Pasámolo de medo 13 14

Page 1

IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO” TRABALLOS PREMIADOS

CEIP A SOLAINA

1


IV Concurso de contos “Pasámolo de medo” ÍNDICE 1º Premio de 2º Ciclo de Educación Primaria Borja López González A enfermeira nocturna

...................................................

3

Accésit de 2º Ciclo de Educación Primaria Icía Becerra González A noite de Samaín

...................................................

5

1º Premio de 3º Ciclo de Educación Primaria Alejandro Rodríguez Fernández O número 54

...................................................

7

Accésit de 3º Ciclo de Educación Primaria Ana Becerra López Terror dos vultos brancos

...................................................

2

9


A ENFERMEIRA NOCTURNA Luísa acababa de dar a luz, era a súa primeira noite no hospital. O neno, chamado Mario, era san e forte. A iso das 10 da noite, despois de chorar durante todo o día, por fin adormeceu. A enfermeira de garda aquela noite foi ver a Luísa e díxolle: “Agora descanse porque mañá será peor”. Apagou a luz e foise. Pouco tempo despois Luísa adormeceu. Espertou moi asustada a media noite. Había un ruído detrás da porta. O ruído era como se alguén camiñara e abafara coma un can polo corredor. Luísa aterrorizada colleu o teléfono e chamou a enfermeira. –Si? –Respondeu a enfermeira. –Ola, son Luísa, da habitación 130. Hai un ruído no pasillo que non me deixa durmir. –Un ruído? Un ruído como que? –Parece que alguén camiña polo corredor e respira de forma rara. –Luísa, non saia da habitación e colla o neno e abráceo con todas as súas forzas! – É unha broma, non? –Non é unha broma. Hai algo perigoso aí fora. Pensamos que non volvería, pero equivocámonos. –Algo perigoso? Entón chame a policía e que veñan axudarnos. –Non podemos. Nosoutros tamén corremos perigo. A porta de Luísa comezou a sacudirse. Alguén cunha forza inmensa golpeaba sen parar. O neno espertou e comezou a chorar. Luísa sen dubidalo colleu o bebé en brazos e de súpeto a porta abriuse dun golpazo. Unha muller vestida de enfermeira entrou arrastrándose coma unha serpe. O seu uniforme estaba todo manchado de vermello e o sangue goteaba. Tiña o corpo dobrado e camiñaba apoiada nos seus brazos porque non tiña pernas. De súpeto comezou a trepar polo berce do neno. Tiña os ollos cegos e a lingua bífida. Luísa co neno nos brazos saltou por 3


riba de aquela cousa. Saíu correndo da habitación, mirou cara atrás e aquela cousa ia detrás dela arrastrándose polo corredor. Luísa chegou ao final do corredor e comezou a baixar as escaleiras. Logrou saír do hospital e púxose a camiñar ata atopar unha parada de autobús onde se sentou. Cando levaba un anaco soou o móbil. –Luísa, onde estás? –Era a enfermeira moi preocupada. –Fuxín do hospital, non quero volver. Que é esa cousa? –Non o sabemos, o hospital é moi antigo. Pensábamos que era unha lenda, pero hai uns dez anos vímola por primeira vez. Aquela noite morreron cinco pequenos. –Non quero volver. –Dicía Luísa. –Escoita, Luísa, isto é importante. Debes coidar o teu neno día e noite, porque en canto te descoides ese demo regresará e levará o neno. Cando elixe un neno non descansa ata que o colle e lle chupa todo o sangue. Tes alguén que che axude a coidalo? –Non, estou soa. Coidareino eu mesma e non durmirei nin de día nin de noite. Luísa colgou o teléfono e mirou o seu neno e díxolle: –Non durmirei nunca, Mario, protexereite sempre. Luísa xamais volveu a durmir. Durante moitos anos estivo día e noite coidando do seu fillo. Cando o neno se fixo maior ese demo deixouno en paz, e por fin Luísa puido durmir. 1º Premio: A enfermeira nocturna. Autor: Borja López González de 4º B.

