AVENTURAS NA ILLA DE SÁLVORA

Page 1


ÍNDICE • AS

AVENTURAS DE RUBÉN O ARQUEÓLOGO NA ILLA DE SÁLVORA: Iria Oubiña Lobato. • AVENTURA NA ILLA DE SÁLVORA: Iago Padín Troncoso.

• UNHA VIAXE A SÁLVORA: Raúl Salgueiro Cores. • A HISTORIA DA ILLA DE SÁLVORA: Raquel Ruel González. • NA ILLA DE SÁLVORA: Pablo Rodríguez Crespo. • RUBÉN O ARQUEÓLOGO: Joel Pérez Montes.


•O MISTERIO DA ILLA DE SÁLVORA, Nerea Rodríguez Caneda.

•RUBÉN O ARQUEÓLOGO, Brais Vázquez Dasilva. •OS MISTERIOS DE SÁLVORA, Brais Valladares Torres. •RUBÉN NA ILLA DE SÁLVORA, Nuria Padín Pazos.


PROXECTO PAISAXES ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºB CURSO 2013 – 2014 TITORA: MARTA POMBO REY.

C.E.I.P. COIRÓN – DENA.


As aventuras de Rubén o arqueólogo na illa de Sálvora


Había unha vez un arqueólogo chamado Rubén, a el encantáballe o seu emprego pero aos seus pais non lles gustaba tanto porque Rubén casi nunca estaba na casa.


A Rubén encantáballe percorrer países buscando tesouros e cidades perdidas, pero como casi todos os traballos, ten os seus perigos porque nos templos e cidades teñen as súas trampas.


Un día Rubén decidiu ir a illa de Sálvora para ver si había algo por descubrir, así que colleu o primeiro barco que zarpaba rumbo a illa pero daquela Rubén non sabía que aventuras lle esperaban.


Nada máis chegar montou una tenda de campaña e empezou a buscar obxectos de moitos miles de anos para expoñer no museo, pero antes, acercouse a unha pequena casa e ao entrar sorprendeuse moito ao ver a Cerbero o can de tres cabezas, pero pareceulle incrible que existira de verdade, así que saíu moi rápido da casa e correu cara un lago moi grande que estaba no medio da illa.


Entón empezou a oír un precioso canto que viña do medio do lago, así que, colleu unha pequena barca de madeira e empezou a remar cara donde viña o canto. Había moita néboa e casi non se via nada pero chocou cunha pedra que sobresaía da auga e viu que xunto dela había unha serea, el acercouse pero ela marchou, así que, Rubén volveu a beira do lago.


Rubén estaba moi sorprendido, non se explicaba como podían existir estes seres, aínda así non se detivo. Empezou a escavar e atopou algo, unha gran pedra con símbolos grabados nela.


Rápidamente levouna ao museo e fíxose moi famoso. Uns días despois volveu a illa pero ningún deses seres extraordinarios apareceu, entón empezou a pensar en si aquela pedra tiña algo que ver. Rubén volveu ao museo e díxolle ao propietario do museo que lle devolvera a pedra. El devolveulla porque a atopara él.


Ao chegar a illa de Sálvora Rubén volveu poñer a pedra no sitio, de repente, unha gran luz saíu da pedra e apareceron ante el un montón de animais e seres extraordinarios: pegasos, sereas, hadas, unicornios, grífos, fénixs, cerberos e moitos máis, pero ao velo todos escaparon pero Rubén díxolles que non tiveran medo que non lles ía facer dano. Rubén fíxose amigo de todos eses seres.


Agora Rubén, ademais de ser arqueólogo, era o dono dunha organización para protexer a estes seres, pero aínda así sentía quelle faltaba algo na vida. Despois duns meses coñeceu a unha chica que se chamaba Sabela e enseguida se namoraron e estiveron planeando a boda durante moito tempo e decidiron casarse na illa de Sálvora con todos os seus amigos.


Pero Rubén foi aínda máis feliz cando a súa muller dou a luz xemelgos. Rubén e a súa muller fixeron unha casa na illa e foron moi felices ao estar cerca dos seus amigos. Os pequenos creceron e divertíronse moito coas crías de: pegasos, unicornios, hadas e demais animais.


