Os avós

Page 1

OS AVÓS

Relatos creados por alumnado de 5º de Educación Primaria (C.P.I. Plurilingüe Antonio Orza Couto, Boqueixón) Curso 2013/2014



O AVÓ CARPINTEIRO Érase unha vez un rapaz que todas as fins de semana ía á casa dos seus avós. O avó levábao sempre con el cando ía facer algún traballo ao campo. O que máis lle gustaba ao neno era cando ía co tractor, porque o seu avó collíao no colo e sentábao no seu regazo e deixáballe levar o volante do tractor. Ao neno parecíalle que xa era moi maior e que xa facía cousas importantes. O avó cando era novo traballaba de carpinteiro, facendo mobles de cociña, bancos para sentarse, mesas, etc. Agora que está xubilado montou na súa casa un pequeno banco de carpinteiro. Alí repara calquera cousa que lle rompe tanto a el coma a avoa. Ten un taboleiro con toda clase de ferramentas, dende a máis pequena ata a máis grande. O neno cada vez que pasa por diante del párase a miralo e pregúntase para que servirá cada unha destas pezas. Moitas son as veces que lle leva preguntado ao seu avó, e este sempre llo explicaba, e dicíalle: -Xa probarás cando sexas un pouquiño máis grande. E o neno non tiña máis remedio que esperar, aínda que algunha vez marchase enfurruñado. O tempo pasaba, chegou o verán por fin non había colexio e o neno foi pasar as vacacións cos seus avós. A avoa facíalle as súas comidas preferidas e non o facía madrugar. Neste tempo foi cando ocorreu o que o neno estaba agardando. A avoa foi buscar os ovos ao galiñeiro coa mala sorte que tirando pola porta esta rompeuse. Non resistiu o paso do duro inverno. Desesperada chamando polo avó para que amañase iso. Entón foi cando o avó decidiu que había que facer unha nova. O avó chamou polo neno e díxolle: - Vasme axudar a facer a porta para o galiñeiro. Buscaron as táboas, logo un pouco de alambre e sacaron do taboleiro as ferramentas que precisaban. Primeiro foi o cepillo de lixar, alí lle explicou como había que facer, facendo primeiro o avó e logo desexando que seguira o neno. Despois a trencha para encaixar as táboas. Logo collendo as puntas e o martelo, isto era o que máis lle gustaba ao neno, e así amarráronlle o alambre, aínda que antes o martelo foi a algún dedo, pero como dicía o avó: -Sarna con gusto non pica. E así pasaron dous días traballando en equipo o avó máis o neno. Cando por fin a colocaron no galiñeiro e o neno viu o ben que lle quedou sentiu algo que nunca sentira, unha satisfacción enorme. E desde entón o avó xa lle deixaba coller as ferramentas cando el quixera para facer algunha cacharradiña que el quixera. E así o verán este foi o mellor que tivo o rapaz co seu avó.


O MEU AVÓ E O SEU TRABALLO Ao meu avó gústalle moito estar ao quente. Para iso necesita facer lume coa leña; el cando era máis novo saía da casa para ir buscar leña para non estar frío porque no inverno é cando vai frío, chove, enfermamos e non podemos saír da casa. Cando chega o verán, limpa a piscina e cámbialle a auga para que despois os seus netos poidan bañarse e disfrutar da auga cando vai calor, porque a el gústalle moito ver disfrutar aos seus netos xogando entre eles. Tamén lle gusta moito traballar, xogar ás cartas cos seus compañeiros e incluso saír fóra a xogar co seu can, darlle de comer e divertirse con el. En verán para facer exercicio vai pasear ca súa muller e cos seus compañeiros, porque para el facer exercicio é moi san. Case todos os domingos lle vai a familia a comer á súa casa. Cando está de cumpreanos gústalle moito recibir os regalos que lle dan, porque se non o felicitan no seu cumpreanos ponse moi furioso, pero como o felicitan todos e se acordan del no día do seu cumpreanos ponse moi contento. Tamén lle gusta viaxar e coñecer a novos compañeiros para divertirse con eles e xogar ao que lle gusta, e tamén para entreterse con eles. O meu avó cando está de bo humor faiche rir moito e divírteste un montón con el. Tamén xoga cos seus netos para que se entreteñan e non se enfaden, porque a el o que máis lle gusta de todo é ver disfrutar ás persoas para que sexan felices, porque para el se as persoas están felices, el tamén o está. A min gústame moito o que fai o meu avó, porque se coida moito. Ao meu avó non lle gusta moito ir mercar roupa aínda que llo diga mil veces a súa muller, el prefire traballar fóra: cortar a herba, podar, plantar sementes e darlle de comer aos animais, porque el aos animais trátaos como se fosen persoas, e como estea traballando fóra e o vaia molestar alguén non che lle gusta nada, porque despois fáiselle de noite e non dá acabao xamais. Na escola sacaba moi boas notas e era bo traballador como o sigue sendo. Todos lle din que non para,ata os seus netos!


