CONTOS DE MEDO

Page 1

MATEO FAISE UN COMELIBROS Mateo é un neno de 11 anos que vive en Vilabranca nunha casa ao lado do cemiterio co seu pai, a súa nai e a súa irmá maior Laura. Seu pai traballa nunha libraría chamada “O Corvo”. Un día, mentres o seu pai atendía a moita xente, foi ao final da libraría a mirar as revistas. Mentres as vía, unha persoa de cara branca sen pelo,vestido cun traxe negro de pés a cabeza e unha bufanda vermella ao redor do pescozo, entrou na tenda. O rapaz agachouse debaixo dunha mesa e viu cos seus ollos como o descoñecido collía un libro, botálle un vistazo e comíao. “Papouno enteiro!” pensou Mateo. O carabranca marcho usen comprar nada, cousa que lle pareceu mal a seu pai. Unha noite oíu uns ruídos extraños procedentes do cemiterio. Levantouse e abriu a ventá. Como estaba no piso dabaixo saltou fóra e cruzou a rúa. Mateo entrou no cemiterio e andou ata atopar unha tumba que brillaba e leu a placa que había: “ Manolo Gonzalo Souto,Vilabranca 1901, Ponte Vella 1980. De súpeto, diante del abriuse un pasadizo que daba a unha habitación chea de libros e cun ataúde no medio. Mateo abriuno e … Que sorpresa levou, ao ver alí a aquela persoa de cara branca. Aquel demo espertou e lanzou un berro terrorífico. Mateo colleu un coitelo e ameazou con matalo. Este levantouse e dixo unhas frases: “Polos vampiros comelibros,eu digo que ti sexas un dos nosos. Probarás o sabor da tinta dos libros”. Dito isto cerrou o ataúde. Mateo volveu abrir a “cama” do vampiro pero xa non estaba. Entón decidiu volver á súa cama. Ás 8 da tarde do día seguinte Mateo atopábase no seu escondite cando seu pai pechou. “Clack-Clack”. “Por fin” pensou. O rapaz saíu do seu escondite e colleu o libro “O mago de Oz”. Comezou a comer con tanta ansia que ventilou o libro en dous minutos. Despois colleu o teléfono e chamou a seu pai para que o viñera buscar. Mateo acababa de facerse un comeletras.

Mario Hermida 6º A


O estraño caso da noite de Halloween Había una vez una rapaza chamada Caroline. Ela era moi guapa. Tiña o pelo negro e ollos azuis. Cando durmía sempre soñaba co mesmo, aínda que só na noite de Halloween. É moi raro, verdade? Polas mañás levantábase, almorzaba e ía correr ou a saltar á comba,… Caroline era rica, tiña unha mansión, de máis de cuarenta salas e máis de vinte baños. Tamén tiña un vestidor con douscentos vestidos. Nos días de Halloween sempre lle contaban contos de medo. Nese día sempre collía fresas para cear, pero cando remataba de collelas aparecía unha néboa espesa coma o chocolate quente. Entón empezaba a correr para a casa. Ao día seguinte, foron de excursión ata unha casa encantada. Saía sangue das paredes e oíanse berros de mortos. Eran de cans e outros animais que desaparecerán; iso non era unha atracción de feria. Era de verdade; entón chamaron a un detective. Pasaron os meses, semanas, días, horas e minutos. Chamaron á escola para dicirlles que Caroline, fora a que matara ás persoas que desaparecerán. Os ósos que estaban na casa encantada puxéraos ela. E o dos berros era unha maldición. Conta a lenda que a Caroline mandárona á cadeira eléctrica, e se escoitas con atención podes oír as cadeas e a ela berrar: “vingareime!”. Cansa de estar no cárcere saíu e dirixiuse a un parque de atraccións. Alí quixo argallar unha nova trastada e, para iso, fíxouse en dous rapaces que querían subir e sacarse unha foto nas atraccións. A súa alma apreceulles diante e co medo, asustáronse e caíron da atracción. Foron atropelados polos raís e esvararon ata chegar a un barranco. Despois diso volveu ao cárcere onde morreu ao ano.