Iria Oubiña Lobato. 6ºB CEIP Coirón - Dena



Érase unha vez un arqueólogo chamado Rubén que vivía na illa de Sálvora. Un día encontrou unha cova durante unha excavación cos seus amigos: Miguel, Diego e Raúl. Rubén estaba cavando cando o chan se rompeu e caíu a 10 metros da superficie. Rubén decidiu explorar a cova mentras os demais buscaban unha corda. Despois de explorar a cova encontrou esmeraldas, rubíes e cuarzo. Máis adiante encontrou picos, palas, excavadoras e moitas ferramentas propias dos mineiros. Os seus amigos non lle deron tempo a pensar, chamábano para que volvese. O día seguinte irían a explorar a cova a fondo. Pola noite Rubén non puido durmir. Estaba intrigado polo que encontrara na cova e ademais escoitábanse ruídos extranos.


Pola mañán foron a explorar a cova ben equipados: traían cascos con luces, cordas e guantes por si había que escalar. Cando chegaron, uns homes enmascarados ataron a Rubén e aos seus amigos. Cando non miraban, Raúl colleu a súa navalla e soltáronse e saíron da cova polos pelos.


Rubén chamou a policía pero tardarían unhas horas. Mentras esperaban foron investigar un pouco máis. Descubriron que collían diamantes e vendíanos a varios países de África por unha gran suma de diñeiro. Descubriron a Rubén e aos demais e de non ser pola policía houbésenos matado.


Rubén e os seus amigos recibiron cada un un diamante de reconpensa por atrapar aos bandidos pero tamén é un gran recordo desta aventura que recordarán sempre.


Iago Padín Troncoso. 6ºB.

C.E.I.P. Coirón - Dena



Rubén é un rapaz de 23 anos que lle encanta a arqueoloxía e todo o relacionado coa mesma. Esta vocación tena dende neno polo seu pai, quen lle ensinou todo o que agora sabe. Dedicou gran parte da súa vida a ler libros, buscar información e incluso facer viaxes co seu pai relacionadas con esta materia.


Rubén xa non era un neno e o seu pai tiña unha idade que non lle permitía seguir acompañando ao seu fillo nestas aventuras, polo que Rubén dicidiu realizar a súa primeira viaxe só. O destino elexido foi a Illa de Sálvora, lugar do que lle falara moito o seu pai e que tiña ganas de explorar.


O día anterior de partir Rubén preparou a súa equipaxe e numerosas cousas que lle podían facer falta como: linternas, comida, brúxulas, a tenda de campaña, etc. Incluído nese set de supervivencia levaba un mapa da Illa de Sálvora que lle regalara o seu pai, co fin de facilitarlle a viaxe.


Chegou a noite e Rubén non era capaz de pegar ollo. Era a súa primeira viaxe sen o seu pai e non podía evitar sentir medo e nervios polo que puidera pasar. Transcurrida a noite o despertador de Rubén soou.


Chegara o momento de partir. O rapaz colleu todo o que preparara o día anterior e con tristeza despediuse dos seus pais. Dirixíuse ao peirao onde estaba atracado un pequeno barco, donde realizaría a súa viaxe a Sálvora.


Preparou todo para partir e cando se quixo dar conta xa se atopaba sĂł e no medio do mar; xa non habĂ­a volta atrĂĄs. Despois de horas e horas navegando chegou ao destino. Ao lonxe viu un pequeno anaco de terra rodeada de mar por todos os lados.


Atracou, e dicidiu preparar todo para poder pasar alí a noite, xa que empezaba a escurecer para durmir. Nada máis saír o sol, Rubén saíu da tenda de campaña e coa axuda do mapa que lle dera o seu pai comezou a explorar o lugar.


Camiñou e camiñou e no medio do camiño tropezou cunha morea de pedras que facían unha forma misteriosa, como unha cruz ou unha ´´X´´. A Rubén pareceulle moi extrano e decidiu apartalas e facer un burato, cando por sorpresa, viu un pequeno cofre enterrado.


Nese momento non foi capaz de abrilo xa que o cofre ti単a unha estrana pechadura.


Seguiu cami単ando e explorando o lugar ata que se fixo de noite. Grazas a luz do faro foi capaz de voltar ao lugar donde acampara, que se atopaba preto do faro.


Meteuse na tenda de campaña para durmir, e no medio da noite espertou por culpa dun ruído que proviña do faro. Con medo e incluso indeciso, foise aproximando pouco a pouco ao lugar donde se producia o ruído.


