lle permiten detectar as súas presas , ás que estrangulan antes de comelas. Poden chegar a medir 5m e pesar 70kg.

A Falsa Coral Albina é unha serpe non velenosa que se defende dos seus depredadores cunha forte mordedura e desprendendo feces ao seren atrapadas.

O que vedes nesta imaxe non é una serpe senón un lagarto que na súa evolución perdeu as patas. Diferenciase das serpes en que ten oído externo, pálpebras móbiles e pode desprenderse da cola como mecanismo de defensa. Resulta inofensivo para as persoas xa que non ten veleno.

A Mantis Orquídea é un fermosísimo insecto que asemella unha flor polas súas cores e porque ten as patas en forma de pétalos. Isto, permítelle camuflarse dos depredadores e atraer as súas presas, xa que se alimenta de insectos polinizadores. Moi fermoso tamén o Camaleón, do que nos impresionaron, sobre todo, os seus ollos: pódense mover de xeito independente e sobresaen das súas cuncas. Por iso teñen unha visión de 360 graos.

Por moi exóticos que nos parezan, non debemos esquecer que todos estes animais son salvaxes, e non animais de compañía, e precisan estar no seu hábitat natural.


UNHA VIAXE XENIAL EN VELA O venres a clas e de 4º de educación primaria foi ao REAL CLUB NAUTICO DE SANXENXO. Dividímonos en grupos de 5 e 4 persoas para ir no barco de vela Dam.

Descubrimos que o mar non é tan peligoso, ao contrario, é moi divertido pola sensacion da auga e das ondas.Tamén nos empurraron cunha lancha, todos juntos atados por cordas. Foi a mellor actividade que tivemos por que era unha experiencia magnífica.

Vimos a illa de Ons e cada grupo ia nun barco de vela. Cada neno e nena de cada grupo fixo todas as tarefas do barco. Había 4 barcos: 2, 3, 4 e 5. Cando saimos do porto uns e unhas monitoras tiñan que levar o timón e despois nos turnabamos para levalo. O periodo de patrón durou 10 minutos.


Algúns monitores chamábanse: Adrian, Miguel, María... Tamén había que pasar a vela pequena ao compañeiro do lado segun ía a vela grande. Cando iamos ao porto enganchamos a una lancha e iamos moi rápido. Tiñamos outros tres traballos.

Nun momento empezou a chover mentres nalgunas zonas facía sol co ceo despexado. Podriamos ver arroaces pero a pena é que non os vimos pero conseguimos navegar ondas grandes!

O que máis me gustou foi que nos deixaran conducir o barco. Tamén que fixemos carreiras e perseguímonos uns aos outros. Encantoume a experiencia e pareceume moi útil se algún día imos ao mar. Ademais, deixáronnos meter as mans na agua mentres estabamos navegando. Gustoume o mar e encantoume o barco.Despois de navegar tuvemos que sair moi rapido hacia o autobus.

Foi moi divertido!!


EN 5º A TOPE CO DEPORTE O alumnado de 5º de primaria participou, ao longo do curso, en diferentes actividades relacionadas co deporte e que nos gustaron moito. Ao pouco de empezar o curso fomos a Portonovo ao “Campo a través”, unha carreira de mais ou menos 1 km na que nos esforzamos ao máximo para facelo o mellor posible. Mais adiante, visitamos a cidade de Pontevedra, concretamente fumos ás pistas de atletismo para participar en diferentes actividades: 500 m lisos, carreira por relevos, salto, lanzamento de peso… Alí pudemos compartir pista e competir con nenos e nenas de outros colexios.

As últimas actividades realizadas foron a de voleibol e multideporte. A actividade de volei tivo dúas partes: 1º practicamos, durante 4 xornadas, o deporte na escola e 2º fomos a Portonovo a botar uns partidos con outro colexio (Ceip A Florida, de Sanxenxo).

*

Para multideporte fixéronse diferentes actividades (fútbol sala, baloncesto, brilé…) no pavillón do cole. Esta xornada deusenos moi ben! Estamos moi concienciad@s da importancia do deporte e gústanos practicalo a menudo. Nos recreos solemos xogar ao balonmán. A verdade e que o pasamos xenial!!!


ESTE ANO ESTREAMOS NOVA BIBLIOTECA!!!! Este ano, no primeiro trimestre, estivemos sen poder usar a biblioteca, xa que nos dixeron que a estaban a renovar. E por fin chegou o gran día da inauguración, o catro de febreiro. Todos e todas tiñamos ganas de ir ler os nosos libros favoritos e intrigados por saber como estaría agora a nova biblioteca despois das reformas. Cando entramos na biblioteca por primeira vez, quedamos petrificados, todo mudara, a cor das paredes, a distribución dos mobles...Parecía outra, hai novos rincóns, como o de infantil que tiña unha cortina trasparente de cores neutros, con ratonciños colgando, uns puffs preciosos verdes e de ganchillo. Tamén puxeron uns mini sillóns de pata de gato, supermonos. Estou moi feliz, xa que me encanta ler e fixeron un gran traballo coa biblioteca. Tamén dicir que raticonto recibiunos moi elegante sentado na súa silliña.

