Xornal 1º trimestre

Page 1

XORNAL ESCOLAR http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

1º TRIMESTRE CURSO 2016/17

“CO GALEGO FAISE ARTE”

SAMAÍN

MAGOSTO

OUTONO

NADAL

INFANTIL: Samaín. 1ºCICLO: poemas de outono, contos. 2º CICLO: contos. 3º CICLO: contos, entrevista,…






INFANTIL



1ยบ CICLO












2ยบ CICLO CONTOS





3ยบ CICLO











UN REMEDIO NATURAL Érase unha vez, unha nena chamada Clara á que lle encantaban as plantas.Un día, estaba tranquilamente na súa casa cando a súa mellor amiga, Ana, entrou apresurada. Ana contoulle que aquel día era o concurso de canto a nivel nacional e que se ía presentar porque era o seu soño participar en algo así. Clara quedou moi contenta pero esa alegría só durou ata que Ana lle contou que estaba afónica e que lle doía moito a gorxa. Clara, que era unha boa amiga, saíu da casa a fume de carozo e nun segundo chegou xunto de Ana cun remedio moi natural: -

Con estas folliñas de menta, imos preparar unha infusión, e verás como nun periquete xa non tes esa dor – díxolle Clara. - Grazas – contestou Ana. Nuns minutos Ana notou como lle facía efecto a saborosa e refrescante menta e díxollo á súa amiga. - Grazas Clara, que xa estou ben da gorxa, pero non vou ir ao concurso. - Como que non, que dis! - E que o concurso celébrase dentro dunha hora no auditorio de Vigo, non imos chegar. Clara, que estaba decidida a que Ana cumprira o seu soño, nun abrir e cerrar de ollos meteuse con ela no coche do seu pai. Ao chegar correron cara o auditorio , que era enorme. Cando estaban entrando oíron a música do comezo do concurso, pero éste era no andar 7, e o ascensor estaba estragado. As dúas subiron unha tirando da outra, ata chegar ata alí. Xusto cando chegaron o presentador anunciou que era o turno de Ana, e esta toda contenta, subíu ao escenario para cantar. Ao rematar deron as calificacións nas que Ana quedou primeira. E moi feliz pensou que non podía haber mellor amiga que Clara no mundo e que grazas a ela , e á menta, cumprira o seu soño. Paula Da Silva 5º B


Era un martes once de outubro, como calquera martes ,e estabamos na clase.José foise a sonar o nariz mirando pola fiestra e díxonos: - Mirade,mirade! . Todos nos levantamos e miramos pola fiestra ,había dúas gaivotas, pero estaban moi raras.Entón a profe Sinda baixou a mirar o que lles pasaba.Resulta que tiñan una poteira,unha tiña o cordel enganchado no padal,e a outra tiña a poteira na pata.A profe avisou ao conserxe para que chamara ao Seprona. Xa marcharamos todos, e o Seprona aínda non viñera, por iso Jorge e José avisaron á policía local, e entre o conserxe e os dous policías, conseguiron collelas e soltalas.Beeeeen!!! CORRESPONSAIS: NATALIA FUENTES E NOA OTERO 5º A


CORRESPONSAIS: Manuel Durán e Sofía Rey. 5ºA Hoxe imos entrevistar ao noso profe Rafa. 1-Rafa, alguén nos dixo que, o mércores 2 de novembro, aconteceu algo dunha entrega de premios. -En que consistiu esa entrega? -Hai dous anos fixemos un videoclip de “Maruxa”. Presentamos ese vidioclip ao festival de cine OUFF escola e nos premiaron cunha mención especial. -Cal é o motivo dese concurso? -Trátase de visibilizar o traballo que se fai nos centros utilizando o audiovisual como ferramenta. Os traballos realizados tratan temas de interese para o alumnado ( coidado do medio ambiente , inclusión, igualdade…) 2- Onde foi? -No auditorio municipal de Ourense.