Atopábase diante do faro, o cal tiña unha enorme porta vella para entrar, e iso fixo. Entrou por dentro e subiu as escaleiras que alí había ata chegar á cima do faro, donde estaba unha xigantesca bombilla que alumeaba gran parte da Illa de Sálvora, pero non había nada máis, polo que supuxo que o ruído o producía algún animal.


Decidiu permanecer alí uns minutos, xa que lle chamaba moito a atención aquel lugar e, ao pouco tempo, volveu a escoitar o mesmo ruído pero esta vez moito máis forte.


Aínda non acabara de baixar as escaleiras de todo cando viu subir a sombra dunha persoa. Asustado, Rubén deu a volta e volveu subir as escaleiras a toda présa e agochouse no alto do faro.


Morto de medo esperou no seu escondite para ver quen era esa persoa e ao pouco tempo, viuno. Era un home moi maior vestido con trapos vellos e co pelo e a barba moi, moi longa.


Rubén empezou a falar co vello e de repente saíu o tema do cofre que estaba enterrado, pero esta vez o vello sabía como abrilo porque el tiña a chave. De repente, o cofre abriuse e Rubén decidiu darlle o tesouro ao vello que era moi pobre, e tamén dicidiu levalo con el para a súa casa.


Cando chegaron a súa casa o pai de Rubén sentíuse moi orgulloso da viaxe de Rubén e decidiron que o vello quedara alí unha tempada con eles.



A historia da illa de Sรกlvora.


Hai moito tempo, na illa de Sálvora, un neno chamado Rubén, quería ser arqueólogo e, desde pequeniño comezou a interesarse por todo aquilo que formaba a arqueoloxía. Rubén corría moitas aventuras, gustáballe o risco…


Cando el era aínda moi pequeno, a súa nai tivo un accidente en barco cando ía de viaxe de negocios. Así, el vivía co seu pai chamado Xoán. Os seus avós, tíos e primos vivían moi lonxe.


Cando xa tiña 18 anos, comezou a investigar pola illa para buscar ósos, fósiles, etc… Todos os días atopaba algo, como fósiles. Ata que unha tarde de xoves, atopou un óso. Como seu pai tiña un laboratorio, investigouno con todo tipo de artefactos e descubriu que era un óso de dinosaurio, pero non dun dinosaurio calquera senón dun Tiranosaurio Rex…


Rubén seguiu investigando pola illa máis ósos, pero tamén había algúns ósos doutros dinosaurios e doutros tipos de animais.


Aos poucos anos, convertíuse nun gran arqueólogo e formou unha gran empresa en conmemoración á súa nai porque ela tamén fóra arqueóloga e houbéselle gustado formar unha empresa de arqueoloxía co seu fillo… Rubén, para cumprir o gran soño da súa nai, púxose mans á obra en canto tivo 23 anos…


Mentres as obras remataban, el estudaba na universidade, para ter un título e unha carreira, e poder facer algún día unha viaxe de negocios a Estados Unidos ou a outras cidades e países tan importantes…


Mentres el evolucionaba como arqueólogo, o seu pai ía envellecendo e o resto da súa familia tamén… Os seus morreran uns anos atrás. O seu pai xa tiña casi 67 anos e el vía que se non atopaba unha parella estable, non tería máis remedio que pasar o resto da súa vida só… Co seu traballo de arqueólogo non tiña casi nada de tempo para a súa vida social…


Pero, en canto tomou unhas vacacións, atopou unha voa parella e ao cabo dun ano e uns cantos meses casouse e tivo 2 fillos. Non volvería a pasar tempo só, aínda que o seu pai falecera ou quedeara só… A fin e ao cabo, os nenos daban moita alegría na súa casa.


A súa esposa era moi guapa e tamén era arqueóloga. E a súa vida volveu a rexurcir das cinzas, volveu a aledarse e o seu pai recuperouse dunha enfermidade moi grave para vivir algúns meses máis ao seu lado…

fin


Raquel Ruel González.

6º B.

C.E.I.P. COIRÓN – DENA



Había una vez un arqueólogo chamado Rubén. Rubén era un home moi pacífico ao que lle encantaba pescar, por iso, facía as súas exploracións en illas. Un día pescou un peixe que era tan grande que non lle cabía no caldeiro e tivo que levalo ao lombo.


