A enerxía

Page 1

A Enerxía


Resumo a unidade Ler as páxinas 88, 89, 90 e 91 do libro de texto.

Contesta brevemente as seguintes preguntas:  Define a enerxía.  Cales son os tipos principais de enerxía.  Cales son as propiedades da enerxía. Pon un exemplo de cada unha. Ler as páxinas 92 e 93 do libro de texto.

Contesta brevemente as seguintes preguntas:  Define a calor.  A temperatura:  Que é?  Como se mide?  A transmisión de calor:  Como se produce?  Materiais condutores.  Materiais illantes.  A dilatación dos corpos.  Que é?  Como se produce?


 A calor e as transformacións da enerxía. Exemplos. Ler as páxinas 93 e 94 do libro de texto.

Contesta brevemente as seguintes preguntas:  As centrais eléctricas.  Como se produce a enerxía eléctrica.  Cales son os tipos de centrais eléctricas?  O transporte da enerxía eléctrica.  Rede eléctrica.  Cables de alta tensión.  Torres de alta tensión. Ler as páxinas 95 e 96 do libro de texto.

Contesta brevemente as seguintes preguntas: A enerxía na nosa sociedade  A enerxía que consumimos:  Eléctrica. Onde se produce. Tipos de centrais que producen a maior parte da enerxía que utilizamos.  Dos combustibles.  Problemas causados polo uso da enerxía.  O esgotamento dos recursos.  Combustibles fósiles.  O aforro de enerxía.  Enerxías renovables.  A contaminación.


 O quecemento global.  Como se quenta o planeta terra.  As emisións de dióxido de carbono e o efecto invernadoiro.  A Chuvia ácida.  En que consiste.  Que efectos ten.  Como se pode evitar.  Os residuos radioactivos.  Onde se producen.  O seu almacenamento.  Os problemas que poden causar.

Experimentamos coa produción de enerxía eléctrica: 1.Construción dun xerador de enerxía eléctrica cun motor eléctrico. Materiais:  1 placa de madeira de 40 x 25 cm aproximadamente.  1motor eléctrico cunha polea montada no eixo.  1 polea grande (cartón e 2 CD).  1 tarugo de madeira de 5 x 5 x 5 cm aproximadamente.  1 anaco de madeira de 15 x 5x 0,5 cm aproximadamente.  1 goma de oficina.  Un led (preferiblemente de 1,5 ou 3 voltios).  Arame.  8 parafusos.  1 trade.


Construción: 1. Fixar o motor á placa de madeira co arame e 4 parafusos. 2. Situar o tarugo na placa de madeira de tal xeito que a polea á que lle servirá de soporte quede enfrontada á do motor e fixala con 2 parafusos á placa. 3. Fixar o anaco de madeira de 15 x 5 x 0,5 cm aproximadamente ao tarugo tendo coidado de que a polea que se fixará a ela quede situada fronte á polea do motor. 4. Fixar a polea ao anaco de madeira con un parafuso e 3 porcas de tal xeito que a polea xire libremente sobre o parafuso. 5. Colocar a goma de oficina dende a polea grande ata a do motor. 2. Construción dun xerador de enerxía eléctrica con imáns. Materiais:  Un cartón de 30x8 cm aproximadamente.  1 punta de ferro de 8 ou 10 cm de longo.  Varios imáns o máis potentes posible.  Arame de cobre “magneto” de 0,30 mm de sección.  Un led (preferiblemente de 1,5 ou 3 voltios).


Construción: 1. Construír unha caixa aberta polos extremos superior e inferior e que permita que os imáns xiren libremente no seu interior. 2. Trazar as diagonais das 2 caras máis grandes da caixa. 3. Perforar a caixa coa punta de ferro nos puntos de intersección das diagonais trazadas. 4. Fixar un extremo do arame de cobre nunha das caras deixando libres uns 10 cm aproximadamente. 5. Enrolar o arame arredor da caixa (dos lados pechados) de maneira uniforme e a mesma cantidade de voltas a cada lado dos furados un mínimo de 300 veces. 6. Fixar o extremo a unha cara deixando libres uns 10 cm unha vez que se completou o nº de voltas necesario. 7. Introducir a punta de ferro polas perforacións tendo coidado de que quede o mesmo nº de voltas (aproximadamente) por cada lado. Colocar os imáns no interior da caixa, na punta de ferro, tendo coidado de que queden ben centrados e equilibrados (o mesmo nº de imáns a cada lado da punta).


8. Para equilibralos o mellor é facer unha estrutura de cartón do tamaño dos imáns, apenas mais ancha que a punta e cun furado central onde inserila. 3. Convertir o xenerador de enerxía eléctrica fabricado co motor nun xerador eólico.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.