Vai tamén de vez en cando visitar ao avó do meu amigo Manuel comigo para que eles falen e nós xoguemos un bo rato mentres eles falan da súa vida, cando o vai visitar a min gústame moito porque eu tamén vou visitar ao meu compañeiro. Un día foi pasear comigo e viu a un compañeiro que non o vía desde xa fai moitísimos anos chamado Esteban, ao principio o meu avó non o coñecía pero como xa se foi acercando máis e recordando máis cousas do pasado, acordouse que Esteban fora seu mellor amigo desde que traballaban xuntos, falaron un bo rato e eu íame aburrindo. Cando chegamos á casa a miña avoa enfadouse un pouco porque pensou que nos pasara algo. E así é a vida de meu avó. -FIN-


OS AVÓS DE BOQUEIXÓN Vou contar a vida sobre os pais de meu pai, que son os meus avós de Boqueixón. A miña avoa que se chama Domitila naceu o 13 de abril de 1936, foi a maior de cinco irmáns. De pequena traballaba na casa, coidando as vacas e indo ás leiras cos seus pais e irmáns. Cando tiña sete anos, xa ía soa ao monte coas vacas. Ía ao colexio cando podía e só pola mañá, polas tardes tiña que axudarlle aos seus pais coas tarefas da agricultura. Cando había feira, levantábase moi cedo porque tiña que ir coa súa nai: levaban na cabeza unha cesta chea de froitas, verduras, patacas... que despois vendían na feira. Tiñan que ir andando porque non había coches nin autobuses, atravesaban regatos e camiños cargadas coas cestas e non lles caía nada. O meu avó chámase Luis e naceu o 26 de agosto de 1933 en Codeso. Tiña dez irmáns. Cando era pequeno ía pola mañá e pola tarde á escola porque tiñan un mestre que lles facía ir todo o día porque dicía que os nenos tiñan que ir á escola para aprender moitas cousas e non podían traballar ata que foran maiores. Despois da escola, xogaba cos seus irmáns e axudaba na tenda que tiñan na casa, onde vendían de todo: alimentos, ferramentas, roupa... Os meus avós coñecéronse cando a avoa tiña 16 anos e o avó 19 nunha festa da parroquia de Boqueixón. Fixéronse mozos e, como non había discoteca nin coches, o avó viña nunha bicicleta toda estartelada ata a casa da avoa para poder falar con ela e botar uns contos. Antes facíase así e chamábase “mocear”. Botaron de mozos sete anos ata que o 21 de outubro de 1959 celebraron a súa voda na igrexa de Boqueixón. Daquela os casados tiñan que buscar a súa propia vida, só o fillo maior quedaba na casa dos pais. Entón os meus avós fixeron unha casa en Boqueixón, nunha leira que lles deron os pais da miña avoa. Non a fixeron toda dunha vez, senón que foron pouco a pouco, axudados polos seus irmáns e familiares. Tiveron nove fillos e un deles, o terceiro, é o meu pai. Ata lle deron un premio por ter tantos fillos en tan pouco tempo, porque case todos os irmáns se levan un ano ou ano e pouco. A pesar de ser tantos e levar unha vida escasa de cartos, tanto meu pai coma os irmáns estudaron todos, a maioría fixeron FP.