Cando ía explorar levaba sempre á súa familia con el porque pasaba moi pouco tempo con eles e a todos lles gustaba correr aventuras xuntos. Para viaxar usaban un globo aerostático porque non tiñan cartos para un barco decente e bonito.


Un día Rubén e a súa familia decidiron ir a explorar á illa de Sálvora. Cando chegaron viron que a illa estaba toda chea de porcallada e decidiron traer xente para limpala.


Pero cando foron a avisar á xente ninguén lles quería axudar. Entón Rubén decidiu diseñar unha máquina capaz de axudarlles a limpar a illa. Tras 3 meses de duro traballo Rubén diseñou a máquina e programouna para limpar.


Cando a illa por fin estaba limpa, Rubén e maila súa familia, decidiron irse a vivir alí e asegurarse de que ninguén máis a volvera a ensuciar.


Pero, un día Rubén saíu a explorar a illa e atopou unha cova moi, moi profunda e decidiu meterse nela. Alí Rubén atopou un montón de arañas velenosas e morreu traxicamente.


Desde aquel momento non volveron a ver máis a Rubén nin súa familia.

FIN


C.E.I.P. COIRÓN - DENA


Rub茅n o arque贸logo


Érase unha vez un arqueólogo chamado Rubén. Un día Rubén estaba paseando pola praia e viu unha pancarta donde se anunciaba unha viaxe á Illa de Sálvora. El interesouse porque os seus amigos Iago e Brais dixéronlle que alí había tesouros. Rubén foi a casa dos seus amigos e preguntoulles si querían ir a Illa de Sálvora. Os amigos foron a illa con Rubén nun barco de luxo e cando chegaron a beira, fóron a buscar unha cabana. Xa era noite e encontraron unha cabana que lla deixou un mariñeiro profesional .


Cando os amigos estaban durmindo Rubén saíu á búsqueda do tesouro que os seus amigos lle comentaran. Rubén buscaba e buscaba pero non encontraba nada así que decidiu ir a cabana a durmir pero de repente no camiño viu unha luz, el acercouse lentamente cara ela e ao final era un mapa cunha vela ao lado. Rubén sorprendeuse moito e foi a cabana a avisar aos seus amigos de que conseguira o mapa do tesouro. El intentou espertalos pero non foi capaz. Como non o conseguía foi rapidamente ao sitio que marcaba o mapa, cando chegou había unhas ruínas con musgo e telarañas.


Rubén con medo adentrouse nas ruínas sen pensalo. Dentro había unha porta moi antiga que había que descifrar cun contrasinal para pasar por esa porta. Rubén pensou cal sería o contrasinal para entrar nela, el non o sabía pero ao seu lado había uns debuxos de proba para un arqueólogo. Rubén descifrounos sin ningún problema. A porta abríuse e dentro había unha gran cantidade de ouro. Pero de repente empezaron a temblar todas as ruínas.


Rubén colleu todo o ouro que puido e foise correndo cara a cabana. Púxose a durmir cando chegou á cabana, tivo pesadelos sobre as ruínas. Ao día seguinte, Rubén marchou a súa casa pensando nas experiencias que tivo na Illa de Sálvora. Despois de 4 minutos de viaxe foi a oficina a preguntarlle ao seu xefe cantos anos tiña o ouro que collera na Illa. O xefe díxolle que era moi valioso, que tiña 1.000 anos. Rubén sorprendeuse e volveuse moi rico co ouro que conseguiu. Tamén saíu no xornal e volveuse moi famoso pola investigación do tesouro. Con todo o ouro fixo unha nova casa, fixo actos solidarios para os rapaces necesitados, etc… Despois de 93 anos Rubén faleceu e o fillo prometeulle que ía a ser tamén arqueólogo.


JOEL PÉREZ MONTES 6º B.

C.E.I.P COIRÓN – DENA.



Había unha vez, un xoven chamado Rubén. Era arqueólogo. Agora xa é maior, ten fillos e netos, aínda que viviu moitas aventuras, a máis especial para el é o misterio da Illa de Sálvora. Ocorreu así: Unha mañá, Rubén volvía da súa aventura en Exipto. Leu no xornal que ocorrían feitos extranos na Illa de Sálvora. Nas noticias dixeran que cando os barcos se achegaban á costa, a estatua da serea que se atopa na illa emitía unha potente luz cegadora que facía que os barcos encaixaran nos baixíos.