Lucía Gondar Casal 6º A


Teresa e o mozo Teresa era a fada máis malvada do mundo enteiro. Tiña o pelo negro como a escuridade, os ollos coma os dun gato e cada noite escapaba da súa casa e liberaba toda a súa ira. Na escola para mutantes todo o mundo lle temía, non a respetaban e sempre a castigaban. A ela non lle importaba porque practicaba os seus trucos malvados e maldicións terribles coas que ameazaba a toda a xente. Na noite de Halloween, ela pedía lambetadas e os que non lle daban, maldicíaos ou destruíalles as casas, tamén destruía carros, as gaiolas do zoo, queimaba arbores …, etc. Os seus pais estaban moi preocupados e levárona ao psicólogo, sen resultados. Un día, estaba dando un paseo mentres pensaba que podía destruír ou maldicir, cando se atopou a un mozo da súa mesma idade, era como ela e parecía tan malvado como ela. Teresa namorouse del, el namorouse dela e quedáronse mirando un bo anaco. O xoven se chamaba Eduardo. Eduardo rompeu o silencio e preguntándolle como se chamaba, cantos anos tiña, que lle gustaba facer…. Como veu que tiñan tantas cousas en común, el pediulle unha cita. Ela aceptou e foron a un pobo no que había moitas casas e tendas. Empezaron destruíndo carros e puzos, logo foro a por hortas e pequenas casas e ao final rompérono todo. Creceron e pasaron os anos e xa destrozaran máis dun millón de pobos e cidades. Pasábano tan ben xuntos que decidíronse casarse. Todos os veciños estaban encantados porque pensaban que deixarían de ser malvados e se irían a outro sitio a vivir, pero se equivocáronse. Conta a lenda que cada noite de Halloween eles ían a un pobo ao azar rompíano, destrozabano e maldicíano. Pasábano tan ben que fixeron un feitizo para que todos os días fora Halloween. Coidado! Porque o seguinte pobo vai a ser o teu…

María García 6º A


O cemiterio dos horrores Era un día como hoxe, nubrado, cando ía eu pola rúa para a casa. Caeu un raio nunha lápida do cemiterio. Eu asusteime un pouco, pero asustinme máis cando vin que saía unha man de debaixo da terra. Fun á casa correndo, moi asustado. Cando cheguei a casa conteille todo á miña nai, e díxome que estaba tolo. Só por iso tiven que ir ao psicólogo durante dúas largas semanas. Vaia casualidade, o meu avó morreu ese mesmo mes, e tiven que ir ao mesmo cemiterio onde vira a man, pero xa non era a man o que estaba fóra da tumba senón o brazo enteiro. E entón...un momento, aínda non me presentei, son Adrián e teño 9 anos. Por onde ía?A sí...E entón decidín dicirllo ao alcalde, pero non estaba. Onde estan os políticos cando os necesitas? Ao gran, había un `zombie´ na cidade, e non pensaba deixalo así. Collin un pico, unha pala e o meu tirachinas, e fun polo monstro. Cando cheguei ao cemiterio non había nin lápidas nin mausoleos: desaparecera. Volvín á casa, e alí, tirados no chan, os meus pais dixéronme: -Entrou un `zombie´ na casa. -Quen ten que ir ao psicólogo agora' -contesteille. Despois disto, todo o pobo armouse con picos e forcas para exterminar aos mortos vivientes pero a horda triplicábanos. Aínda co exército do noso lado non pudemos con eles. Á mañá seguinte as rúas, as farolas, os árbores, etc. estaban destruídos, os cans rabiosos e os gatos atontados deambulaban polas rúas desoladas. A xente non quería saír das súas casas debido ao medo de ser apresados. Eu tiña razón, e dicían que estaba coma unha carretilla. Aitor Serrano 6º A