4


A NOITE DE SAMAÍN Érase unha vez hai moito tempo uns nenos chamados Xoán, Carlos, Noelia e Nuria que quixeron celebrar a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro que todos chamamos Samaín. Xoán ía disfrazado de pantasma, Carlos de cabaza, Noelia de bruxa e Nuria de morcego. Ían polas casas dicindo “truco ou trato” mentres que nas mans levaban unhas bolsas para que lles deran golosinas ou caramelos. Ata que... chegaron a unha casa e petaron na porta e a porta abriuse. Entón dixo Carlos: –Hai alguén? –Con voz de medo. Non respondeu ninguén. Entón os nenos decidiron pasar, chegaron a unha longa mesa chea de comida onde había unha nota: “O QUE SE ATREVA A PASAR VAI TER MALA SORTE PARA TODA A VIDA, SE NON QUEREDES QUE SUCEDA TEDES QUE TRAERME 500 CARAMELOS ENTRE TODOS, PERO NON VALE COMPRALOS”. Sentiron un ruído que viña de riba. Foron a mirar e... había un CD cunha canción de Samaín. Noelia deu un paso e, boom! esfondouse toda a casa. Cando se deron de conta estaban nun túnel que os levou ata un río cercano da cidade. Conseguiron saír, pero os caramelos levounos a corrente. Entón di Nuria: –Hai que coller outra bolsa e comprar caramelos. –Non, non se poden comprar. Vímolo na casa onde estaba a nota. –Dixo Carlos. –É verdade. –Dixo Nuria. –Entón que facemos agora? –dixo Noelia. –Hai que conseguir unha bolsa, conseguir os 500 caramelos para mañá. –Dixo Carlos. Os nenos foron buscando e buscando pola cidade, pero nada, non atoparon nin unha bolsa. Ata que sentiron un señor que dixo: 5


–Vendo bolsas de gominolas. Isto deulle unha idea a Noelia: –Nenos, podemos comprar unha bolsa de chuches, comelas e despois quedarnos coa bolsa. –É unha boa idea, –dixo Xoán. Foron outra vez pedindo polas casas ata que os chamaron as súas nais para que se foran para a casa. Aínda lles faltaban 23 caramelos e decidiron volver mañá antes de que foran as 12 da noite. E así foi. Ás nove da noite conseguiron xuntar máis caramelos. Entón sona o reloxio da cidade dando as 12.00 da noite e só lles faltaba 1 caramelo. Mentres que ían andando, Nuria encontrou o último caramelo tirado no chan. Os rapaces foron correndo á casa, cando petaron á porta abriulles un señor que lles dixo: –Ola, que tal rapaces? Que queredes? Carlos díxolle: –Nada, só víñamos traer os caramelos que nos dixo a pantasma. –Que pantasma? Ahhhhhhh! Referídesvos aos 500 caramelos? –Si, –respondeu Noelia. –Tan só era unha broma, sempre o facemos. Por iso ninguén quere entrar aquí. –Entón non temos mala sorte? –Preguntou Xoán. –Non, e os caramelos volos podedes quedar. –Grazas. –Responderon os nenos. –De nada, ata logo. Os nenos marcharon contentos para a súa casa. Accésit: A noite de Samaín. Autor: Icía Becerra González de 4º A.

6


O NÚMERO 54 Vivo nunha rúa moi longa chea de edificios novos, altos e baixos, algúns de cores e outros de pedra. Todos son edificios modernos agás unha casa que hai xusto enfronte da miña, unha casa vella e derruída, feita anacos despois de que un incendio acabara con ela hai xa moitos anos, O número 54. Segundo me contou a miña nai, unha familia enteira morreu nese incendio, un matrimonio cunha filia duns seis anos. Miña nai di que aínda recorda ver a súa foto no xornal daquela época, aquela nena agarrando a súa boneca de ollos fixos abertos como pratos. Xa é hora de deitarse, hoxe estou canso e non me atopo moi ben, dóeme algo a cabeza así que será mellor que me meta xa na cama. Cando xa me estou quedando durmido noto un ruído na fiestra do meu cuarto, parece coma se algo rabuñara nos cristais. Levántome da cama e vou ata a ventá para ir levantando a persiana lentamente e sen facer moito ruído para non espertar aos demais. Alí diante de min aparece a casa 54, tan escura e tenebrosa coma sempre. A rúa está baleira e non sei que podía ser o que rabuñaba no cristal pero algo chama a miña atención. Paréceme ver unha pequena luz na fiestra que hai sobre o tellado da casa, unha luz que se move dun lado para outro do cuarto, unha luz que ilumina a cara dunha nena detrás do cristal. Poño as mans contra o cristal para fixarme ben no que estou vendo, non é unha nena...é unha pantasma! Un espectro que suxeita unha boneca queimada, desfigurada, sen ollos, case sen cara... A pantasma levanta a boneca ata min alargando os seus brazos que chegan ata a miña fiestra, a boneca, como un ser endiañado, intenta romper o cristal, quere collerme, abre a súa terrorífica boca ensinándome os seus afiados cairos e encollendo o meu corazón asustado. Empezo a camiñar cara atrás afastándome da fiestra, non podo berrar, a voz non me responde, me deixo caer na cama mentres ollo caer os cristais 7