Despois de escoitar iso, a Rubén picoulle a curiosidade e decidiu ir á Illa de Sálvora. Cando chegou, viu a catro homes xunto a serea que falaban de que todo estaba saíndo coma eles esperaban e que se ían facer de ouro co seu plan.


-Este plan é estupendo! - dixo un dos homes.

-Xa o creo, somos xeniais - dixo outro. -Bos días, cabaleiros - dixo Rubén educadamente. -Que queres?! - dixo Boris, o máis malhumorado de todos. -Só quería preguntar polo que dixeron nas noticias - contestou Rubén. -Nós non sabemos nada, vaite daquí, forasteiro. -Chámome Rubén. -Bueno, Rubén, máis vale que non te acheges a nós, se sabes o que che convén. De acordo? - dixo o capitán do grupo. Os homes marcharon e Rubén quedou pensativo. Estaba claro que eses homes escondían algo. -Que esconderán? - pensou Rubén. Agochouse detrás dunha rocha para ver o que facían aqueles misteriosos homes e viu algo que lle sorprendeu: os homes entraran na estatua da serea! Foron pola parte de atrás, abriron unha porta e baixaron unhas escaleiras. Rubén decidiu ir detrás. -Sabía que ocultaban algo! – dixo Rubén mentres baixaba. Cando chegou, non podía crer o que vía: a cova estaba chea de xoias, ouro, pedras preciosas…


De pronto, escoitou uns gritos que pedían auxilio: -Socorro, axuda! – gritaba unha voz feminina que procedía da mazmorra. Rubén achegouse a mazmorra. Estaba escuro, pero puido ver a silueta dunha xoven muller.


-Non teñas medo, axudareiche a saír daquí. -Por qué me vou fiar de ti? – dixo a rapaza. -Porque non tes outra opción - respondeu Rubén.

-Esta ben. Coidado, detrás túa!!! Un dos homes pegoulle a Rubén cunha tabla na cabeza, deixándoo inconsciente.


Cando espertou, estaba encadeado xunto á xoven muller. -Qué pasou? Non recordo nada - dixo Rubén.

A xoven explicoulle o que pasara e tamén o que estaban tramando aqueles homes: -Verás, estes home teñen unha máquina que emite unha luz cegadora cara os barcos, que fai que encaixen nos baixíos e despois rouban os tesouros e pezas para vender.


Por certo, chámome Susana. E ti, quen es?

-Eu chámome Rubén, e son arqueólogo. -Eu son exploradora - dixo Susana. -Temos que saír daquí - dixo Rubén - aínda que non sei como.

-É imposible con estas cadeas, non temos ferramentas e as chaves tenas un dos homes. -Teño unha idea, podes finxir que estás enferma, que che doe o estómago e cando veña traernos a comida, tírate no chan e finxe moita dor. Así, eu atacareino por detrás e quitareille as chaves. E así foi, Susana fixo unha boa actuación, Rubén quitoulle as chaves a Boris, liberouse el e liberou a Susana. Despois, saíron da prisión e dirixíronse a máquina.


Temos que aproveitar que non están para destruir a máquina. -De acordo!-dixo Rubén. Entre os dous conseguiron rompela. -Agora só queda deter a eses catro maleantes e devolver o que roubaron - dixo Susana. -A que estamos esperando? Vamos! dixo Rubén. -Moi ben - contestou Susana. Esperaron pacientemente ata ver a un deles que traía os tesouros a cova.


Entón, en silencio, Rubén pegoulle cunha tabla na cabeza e o home caíu ao chan de morros rompendo 3 dentes do golpazo.


Susana atouno cunha corda e levárono xunto con Boris. De repente, oíron voces. Estaban chamando a Boris porque lles extranaba a súa tardanza. -Rápido, a por outro - dixo Rubén. -Vale - respondeu Susana. -Que pasa, porque non vides a axudarnos? - dixo o xefe aos que estaban dentro.

Rubén aproveitou que pasaba polo seu lado para facerlle a zancadilla.


