Xornal 3º trimestre

Page 1

XORNAL DO COLE http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

3ºTRIMESTRE 2015-2016

“PROTEXE OS ANIMAIS” ADESTRAMENTO CANINO O adestramento de cans é a arte ou a ciencia de comunicarse e negociar cos cans. A través do adestramento crearás unha unión moi intensa e satisfactoria co teu can. Prepara á túa familia e a ti mesmo para a responsabilidade dun can. Si ben é moi emocionante levar un can novo á casa, tamén é moi importante que decidas os diferentes papeis que cada membro da familia xogará ao entrenar ao can e as regras que teredes para el.

Dálle regras claras ao teu can. O can necesita regras claras dende o primeiro día que chegue á túa casa. Debes facer que as regras sexan fáciles de seguir. Por exemplo, si non queres que o can pida comida na mesa, nunca lle deas comida do teu prato.

Busca a recompensa axeitada. A maioría dos cans reaccionan ben ás recompensas de comida. Pero debes ser consciente de que, ao entrenalo con recompensas de comida ou “golosinas” debes usar anacos pequenos.


Estuda a raza específica. As razas de cans son moi diferentes, así que sería una boa idea ler sobre a raza do teu can para saber que esperar. Cada raza necesita un entrenamento específico á fin de desarroiarse ben, así que asegúrate de saber cales son as necesidades específicas do teu can.

Anima verbalmente ao can. En combinación con calquera outra cousa que elixas darlle ao teu can, tamén debes usar os eloxios verbais. Cando o can reaccione correctamente, fálalle cunha voz aguda e amable. Os cans reaccionan ben a un ton complacido é alegre. Por outro lado, cando te desobedeza, debes usar unha voz severa para repréndelo. Finalmente, fai sempre as paces co teu can.

Mantén cortas as sesións de entrenamento, entre 10 e 15 minutos. Tamén trata de manter as sesións cheas de cousas novas e divertidas, como pequenos xogos que ti mesmo inventes. Si ves que o can empeza a aburrirse, distraerse ou frustarse, termina a sesión e toma un descanso.

A socialización do teu can é o factor máis importante para que o seu carácter sea confiable, amable e seguro. A socialización dos cans é fundamental para a súa saúde mental e para facilitar a súa convivencia cos humanos. Un can ben socializado aprende a estar tranquilo e receptivo a hora de facer fronte ás persoas descoñecidas, outras mascotas ou animais e ás situacións non previstas. Ánimo, divírtete e disfruta.




P

PRIMEIRO CICLO








sSE

SEGUNDO CICLO




RO

TERCEIRO CICLO Non maltrates animais

O maltrato animal comprende comportamentos que causan dor innecesario ou estrés ao animal. Os animais tamén teñen que ter unha familia.


Por favor señores, non maltratedes aos animais porque eles non vos maltratan a vós. Teñen dereito a vivir como nós e non ser maltratados, eles pórtanse ben pero vós non moito se non os coidades ben. Eles teñen que estar felices coma nós porque eles necesítano e nós tamén.

Porque os maltratades se eles non vos maltratan a vós ? Esa pregunta pódocha contestar, é porque cando vimos do cole ou do traballo ou estamos moi enfadados pegámoslle e fanse máis malos e mórdennos, pero eso é culpa nosa.


NON MALTRATES AOS ANIMAIS Por que maltratades aos animais? Se os maltratamos, eles enfádanse e poden atacar. Coidádeos e así podédeslle aprender moitos trucos, podes xogar con eles e moitas cousas máis. Así cando ides ao colexio ou ao traballo eles van a estar impacientes por xogar con vós. NON MALTRATES AOS ANIMAIS. CÓIDAOS!


NON O MALTRATO ANIMAL

QUE MALDADE, ASI QUEDAMOS SEN ANIMAIS NO MUNDO, QUE MAL. ISO NON SE FAI! SABEDES O QUE PODE PASAR SE MALTRATAMOS OS ANIMAIS? ELES PÓDENSE ENFADAR E ATACAN E FAN DANO E PASÁMOLO MAL.

