Page 1

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA COMO INSERTAR REFERENCIAS REFERE BIBLIOGRAFICAS DESDE WORD

A. ENGADIR CITAS NUN TEXTO XTO Contamos cuns textos onde queremos incluír citas: Las relaciones de trabajo en colaboración entre los miembros de la organización constituye un rasgo básico o de una cultura para la mejora (Incluír cita) …

… O lo que es lo mismo, dar pasos para desarrollar la interrelación e interconexión entre miembros, la coordinación, la interdependencia, las dinámicas de discusión y reflexión crítica sobre la práctica, el desarrollo de proyectos conjuntos como eje sobre el que articular el trabajo y el aprendizaje de aquellos que integran la organización (incluír cita).

1. ENTRAMOS EN REFERENCIAS. Para engadir a cita no primeiro texto coas opcións de Word; Word situamos o cursor onde sinalamos (Incluír cita).. As opcións do menú de Word que empregaremos serán as que marcamos a continuación nos cadros vermellos. 1. Seleccionamos a pestana Referencias 2. Traballaremos coas opcións de Citas y bibliografía

2. ELIXIMOS ESTILO. Temos que elixir elix o estilo que imos a empregar para realizar as referencias bibliográficas, neste exemplo empregaremos APA Sixth Edition,, pero podería ser calquera outro. Referencias > Estilo > APA Sixth Edition

1


3. AGREGAR NOVA FONTE. Agregamos unha cita e unha fonte de información ao documento. Poñemos o cursor no lugar do texto onde queremos incluír a cita. No exemplo que incluímos engadiremos a cita ao final da frase. Las relaciones de trabajo en colaboración entre los miembros de la organización constituye un rasgo básico de una cultura para la mejora CURSOR

MENÚ: Insertar Cita > Agregar nueva fuente

Ao pinchar en Agregar nueva fuente abrirase unha ficha onde cubriremos os datos.

Seleccionamos o tipo de fonte que corresponda: libro, artigo, sitios web…. Neste caso LIBRO.

Para agregar máis datos sobre a fonte de información activa esta casilla e amplíase o formulario.

Ao pinchar en Aceptar directamente incorpora a cita no estilo elixido.

Despois de cubrir este formulario, estamos creando xa a fonte de información que quedará almacenada no Word e consultable dende “Administrar fuentes”.

Las relaciones de trabajo en colaboración entre los miembros de la organización constituye un rasgo básico de una cultura para la mejora (HOPKINS, 2001) .

2


B. BUSCAR UNHA FONTE DE INFORMACIÓN

Nun determinado momento, poderías necesitar unha fonte de información (referencia dun artigo, libro, capítulo, etc.) citada noutro documento ou neste mesmo para engadir noutra parte do texto. Neste caso debes ir ao comando “Administrar Fuentes”.

LISTA GENERAL: aparecen todas as fontes de información empregadas neste documento e en anteriores realizados.

LISTA ACTUAL: aparecen todas as fontes citadas empregadas neste documento.

C. COMO INSERTAMOS UNHA CITA DUNHA FONTE EMPREGADA NOUTRO DOCUMENTO Este sería o caso de estar a elaborar un texto no cal queremos incluír unha cita que xa empregamos en documentos anteriores, sempre e cando se fixera dende Agregar nueva fuente. NOTA: todas as fontes de información que vaiamos introducindo nos distintos documentos elaborados en Word empregando este método, irán almacenándose no programa de tal xeito que os poderemos recuperar para introducilos en sucesivas ocasións. Situamos o cursor onde queremos engadir a nova cita, neste caso, ao final do párrafo.

[…] O lo que es lo mismo, dar pasos para desarrollar la interrelación e interconexión entre miembros, la coordinación, la interdependencia, las dinámicas de discusión y reflexión crítica sobre la práctica, el desarrollo de proyectos conjuntos como eje sobre el que articular el trabajo y el aprendizaje de aquellos que integran la organización (insertar cita)

MENÚ: Referencias > Administrar fuentes 3


Ao pinchar “Administrar de fuentes” vemos que en Lista general aparecen dúas fontes, unha xa empregada no documento actual e outro incluída noutro documento elaborado anteriormente.

Para introducir a cita da Lista general ao documento actual, eliximos a que corresponda e pinchamos en Copiar, deste xeito, a fonte pasa a Lista actual para poder ser empregada dende Insertar cita.

4


Como vemos na pantalla, ao situarnos en Insertar cita aparécenos a nova fonte (FULLAN, M. Change forces. Te Sequel, (1999)) para poder insertar. MENÚ: Referencias > Insertar cita

Preme directamente sobre a fonte e insertarase a cita no texto.

[…] O lo que es lo mismo, dar pasos para desarrollar la interrelación e interconexión entre miembros, la coordinación, la interdependencia, las dinámicas de discusión y reflexión crítica sobre la práctica, el desarrollo de proyectos conjuntos como eje sobre el que articular el trabajo y el aprendizaje de aquellos que integran la organización (FULLAN, 1999)

Pinchando na cita aparecenos un menú onde podemos editar a cita ou a fonte, pero sobre todo é importante a opción Actualizar citas y bibliografía, pincha nela para actualizar a Bibliografía coa nova fonte incluída.

5


D. CREAR UNHA BIBLIOGRAFÍA

Despois de engadir as citas no documento, imos a páxina onde queremos incluír a bibliografía, por exemplo ao final do documento, tamén podería ser ao final dun capítulo. Pinchamos en Bibliografía e escollemos a primeira opción.

Pincha nesta opción e directamente incluirase un contido como o que vemos a continuación.

Bibliografía FULLAN, M. (1999). Change forces. Te Sequel. London: The Falmer Press. HOPKINS, D. (2001). School Improvement for Real. London: Falmer.

Cando teñamos creada a Bibliografía, se queremos incluír algunha outra cita no texto podemos actualizar a mesma dende o menú da propia cita, como se indica a continuación:

Pinchando na cita aparece un menú onde podemos editar a cita ou a fonte, pero ademáis para incluir a cita na bibliografía debemos darle a Actualizar citas y bibliografía.

Bibliografía FULLAN, M. (1999). Change forces. Te Sequel. London: The Falmer Press. HOPKINS, D. (2001). School Improvement for Real. London: Falmer.

6

Profile for Biblioteca da Facultade de Matemáticas USC

Como insertar referencias bibliograficas desde word  

Como insertar referencias bibliograficas desde word  

Profile for buscmat