Caiu ao chan e gritou: -Os prisioneiros están libres, axudádeme a capturalos. Onde estades? -Ninguén che vai axudar gritoulle Susana - os teus amigos están fora de combate. Atouno e tapoulle a boca para que non gritara e poidera oílo o xefe, que era o único que lles faltaba por apresar. O xefe apareceu de repente sen darlles tempo a prepararse, agarrou a Susana por un brazo e cun coitelo ameazounos con pinchala se non o deixaban fuxir cos tesouros.


Rubén non sabía que facer, pois a vida de Susana podía correr perigo, pero o que Rubén non sabía era que Susana era una moza moi valente e que lle meteu un puntapé ao xefe, que mentres se agarraba o pé Susana meteulle unha patada na cara que lle fixo sangrar o nariz, pois rompérallo.


Rubén estaba alucinando. Rápidamente, axudou a Susana a atalo xunto cos seus compañeiros. -Estou impresionado! – díxolle Rubén a Susana - recórdame que non te enfade nunca. A partires dese momento, Rubén namorouse de Susana e ela tamén se sentía atraída por él dende o primeiro momento en que o viu.


Os ladróns foron encarceados, os tesouros foron devoltos aos seus donos e Rubén e Susana casaron e tiveron 3 fillos tan valentes coma os seus pais. Por iso, esta aventura é tan especial para Rubén, porque coñeceu ao seu amor verdadeiro.



Nerea Rodríguez Caneda. 6º B. C.E.I.P. Coirón Dena


RUBÉN O ARQUEÓLOGO


Un día Rubén, un xoven arqueólogo foi á Illa de Sálvora a investigar unha zona arqueolóxica, a cal é moi famosa en España porque forma parte das Illas Atlánticas. Cando chegou a illa de Sálvora colleu as ferramentas de arqueoloxía e púxose a traballar. O seguinte día extranaba a súa familia. Media hora despois, cando ía camiñando, tropezou cun extrano óso e decidiu excarvar para ver que era. O xoven estaba entusiasmado por atopar algo incrible para a sociedade da arqueoloxía .


Seguiu escarbando ata que se fixo de noite. Cando acabou de desenterralo de todo foi directo ó faro. Cando chegou ó faro subiu as escaleiras, pero escoitou un gran ruido. Rubén sentiu o medo no corpo, non sabía se ir directo ao sitio onde se escoitaba o ruido. Subiu todas as escaleiras, tremíanlle as mans, morto de medo abriu a porta de madeira que conducía a gran lámpada do faro. Abriu a porta e alguén o empurrou ata o carón da ventá. Acendeuse a lámpada sen querer e puido ver ó cadáver dun morcego prehistórico ao carón dunha xoven muller que en vez de roupa levava trapos. A muller sentiuse ameazada por Rubén, pero o xoven respondeulle que non debía terlle medo e a muller acusouno de morte.


Cando a muller o acosou de morte, Rubén decidiu marchar a lume de carozo. Rubén decidiu pedir axuda a un un helicóptero que chamara polo móvil. Cando chegou o helicóptero, Rubén foise rapidamente para non volver a ver a aquela muller nunca máis. Aínda así, gracias as trepidantes aventuras que pasou e gracias a illa atopou a súa entrada a gran porta da arqueoloxía , ao atopar o óso de T-Rex.

FIN


Brais Vázquez Dasilva. 6ºB. Ceip Coirón – Dena.



Fai moito tempo nai lla de Sálvora naceu un neno chamado Rubén. Rubén de maior quería ser arqueólogo coma o seu pai, que desaparecera buscando a cidade agochada de Sálvora. Pasaron os anos e Rubén conseguiu o Título de Arqueoloxía. Logo, dúas semanas máis tarde, contratárono nun museo de Madrid. O seu traballo era buscar cidades e tesouros perdidos, sobre todo centrouse na cidade perdida de Sálvora. Entón, Rubén trasladouse a Sálvora onde votou dúas semanas buscando a cova que daba entrada a esta cidade perdida, e catro días examinándoa. Dentro da cova, Rubén encontrou unha peza sagrada, e como lle pareceu moi interesante para o museo onde traballaba colleuna e saíu da cova. Uns homes estábano esperando á saída da cova para raptalo e collerlle a xoia sagrada. Os homes traballaban para Stanlie, o cal era un delincuente. Stanlie e os dous homes raptaron a Rubén para un barco e levárono cara Londres