Nun principio viviron dunha taberna que puxeron na planta baixa da casa. Cando había festas de noite polo verán, os meus avós montaban un “carro” e vendían bebidas, bocadillos, churros... que levaban nunha especie de camioneta que lle chamaban “a carroceta”. Despois, deixaron a taberna e dedicáronse á agricultura e gandería: fixeron un establo ao lado da casa onde tiñan moitas porcas de cría e tamén vacas. O meu avó comprou unha furgoneta para levar os ranchiños e cuxos ás feiras; ás veces o meu pai ía con el. Tiñan que se levantar moi cedo porque as feiras eran lonxe e había que vender o gando cedo porque despois non lle pagaban moito por el. Hai cinco anos fixeron unha festa moi grande para celebrar as “vodas de ouro”, que son cando se levan 50 anos de casados. Agora están xubilados e viven os dous sós na casa de Boqueixón. Nós e mailos outros primos imos velos todas as semanas, os domingos comemos con eles. Na primavera van de viaxe con outros xubilados, estiveron en Portugal, Benidorm, Málaga, Murcia, Alacante, Canarias... Hai anos que van a Palma de Mallorca, no verán, porque alí vive un dos seus fillos, que é o meu padriño David. No inverno, para pasar o tempo, van pasear, a avoa vai ao ximnasio dúas veces á semana e todas as noites xogan ao dominó e bailan xuntos porque lles gusta moito bailar e practican para ir ás festas do verán.



O AVÓ MECANICO O avó mecánico fixo un coche para ir ao rali co seu neto Xulián. Ao coche púxolle un alerón, catro tapacubos, un tubo de escape que soldou, un motor, luces, espellos e o coche tuneado. Despois chamou ao seu neto para que viñera velo. Cando chegou, a Xulián gustoulle moito o coche e díxolle ao avó para quen era e o avó contestoulle que era para ir a Madrid e gañar o torneo. Xa era de noite, entón o avó decidiu gardar o coche no garaxe, o avó tapouno cunha manta como se fora un bebé. Ao día seguinte o avó foi onda o coche pero non tiña ninguna pintura! Entón chamou ao seu neto Xulián para ver se sabía que lle pasara ao coche pero Xulián non o sabía entón chamaron á policía e a un detective. Cando chegaron o detective colleu a súa lupa e púxose a mirar o chan, a ver si había huellas e o policía púxolle unha cinta policial ao garaxe, despois o avó fixo outra vez o coche e pintouno, sen que secara a pintura tapouno outra vez. Ao día seguinte o coche estaba destrozado outra vez. O avó pensou e pensou pero non sabía que lle pasara ao coche ata que mirou a manta e estaba toda manchada de pintura. Entón chamou ao seu neto e entre os dous quedou como novo, o avó non o tapou porque xa sabía que podía pasar. Chegou o verán e a carreira xa era dentro de dous días, entón empezaron a entrenar, primeiro pilotaron os dous xuntos e despois por separado por se a alguén lle pasaba algo. A Xulián non se lle daba moi ben pero seguro que dentro de dous días o seu avó xa lle aprendía. O martes puxeron o coche nun trailer e marcharon para Madrid; cando chegaron instaláronse nun hotel de catro estrelas e despois de deixar as maletas foron á pista onde ían facer a carreira e puxéronse a correr. Cando saíron da pista subiron ao coche no tráiler e foron para o hotel, despois de cinco horas empezou a carreira, o avó ía en cabeza en segundo lugar, xa van na terceira e na última volta o avó ía de segundo e a meta xa estaba a dez metros pero o avó xa ía de primeiro e chegou á meta. Avó gañador!



