Sonutopías Programa en Galego

Page 1



Non chega con oĂ­r a mĂşsica; ademais hai que vela Igor Stravinski (1882-1971)


Organización de son[UT]opías:

campUSCulturae: Irene García García e Xosé A. Neira Cruz Dirección: David Durán Arufe Coordinación: Haruna Takebe e Vicente García García son[UT]opías 2013 conta coa participación de:


campUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do pluralismo. Considerar a importancia das tradicións parécenos unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais. Dentro deste amplo proxecto situamos ao Centro Internacional da Creatividade, que na súa área de música pretende proporcionar un espazo de experimentación e creación musical a desenvolver nos vindeiros catro anos: son[UT]opías 2013 – 2016, foro de diálogo para creadores e intérpretes dende diferentes perspectivas culturais que propicie a nova creación a través da comisión, estrea e difusión de composicións. son[UT]opías 2013 organiza en Santiago de Compostela do 27 ao 30 de xuño un “Atlas Academy” co prestixioso grupo Atlas Ensemble (http:// www.atlasensemble.nl/). Articúlase como un encontro internacional para compositores e intérpretes de todo o mundo que conta con presentacións, demostracións, conferencias e concertos sobre e con instrumentos non occidentais, así como seminarios sobre culturas musicais do leste e a composición tendo en conta a combinación de instrumentos interculturais.



O Atlas Ensemble é unha orquestra de cámara única que reúne a brillantes músicos de China, Asia Central, Oriente Próximo e Europa. O ensamble presenta un mundo de sons inexplorados de instrumentos procedentes de diferentes culturas. O repertorio consiste enteiramente en obras especialmente encargadas para esta agrupación. En son[UT]opías 2013 escoitaremos algunhas destas obras e asistiremos a tres estreas mundiais que amplían o catálogo desta agrupación. Por outra banda, teremos ocasión de gozar destes instrumentos empregados nun concerto de música tradicional. El Atlas Ensemble abre posibilidades totalmente novas en relación á cor e a orquestración. A diferenza do moderno conxunto heteroxéneo occidental no que se ofrece un instrumento de cada familia, o Atlas agrupa e combina instrumentos de diferentes culturas que, aínda que procedentes dun mesmo ancestro, viaxaron e se foron desenvolvendo ao longo dos séculos; chegando a existir, desta maneira, un amplo abano de variantes. Ao unir estes descendentes e a combinación dos seus timbres, obtéñense mesturas fermosas e nunca antes escoitadas. Este concepto representa a esencia do Atlas Ensemble.



son[UT]opías conta ademais cun ensemble residente, a agrupación musical galega VERTIXE SONORA ENSEMBLE (http://vertixesonora. net/), que será a encargada de levar a cabo o concerto inaugural e tamén de finalizar participando nunha fascinante colaboración ATLAS + VERTIXE. Vertixe Sonora Ensemble é un colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia. Esta dinámica de base favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global e que atopan na procura da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser. A partires dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ó sonoro establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas da contemporaneidade desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión, nin ao espírito de vangarda.


Atlas Ensemble Duduk (Armenia)

Raphaela Danksagmüller

Sho (Xapón)

Naomi Sato

Kemence (Turquía) Neva Özgen Erhu (China) Pipa (China)

Yang Xue

Lan Weiwei

Tar (Acerbaixán)

Elchin Nagijev

Qanun (Siria)

Bassem Alkhouri

Director

Artyom Kim (Uzbekistán)

Director artístico

Joël Bons

Produción

Jasper Berben e Naomi Sato


Vertixe Sonora Ensemble Frauta

Alessadra Rombolá

Óboe

Avelino Ferreira

Clarinetes

Joaquín Meijide

Saxofóns

Pablo Coello

Trombón

Iago Ríos

Violín

Jorge Montes

Viola

Francisco Regozo

Violonchelo

Criptana Angulo, Thomas Piel

Contrabaixo

Carlos Méndez

Arpa

Bleuenn Le Friec

Piano

David Durán e Haruna Takebe

Percusión

Diego Ventoso, José Vicente Faus, Antonio Ocampo

Guitarra eléctrica Rubén Barros

Dirección musical Pablo Coello Dirección artística Ramón Souto


Programa de Actividades *Todas as actividades desenvolveranse no Auditorio Novagaliciabanco agás a actuación do Atlas Ensemble, nas Praterías, e o concerto do sábado 29 na Igrexa da Universidade.