Na metade do camiño, Rubén cortou as cordas coas cales o tiñan suxeito e fuxiu coa xoia nunha barca de madeira situada na bodega do barco. Remou ata chegar a Sálvora para deixar a xoia donde estaba anteriormente, pero cando ía saír, Stanlie e os dous homes tíñanlle tapada a saída. Rubén como era moi intelixente colleu a xoia e saíu dalí pola segunda saída. Cando Rubén estivo lonxe da cova, colleu a barca de madeira e remou ata Pontevedra para logo coller o avión á Madrid. Cando chegou alí, levou a xoia ao museo donde traballaba. Ao rematar esta aventura, os xefes do museo encomendáronlle buscar máis tesouros na cidade perdida de Sálvora.


Ao regresar a Sálvora tardou dous meses en atopar outra cova que dera entrada a cidade e un mes para examinar a cova. Estando dentro da cova, Rubén viu ao lonxe un rubí de lume, que por conceptos que el tiña, sabía que era unha peza moi importante. Cando intentou collelo produciuse un derrubamento na cova e quedou atrapado. Botou alí oito días ata que conseguiu saír apartando as rochas e a area que tapara a saída.


Ao apartar o escombro foi perseguido por unha pedra xigantesca, entón comezou a correr e non lle pasou nada. Cando chegou a Madrid, Rubén falou cuns investigadores para que foran con el ata Sálvora para coller os tesouros desta cidade perdida. Ademais, tamén tivo que levar o material necesario para mover a pedra da saída e así poder entrar xa que a entrada pechouse cando el saíra. Rubén regresou a Sálvora cos investigadores e co equipo necesario para apartar a pedra, coller os tesouros e demostrar que a cidade perdida existía. Tardaron dúas semanas en desatrancar a entrada . Logo entraron na cova e colleron o necesario para poder regresar a Madrid. Sen embargo, non saíu todo como eles querían porque unha máquina rompeu e non puideron cargar os tesouros que atoparan na cova.


Así que tiveron que esperar dous días para que viñera outra máquina e cargar todos os tesouros. Cando acabaron de cargar todo no barco foron destino a Portugal, donde colleron un avión cara Madrid. Cando aterraron no aeroporto de Madrid levaron todo ao museo. Rubén, logo de todo o esforzo que fixo para demostrar que a cidade perdida de Sálvora existía, foi nomeado subxefe no museo no cal traballaba en Madrid. Seguíronlle encomendando tarefas de investigación coas cales el gozaba moito.

FIN


Brais Valladares Torres

6ºB C.E.I.P. COIRÓN – DENA.


Rubén na Illa de Sálvora


Rubén é un xoven que vive na Illa de Sálvora e dende pequeno sempre quixo ser arqueólogo, pero seus pais non lle facían caso porque pensaban que era demasiado pequeno e que aínda non sabía o que dicía. Por iso Rubén compartía os seus sentimentos e a súa alegría de ser arqueólogo coa súa irmá Alba. 1


Cando Rubén cumpriu os 16 anos decidiu estudar arqueoloxía na Universidade, tal e como él quería. 2


Cando acabou na Universidade tivo que ir traballar ĂĄ Illa de SĂĄlvora, donde vive unha gran aventura co seu xefe chamado Carlos e os seus veciĂąos. 3


O xefe mandouno ir traballar a unha cova moi escura onde ninguĂŠn entrara dende facĂ­a moito tempo. 4


-Xa mandei entrar a moitos empregados ahí pero todos se negaron, así é que foron despedidos por desobedecer unha orde do xefe. Crían máis ós veciños que ó seu xefe, porque os veciños din que aínda hai animais ahí dentro e que non se debería entrar- dicíalle o xefe ao rapaz. 5


-Eu non son deses que creo todo o que din os demais, senón o vexo cos meus propios ollos non o creo. -Así é como me gustan os empregados, oxalá todos fosen así! -Entón estará contento conmigo. -Pois veña, menos charlar e máis traballar-gruñeiu o xefe. Así é como Rubén marchou moi ledo traballar á cova. 6


Cando entra atópase cun dinosauro e as súas crías comendo. 7


O rapaz recorda o que lle dixera a súa irmá que é veterinaria: -Cando encontres un animal bravo fálalle para tranquilizalo. E así o fixo, falou cos animais para que entendesen que non tiña intención de facerlles dano. 8


A nai das crías que se acercara bruscamente a Rubén entendeuno e deixouno pasar á cova. Rubén comezou a encher o carro de restos de animais. Cando acabou, o primeiro que fixo foi ir a contarlle ao xefe a súa aventura.