UNHA MUDANZA MORTAL Vou a contar unha historia sobre un neno chamado Pepe. Vivía en Lugo, con súa nai e o seu irmán pequeno e mudáronse a Madrid. Alí, ocorreulle unha terrible experiencia a Pepe. Era un luns pola mañá. Pepe,ía de camiño ao colexio, cando un señor duns oitenta anos díxolle que tiña un grave problema. Pepe dixo que lle axudaría, pero o señor fíxose cinzas nas súas mans. El pensou que era unha broma,pero o que non sabía Pepe, e que se acababa de condenar. A partir dese intre a Pepe pasáronlle cousas...como dicilo? Paranormais, porque os coches intentaban atropellalo, os cans mordíanlle, as señoras dábanlle bastonazos, e moitas cousas máis. Martes Pepe xa non quería saír da casa. Xa non ía ao colexio, o único que facía era tumbarse na cama e comer galletas. Súa nai estaba moi preocupada, pensaba que el estaba así pola mudanza, pero era porque a morte o perseguía. Mércores A nai de Pepe mandouno saír a rúa a andar para non quedar encerrado na súa habitación. Esa tarde, Pepe topou un papel no chan no que poñía.: -Mañá morrerás Pepe, non terías que marchar de Lugo. Pepe estaba moi asustado e volveu a súa casa. Xoves Pepe pensaba na carta, e comezou a ver sangue que saía das paredes, homes sen cabeza, xente matándose, ata que se volveu tolo. El non morreu ,pero toda a súa vida tivo que estar nun manicomio. Moitos científicos ían para estudar o que lle pasara,psicólogos falaban con el para facelo entrar en razón, pero cando alguén se acercaba, el o único que vía era un asasino ou á morte mesma. Un día Pepe non tivo que sufrir máis,porque decidiron executalo. Ao final a morte atopou a Pepe. Antes de morrer , Pepe pasoulle a maldición a outra persoa, e xa sabredes o que lle pasou,non si? ... De Alejandro Barbeito Cousido 6º A


A FONTE Thomas é un neno de 12 anos, é alto cos ollos negros e pelo marrón. Vive en Padrenda cos seus país e seus avós. Un día Thomas estaba vendo a tele na casa e súa nai pidiulle que fora á fonte coller auga. Era Halloween.Thomas asustouse pero díxolle que si . Cando ía polo camiño atopouse co seu veciño que estababa sentado mirando á xente. O seu veciño dáballe un pouco de medo porque era moi siniestro. Xa falta pouco para chegar e as farolas apagáronse de súpeto.Thomas do susto votouse para atrás. Cando se decatou de que era un gato ,seguiu enchendo as botellas. Logo volveu polo camiño e atopose cunha cabaza. Dentro da cabaza oíase “Voute comer”. A Thomas iso asustouno e foise correndo,pero como levaba as botellas ía moi lento. Atopouse outra vez co seu veciño que ía cun cóitelo. Asustouse e soltou as botellas e foi correndo á casa , entrou e … Non había ninguen!Thomas foi ao salón,a habitación, a cociña e nada.Mirou pola ventá e o seu veciño acercabas e co coiitelo. Meteuse no baño e o veciño entrou pola cociña e viuno. cando ía acoitealo Thomas despertouse . Todo fora un soño! Despertouse sudando e con bagoas nos ollos. Buscou a seus país e abrazounos forte. Despois contoulles o seu pesadelo. Dixéronlle que os nenos en Halloween tiñan moitos pesadelas . Pola noite díxolle a seu pai que mirara debaixo da súa cama por si había monstruos. Esa noite durmiu ben, pero para o ano, tería outro pesadelo? Raúl Moldes 6ºA


O vampiro asasino Fabio Scott Fai moitos anos meu avó contoume unha lenda sobre un vampiro. Aterraba ó pobo dos nosos antepasados. Ese vampiro chegou ao pobo de Milmil unha noite escura onde a lúa estaba chea, hospedouse na pensión da sra. Naranxa, e nese intre empezou o terror dos aldeáns. A mañán da primeira noite, escoitouse o berro da rapaza dos Minegan, atopara o corpo sen vida do borracho do pobo. O vampiro, que se facía chamar Fabio Scott, saíu correndo da pensión a auxiliar a rapaza. Cando chegou xa estaba alí medio pobo, vendo con ollos desorbitados o cadáver do borracho. Fabio camiñaba sen vida. O novo médico dixo que a causa da norte do vello era o ataque dun animal, dun lobo. Pero iso só eran mentiras, a verdade era que o propio Fabio Scott fora o asesino do pobre home. Pasaban os días, e logo as semanas, e máis cadáveres eran enterrados . A xente temía ao lobo, cando debían tremer por abrirlle a porta da casa a Fabio, pois unha vez que entraba xa non había quen escapara dos seus afiados dentes. O meu tataravó era o único que sospeitaba de que non era un lobo. Unha noite, aínda máis escura pola falta da lúa, o meu tataravó camiñaba pola rúa cando víu a sombra de dous homes. El acercouse, por se necesitaban axuda, pero non sabía que se ía atopar co vampiro, o suposto médico, matando a outra víctima. O meu tataravó correu cara a casa, e alí colleu una estaca e craboulla no corazón. Onte, o fantasma do vampiro Fabio Scott, levou a miña alma. Juán Jesús Dávila 6º A


