Xornal 1º Trimestre

Page 1

XORNAL DO COLE http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

1º TRIMESTRE 2014/15

“XOGUETES” O título do proxecto para este curso 2014- 2015 é: “Xoguetes”, que trata sobre os xoguetes, o xénero e a publicidade. Durante o curso iranse facendo diferentes obradoiros que vos iremos amosando nas vindeiras edicións deste xornal.

GALERÍA DE IMAXES SAMAÍN, MAGOSTO E EXPOSICIÓN DE XOGUETES.

TRABALLO POR CICLOS INFANTIL: COMEZANDO O CURSO, COUSAS DO OUTONO, SAMAÍN. 1ºCICLO: E TI…COMO TE SENTES? 2º CICLO: CONTOS. 3º CICLO: MAGOSTO. NOTICIAS.

XOÁN E O XOGUETE.


GALERÍA DE IMAXES SAMAÍN

MAGOSTO


EXPOSICIÓN DE XOGUETES


EDUCACIÓN INFANTIL





PRIMEIRO CICLO




SEGUNDO CICLO




TERCEIRO CICLO MAGOSTO A palabra magosto, ademais doutros significados directamente relaccionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.


REFRÁNS As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.


Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.

Non ahí ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.

Polo san Martiño, castañas e viño.


Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.

Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.


CANTIGAS Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas, para comer coas mozas catro castañas asadas.

Con castañas asadas foxe o friíño; con pescada salpresa no hai ruín viño.

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero,


que me cheiran ó chamosco.

“A castaña no ourizo eu ben sei o que ela fai se é pequena ela medra e se é madura ela cae”.

Paula Dacosta Dios. Lara Cacabelos Viéitez. 5ºA


Noticia futuro: Dena, novembro de 2074.

Orella de elefante A exploradora Leticia Torres Padín descubríu unha folla no Amazonas. Según os investigadores, parece ser dunha das poucas plantas que existían hai anos na Terra, a chamada Orellas de elefante. Grazas ao seu decubremento, xa poderemos ter máis plantas coma esas no noso planeta. Pensade en canto osíxeno nos proporcionarán follas coma esas…Aínda estamos a tempo de frear o cambio climático!!! Javi Otero 5º B

Noticia actual Dena, novembro de 2014

Unha estudante de 5º de Primaria do CEIP Coirón- Dena, chamada Leticia Torres Padín, levou á súa clase unha folla dunha planta chamada Orellas de elefante. A folla mide máis ou menos uns 60 cm de longo e uns 40 cm de largo. Pode que esas dimensións sexan normais nesa especie vexetal, pero tanto a súa mestra como os seus compañeiros, quedaron abraiados!!! Xiyi Lan 5º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.