e como ese demo se tira sobre min mordéndome no pescozo, cravándome as súas afiadas garras na carne. Abro a boca para berrar... QUERO BERRAR!!..QUERO BERRAR! !...SOCORRRRR00000I ! !...SOCORRRRR00000! ! !...AXUDAAAA!! Braceo e patexo tirado na cama a berros cando a miña nai entra no meu cuarto intentando tranquilizarme, me suxeita polos ombros e me di: -Esperta fillo, só é un pesadelo! Esperta! Abrazo a miña nai tremendo, suando e chorando, sinalo a fiestra e a miña nai di que me tranquilice, que alí non hai nada, pero algo chama a súa atención... O cristal está estalado e manchado con algo negro coma o carbón!! 1º Premio: O número 54. Autor: Alejandro Rodríguez Fernández de 5º B

8


TERROR DOS VULTOS BRANCOS Isto foi unha historia real que sucedeu en Lugo. Viñeran dúas familias a visitar a casa dos seus avós. A casa, era unha desas casas de aldea co seu gando fora, neste caso tiñan vacas, porcos e galiñas. O motivo polo que viñan, era unha comida na casa da súa tía. Unha desas familias tiña un neno pequeno de mais ou menos seis meses, o neno aínda non podía mastigar, entón para que non Ile fixeran a comida especial alí, na casa da súa tia quedou na casa coa súa nai. Cando todos se foron para casa da súa tia a nai do bebé díxolles que deixaran a luz apagada para non espertar o seu fillo. A nai cando acabou de durmir o seu fillo asomouse pala ventá. E viu que uns vultos brancos se movían, a nai non Ile deu importancia porque pensou que seria que estaba cansada, entón preparouse un café para ver se así despexábase un pouco, volveu mirar pola ventá e viu outra vez eses vultos brancos, empezou a asustarse un pouco e pensou: -Pero que serán eses vultos? -Acendo a luz, para ver que é o que pasa? –Non, que se non esperto a meu fillo, e podo meterme máis medo do que teño. A nai intentou pensar noutra cousa, pero era imposible non deixar de pensar niso. Morta de medo a nai acendeu a luz, porque quería ver que era iso, antes de que puidera chegar á ventá o neno espertou e a nai tivo que ir a durmilo de novo, cando chegou á ventá só viu vacas, e cando apagou a luz viu uns vultos que se acercaban a ela cada vez máis; a nai aterrorizada foi cara a habitación para chamar co teléfono móbil ao seu marido, pero deixaran o móbil na casa, de repente timbraron na porta, e como tiñan chaves o seu marido e o cuñado, entraron na casa para ver como estaba a nai do bebé, e viron que estaba aterrorizada, e preguntáronlle por que; a nai contestoulles que había uns vultos brancos que se movían, pero non a creron. A nai insistiu en que miraran pola ventá e non viron nada, só vacas movéndose. Entón decatáronse de que era de noite e como as vacas son brancas e negras só vía o branco porque era de noite e as manchas ao ser negras e a noite tamén non se notaban. A nai deuse de conta que o medo pode facemos imaxinar moitas causas aínda que sexa imposibles que existan. Accésit: Terror dos vultos brancos. Autora: Ana Becerra López de 5º A.

9


IV CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO” TRABALLOS PREMIADOS

CEIP A SOLAINA

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.