A familia e o veciño malvado Era una vez una familia:un neno un pai , e unha nai. Mudáronse a Estados Unidos e alugaron unha casa. Chegaron á casa e foron para a cama. Pero o seu veciño era malvado e aproveitaba o samaín para raptar os nenos. Cando chegou o día do samaín os pais do neno foron buscar traballo e o neno quedou só. Cando eran xa as 22:00h da noite o neno foi pedir caramelos, e cando chegou á casa do seu veciño, chamou ao timbre e o veciño meteuno nun saco.Pero o neno tiña un as baixo a manga ou máis ben unas tesoiras baixo a manga. Coas tesoiras cortou o saco e escapou. Chamou á policía e a policía veu enseguida e detiveron ao veciño.

E NESTE CONTO, SABEDES COMO SE CHAMA O VECIÑO MALVADO? VECIÑO MALVADO OU O HOME DO SACO!!!

Andrés e Iván 5º B


A casa encantada. Hai 2.000 anos había unha casa moi grande na que ninguén se atrevía a entrar. Todos os nenos tiñan medo con só pensalo, menos Maruxa, unha nena moi valente, que soamente lle tiña medo aos zombis. Unha noite de Samaín, Maruxa convidou aos seus amigos a pasar unha noite na casa encantada. Propúxolles ir disfrazados, contar contos de medo e xogar a meter sustos. Alá polas doce da noite petaron a porta. Tódolos nenos estaban aterrorizados, e Maruxa dixo: -Deixade, xa vou eu, sodes uns "mixiricas", ha ser Xoán que aínda non veu! Cando abríu a porta, non era Xoán!!!Era un zombi!!!Maruxa tanto susto levou que deu un chío tan forte que rompeu unha ventá e caeu enriba do zombi,


rapidamente cerrou a porta e contulle aos seus amigos, moi asustada, o ocurrido, ninguén a creu. O zombi entrou. Ao que viron que era de verdade saíron correndo sen parar. E aínda agora, en Lúa chea, o zombi sae dicindo: -Comer cerebro, comer cerebro, guajajaja!!! Maruxa e os seus amigos conseguiron escapar pero nunca máis volveron a entrar. naquela casa tebrosa. O que non souberon é que o zombi en realidade si era Xoán que chegaba tarde …ja, ja, ja... Xoán tampouco llelo explicou nunca!!! Elena 5º B


A CASA ENCANTADA Érase unha vez uns nenos que ían de excursión o día de Samaín. Pasaron por unha casa na que había moitos anos vivía un bruxo co seu can, o bruxo chamábase Mafa e o can Popi. A mestra contoulles mentras ían no autobús que o bruxo e o seu can facía anos liberáranse dun espello encantado, e tiñan que dicir unhas palabras dun libro para que os malos espíritos saíran. Un día, un neno chamado Rino, cunhas palabras encantadas fixo que non saíran os espíritos e o espello cerrouse levando ao can máis ó mago. Cando voltaron da viaxe, xa de noite dous alumnos metéronse na casa e dixeron o conxuro máxico liberando ao feiticeiro e ó seu can. Como venganza, o bruxo convertiunos en dous ratos, e volveu intentar sacar aos espíritos trazando un maléfico plan. Mentres, na rúa cinco amigos cos seus cans foron dicir truco ou trato. O mago ao velos pensou que eran perfectos para levar a cabo o seu plan; pois necesitaba a alma de cinco cans e o libro máxico que lle roubara Rino. Púxose a perseguilos e os rapaces cheos de medo metéronse na igrexa. Xusto alí estaba Rino, que era o cura da igrexa; e con el tiña o libro máxico. O feiticeiro tentou entrar porque ollando pola ventá vira a aquel home que facía tantos anos o encerrara no espello, e quería


