Xornal 2º Trimestre

Page 1

XORNAL DO COLE http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

2º TRIMESTRE 2015-2016

“PROTEXE OS ANIMAIS”

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO



VISITA DO REFUXIO DE CAMBADOS Esta asociación, desenvolve actividades moi diversas a prol dos dereitos dos animais, onde se lles informa aos cidadáns sobre aqueles temas obxecto da súa actividade e, nela, ofrecen servizos concretos como: Acollida de animais abandonados Atención e coidados dos animais. Servizo de adopción de animais. Plan de esterilización felina. Plan de esterilización canina. Campañas de sensibilización cidadá abandono de animais. - Voluntariado. - Actividades con nenos e anciáns,… -

sobre

o


Adopción de animais abandonados. Todos e cada un destes animais buscan un fogar, un dono, un amigo, alguén que os queira de verdade e para sempre. Cada un deles ten a súa historia, pero todos teñen en común que non tiveron sorte, que necesitan ser queridos, que darían a súa vida por un dono que lles dese unha segunda oportunidade e os tratara con amor. Todos senten, padecen e sofren ao ser abandonados e tratados como obxectos. Todos son a realidade do que se vive no noso país e só TI e persoas coma ti poden comezar a cambiar as cousas, ADÓPTAOS, móstralles que poden ser felices e o máis importante atopa o amigo máis incondicional, leal, fiel..., que nunca imaxinaras.



Os principais problemas destes centros son: - Poucos recursos e obtidos a travĂŠs da iniciativa privada. - O nĂşmero de recursos crece de maneira lenta mentres que as actividades que se deben desenvolver crecen expoĂąencialmente.


PRIMEIRO CICLO

PRI





SEGUNDO CICLO









TERCEIRO CICLO









DICIONARIO DA PAZ


Alegría: sensación de gozo e contento, ledicia. Amizade: relación afectuosa entre persoas. Amor : sentimento que busca o ben dos demais. Amigable: propio de amigo. Confianza: fe e seguranza que ten una persoa. Compartir: repartir una cousa entre persoas . Paixón: expresión emotiva de moita intensidade . Paz: estado de tranquilidade e sosego. Respecto: ter valor por alguén, sen molestalo. Sociable: que fai amizade con tranquilidade. Sociedade: relación entre persoas que teñen algo en común. Compaixón: sentimento de mágoa pola desgraza doutra persoa. Alegrar: producir alegría. Solidaridario: dise das persoas que responden en común, unhas polas outras . Bondadoso: calidade do que é bo. Bonanza: calma entre dúas persoas.


Conmover: producir un sentimento a outra persoa. Pacífico: que está ou vive en paz. Socializar: suscritar ou desenvolver as relacións sociais entre persoas. Amable: que necesita ser amado. Valorar: recoñecer o valor dunha persoa. Amigo: que está unido por amizade . Sereno: tranquilo, temperamento.

que

controla

o

seu

Axudar: cooperar con outro . Animar: axudar a unha persoa cando está mal. Calmar: tranquilizar, asosegar. Caricia: demostración de afecto ou cariño. Abrazo: acción que expresa sentimentos a unha persoa. Cooperar: colaborar, axudar. Felicidade: boa fortuna. Tranquilidade: unha persoa sen preocupacións. Sinceridade: está disposto a recoñecer a verdade.


Axudar: cooperar con outro. Perdoar: non gardar rencor. Cariño: afecto, agarimo por unha persoa. Colaborar: traballar en común. Clemencia: disposición de perdoar. Xeneroso: sentimentos nobres. Ilusión: esperanza. Unión: acción ou efecto de unir. Liberdade: facultade pola cal unha persoa decide o seu modo de actuar, sen atender determinacións exteriores. Vida: maneira de vivir. Esforzo: afento, afán, bondade. Obedecer: cumprir o que manda unha persoa. Tolerar: resistir sen dano. Tranquilo: dise dunha persoa sen preocupacións. Gozar: sentir pracer. Educación: ensino, formación. Alejandra Cacabelos Prieto. 6ºA.


Antes

Agora

Unha nova utilidade

Hai uns días, no tronco cortado do patio do colexio había nenos xogando ao trompo pero, antes diso, había unha preciosa árbore. Esta entrevista fixémoslla á directora do colexio Cuca, para saber por que cortaron a árbore.

-Quen decidiu cortar a árbore? -O equipo directivo e a alcaldesa. -Por que a cortastes? -Porque as raíces estaban levantando todo o pavimento, meténdose


debaixo do muro do patio de infantil e aproximándose moito ao pavillón. -Quen a cortou? -Empregados do concello. -Cando se cortou? -A finais de xullo. -Ides arranxar o chan avultado polas raíces? -Estamos esperando a que veña unha empresa contratada polo concello para facer ese traballo. -Vaise replantar algunha árbore no se lugar? -Non, preguntouse pero, en pouco tempo, teriamos o mesmo problema. -Vai a haber algunha zona axardinada no centro? -Gustaríanos e teremos que ver esa posibilidade en breve, pero non será este curso. A pesares do motivo xustificado da corta da árbore, botámola de menos, era a única do noso patio, pero está visto que ás veces é preciso levar a cabo estas accións aínda que non sexan do gusto de ninguén. Elena e Javier 6º B


COCIÑA DE AUTOR NO CEIP DE COIRÓN-DENA Os nenos e nenas do CEIP Coirón-Dena degustan pratos elaborados seguindo as directrices de dous cociñeiros Estrela Michelín, Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras.

Crema de xudías verdes con allada galega

Lombo de porco breseado en salsa de laranxa e castañas con patacas panadeira

Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras, os cociñeiros.


O día 25 do pasado mes de novembro os alumnos e alumnas do comedor do noso centro tiveron a oportunidade de degustar uns pratos moi especiais, pensados por dous cociñeiros ben coñecidos por teres una Estrela Michelín, Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras. A iniciativa partíu da Fanpa de Pontevedra (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) e o seu obxectivo era poñer en valor a gastronomía galega. Así que os nenos e nenas tiveron a ocasión de saborear una “Crema de xudías verdes con allada galega” de primeiro prato e un “Lombo de porco breseado en salsa de laranxa e castañas con patacas panadeira” de segundo. Dana e Brais, dous compañeiros de 6º B, que acuden ao comedor, autores das fotografías que acompañan esta noticia, preguntaron aos compañeiros e compañeiras que que lles parecía a comida servida e os calificativos empregados foron “riquísima” , “distinta”,”orixinal”… e que non lles importaría que outros días, ao longo do ano, se volvera repetir a idea. Esperamos que así sexa!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.