O encontro da preposición a co artigo masculino o(s) resólvese graficamente como ao(s) ou ó(s). A pronuncia correcta, sexa cal for a súa representación, é [O], que é a única que se rexistra en practicamente todo o dominio lingüístico galego. Para a concorrencia da preposición por cos artigos determinados, vide 14.1.1. Con máis a resólvese na fala en coa ou en ca. Establécese como normativa coa e non ca porque, estando as dúas formas vivas na fala de hoxe con vitalidade semellante e alternando nun mesmo lugar e aínda nun mesmo falante, a forma plena coa debe ser favorecida sobre a forma reducida e innovadora ca. Desta maneira mantéñense tamén diferentes a contracción de con + a e a conxunción comparativa ca. A adopción da preposición para como forma estándar (vide 19, nota) impide a súa contracción gráfica co artigo. En caso de necesitar usar a forma reducida pra, esta contrae co artigo en pró, prá, prós, prás: cantan os galos pró día.
Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas preposicións: veño da Coruña, estou na Pobra do Caramiñal, vou ao/ó Carballiño.
ca (conxunción) e cá (ca + a), cás. Así, debemos escribir dálle co meu, pero é máis grande có meu; é máis vello ca min, pero é máis vello cá miña etc.
Cando a conxunción vai seguida da preposición a nunca se representa a contracción na lingua escrita, aínda que de feito se realice na fala: quéreme máis a min ca a ti. Consecuentemente, tampouco se representa a contracción cando a preposición vai contraída co artigo: quérolle ao meu fillo máis ca ao de ninguén, caeulle máis auga á nosa ca á deles. Cómpre sinalar que se está facendo referencia só ás contraccións da conxunción comparativa ca, non ás de que, que non se representan nunca na lingua escrita, nin cando ten valor comparativo nin con calquera outro: sábeme mellor a laranxa que o limón, deilles aos meus nenos máis que aos de Felisa, díxome que o teu é peor, é máis novo do que o meu.
14.2. O ARTIGO INDETERMINADO 14.2.1. FORMAS O artigo indeterminado presenta as seguintes formas:
Mais non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo: antes de os galos cantaren. 14.1.2.2. ENCONTRO DO ARTIGO COA CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado represéntase ca o(s), ca a(s) ou có(s), cá(s) (é máis ruín ca o / có demo, Betanzos é máis pequeno ca A / cá Coruña), aínda que a pronuncia xeral é [kO], [ka:].
MASCULINO
FEMININO
SINGULAR
un
unha
PLURAL
uns
unhas
De adoptárense as formas contractas, escríbense con acento para marcar a diferenza de articulación entre co (con + o) e có (ca + o), cos e cós,
86
87