vingarse. Pero non foi capaz e cheo de rabia voltou á casa encantada. Rino explicoulles aos nenos que tiña que deter ó feiticeiro senón morrerían todos. Así que, voltou xa de madrugada á casa encantada e aproveitando que o bruxo durmía pronunciou o conxuro máxico escrito no libro. De súpeto, o espello cobrou vida e absorbeu a Mafa e a Popi. Cando todo rematou, Rino rompeu o cristal e nunca máis se volveu repetir a historia. FIN

Por: Alejandra Tilve Argibay (5ºB)


Un día, un malvado científico, inventou unha apócema para revivir aso mortos. Esta seguro de que funcionaría pero equivocouse, quería revivir a súa nai, morta nun accidente de tráfico; cando o científico lle botou o líquido por riba ao corpo da muller saíu un fume de cor verde…esperou un día. Cando volveu, pasado ese tempo,a señora estaba de pé sen un ollo e co corpo malferido. O científico asustado preguntou: -Mamá como te atopas? El só emitíu uns sons e comezou a camiñar cara el; cando chegou ao seu carón mordeulle no pescozo ao fillo e este quedou convertido nun zombie. Pouco a pouco todos os habitantes da cidade onde vivían resultaron contaxiados, ao mes o país e ao ano cáseque todo o mundo. Un grupo de persoas armouse e decidiron o que ían facer. Pensaron en acabar con tódolos mortos vivintes, pero non só eran zombies, tamén había monstros voadores como vampiros, gárgolas e moitos máis. Estaban por todos lados, nas casas, nas rúas… O grupo de persoas estaba formado por: 1º 2º 3º


Eles ían enfrontarse aos monstros. A loita foi moi dura…os malos eran moitos, pero estes catro amigos non tiñan medo de nada nin de ninguén. Xuntos estaban convencidos de poder con todo e con todos. No camiño atoparon outros coma eles, dispostos a loitar pola súa vida e a súa liberdade. E así o fixeron. A loita segue…pode que algún día os atopes, se é así déixaos ir, aínda queda moito que facer.

FIN, OU NON?

David e Javi 5º B


A Margarida , unha nena de 4 anos, filla de Noelia, non lle gustaba deitarse cedo e choraba se parar cando se acercaba o momento de facelo.Era chegar a noite e sempre pasaba o mesmo .Ata que un día por casualidade, súa nai, leulle un conto dun misterioso fantasma. Noelia deuse conta de aquel libro lle gustaba tanto que a hora de ir para a cama deixou de ser un problema. A partires dese día todas as noites, na casa de Margarida aló polas dez da noite, a súa mamá colle ese libro, comeza a lérllelo, e a cativa enseguidiña se queda durmida… O que non sabe a nai é que, desde aquel día en que empezou a lerlle o conto, ese fantasma aparece no cuarto da nena e a leva con el ao un lugar máxico habitado por pantasmas e corren mil e unha aventura xuntos…Non olvidedes que isto é un segredo…Noelia non o debe saber NUNCA!!!

FIN

Álvaro e Diego 5º B


ºNunha tarde de treboada e oscuridade,un neno paseaba cando viu unha sombra paseando sen nada,que a proxectara.O neno seguíuna,ata un caleixón sen saídae a sombra xa non estaba… O neno pensando que so fora unha ilusión volveu á casa e foise a durmir . Ao

despertar

escoitou

un

ruído

no

armario,por

curiosidade,abriuno e saltoulle enriba unha sombra e o pobre desmaiouse. Nos seus soños el espertaba e baixaba ao salón e viu no espEllo que…que…que estaba morto!!! Por suposto iso só foi nos seus soños,o mellor dito “pesadelos”. Cando por fin se espertou, soubo que foi un soño,o pobre tamén soubo que estaba encerrado no armario para sempre. E non se soubo nada máis del .

Fin ou non?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.