Montes galicia yeray iago

Page 1

OS MONTES DE GALICIA Iago Tr incado Pinto Yeray F ernรกnd ez Prad a



Os montes de Galicia Os montes de Galicia son uns dos lugares mais referenciais a Galicia, dado que o relevo é moi accidentado e case todos o concellos posuen unha colina, ou unha pena, ou un monte emblemáticos. Na tradición oral os montes galegos teñen unha gran importancia, como os ríos e os animais, o que demostra o respeto e a admiración á nosa natureza. A cuarta parte do territorio galego, é dicir mais de 700.000 hectáreas, corresponde ao monte vecinal e mancomún.


Pena Trevinca  Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe que fai

fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, cunha altitude oficial de 2127 m sobre o nivel do mar Mediterráneo (2124 sobre o nivel do Atlántico galego). É a maior altitude dentro do territorio galego.


O Mustallar É un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 m. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo.  A subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o Porto de Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo)  En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña. No cume atopamos un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas.


Foto del Mustallar


Manzaneda  O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso

formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é un área protexida coa cualificación de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.  O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.  A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia ( Estación de montaña Manzaneda).


Foto de Manzaneda


FONTES -https://es. Wikipedia.org/wiki/montes_de_Galicia -https://es.Wikipedia.org/wiki/ mustallar -https://es.Wikipedia.org/wiki/manzaneda_(estaciรณn_ de_esqui -https://www.youtube.com/watch?v=X5K9MJQozYw


ยกFIN!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.