Oncela na illa de ons

Page 1

ONCELA NA ILLA DE ONS


ÍNDICE DE CAPÍTULOS

1. Oncela vai vivIr á illa de Ons…...Mario Hermida Martínez

10. Os ladróns de bancos…...Alejandro Barbeito Cousido

2. Unha bonita cova………………...Lucía Fontán Bemposta

11. As gaivotas desaparecen….….Raúl Moldes Mouriño

3. A fábrica de lambetadas……….…Daniel Figueiro García

12. Protexendo ós animais……….Anxo González Canay

4. O día que rompeu un brazo…...Aida Fernández Hermida

13. O ataque dos piratas………..…..Oscar González Rey

5. A mensaxe na botella………………...María García López

14. Carlos o fareiro………….…….Nerea Castro Limeres

6. Buceando cos peixes………………….Pablo Fariña Casal

15. Faise noite…………...Brayan Fernández Domínguez

7. O labirinto………………………...…...Lucía Gondar Casal

16. A cuncha máxica….……….Enma Fontán Fernández

8. A visita de Daniel………………..…Antía Fontán González

17. Os xogos das illas……..………….Aitor Serrano Lima

9. Oncela e a contaminación…….Juan Jesús Ávila Vazquez

18. A visita de Ana………………..Almudena Besada Amil

CEIP de COIRÓN-DENA. 5º A - CURSO 2014-2015.


ONCELA VAI VIVIR Á ILLA DE ONS Oncela é unha nena de 17 anos que vive coa súa familia nunha casa en Bueu. Ten o pelo negro e os ollos azuis coma o mar. Sempre leva un chapeu marrón que lle regalou o seu avó. Ela é moi divertida e gústalle explorar.Tamén é un pouco tímida xa que

ten medo

sempre cando coñece a alguén, aínda que lle pasa pronto. Un día foi á casa do seu avó a visitalo. Estaba sentado no sofá mirando a televisión e ó velo non pudo evitar preguntarlle qué lle

planta

pasaba. O avó díxolle que se atopaba mal. A culpa tíñaa unha enfermidade que só se podía curar cunha moi rara que medraba na illa de Ons. Oncela púxose moi triste, queríalle moito e estaba disposta a facer calquera cousa por axudalo. Ofreceuse a ir buscar a planta e non volvería ata atopala. A rapaza foi a súa casa e pediulle permiso ós seus pais. Súa nai díxolle que si pero seu pai non se convencía tan fácilmente. Pero ela era tan terca e ao final deixárona ir. Foi en barco desde Vigo ata Ons. Alí buscou entre todas as plantas ata que viu unha especial. Sabía que era aquela porque tiña

can

un libro que lle servía de guía. Estaba contentísima pero nese intre un arrancouna e botouse a correr. Correron tres quilómetros sen descanso ata que o can parou a facer “as súas cousas”. Oncela aproveitou para coller a planta e fuxir. Colleu o barco para Bueu e foi ata a casa do seu avó a levarlle a planta. O avó díxolle que tiña que prepararlle unha infusión. Ó pouco de darlla xa se sintiu bastante ben, non de todo, pero mellor. Oncela quedou moi satisfeita e moi orgullosa de si mesma.

O avó, como regalo, doulle un colar fermosísimo que súa avoa gardara durante moitos anos. Pasaron os días e ela non se quitaba da cabeza o fermosa que era a illa de Ons. Tamén lembrou todas aquelas flores, a paisaxe, as casiñas e as amplas praias. Preguntou na casa se podía ir a vivir alí unha tempada. Os seus pais pensárono moito, vivir ó aire libre e facerse independiente sentaríalle ben a súa filla. Estaba tan emocionada e sentíase tan libre que colleu o primeiro barco que

illa de Ons. O primeiro día refuxiouse nunha cova, estábase tan ben que decidiu que cuns pequenos

saía rumbo á arranxos esa sería a súa casa.



