Atrapanomes

Page 1

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP BARRIÉ DE LA MAZA

ATRAPA... NOMES...


O proxecto “Atrapanomes” xurde a raíz da sesión de contacontos na Biblioteca, con motivo do día da paz (30 de xaneiro de 2014), do libro “A princesa que perdeu o seu nome” de Pilar Mateos, Editorial Edelvives-Ala Delta. http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/a_princesa_que_perdeu_o_seu_nome2/1?e=1881651/6481074

http://vimeo.com/85012022


E

dende ADISCO (Axencia de Informaci贸n Sobre Co帽ecementos Ocultos)



HISTORIAS COS NOMES


Eu chámome Nerea porque… Meus país non sabían que nome poñerme entonces decidiron facer cada un unha lista . O que pasa é que a ningún dos dous lle gustaban os nomes que alí apareceron. Entonces, miraron os significados dos nomes que tiñan nas listas e viron que o santo de “Nerea” coincidía o 12 de maio (o mesmo día da voda dos meus país). E con ese nome me quedei. O meu nome significa “A ninfa que vive no mar” e é de orixe grega.

Nerea 5º A


Eu teño o pelo vermello. A miña historia empezou no hospital o un de setembro de dous mil dous, cando nacín. As enfermeiras chamábanme “ZANAHORIA DA PLANTA”. O día que marchamos e, mentres que miña nai recollía as nosas cousas , a enfermeira veu por min para que todas se despediran e ía dicindo: - Marcha a zanahoria da planta! Marcha a zanahoria da planta! Miña nai tiña que poñerme un nome, gustoulle moito o mote que tiña no hospital pero claro… Non ía chamarme como unha hortaliza! Así que puxéronme ZAIRA. ZA de ZANAHORIA e IRA de IRIA, que era o nome que querían poñerme a miña tía e a miña madriña, suprimiendo o segundo i. Pero tamén teño un segundo nome, MANUELA. Púxéronmo en honor a miña bisavóa e a miña tataravóa e en honor o amor dos meus país xa que cando se coñeceron a miña nai mentiulle ao meu pai dicindo que se chamaba Manuela, pero logo comezaron a saír xuntos ata que casaron. Xa vedes o porque me chamo ZAIRA MANUELA. Zaira 6º B


Faltaba pouco tempo para eu nacer e meus país non tiñan o meu nome elexido. Un día camiño do traballo miña nai, no coche, viu un libro e púxose a ollado. Na contraportada viu o nome de RAQUEL e pensou: - Aquí no pobo non hai ningunha nena chamada Raquel! Ao chegar a casa comentoullo ao meu pai e por ese motivo teño o nome de Raquel e estou moi orgullosa. Raquel significa “OVELLA DE DEUS”

RAQUEL R. (6ºB)


Eu chámome Adrián porque a miña nai e ao meu pai gustáballe moito este nome. Xusto cadrou que nacín o día no que se celebraba, ese ano, a romería de San Adrián (o 19 de xuño). Cerca de Santa Comba, na costa da norte, en Malpica, hai unha ermida adicada a San Adrián onde se fai unha gran romería . A figura de San Adrián vive na igrexa de San Xulián, pero ese día lévano ata a ermida que leva o seu nome, no monte de San Adrián. Despois dunha hora de procesión e con santa Catalina, a muller de San Adrián, abrindo a comitiva, os romeiros chegan ao seu destino onde celebran unha misa. Tamén pasan pola fonte que dín que fai milagros, como curar as enfermidades. O meu nome ven do latín e significa “AQUEL QUE VEN DO MAR”. ADRIÁN P. (4ºB)


Puxéronme o nome de Dylan porque a miña nai gústalle a música deste cantante norteamericano. E, ademáis, é un bonito nome.

Bob Dylan naceu un 24 de Maio de 1941, no pobo de Duluth, Minesota (EEUU). Cantante e poeta a súa canción “Blowing in the Wind “ (Soprando no vento) é un cántico a paz na época de guerra de Vietnam e a súa música foi utilizada no tema católico Saber que virás .