MIRA O CABALO QUE BEN SE ATOPA AO COIDALO, TODOS TEMOS QUE FACER O QUE FAI ESTA NENA. SABEDES O QUE PASA SE TRATAMOS BEN OS ANIMAIS? ELES SÉNTENSE A GUSTO, DIVÍRTENSE E QUEREN ESTAR TODO O RATO COS SEUS DONOS.

TODOS XUNTOS ACABAMOS CO MALTRATO ANIMAL.


PENSADE UN MOMENTO POR QUE MALTRATAMOS AOS ANIMAIS? ELES MERECENO? POR SUPOSTO QUE NON. ELES COMO TODOS TEÑEN DEREITO A VIVIR. AO MELLOR PENSAS QUE NOS ATACAN PORQUE QUEREN, PERO NON E ASÍ, É PORQUE TEÑEN MEDO E ALGÚNS PORQUE NECESITAN ALIMENTO.


¡ADOPTÁDEME!

Este é Pucky. El é moi bo e cariñoso, encántalle xogar e que lle dean mimos.

¡BUSCA AMIGOS, UNHA FAMILIA E UN FOGAR!









Considérase que un animal está en perigo de extinción cando hai poucos exemplares da súa especie no mundo. Por exemplo, son animais en perigo de extinción a águia imperial, o oso pardo ou o lince ibérico. As causas deste fenómeno son diversas. Unha delas é a acción do home coa caza ou a alteración do medio. Ademais, hai causas naturais como os cambios de clima aos que algúns animais non son capaces de adaptarse. Actualmente, o número de animais en perigo de extinción está en aumento e é necesario tomar conciencia do problema e poñerlle freo.

KEVIN DOMÍNGUEZ CHAVES. 6ºA.


Al menos, foron contabilizados 57 exemplares de Leopardo de Amur, considerado o felino salvaxe máis raro do planeta en peligro de extinción debido a caza e a pérdida do seu hábitat natural. Cada un dos felinos representa un inapreciable tesouro e non soamente para nos zoólogos, senón para toda a humanidade. Durante anos, os biólogos instalaron nos bosques as fototrampas, ademais de investigar as súas pegadas. Lara Cacabelos Viéitez.


Balea Vasca

Nome común: balea vasca. Nome científico: eubalaenaglacialis. Mamífero mariño de gran tamaño, mide de 14 – 18 metros e pesa entre 50 – 56 toneladas. De cor negro cunha mancha branca no ventre. Este Balénido presenta unha mandíbula superior moi arqueada, con largas barbas, sen aleta dorsal e remos redondos. Presentan un saínte en forma de cornos de cor amarillento e recuberto de percebes. Solitaria ou en parellas desprázase lentamente pero é capaz de saltar fóra da auga, e antes de sumerxirse deixa ver o seu rabo. Habita en augas


oceánicas alonxadas da costa, salvo na época de reprodución que se acercan á costa e a miúdo concéntranse nas augas someras e baías. Aliméntanse filtrando as augas superficiais. As principais ameazas da balea vasca son os enredamentos nas artes de pesca, as colisións con embarcacións, o uso ilegal de dinamita para levantar os bancos de peixes, afectando aos fondos mariños e aos cetáceos que son sensibles as ondas sónicas;uso de sonar e outras actividades humanas que afectan a comunicación das baleas e orientación;a contaminación por derivados de petróleo e plásticos flotantes; o reducido tamaño das poboacións que provocan que a variabilidade xenética sea moi baixa, causando menores tasas de fertilidade, fecundidade e supervivencia das crías; ocupacións das lagoas someras e baías de reprodución por portos. As solucións serían: protección estricta da especie, redución dos vertidos de petróleo e plásticos ao mar, protección das zonas de cría, prohibición e redución da pesca nocturna de arrastres de parella e evitar o uso de artes de pesca onde a miúdo se enredan as baleas.

Alejandra Cacabelos Prieto. 6ºA


Cerceta común

Nombre común: cerceta común. Nombre científico: anascrecca. É o pato máis pequeno de Europa, con 3438 cm de lonxitude, 53-59 cm de envergadura e só 270-394 g de peso. O macho desplega un colorido moito máis vivo e chamativo que o da femia.