UNHA BONITA COVA

daquela cova

Oncela púxose a traballar desde o primeiro día para facer un agradable fogar. Descubriu que se lle daba moi ben a decoración. Nas paredes puxo unha selva debuxada cun pequeno río ó fondo. Para o chan teceu unha alfombra de xuncos facendo a figura dun león. A cova é moi grande e con sitio para dous baños, por si hai visitas, tres habitacións e unha cociña onde hai de todo. Alí prepara os peixes que pesca na praia e as centolas que son o seu prato favorito. Para a

mazás asadas

sobremesa gústanlle as con salsa de amorodos. Cando se quere lavar vai a unha lagoa pequena, pon as súas chanclas, o seu bañador e frégase cunha esponxa natural que atopou nas rochas da praia cando collía mexilóns. Oncela ás veces xoga con Pipo, o loro que se fixo amigo dela é agora é a súa mascota.Tíralle un coco e tén que traerllo co pico ou nas patas. Cóntanse chistes que só eles entenden e sóbense ós Vigo.

carballos para ver

ós barcos que saen da ría de

oso larpeiro que lle rouba a comida, tíralle pedras pequenas e escóndelle a roupa que tén a secar.

Tamén anda por alí un Gústalle vivir alí cos seus novos amigos.



A FÁBRICA DE LAMBETADAS Como a Oncela e ó oso lles gustaban tanto os doces decidiu montar unha empresa de lambetadas na illa.

A Lambetada Feliz

Chamaríalle “ ”. Estaba desexando ver nas caras dos nenos os sorrisos cando as probaran. As máquinas que as fabricaban non contaminaban, só

enerxía solar

funcionaba con . Repartía as lambetadas sen azúcre a todos os que viñan de visita ou de vacacións. Estaban feitas de mel, margaridas, rosas e un pouco de licor de castaña, iso sen que ninguén o soupera. Era unha empresa moi

boca auga

coñecída e ós nenos facíaselles a . Tamén lle gustaba axudar a toda a xente así que para agradecerllo fixéronlle unha estatua. Ela seguiu regalando aos nenos lambetadas sempre que querían e todos dicían que era unha

boa persoa.



O DÍA QUE ROMPEU UN BRAZO Era un día soleado e Oncela estaba de excursión pola illa. Foi nadar á praia e a xogar coas conchas , estábao pasando tan ben

facía de noite.

que non se decatou de que se lle as luces de Bueu, ou do faro, ou de Vigo.

Ía moito frío e todo estaba escuro. Subiu a unha árbore para ver

rompera un brazo.

De súpeto rompeu unha póla e caeu ó chan. Notou que se lle Tiña moitísima dor e non había ninguén, estaba soa e marchou para a súa cova. Fixo unha venda con follas e lianas e atouna cun pau pequeno de pino para inmovilizar o brazo. Durmiu moi mal e pola maña aínda lle doía moito máis. Lembrouse da planta que curara ó seu avó e foina buscar. Fixo unha infusión e engadiulle un pouco de dente de quenlla. A menciña sabía moi mal pero tomouna igual. Tamén fixo unha crema mezclando margaridas, rosas, flores de xesta e auga de mar. Con iso recuperouse de todo e en poucos días xa volveu á praia a nadar cos golfiños e cos cabaliños de mar. Como ó oso e ó loro non lles gustaba moito a auga esperábana facendo castelos coa area.



A MENSAXE NA BOTELLA

Oncela estaba tomando o sol na praia e viu algo na auga. Era

unha botella

e parecía que tiña algo dentro.

Abriuna e alí estaba unha folla de papel que tiña algo escrito, pero a letra era tan pequena que non podía lela.