3- Que vídeo foi o que participou “Maruxa” ou “Milo”? -Participaron os dous pero o premio concedéronllo a “Maruxa” ,que incide na necesidade de traballar ,a igualdade de xénero desde pequenos/as . 4-En que posto quedamos ? Dun total de máis de 120 traballos presentados “Maruxa” quedou nun séptimo posto. 5-Explícanos que é iso de mención especial? -Quere dicir que se otorgaron dous primeiros premios (primaria e secundaria), dous segundos premios (primaria e secundaria ), dous premios ao mellor guión (primaria e secundaria) e logo dúas mencións especiais ,das cales unha foi para “Maruxa”. 6-Cal foi o premio? -O premio foi un diploma, pero estamos moi contentos.Porque o importante é o recoñecemento que se fai do traballo dos/as alumnos/as e Mestres/as. 7-Estás satisfeito co resultado ? -Moi satisfeito ,porque para nós o importante é o traballo feito cos nenos/as .Se logo nos recoñecen a calidade do vídeo en festivais, mellor ca mellor. 8-Participaron moitos coles no concurso? -Presenteronse máis de 120 traballos de colexios de toda Galicia. 9-Tes algunha cousiña pensada para este ano? -Algunha cousa xa anda rondando pola miña cabeza, coma sempre. 10-Podes darnos algún adianto? -Pois si. Podo adiantar que o imos pasar moi ben facéndoa, como sempre. Moitas grazas pola túa colaboración e dámosche a noraboa polo teu premio. -O premio é de todos, porque aquí traballou todo o mundo!


Un día Marta e os seus país foron de “picnic”ao campo. Ao chegar descargaron as cousas do coche e puxéronse a xogar. A Marta chamoulle a atención unha planta verde e frondosa. Cando lle botou a man notou que tiña un arrecendo forte e doce. Encantoulle. Chamou polos seus pais para que a viran. Aos seus pais tamén lles gustou aquela planta pero non sabían que planta era. Puxérona nun floreiro no medio do “picnic”. O seu olor era relaxante e notaron que respiraban mellor. Non se desprenderon da planta. Cando foi hora de marchar cargaron unhas cantas no maleteiro do coche. Nada máis chegar á casa o primeiro que fixeron foi buscar en Internet de que planta se trataba. Era a planta do ANÍS!


Logo,miraron os seus beneficios e era marabillosa, cáse servía para todo.Que sorpresa! Melloraba as infeccións do aparello dixestivo. Eliminaba os gases. Aliviaba os cólicos de barriga. Favorecía o sono e melloraba o descanso. Curaba a dor de cabeza. Melloraba o arrefriado. Eliminaba as flemas e o moco. Curaba nervios e ansiedade… Esa foi a súa salvación. A familia de Marta comezou a cultivala e Marta e os seus pais fixeron un monte de plantacións e ademais de facerse ricos…

Sofía Otero Iglesias 5ºB Nº10


Un día abrasador Había unha vez cinco amigos que ían a praia a bañarse porque ese vinte de xullo facía moitísimo calor. A temperatura era de 35 graos; cando ían tomar un xeado ou unha bebida fría ao momento quentábase. Os que querían poñerse á sombra ían telo moi difícil xa que todos os sitios estaban ocupados. O amigo mais vello, que era Marcos, de 16 anos, ocorréuselle ir a un bar a tomar algo e a estar á sombra cos seus compañeiros, pero este rato entre amigos durou moi pouco tempo. O pai de Marta, que era unha dos rapaces que estaba no bar pasándoo ben, recibiu unha chamada moi importante: ofrecéronlle un traballo e el aceptouno o momento. So tiña un inconveniente: non era en Madrid, senón en Rusia.


Tan pronto os pais da rapaza recibiron a noticia foron a buscala para empacar o mais rápido posible, xa que o traballo exixía incorporación inmediata. Cando llo dixeron a Marta, esta non quixo marchar e púxose moi triste, o igual que o resto dos seus amigos. Eles eran amigos desde que eran moi pequenos, sempre estiveron xuntos na mesma clase e este ía ser o momento en que se ían separar por primeira vez. Como podedes imaxinar non puideron facer nada para evitalo, pero antes de que Marta marchara, todos prometeron unha cousa: ían ser amigos por sempre, a pesar da distancia. Tampouco ía ser demasiado tempo, só sería un ano, anque tiñan medo porque nun ano podían pasar moitas cousas. O tempo pasaba, e anque o principio falaban cada día, pouco a pouco estes espazos alargáronse ata que falaban pouco e cando o lembraban. Pero o ano pasou voando, e o chegar o verán volvéronse a encontrar e todo foi como si ese ano non houbera existido. Todo seguía igual. Eran amigos coma sempre. Todos aprenderon unha cousa: cando unha amizade é verdadeira, nada pode con ela. Pablo Vieites 5º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.