Conferencias: dúas charlas do compositor iraniano Alireza Farhang.

Conceptos de transculturalismo, multiculturalismo, tradición e modernidade tratados a través da composición musical en Irán e das súas propias creacións.

Documentais: presentación e proxección de dous filmes documentais. Atlas Ensemble e Vertixe Sonora Ensemble dende diferentes prismas. Imagine Utopia e Correspondencias Sonoras.

Imagine Utopia. Imaxina xuntos a compositores e aos máis recoñecidos solistas de instrumentos tradicionais de diversas culturas nun diálogo sonoro de dúas semanas en Ámsterdam. Este filme é unha xustaposición de culturas unidas para imaxinar a música do futuro. Correspondencias Sonoras. Diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir da actividade desenvolvida por Vertixe Sonora Ensemble sobre as exposicións que cada tempada teñen lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea - CGAC.


Concertos: Música de Ramón Souto, Jacobo Gaspar, Carolina Cerezo

Dávila, Ken Ueno, Joël Bons, Cem Özcelik, Alireza Farhang, Jamilia Jazylbekova, Thanasis Deligiannis, Stefano Pierini, Giuliano Bracci e Artyom Kim.

Workshops dos solistas do Atlas Ensemble. A primeira sesión consistirá

na presentación de cada instrumento e terá carácter musicolóxico. Logo, as sesión de traballo oriéntanse a dúas modalidades: intérpretes e compositores, se ben calquera persoa interesada está convidada a asistir. • Compositores: conferencias para compositores nas que se explican e aconsellan procedementos de escritura para estes instrumentos. Aqueles interesados tamén poden acceder a máis información sobre os instrumentos na páxina do Atlas Academy e traer a estas sesións un borrador a partir do cal se vai poder traballar. • Intérpretes: Sesión de improvisación na que os participantes traen os seus propios instrumentos e tocan xunto aos músicos do Atlas. Na improvisación explicaranse e empregaranse as escalas arábicas “Maqam”, a chinesa pentatónica e elementos do “Gagaku” xaponés. Non soamente se dirixe aos músicos de formación clásica, tamén aos músicos de jazz e folk e quen estea interesado na improvisación ou no sistema microtonal. Por suposto, poderán participar todos aqueles aos que lles apeteza probar a improvisar con instrumentos pouco usuais ou curiosos.


Matrícula A matrícula neste congreso é gratuíta e ofrece a consecución dun diploma de asistencia con recoñecemento europeo. Os interesados deberán formalizala no seguinte formulario que tamén podedes atopar na web de campUSCulturae: https://docs.google.com/forms/d/1VDF-Rb5AM7UVIrmReGKKEVvRzR64ou4fyUc9pTtbvX0/edit#

Sede O lugar no que se van desenvolver todas as actividades formativas e complementarias do espazo de experimentación e creación musical son[UT]opías é o auditorio de Novagaliciabanco, situado na rúa do Preguntoiro, 23 de Santiago de Compostela. Polo que atinxe aos concertos cos que pecharemos cada xornada: Concerto inaugural: Auditorio de Novagaliciabanco, Preguntoiro, 23 Concerto na rúa: Casa do Cabido, Praza das Praterías Concerto de música tradicional do Atlas Ensemble: Igrexa da Universidade Concerto final: Auditorio de Novagaliciabanco, Preguntoiro,23

Contacto Para resolver calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós no enderezo electrónico: campusculturae@usc.es, na web: campusculturae.usc.es ou a través do facebook: www.facebook.com/sonutopias.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

*Informamos de que non é obrigatoria a asistencia a todas as actividades detalladas no programa, e que todas son libres e gratuítas. Prégase aos matriculados nos workshops que, no momento de formalizar a inscrición, poidan garantir a súa asistencia a fin de non deixar sen praza a outros interesados.