Foi a un pobo cercano, preguntoulle a

moita xente

, pero ninguén sabía o que poñía. Logo, pediulles

unha lupa pero tampouco tiñan. Oncela decidiu facer unha lupa con cousas que atopaba polo camiño. Pero só atopou follas e rochas. Pediulle á xente do pobo un espello pequeno e un pouco de pegamento. Conseguiu esas cousas en moi pouco tempo. Colleu unha folla, unha corda, o espello e o pegamento para facer unha lupa. Tardou unha hora, pero por fin rematou. Colleu a lupa e mirou a folla de papel, poñía: <<

Buscou paus para facer

S.O.S. Estou atrapada nun illote. >> Alguén estaba en perigo.

un barco, pero a primeira vez fundiuse, a segunda tamén, e a terceira, pero a cuarta…

Navegou! Saiu rapidamente da illa e buscou un illote pequeño no que poidera haber alguén. Pasou horas navengando ata que viu o illote de Onza. Alí estaba unha nena pedindo socorro na area. Tiña o pelo castaño, os ollos marróns, parecía boa persoa. Contoulle que se chamaba Sara, vivía nunha illa preto dalí e cando ía navegando a súa lancha afundiuse.


Oncela axudoulle a volver a súa casa

, despedironse

e volveu á illa de Ons a vivir máis aventuras.


BUCEANDO COS PEIXES Oncela estaba buceando nos arrecifes da illa. Era unha das cousas que máis lle gustaba facer: tocar os corais do fondo, coller centolas e ver os peixes. Cando estaba abrindo unha ostra rodeouna un

banco de sardiñas. Decatouse de que estaban

asustadas e fuxían de algo. Dalgún xeito estábanlle pedirdo axuda. Pensou que tiña que axudar a eses pacíficos

peixes. Nese intre acercábase unha quenlla grandísima coa boca aberta.

Oncela persiguiuna ata alcanzala, agarrouna pola aleta e lanzouna lonxe. Pensou que se librara do perigo pero non era así, a quenlla aproveitou un despiste da rapaza e tragouna dun

bocado

. Despois de estar moito tempo na súa barriga lembrouse de que tiña unha pluma e fíxolle cóxegas. De

tantas que lle fixo escupiuna e salvouse. As sardiñas quedáronlle moi agradecidas e sempre serían as súas amigas.



O LABIRINTO Oncela levantou unha pedra e debaixo había un escorpión. Sabía que era velenoso porque o lera nun

libro. Díxolle que se

apartara do seu camiño . Ó pasar ó seu carón case lle pica, non lle fixo moito caso pero pareceulle raro a maneira na que a

miraba.

O bicho

levantouse sobre as patas e ela viu que na barriga levaba un papel pegado. Con moito coidado e

a axuda dun pau despegouno. Abriuno a modo: era o mapa dun labirinto! Como era unha nena moi valente decidiu seguir as indicacións do mapa. Pasou un camino moi estreito e cheo de silvas e toxos

que daba a entrada dun templo. Entrou e todo foron dificultades: trampas, bólas con

pinchos, cables eléctricos,

cousas moi horribles… Ó final decatouse de que algo brillaba no chan, era un cofre dourado. Abriuno e dentro descubriu unha gran maza de ouro. Colleu

o tesouro e saíu correndo do labirindo. Fóra estábaa esperando o escorpión , ela tocoulle o lombo coa man e el choscoulle un ollo. Fixéronse amigos para sempre.



A VISITA DE DANIEL Un día Oncela dicidiu mandarle recado por un mariñeiro ó seu

amigo Daniel para que fose visitala á illa.

Foino buscar ó porto e levaron as maletas á cova. Pareceulle chulísima e moi ben decorada. Levouno visitar a Praia de Fontiñas, unha

aldea chamada O Caño e o Illote

do Gairo. Desde alí había unhas vistas fermosas.

Tamén o levou ó Buraco do Inferno e Daniel quixo mirar cómo era, esvarou e se non é por unha rocha cae ó fondo.

Oncela díxolle a Daniel:

- A Illa de Ons ten forma de un E Daniel respondeulle:

- Esta illa si que mola!

can

collendo unha pelota.


Daniel pasouno tan ben que agora sempre vai de vacacions á



.