Valeria Otero 6ºA


O alumnado de sexto, xa plantamos unha árbore!!! Hai un dito popular de orixe árabe, que di que na vida débense facer tres cousas antes de morrer: ter un fillo ou unha filla, escribir un libro e plantar unha árbore. O alumnado de sexto xa fixemos unha desas cousas, plantamos dúas árbores. A profe Pili, coordinadora de Voz Natura, tiña dúas árbores para plantar no patio, e para facelo pensou en nós, xa que este será o noso último ano no centro e así deixaríamos un recordo do noso paso por el. Así que un día as profes baixáronnos ao patio, collemos as ferramentas necesarias, as árbores e coa axuda de Santi, o conserxe, procedemos a plantalas. As árbores teñen uns nomes un pouco raros, unha chámase GINKGO BILOBA e outra ACER RUBRUM. Unha está no patio de infantil e outra no patio de primaria. Foi divertido, unha experiencia nova, por certo o manexo da carretilla non é tan doado coma parece!!!

Brais Montes 6º A


As alumnas e os alumnos de 6º B, a finais do segundo trimestre, estivemos a crear as nosas empresas. Unha actividade plantexada na titoría que nos resultou divertida e tamén complicada…Porque isto de ser emprendedoras e emprendedores éche cousa de darle moitas voltiñas á cabeza. Primeiro tes que ter moi claro que tipo de empresaria ou empresario queres ser… do sector primario?, do secundario? ,do terciario? Unha vez que tes solucionado o anterior, precisas capital, é dicir, cartos…de onde os vas quitar? Farános falta tamén un local, pode que un terreo; un deseño, unha marca, materia prima, traballadoras e traballadores, transporte, publicidade…e tantos e tantos aspectos máis que descoñeciamos. Así que aló nos puxemos, “mans á obra”, nunca mellor dito, e, temos que dicir que, saímos airosas e airosos da actividade plantexada. Empresas para mascotas, de informática, de roupa, de alimentación…variadas xa vedes. Velaquí tedes as fotos coas nosas creacións.

Preparadas e preparados para o noso futuro? Non o sabemos pero alomenos xa non descoñecemos o mundo empresarial e aprendemos a valorar a aquelas e aqueles valentes que crean algo de seu. Parabéns para elas e eles! Alumnas e alumnos de 6º B


CARREIRA SOLIDARIA NO COLE POLO 8 DE MARZO

Este ano no cole celebrámolo día 8 de marzo, Día internacional da Muller, cunha carreira solidaria, chamada “ Camiño pola igualdade”. As carreiras fixéronse despois do recreo, na parte dianteira do cole, comezando polos de infantil e rematando con nós, os sextos. Tamén correron os mestres e as mestras pero eles fixérono a cámara lenta, foi moi graciosa! Pero o alumnado de sexto fixemos algo diferente aos demais, corremos ao principio normal, pero os/as que chegaron primeiros e primeiras á meta, esperaron sen cruzala, ata estar todos e todas diante dela e a cruzamos agarrados da man, berrando “Pola igualdade”, con este xesto queriamos transmitir que todos e todas somos iguais, demos un paso adiante cara a igualdade!!!!!

Daniela Besada 6ºA


Nove son os anos que a meirande parte de nós estivemos neste centro, aprendendo, estudando, compartindo, xogando, divertíndonos, sendo, estando…Son tantos e tantos os momentos que acoden ao noso maxín neste momento que se nos fai moi difícil expresalos con palabras, e menos se han ser poucas por iso de que non hai máis espazo no xornal. Momento de sensacións, multitude delas, a flor de pel, todo o pasado, incluída a pandemia, os cambios aos que nos obrigou …bechocos a nós!. Toca despedirse destes anos de Educación, deste centro que tanto nos aportou, no que seguro que deixamos tamén a nosa pegada nas e nos que compartiron este chanzo, compañeiras e compañeiros, amigos e amigas, mestras e mestres. Marchamos, imos vivir unha etapa nova, estamos un pouco inquedas e inquedos pensando no que nos agarda e tamén tristeiras tristeiros polo que deixamos atrás. O curso que vén estaremos no IES que para nós significa, desde xa mesmo, Ilusión, Emoción e Superación. Deica logo todas e todos , grazas por esta etapa, grazas por seres, grazas por estares. Para rematares un reto. As e os das fotos que tedes a continuación somos nós cando chegamos ao cole. Adiñades quen é quen??? A ver quen acerta!

6º A

6º B



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.