Auditorio de Novagaliciabanco. Preguntoiro, 23

18:00-19:15

Xoves, 27 de xuño

Workshop

Presentación dos músicos do Atlas Ensemble con Joël Bons 19:30-20:45

Conferencia do compositor iraniano Alireza Farhang

The crossover of two musical cultures: conflictual but enriching aspects.

Sobre dúas das súas obras: Tak-Sîm e Neda 21:00 Concerto inaugural: Tránsito Cem Özçelik (Turquía) Eternal curve (2013) piano, violonchelo e percusión Alireza Farhan (Irán-Francia) Neda (2009) * saxofón tenor, trombón, vibráfono e piano Jamilia Jazylbekova (Kazajistán) Sfioriarsi II (2004-06) * frauta, saxofón tenor, viola, piano e percusión Jacobo Gaspar (España) Sombras de Invierno (2012) saxofón, contrabaixo, piano e percusión Ramon Souto (España) Apertas para Matta-Clark (2012) frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión


Auditorio de Novagaliciabanco. Preguntoiro, 23

18:30-20:00

Venres, 28 de xuño

Workshop

Duduk, Qanun, Sho 20:30-21:30

Proxección do Filme Documental

Título: Imagine Utopia Autor: Frank Scheffer, Caio Amon, Lucas van Woerkum Duración: 60’

23:00-23:30 Automaton Clock Concert

Praza de Praterías

Os solistas do Atlas na fachada da Casa do Cabido. Duduk (Armenia): Raphaela Danksagmüller Sho (Xapón): Naomi Sato Kemence (Turquía): Neva Özgen Erhu (China): Yang Xue Pipa (China): Lan Weiwei Tar (Azerbaiyán): Elchin Nagijev Qanun (Siria): Bassem Alkhouri


Auditorio de Novagaliciabanco. Preguntoiro, 23

12:00-13:00

Sábado, 29 de xuño

Workshop

Kemence, Erhu 13:00-14:00

Workshop

Pipa, Tar 19:30-20:30

Proxección do Film Documental

Título: Correspondencias Sonoras Autor: Manuel del Río Duración: 60’

21:00 Concerto de música tradicional do Atlas Ensemble:

Igrexa da Universidade - Praza de Mazarelos


Auditorio de Novagaliciabanco. Preguntoiro, 23

20:00-20:45 Conferencia Alireza Farhang, compositor iraniano Music in Iran: Tradition and Modernity

21:00 Concerto Final ATLAS + VERTIXE

Domingo, 30 de xu単o


Carolina Cerezo Dávila (España) No fear ** sho, pipa, qanun, óboe, clarinete baixo, percusión e violín Giuliano Bracci (Italia) Lunedi * (2011) shô, duduk, arpa e contrabaixo Ken Ueno (Estados Unidos) Buchephalus Dreams of Exotic Wives ** sho, pipa, tar, viola e violonchelo Stefano Pierini (Italia) Visions** pipa e 2 percusionistas (solistas) duduk, sho, erhu, clarinete (+baixo), saxofón, violín, viola, violonchelo e contrabaixo Thanasis Deligiannis (Grecia) Satyrcrash* (2012; novo arranxo) duduk, sho, kemence, erhu, pipa, tar, qanun, frauta, óboe, clarinete, saxofón, arpa, percusión (x2), melódica, violín, viola, violonchelo e contrabaixo Artjom Kim (Uzbequistán) Rag music * (2004) sho, erhu, kemençe, qanun, clarinete baixo, arpa, percusión (x2), melódica, piano, viola, violonchelo e contrabaixo Joël Bons (Holanda) Cadenzas* duduk, sho, kemençe, erhu, pipa, tar, qanun, frauta, óboe, clarinete, pianica, arpa, percusión, violín e viola *Presentación en España / **Estrea absoluta