ONCELA E A CONTAMINACIÓN Cando Oncela estaba na illa de Ons, viu que un barco estaba tirando materiais tóxicos. O único que podería curar ao mar sería o anel branco máxico escondido no fondo do mar, e quixo ir a búscalo. Converteuse nunha

serea

coa cola dos cores do

arco da vella. Foi a Atlántida xunto á raíña serea de Ons chamada Luísa e preguntoulle: -

Onde esta o anel branco?

-

Na cova dos

-

Vale, moitas grazas raíña Luísa.

monstros. Enviarei a alguén para que te axude. E moi perigoso. – Contestou a raíña

A raíña Luísa chamou ó seu aventureiro Maique para que lle axudara a Oncela a atopar o anel. Maique e Oncela foron á cova dos monstros. Antes de entrar tiveron que esquivar ás quenllas verdes. Os

peixes vixiantes víronos e avisaron a outras quenllas que enviaron unha medusa eléctrica dun

metro.


Conseguiron matala e meterse na cova. Colleron o anel branco e descubriron o Kraken. Cando tiveron oportunidade apuntaron co anel ó Kraken que desapareceu nun universo paralelo. Saíron da cova e ela quedouse co anel branco e coa perla que posuía o anel branco no seu interior. Despois de limpar o lixo do mar co anel branco recuperou as pernas para saír á superficie onde os seus país orgullosos a agardaban. Como recompensa, compráronlle un

iate e puxéronlle o seu nome a unha illa.


OS LADRÓNS DE BANCOS Oncela estaba dando un paseo pola mañá para estirar un pouco as pernas, era relaxante andar descalza pola area da Praia. Aproveitou para coller cunchas. De súpeto viu a uns homes sacando diñeiro da súa lancha motora. Empezou a seguilos, quería saber que tramaban e viunos entrar nunca gruta secreta. Ían esconder os

cartos. Pensando qué podían estar tramando,

non se decatou de que marchaban, pero iso foi beneficioso porque podía asomarse e ver que había alí. Cando entrou na gruta viu un par de velas que alumeaban o interior, pero non se podía ver ben, sorte que tiña unha

linterna. Cando a acendeu viu unha lousa, nela había fotos de bancos famosos. Tres deles estaban tachados e outro estaba rodeado, iso significaba que os tachados xa os roubaran e o rodeado era o seu

seguinte golpe. Tiña que

atrapalos

. Preparou unha trampa para que nada máis chegar caeran nela.


Escondeuse detrás duns carballos e agardou a que chegaran.Tardaron máis do que esperaba, e cando estaba a piques de durmirse apareceron. Só tivo que esperar un segundo e caeron na trampa. Foi correndo a gruta e viunos colgados do teito. Colleu todas as bolsas, destruiu a gruta e deixou encerrados ós ladróns. Devolveu os cartos a cada banco, un deles doulle unha bolsa con mil euros. Aproveitou para comprar máis comida para a súa mascota e algo de

roupa

para ela e volveu á illa.


AS GAIVOTAS DESAPARECEN A Oncela gustábanlle moito as

gaivotas

porque podían voar. Gustáballe subirse ás árbores para velas mellor .

Un día decatouse de que estaban desaparecendo. Cada día faltaban tres ou catro . Descubriu

trampas por toda a illa.

Estivo investigando pero non atopou quen estaba detrás de todo iso. Despois dalgúns días tropezou cunha casa vella, rota e co tellado en moi mal estado. Desde unha ventá medio aberta viu un vello de ollos verdes e una enorme barba. Era Fermín, un mariñeiro de Cangas con moi malas pulgas que odiaba os

animais

con ás. Oncela desconfiou del e cando se fixo de noite volveu á cova. Buscou por todos os lados ata que

tocou un pasamáns e abriuse unha porta que daba a un pasadizo secreto.


No sotano tiña gardadas pistolas, armas, peles

de animais disecados, e ata un dente de marfil.

Era un cazador

pero a súa tapadeira era de mariñeiro para non levantar sospeitas. Para pillalo tivo que facer unha trampa, cavou un buraco , púxolle

follas e tapouno.