Encóntranse en rías, estuarios, lagoas e embalses de interior con abundante vexetación acuática. En Galicia abunda como invernante de decembro a febreiro. As principais ameazas de esta especie son a degradación do hábitat, a alteración das comunidades vexetais acuáticas, a caza e a recolección de ovos e as molestias humanas derivadas das actividades de recreo ao aire libre. Para a súa conservación sería necesaria a evaluación das poboacións nidificantes presentes, diversas obras de saneamento para mellorar a calidade da auga dos seus hábitats e un control máis exhaustivo da súa caza.


LIBÉLULA

Nome común: Libélula. Nome científico: Gomphusgraslini. Insecto odonato de coloración xeral amarelo-verdoso negro. Lonxitude do abdomen de 34 a 37 mm en machos e 34 a 38 mm nas femias. Distínguense doutras especies do mesmo xénero polas líñas negras do costado, cunha cresta dorsal netamente marcada e dúas anchas bandas sobre o episternitomesotorácico. As patas son negras, con só dúas bandas amárelas lonxitudinais nos fémures. As larvas desarróllanse nas augas de menos correntes dos ríos, con fondos terreosos ou areosos; prefiren os tramos de augas soleadas e márxenes sombrias, nos que non se produce estiaxe das augas. Os adultos sóvoan en xuño e xullo cerca das beiras dos ríos, pousándose ás veces nos bancos de area ou pedras das ribeiras. Distribución limitada ao sur de Francia e algunhas zonas aisladas da Península Ibérica. Trátase dunha especie rara e pouco frecuente, ameazada fundamentalmente pola destrución do hábitat, debido a contaminación urbana ou agrícola, ou ben as obras do encauzamiento dos ríos. Polo tanto, como posibles medidas de conservación contaminación das augas e as modificacións do cauce.

pódense citar e evitar a

Alejandra Cacabelos Prieto. 6ºA.


A ÁGUIA REAL.

As águias adultas teñen a cabeza e a nuca cubertas con plumas e de cor marrón amarillento. O rabo é escuro. As patas son amarelas, o iris de coravelá e o peteiro e as unllas negras.

Cando voa lonxeou directa a un pousadoiro bate as ás profunda e poderosamente. Dícese que é a máis elegante de todas as grandes águias e que mantén o ritmo e un perfecto control das súas acción aínda co máis forte vento.


A águia real vive con preferencia en zonas montañosas, pero non é infrecuente en lugares de baixa altitude, ocupando páramos, de monte baixo e zonas despoboadas.

Como todos os paxaros, sente preferencia por determinados lugares e pousadoiros, ben sexa unha rama seca dunha árbore, unha repisa dun cortado rochoso ou a cima dun penedo. A alimentación da águia real é moi variada porque a pesar de mostrar unha gran preferencia polos mamíferos, non desdeña paxaros de calquera tamaño, nin sequera insectos; é frecuente a súa presencia sobre a carroña, en especial de animais silvestres . A águia real é unha especie eminentemente sedentaria e a mesma parella ocupa durante anos unha amplia zona que constitue o seu territorio e que pode alcanzar unha superficie extraordinariamente extensa. Aquí desenvolve todas as súas actividades a parella. Probablemente en zonas rochosas e chás, unha parella ocupa moito menor extensión en montañas e soamente unha pequena porción de terreo descuberto é usada para a caza.

A protección máxima desta especie na Península Ibérica énecesaria. A este respecto, estímase que a águia real quizais sexa a ave de presa que experimentou unha maior regresión.

Lara Cacabelos Viéitez. 6ºA.


O lince ibérico e vive no bosque mediterráneo cerrado, en zonas moi restrinxidas da Península Ibérica.


O lince caza coellos que representan o 90% da súa dieta. Na maioría dos casos, o lince ibérico é moi solitario. É un cazador áxil. Cando as temperturas máximas soben, os linces pasan moito tempo en descanso. Durante o inverno, o lince pode ter actividade as 24 horas do día. A época de apareamento comeza en xaneiro e febreiro. O lince, a pesar de ser un animal de hábitos solitarios, nesta época do ano adoitan estar co seu compañeiro/a. As principais ameazas á especie son a mortalidade, especialmente por vehículos pero tamén pola caza furtiva,… Paula Dacosta Dios. 6ªA




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.