PRENSA - ESCOLA

Page 1

Nelson Mandela

Nelson Mandela naceu o 18 de Xullo de 1918 e faleceu o 5 de decembro do 2013. O pai de Mandela morreu cando el tiĂąa 10 anos. A sĂşa vez foi bisneto do rei Ngubengcukan. Aos 7 anos Mandela comezou a escola, foi o primeiro dos 13 irmĂĄns. Cando rematou secundaria,


comezou a estudar no Colexio Universitario de “FORT HARE” para obter o titulado en Artes. En 1961 Nelson foi condeado a cadea perpetua. Mentres Mandela cumpría os primeiros 5 anos de cadea, foron arrestados grandes lideres do (C.N.A.) Congreso Nacional Africano. Durante os seguintes 36 anos, Mandela convertiuse no símbolo da oposición, ata o punto de que o lema Librade a Nelson Mandela converteuse nun berro para todas as campañas antiapartheid do mundo. Despois de 32 anos encadeado, perdoáronlle a cadea perpetua e foi posto en liberdade. Mandela, concorreu ás eleccións para a presidencia de Sudáfrica, por ampla maioría converteuse no primeiro presidente negro do país. En 1993 recibiu o Premio Novel da Paz. En Xullo de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actitude cara accións sociais en defensa de dereitos humanos. Mandela recibiu numerosas condecoracións e premios, por exemplo: Orde de aguia azteca, Chaves da cidade, Premio da Paz Mahatma Gandhi…


En novembro de 2009, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou proclama-lo 18 de Xullo como o Día Internacional de Nelson Mandela, en recoñecemento da súa contribución a cultura da paz e da liberdade. Nelson Mandela casouse 3 veces, e tivo 6 fillos. A vida de Nelson Mandela, coñecido como MADIBA, rematou o 5 de Decembro de 2013, día da súa morte tras una longa enfermidade contraida no seu paso polo cárcere.

Brais Valladares Torres. 6ºB.


MANDELA ACHEGA A OBAMA E a CASTRO O presidente estadounidense honrou o legado de Madiba, pero reprochou que moitos alaban a súa liberdade pero non toleran a disidencia. Nelson Mandela será para sempre o símbolo da reconciliación e ata na súa despedida posibilitou o apretón de mans entre Raúl Castro e Barack Obama. Un saúdo entre os presidentes, entre dous países enemistados desde que fai máis de medio século, triunfara a revolución de Fidel Castro. Raúl Castro restou importancia ao encontro sinalando que <<somos persoas civilizadas>>. A Casa Branca negou que o encontro estivera programado e o exilio cubano en Miami calificouno de indigno e desacertado. Os diferentes inquilinos da Casa Branca e os irmás Castro evitáronse sempre nas citas internacionais. A última vez que os dous presidentes se saudaron foi no 2000. O funeral uniu a un centenar de <<ex>> e actuais mandatarios de todas as razas e ideoloxías, para homenaxear ao home. España estivo representada polo príncipe de Asturias e por Mariano Raxoi. Distintos mandatarios honraron desde o estrado o legado do presidente negro de Sudáfrica, exemplo de tolerancia e convivencia. Un dos máis aplaudidos foi o outro


presidente negro, Obama, que definiu a Madiba <<como un xigante da historia>>. Despois centrou o seu discurso en cargar contra os líderes que alaban o legado a Madiba pero resístense a liberar aos seus pobos. Terminou o seu discurso recordando as palabras que o falecido pronunciou na súa celda:<<Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma>>. A presidenta Dilma Rousseff destacou que o líder falecido inspirou a loita civil en Brasil e América do Sur. Raúl Castro recordou, pola súa parte, a amizade de Mandela co seu irmán Fidel e os vínculos creados polo apoio cubano aos movementos rebeldes africanos nos anos 70. O arzobispo sudafricano e Novel da Paz Desmond Tute cerrou o funeral reclamando aos asistentes que prometeran a Deus que seguirían o exemplo de Mandela. A dividida familia mostrouse moi unida. Botouse de menos no funeral a presenza de varias persoas importantes como Netanyabu que temía protestas polos vínculos israelís e Hasán Rohaní que quixo evitar un posible encontro con Obama.

Raúl Salgueiro. 6º b.


O Presidente Zumar, abucheado. Os sudafricanos exprésanse sen reservas co malestar do seu gobernanate. Reflexan a súa desilusión, que 19 anos despois non viron cumpridas as grandes esperanzas que naceron cando Mandela se convertiu no primeiro presidente negro do país e crearon unha situación incómoda: os abucheos reiterados que recibiu o presidente Jacob Juma e os asubios que estalaban cada vez que o seu rostro aparecía nas pantallas do estadio, convertiron o que tiña que ser unha homenaxe ao pai da nación nunha expresión de malestar co seu herdeiro.

Noelia Vázquez Rey. 6ºB.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.