Máis tarde pasaba Fermín por alí e caeu. Oncela chamou á policía e arrestárono. Oncela

liberou as gaivotas e seguiu disfrutando do seu voo moito tempo máis.


PROTEXENDO ÓS ANIMAIS Unha das cousas que máis lle gustaba facer a Oncela na Illa de Ons era estudar ó e miedoso. Coñeceuno cando o salvou dunha

a

páxaro tolo

a. Un animal tímido, pequeno

arbore vella a piques de caer. Desde aquela fixéronse amigos.

Un día que andaban polo monte atoparon unha cova. Querían entrar pero non se decataron de que detrás súa había un montón de

serpes. Fuxiron e caeron

por una fervenza, pero non lles pasou nada, aparte dunha boa molladura.Cando se estaban

secando ó sol oíron un ouveo de dor, Oncela coñecía ese ruído, era dun dos seus animais preferidos: o

raposo. Oncela e

o paxaro foron correndo e atoparon unha das serpes que ameazaba ó raposo. Cunha póla golpeárona e salvárono. E así


seguiron os tres xuntos. O raposo era tamén tímido e miedoso .E decidiu ir con Oncela, ían de paseo e de súpeto Oncela viu que se movía un toxo, e saíu

un puma. Ela colleu un pau pero entón o raposo perdeu o medo e foi loitar co puma con

valentía e gañou , e cambiou de ter medo a ser un valente. E seguiron paseando polo bosque para ver si coñecían a novos amigos.


O ATAQUE DOS PIRATAS Unha tarde que Oncela estaba nadando viu que se acercaban á costa uns

barcos cunhas bandeiras negras.

Correu para esconderse pero xa era demasiado tarde. Acercábanse á Praia noventa

piratas.

O capitán chamábase Barba Negra, levaba os zapatos rotos, unha camisa azul e unha pata de pau. Tiña un olfato coma o dun can e atopouna pronto. Fixérona a súa escrava e tíñalles que cociñar e limpar o barco. Intentou fuxir en varias ocasións pero siempre a pillaban e despois encerrábana cinco días nun

calabozo.

Estaba moi triste xa que non lle daban nin de comer nin de beber. Un día tirárona ó mar e unhas

quenllas

axudárona levándoa a terra firme. Correu moito para salvarse pero como os piratas eran moi vagos non a persiguiron máis.



CARLOS O FAREIRO Oncela dende a súa cova vía empre un home entrando no

alí. Un día decidiu acercarse , tropezou cunha

faro

. Levaba moito tempo intentando averiguar quén vivía

pedra , caeu e mancouse nun xeonllo.

Carlos, que así se chamaba o fareiro, axudouna a levantar e levouna dentro para facerlle unha cura.

A Oncela xa lle dixeran que o fareiro da Illa de Ons era moi amable e guapo. Pero a ela o exterior dáballe igual, só lle importaba o interior. Ensinoulle as distintas

clases de luces e díxolle que este faro levaba anos funcionando


grazas a súa familia. El non botaba de menos vivir nunha cidade porque lle gustaba moito a natureza e estar moi preto do

mar. Fixéronse moi amigos e ela aprendeu tantas cousas que ás veces axúdaballe no seu traballo.


FAISE DE NOITE Oncela tiña fame e estaba un pouco asustada porque non tiña outra opción que entrar no bosque para comer. Non se decatou de que se lle facía de noite. Tiña medo e moito frío. Durmiu debaixo dun castiñeiro tapada con

follas

. Cando despertou viu que moi preto andaba un

lobo. Era moi feo e

tiña moi mal carácter. Quería comela porque lle parecía que ía saber moi ben. Correu todo o que pudo e conseguiu fuxir del. Na árbore había moitos ourizos con castañas pero estaban demasiado altas. Probou de todo pero non había maneira de collelas. Ata que se lembrou dos

xogos das illas. Unha vez ela fora campiona de salto con pértiga. Buscou

unha cana ben longa e dando un chimpo colgouse dunha póla. Comeu as castañas e ainda lle sobraron para repartir co

osolarpeiro.