DYLAN 4ºA


O meu nome decidiuno milla nai cando eu estaba aínda na súa barriga. Gustábanlle os nomes de Sara, María e Andrea. Despois de decidir que me chamaría Andrea pasaron tres ou catro meses ata que nacín eu. E así vou medrando moi feliz. O meu nome é de orixe grega e significa “VALENTE E BELA”

ANDREA 2º A


A min puxéronme Noelia porque cando miña nai era pequena estivo vivindo en Suiza. Álí tiña a súa mellor amiga que se chamaba Noelia pero, tivo que regresar a España e nunca máis volveu a vela. Miña nai sempre se acordou dela e, por iso, cando quedou embarazada de min, decidiu poñerme Noelia. Fai moitos anos un cantante chamado NINO BRAVO, fixo unha fermosa canción adicada a unha muller que se chamaba coma min. NOELIA 6ºA Pois a min púxome o nome meu pai. Veredes, miña nai sempre prensou que ía ter un neno e entón díxolle ao meu pai: - Se é neno póñolle eu o nome e se é nena posllo ti. Entón resultou que salín nena e meu pai xa non lle dou ningunha oportunidade a miña nai. Púxome o nome que máis lle gustaba . Déixovos o meu nome en xeorgrífico…

NOELIA 2ºA


Por unha parte miña avoa (por parte de nai) queriame poñer Lucía. Por outra, a miña madriña preferíaSusana porque ela se chamaba así e tamén porque é tradición nalgunhas familias que as nenas se chamen igual que a madriña. Entre as dúas non se daban decidido así que miña nai decidiu axudarlles. Quedaba claro que non me poñerían ningún dos dous nomes, para evitar conflictos. Así que, despois de moito pensar, ocurreuselles Sonia porque se parecía a Susana e con este nome me quedei. Sonia procede do idioma grego e significa SABEDORÍA .

SONIA 6ºA


Eu chámome Alicia. O meu nome escolleuno meu pai porque hai un conto que se chama “ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS” e que lle gusta moito. Por iso me chamo Alicia ademáis, na familia, tampouco había nadie que se chamara así.

ALICIA 4ºA


O día que operaron ao meo avó a miña nai díxolle que estaba embarazada. Durante a súa recuperación o meu avó fíxose moi devoto da VIRSE DE FÁTIMA entón, como miña nai lle prometerá que él elixiría o nome do bebé que ía ter, puxéronme FÁTIMA. FÁTIMA 2º A Pois o meu nome elixiuno miña nai porque no seu traballo era un nome aparecía escrito moi a miudo . A letra F traíalle a mente a palabra felicidade e sacáballe un sorriso; así que sempre pensou que se tiña unha nena lle ía chamar FÁTIMA porque seguro que lle traería moita ledicia e sorrisos. Agorra dí que así é e que o seu desexo se cumpríu. O meu nome é de orixe árabe e significa ÚNICA. FÁTIMA 4º B


O meunome escolleuno miña nai porque lle gustaba moitísimo ese nome. Non é moita historia peor aínda e algo. Bicos.

BRAIS 1º A

A min o meu nome puxomo miña nai porque, unha señora, na perruquería díxolle que o seu fillo tiña unha noiva que se chamaba KAYLA e a miña nai parecíalle moi orixinal. KAYLA 4º B

Eu chámome Carla porque cando miña bisavoa estaba no hospital moi enferma, entre a vida e a morte, había unha enfermeira que sempre lle axudaba e a apoiaba en todo. A enfermeira chamábase Carla. Cando miña bisavoa se enterou de que súa neta estaba embarazada díxo se tiña unha nena chamaríase Carla, como a súa coidadora. CARLA 5º B


EX LIBRIS


ALBA 5ยบ B

ANDREA 2ยบ A


MARTÍN SIGNIFICA DO DEUS MARTE, AQUÍ ESTÁ MOI BEN REPRESENTADO O DEUS NO SEU CASTELO


FABIO SIGNIFICA AGRICULTOR DE FABAS E FABIO DE 2ยบ A EMPREGOU A Sร A CREATIVIDADE PARA FACER ESTE FERMOSO EX-LIBRIS


AIDA 5ยบB

PAULA 5ยบB


Nicolás 2ºB Nicolás ven do grego e significa VENCEDOR DO POBO

Xavier ven do navarro e significa “CASA NOVA”

XAVIER 4º A


MENCÍA significa a indulxente, a benigna. MENCÍA 3º A


VICTORIA ven do latín e significa VENCEDOR

VERÓNICA 3º A

MIRIAM SIGNIFICA AMADA E VEN DO HEBREO E SIGNIFICA “A ELEXIDA” MIRIAM


IVร N 6ยบA



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.