9


Cando o xefe escoitou que había animais dentro o primeiro que preguntou foi: -Pero ti estás ben, non? -Si xefe, porque seguín as intrucións da miña irmá, senón podería estar ferido.

Alédome de que por fin alguén descubrise a verdade, así que vamos a ver os animais. 10


Mentres que Carlos e Rubén entraron na cova, os veciños estaban fóra preocupados e outros orgullosos de non dicir mentira e de que fora verdade o que eles dicían. 11


Dentro, o xefe negouse a falarlle aos animais porque lle parecĂ­a una parvada.

12

Os animais sentĂ­ronse ofendidos, asĂ­ que decidiron atacarlle ao xefe.


-Por favor, axúdenme –dicíalle o rapaz aos veciños que foron pronto a rescatar a Carlos. A un veciño ocorriúselle chamar a unha ambulancia, que tardou bastante porque tiña que vir en barco dende o porto da cidade máis próxima á illa.

13


14

Por sorte, chegaron a tempo e Carlos aínda seguía con vida, grazas a Rubén que conseguiu tranquilizar ós animais falándolle. Na ambulancia o xefe foi acompañado polo seu empregado ata o hospital da cidade donde tivo que pasar un par de semanas ingresado a causa das feridas que tiña.


Cando por fin Carlos espertou da operación que lle tiveron que realizar, por una fractura do fémur, o primeiro que fixo foi darle as grazas a Rubén por salvarle a vida, pero por culpa do esforzo que tivo que facer para falar desmaiouse e necesitaba atención médica, por iso Rubén que non se despegara un segundo del durante todo este tempo decidiu chamar a un médico: 15


-Por favor, atención médica á habitación 20, rápido! -Que pasou rapaz, que pasou?-pregunta a enfermeira. -Debeu de facer demasiado esforzo para falar e sufriu un desmaio.

Entón a enfermeira contestou: -Non é nada grave, aínda ten pulso, está en estado estable pero crítico. A próxima vez que volva espertar aconséllalle que non faga esforzo. 16


-SĂ­ enfermeira, fareino con moito gusto -contesta RubĂŠn. 17


Dalí a dous días Carlos volveu espertar e intentou falar de novo, pero o rapaz fíxolle caso á enfermeira e recomendoulle que non se esforzase. Foi por iso, polo que o xefe pronto se recuperou e puido saír do hospital. 18


Dende esa, decidiu facerlle caso ao que lle recomendaban as persoas que sabían sobre o tema no que estaban a tratar. Cada vez que Carlos vía un animal bravo ou agresivo faláballe para que se tranquilizase. Así foi como ao xefe lle foi moito mellor e non sufriu ningún dano dese tipo nin por esa causa. 19


Á mañá seguinte, Carlos faloulle a algún veciños de organizarlle unha sorpresa a Rubén por salvarlle a vida e tranquilizar aos animais cando lle atacaron. Logo foise correndo a voz entre os outros veciños sobre a sorpresa e decidiron xuntarse todos para dar ideas de como organizala.

20


A idea que mĂĄis lles gustou a todos foi facer una festa diante da cova para que RubĂŠn entendese a causa da festa e que os animais se fosen acostumbrando a ver a xente por aqueles lugares e non volvesen atacar a ningunha persoa.

21


O día da sorpresa cada veciño levou algo de comida e bebida e Carlos levoulle un regalo en nome de todos, cando o Rubén chegou todos gritaron: -SORPRESA!!!

22


Isto é para darche as grazas por todo o que fixeches por min e polos veciños, que sen ti non saberían o que facerlle aos animais para entrar na cova, xa que estaban á entrada e non deixaban pasar a ninguén-díxolle Carlos.

23


-Grazas de novo pero non facía falta. Pero…xa que estamos, a divertirse!!comentou Rubén. Cando estaban a rematar de tomar un ´´pincho´´ Carlos deulle o regalo a Rubén, que o abriu con moita ilusión.

Era una torta que felizmente compartiu con todos.

24


FIN 25


Nuria Padín Pazos 6ºB

C.e.i.p. Coirón Dena 26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.