A CONCHA MÁXICA Oncela ergueuse da cama con fame e foi buscar caracolas para comer. Atopou unha cun mexilón e descubriu que dentro tiña perlas negras e azuis.

concha vermella, brillantísima. Abriuna

Oncela levouna para a súa casa. Uns días despois tirouna no Buraco do inferno para ver qué pasaba. Probou 10 veces pero

afundía

nonca se e sempre volvía a subir. Decatouse de que era máxica, a última vez que a tirou volveu convertida nun fermoso colar. Púxoo no pescozo e empezou a notarse máis áxil e forte.

Agora podía dar saltos de ata 8 metros e correr a unha

velocidade

de 60 kilómetros por hora.


Un día que estaba pescando caeulle ó mar e perdeu o brillo. Xa non tiña poderes pero non lle importou porque alimentábase moi ben e estaba en

boa forma

.


OS XOGOS DAS ILLAS Oncela decidiu ensinarlle aos habitantes de Cíes os seus xogos inventados, porque ela non tiña amigos en Ons. Empezou co “rugbico” que consiste en que dous equipos compitan. Un equipo ten un

coco

e empeza o partido pasando o coco a un

compañeiro, este pono na cabeza e empeza a correr cara o campo contrario, o outro equipo intenta sacarllo. Cada campo ten

palmeiras

unha zona de puntuación e dous palmeiras en paralelo. Hai que meter o coco entre as da zona de puntuación contraria. Na zona de puntuación gáñase un punto e nas palmeiras tres. O primeiro que chegue a vinte gaña. Outro xogo é o dos “bolacos”. Nunha pista de herba lánzase para tirar dez piñas nun gran coco encerado. Detrás de cada pista hai un equipo de catro persoas que tira unha a unha. O máximo de puntos por tirada é dez, é dicir, un strike. Hai cincuenta tiradas, ó máximo de puntos totais é cincocentos. Fíxose unha

boleira porque este deporte cada vez era mais popular.


herba

Xogáronse cinco partidas e o coco sempre ía fora. Revisouse a pista e resultou que o fallo era que na esvarábase e para substituíla puxéronse tabloas de carballo. Xogouse unha partida de proba, os equipos estaban tan pouco adestrados que só derribaban unha piña. Por último mostroulles “o salto con pértiga”, que consiste en ir correndo cunha pértiga de bambú e cravala no chan para impulsarse cara arriba. Xogaron unha partida de cada. Nos bolos, gañou o equipo azul por strikes excesivos, no salto con pértiga Paul Caballé, o francés, e no rugbico os de Cangas porque os de Vigo fixéronlle unha agresión de grao dez ó arbitro por unha mala decisión. Os

xogos fixéronse moi famosos por todo o mundo.


A VISITA DE ANA Ana é unha nena alegre e deportista. Un día foi adestrar para o campionato de

canoa de Cangas. Rompeulle un anaco de

madeira, entroulle auga e afundiuse. Como ela sabía nadar foi ata unha illa. Era a illa de Ons. Ía moita calor e había moitos

mosquitos así que correu para buscar unha sombra e protexerse.

Nese intre, Oncela andaba buscando froitos secos para a cea. Desde lonxe viu unha nena que lle parecía unha cara coñecida, alta e duns catorce anos. -Agarda nena!- Chamouna berrando.


Ana mirou para atrás e recoñeceu a Oncela, era a súa mellor -

amiga.

Canto tempo Oncela!Que sorpresa! Que fas aquí? A miña canoa afundiuse, así que viñen a esta illa.

As amigas abrazáronse moi contentas de verse de novo. Oncela ensínoulle a illa, onde vivía, os seus amigos etc … Pasaron uns días

xuntas

comendo peixes asados, tomando o sol e explorando toda a illa.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.