XORNAL 2º TRIMESTRE

Page 1

XORNAL DO COLE

tro

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

2º TRIMESTRE 2014/15

“XOGUETES” Neste segundo trimestre continuamos co proxecto dos xoguetes. Anunciamos os nosos xoguetes, elaborados no primeiro trimestre con material de refugallo, nun cartel publicitario elabarado dixitalmente. Podemos ver algúns deses carteis no Blogue do galego:

http://galegocoiron.blogspot.com.es/

TRABALLO POR CICLOS INFANTIL Visita ao museo. Día da Paz. O Entroido.

PRIMEIRO CICLO Charamuscas.

SEGUNDO CICLO Poemas. Adiviñas. Carteis publicitarios.

TERCEIRO CICLO Poemas. Entrevista. Calendario 2015.


INFANTIL ESTE TRIMESTRE TIVEMOS MOITAS FESTIVIDADES NO COLEXIO... COMEZAMOS CUNHA VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA.

VIMOS XOGUETES DOS NOSOS AVÓS E AVOAS!


DÍA DA PAZ. “UN MUNDO DE CARAMELO”


CELEBRAMOS O ENTROIDO DISFRAZADOS DE LEGOS

3 ANOS

4 ANOS A

4 ANOS B


5 ANOS A

“Venres de entroido”

5 ANOS B

“Venres de Piñata”

DESFILE DE ENTROIDO

COLABORAMOS NA ELABORACIÓN PROPIA DOS DISFRACES CON MOITA ILUSIÓN!


1ยบ CICLO



SEGUNDO CICLO






O

COHETE

RÁPIDO

Con este cohete... ...divertiraste seguro

SÓ CUSTA

10 €


O XOGUETE DOS TEUS SONOS

2x1 Se mercas un, de regalo ยกOUTRO GRATIS!


TERCEIRO CICLO Namorado/a estou Incontrolable o sorriso sacas ouro de min, a mirada salgada florecen os meus soños. O único debuxo un só papel retratos de almas xemelgas. Cando será o día? Son sagrados os teus beizos de lume e de auga, deixemos que fale o corazón, as rosas da liberdade plantadas sempre xamais xerminadas. Ti es a brúxula, o meu mapa dos pensamentos tolos.


Namorado/a estou! rosas e caraveis na festa da paix贸n. 6潞A


Neste trimestre, os alumnos e alumnas de 5ºB, realizaron unhas entrevistas a personas do seu entorno que lles parecían interesantes, esta é unha delas.

O pianista e saxofonista Diego Rodríguez Caride ten 30 anos, exerce como profesor na Escola de Música de Meaño e, hoxe, ten o gusto de compartir connosco algunas preguntas sobre el.

-

-

Boas tardes, Diego, cando eras pequeno…que querías ser de maior? Cando era pequeno, só quería ser veterinario ou informático. Cales eran as actividades que máis che gustaban? Kung-Fu, música e fútbol sala. Por que escolliches piano e saxofón, influiúche alguén? Meu pai levoume ao consevatorio de Redondela e tanto piano coma saxofón foron os que máis me gustaron. Cal foi a composición máis difícil que interpretaches? En saxofón a “Sonata Denisov” e “La secuencia de Berio nº XIII”; en piano “Los nocturnos” de Chopin e “Claro de luna” de Beethoven. Como te encontras traballando na escola de música de Meaño? Moi contento, cuns alumnos e alumnas moi bos e boas. Como chegaches aquí? Cando acabei a carreira saquei as prazas para presentarme e cada ano teño que facer unha proba para poder seguir. A que máis te adicas na actualidade? Toco nun hotel de Sanxenxo chamado Augusta e, no meu tempo libre, encántame adestrar cans. A onde che gustaría chegar coa música, onde te ves nuns anos? Encantaríame chegar a ser solista, agora estou moi ben pero quero ter unha academia propia. Como te describirías ? O máis importante para min é o respecto e a admiración, penso que son unha persoa boa, humilde e traballadora. E, por último, que che pareceu a entrevista? Pareceume moi interesante e gustoume que me elixiras para entrevistarme. Ata outra ocasión. Moitas grazas.

Deixamos a David preparando as súas próximas clases. Elena Muñiz Domínguez 5ºB





Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.