Xornal 1º trim

Page 1

roo

XORNAL DO COLE

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

DECEMBRO 2015

“PROTEXE OS ANIMAIS” Durante

este

curso

levaremos

a

cabo

o

proxecto

que

denominamos “Protexe os animais”. OBXECTIVOS: □ Comprender o concepto de animal doméstico ou de compañía. □ Diferenciar animais domésticos e salvaxes. □ Coñecer as características dun animal doméstico. □ Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía, facendo fincapé nas necesidades afectivas. □ Fomentar o respecto cara os animais domésticos. □ Comprender o significado dun abandono e as consecuencias que carrexa. □ Descubrir o procedemento de adopción de animais. CONTIDOS: □ Animal doméstico/animal salvaxe □ Necesidades físicas e afectivas dunha mascota. □ Abandono de animais de compañía. □ Adopción de animais procedentes de refuxios.


EDUCACIÓN INFANTIL






PRIMEIRO CICLO














SEGUNDO CICLO






TERCEIRO CICLO ENTREVISTAMOS A SANTI, O NOSO CONSERXE, COMO CRIADOR DE CAN DE PALLEIRO. Pode que non o saibades pero o noso conserxe, Santi, ten cans de raza can de palleiro como os que saen nun coñecido anuncio da televisión no que, por certo, está a súa cadela. Aquí tedes a entrevista que, con tal motivo, lle fixemos. - Cando eras un neno coma nós, xa tiñades cans ou cadelas na casa? - Si. - Que can ou cadela recordas con máis agarimo? Por que? - A Rocky, un pastor alemán. Porque o atopei abandonado. - Cando te fixeches criador de can de palleiro? - Cando se casou a miña filla regaláronlle un e logo nós, mercamos outro. - Por que empezaches a interesarte por esta raza? - Polo meu fillo pequeno que foi o que máis interese amosou. - Cantos cans ou cadelas tés na actualidade? - Catro cans. - Como se chaman ? - Leila, Milo, Dana e Fedello. - Por que eses nomes? - Porque, entre todos os membros da familia, decidímolo así. - Xa tiveron alguna camada? - Si. - Cantas crías pode ter unha camada? - Ata dez cans. - Que coidados precisan estes cans para o seu bo mantemento? - Non moitos, sobre todo hai que ter ao día as vacinas e a desparasitación.


- Existe algunha asociación de can palleiro? - Si. - Como se chama? - Club raza can de palleiro. - Onde ten a súa sede? - En Narón e a xunta en Coles(Ourense). - Pertences a ela? - Si. - Como nos recomendarías esta raza? - É una raza galega e un can pastor que tanto coida do gando coma da casa. - Como conseguiches que a túa cadela saíra no anuncio? - Pola asociación, e o meu fillo que é educador de can de palleiro. - Pagáronche por levala? - Non. - Como te sentiches ao ver a túa cadela no anuncio? - Normal. - Que opinas da xente que abandona ou maltrata aos animais? - Que se non saben tratar o animal que non o colla. - Grazas Santi, polo teu tempo e as túas respostas.

Alumnos e alumnas de 6º B


O LEOPARDO DAS NEVES O leopardo das neves vive nas zonas por enriba dos 3.000 metros desde o nivel do mar en Asia central. Soamente se alimenta do sangue das súas presas. No verán pódese encontrar en altitudes de ata 5.000 metros.


O APARELLO DIXESTIVO DO LEOPARDO DAS NEVES O aparello dixestivo do leopardo das neves é moi similar ao dos seres humanos. Inxeren a comida pola boca, mezclándoa con saliva e dirixíndosa polo seu esófago ao estómago. Do estómago segue o seu recorrido a través do píloro e ata o intestino delgado, mezclándose coa bile e outras substancias.


O aparello respiratorio do leopardo das neves

O aparello respiratorio do leopardo das neves está formado polas fosas nasais, a garganta, a tráquea, a larinxe, os bronquios e os pulmóns . Os bronquios ramifican e desminúen progresivamente o calibre ata que se abren os alveolos pulmonares, onde se verifica o intercambio gaseoso co sangue.


O aparello circulatorio do leopardo das neves


O aparello excretor do leopardo das neves

O aparello excretor do leopardo das neves ten dous riles que están situados a cada lado da columna vertebral por detrás e debaixo da última costela. A función primordial é manter o equilibrio entre auga e minerais e expulsar os desfeitos do metabolismo.


O CAN

En comparación cos lobos de tamaño equivalente, os cans tenden a ter menor tamaño do cranio. É un mamífero doméstico carnívoro.


O aparello dixestivo do can

Os cans teñen un dos mellores sistemas dixestivos de todos os animais salvaxes que existen no planeta. As crías na súa mandíbula teñen 42 dentes, que son deseñados para cortar, rasgar e triturar, algo típico dos carnívoros. Os cans teñen menos padal que os seres humanos. O tempo de tránsito no intestino, xeralmente é de preto de 12 horas, como mínimo, e 30 horas como máximo.


Aparello respiratorio do can

O sistema respiratorio proporciona osíxeno ao corpo do can. Cada bronquio proxéctase dentro do pulmón y divídese posteriormente en outras bronquiolas máis e máis pequenas ata chegar a formarse unhas pequenísimas bronquiolas.


Aparello circulatorio do can

O sistema circulatorio ĂŠ o que transporta o sangue e outros fluĂ­dos necesarios.

Aparello excretor do can


Golden Retriever Pelaxe e cor: a súa pelaxe ven en tonalidades de ouro claro e escuro. O seu manto componse de dous tipos de pelo: unha capa exterior de pelaxe que é resistente a agua e lixeiramente ondulada, a cal pelexa en cantidades ao longo do ano e outra capa interna do subpelo suave que mantén ao can suave no verán e tibio no inverno.

adestramento: Son animais activos e amantes da diversión cun comportamento excepcionalmente paciente, propio dun can criado para sentarse en silencio durante horas nunha cacería.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.