Domingo, 30 de xu単o

20:00-20:45

Alireza Farhang

Conferencia 21:00

Concerto de clausura Auditorio de Novagaliciabanco. Preguntoiro, 23


campUSCulturae é o proxecto de constitución dun espazo internacional dedicado ás minorías culturais do mundo. Apoiar estratexias a favor de linguas minoritarias e abrir vías de integración para as minorías en risco de exclusión son os obxectivos fundamentais desta iniciativa, que usa a literatura infantil e xuvenil como fío condutor e principal ferramenta. Con vocación eminentemente europea, constituíuse en maio de 2011 e desde entón toma forma e expándese desde unha base de operacións instalada no seo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta cun equipo de socios europeos, coorganizadores da iniciativa, que alimentan a idea fundamental de diversidade e encontro que está na base do proxecto. Trátase dun grupo de cinco institucións, unhas públicas e outras privadas, de dimensións diversas, pero todas elas relacionadas de maneira estreita cos eixos do proxecto. Son: a Minority Studies Society STUDII ROMANI, de Bulgaria, dedicada ao estudo e promoción dos grupos minoritarios europeos, especialmente os xitanos; o Vigdis Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages da Universidade de Islan-


dia, centro de estudos sobre a diversidade lingüística do mundo; a Universidade de Łódź, en Polonia, referente no estudo das minorías culturais; CHE Consult GmbH, consultora alemá especializada no traballo con institucións educativas e grupos científicos que buscan estratexias de traballo acordes cos novos retos do actual marco universitario; e a Associação Cultural e Pedagóxica Ponte nas...Ondas!, entidade sen ánimo de lucro portuguesa asociada a un grupo de centros de ensino do sur de Galicia e o norte de Portugal para recuperar e pór en valor o patrimonio inmaterial común a ambos os territorios. Actividade social campUSCulturae pretende inspirar compromiso coa minoría e defensa de diversidade. Quere ser un punto de encontro entre os nenos e mozos e quen, dunha forma ou outra, traballan por e para eles. Pon a palabra, a literatura, ao seu servizo. Aborda a creación, a cultura, a investigación, o coñecemento desde unha formulación propia do seu tempo, é dicir, usando todas as ferramentas tecnolóxicas que o presente pon ao seu alcance. É un espazo integrador, fomenta o traballo en rede, e reforza o espírito europeísta.


Público obxectivo campUSCulturae preséntase como unha plataforma de participación aberta e interxeracional. Ten pois, unha vocación integradora. O seu obxectivo é crecer mediante a participación do maior número de actores posible, que enriquezan o proxecto e achegar diversidade, así como a confluencia de públicos de distintas idades coas culturas, literaturas e artes postas ao servizo do coñecemento, a creatividade e, en consecuencia, do entendemento mutuo. Busca os seus aliados entre os seguintes segmentos: - a comunidade científica especializada na literatura infantil e xuvenil, así como no estudo das minorías lingüísticas e culturais - a comunidade cultural, entendida como a integrada por todos os profesionais relacionados coa creación, edición e difusión do libro infantil e xuvenil e da lectura - a comunidade escolar, nenos, adolescentes, educadores e familias. campUSCulturae articúlase ao redor de cinco centros de traballo entre os cales se distribúen as actividades do proxecto.


- Biblioteca Internacional campUSCulturae: biblioteca especializada en literatura infantil e literatura científica relacionada coa creación literaria e artística para nenos e novos; centro de documentación sobre literatura infantil e diversidade cultural; portal trilingüe en castelán, galego e inglés; sala de investigación e servizo de asesoramento lector. Museo internacional da Ilustración: colección permanente de obra de ilustradores de todo o mundo; exposicións temporais e itinerantes; talleres formativos especializados; museo virtual e espazo de experimentación interactiva coa arte. - Centro da Interculturalidade: BIT, banco de ideas e tempo; IRE. net, intercambio de recursos en rede entre diversas comunidades culturais; ADAN, plan para asociar a diferenza á normalidade; radiotv campUSCulturae. Centro Internacional da Creatividade: Laboratorio de autoedición de libros únicos e de artista; espazo de creación músicoliteraria; plataforma de experimentación entre linguaxe infantil e arte contemporánea; escaparate das culturas do mundo; laboratorio de experimentación das artes escénicas e a palabra; a Praza das Palabras do Mundo. -

campUSCulturae RTV


campusculturae.usc.es www.facebook.com/campusculturae www.facebook.com/sonutopias @campUSCulturae


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.