VI concurso de poesía e relato curto SENTIR EN GALEGO

Page 1

(Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.P.I. Plurilingüe Antonio Orza Couto - Boqueixón)

BASES DO CONCURSO:

Poderán participar @s alumn@s do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto, segundo as seguintes categorías: CATEGORÍA INFANTIL: Participación grupal coa supervisión das súas titoras. Agasallo de participación: material escolar para a aula de Infantil. CATEGORÍA A (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Participación individual. Cada alumn@ poderá presentar un poema (mínimo 4 versos / máximo 12 versos) ou un relato curto (mínimo 5 liñas / máximo 20). CATEGORÍA B (3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Participación individual. Cada alumn@ poderá presentar un poema (mínimo 6 versos / máximo 18 versos) ou un relato curto (mínimo 8 liñas / máximo 25). CATEGORÍA C (5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Participación individual. Cada alumn@ poderá presentar un poema (mínimo 8 versos / máximo 20 versos) ou un relato curto (mínimo 10 liñas / máximo 30). CATEGORÍA D (1º E 2º DE E.S.O.) Participación individual. Cada alumn@ poderá presentar un poema (mínimo 12 versos / máximo 32 versos) ou un relato curto (mínimo 20 liñas / máximo 40). CATEGORÍA E (3º E 4º DE E.S.O.) Participación individual. Cada alumn@ poderá presentar un poema (mínimo 16 versos / máximo 40 versos) ou un relato curto (mínimo 30 liñas / máximo 60).

TEMÁTICA: Para todas as categorías, a temática é libre. FORMATO: O idioma empregado debe ser o galego. O nome completo e o curso d@ participante deberán figurar no reverso do traballo presentado. Os traballos poderán ser realizados a man ou a ordenador (folio en posición vertical). Non se admitirán textos escritos a lapis. Poden incluir imaxes. Cada poema ou relato debe ter “título”. Valorarase a orixinalidade e a boa presentación. O xurado poderá declarar deserto algún dos premios se considera que non teñen unha mínima calidade. PRAZO DE PRESENTACIÓN: A data límite de presentación é o venres 4 de abril de 2014. @s alumn@s entregarán os traballos ós/ás titores/-as; unha vez rematado o prazo de presentación, @s titores/-as entregarán o material recollido a Marisa (Educ. Primaria) ou Eva (Educ. Secundaria) que farán chegar os poemas e os relatos curtos presentados a concurso ao xurado encargado de valorar ditos traballos. PREMIOS: A entrega de premios terá lugar na Semana Cultural do CPI. Haberá dous premios por categoría (Categorías A, B, C, D e E): 1º premio: Tarxeta regalo por valor de 30 € e diploma de participación. 2º premio: Tarxeta regalo por valor de 15 € e diploma de participación. EXPOSICIÓN: Os traballos premiados serán publicados no blog do EDLG.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.