O CONTO DOS MEUS AVÓS Cando eu era pequena os meus avós contáronme un conto que me deixou abraiada. Un día pola beira do río ía paseando unha nena da aldea chamada María, ía moi mal vestida e moi mal peiteada. Era unha nena pobre, que vivía alí preto co seu irmán maior, cos seus pais e cos seus avós. María contoulles que unha noite soñou que unha pantasma viña por ela. Espertou de súpeto co medo e foi correndo ata o cuarto dos seus avós. Eles dixéronlle que non se preocupara, que se tiña medo podía durmir todas as noites con eles. Ao día seguinte pola mañá foi correndo á casa da súa amiga Rosalía, unha nena dous anos maior que sempre lle axudaba cos seus problemas. Cando estaba cruzando a ponte para ir, mirou cara abaixo e viu reflectida no río a mesma pantasma que vira nos seus soños. Chegou á casa da súa amiga aínda moi asustada e contoulle todo o que lle acontecera. Rosalía tamén quedou abraiada e tratou de ofrecerlle o seu apoio e tranquilizala. Ese mesmo día pola noite María durmiu outra vez cos seus avós. Ela xa non tiña tanto medo, pero de súpeto a pantasma volveu aparecer. Os avós de María viron a pantasma e quedaron moi impresionados. A avoa pensou que a pantasma que vira non era unha pantasma calquera senón que era a bisavoa de María. A avoa faloulle á pantasma e preguntoulle que quería, ela respondeulle que só quería estar coa súa bisneta. María perdeu o medo e aceptou a petición da súa bisavoa: pasar todo o verán con ela. Pasaron os días e elas divertíanse coma dúas nenas pequenas, xogaron e xogaron pero un día pola mañá a bisavoa de María díxolle que tiña que marchar porque ela non daba soportado o inverno. María, triste, intentou convencela pero nese mesmo momento a bisavoa en forma de pantasma empezou a derreterse. Ela xa non era pobre, xa estaba casada e tiña unha filla. María pensou que estaba viaxando ao futuro e que tiña que gozar da súa filla e do seu home. Ela nunca ía poder esquecer todo o que aconteceu coa súa bisavoa. Ese mesmo día María pensou que tamén estaba soñando e que ela nunca podería ser feliz sen o seu irmán maior, sen o seu pai, sen a súa nai e sen os seus avós e a bisavoa, á que tanto cariño lle colleu. OS MEUS AVÓS SON OS QUE ME COIDARON E QUÉROLLES DAR AS GRAZAS POR QUERERME TANTO E POR CONTARME ESTE CONTO QUE TANTO ME GUSTOU.



O MEU AVÓ MARIANO Aínda que non cheguei a coñecer ao meu avó Mariano, sei moitas cousas da súa vida que me contaron. El era un home moi bo, traballador, cariñoso, con amigos en todas partes e sempre quería ver a casa chea de xente. Cando tiña 16 anos foi traballar a Bilbao, porque aquí non había traballo. Foi repartidor de leite e de froitas. Casou coa miña avoa Concha con 25 anos e tiveron 4 fillos. Con moito esforzo e traballo conseguiron aforrar para poder facer unha casa nova. A el encantáballe ir cos seus fillos á praia e tamén a todas as festas, porque era un home moi bailarín. Despois comezou a traballar de camioneiro nunha fábrica de madeiras, moi preto da casa, e alí botou 18 anos. Finalmente morreu aos 42 anos, dunha enfermidade chamada cáncer. A miña avoa quedou soa, cos seus fillos con só 38 anos. Quédome coa pena de non telo coñecido.



OS MEUS AVÓS Os avós son coma os nosos segundos pais. Eu cando era pequena, antes de empezar o cole quedaba cos meus avós. A miña nai e o meu pai ían traballar e a min coidábanme os meus avós. A avoa dábame de comer e vestíame, e o meu avó xogaba comigo. Cando empecei a escola era a avoa quen me preparaba e me mandaba no autobús. Cantas cousas aprendemos dos nosos avós! Cando eu fun sendo máis grande, deime conta das cousas, de todo o que fan por nós, polos seus fillos e os seus netos. Un día que estaba a contos co meu avó pregunteille: "Avoíño, ti por que tes tantas arrugas?", el díxome que xa ía vello e cada cousa que ía aprendendo lle saía unha arruga, e ao longo da sua vida aprendera moitas cousas por iso tiña tantas. Eu pregunteille se a min me ía pasar o mesmo e díxome que seguramente que si. Que el me ía ensinar moitas cousas. Contoume como eran os tempos cando el era neno. Ían moi pouco á escola. Tiñan que traballar moito para axudar aos seus pais. Ían ao muíño moer fariña para os animais, ao monte co gando… Pero tamén tiñan tempo para xogar pero non tiñan xogos como os de agora, eles xogaban cos trompos, con xoguetes feitos de pau, calquera cousa que lle servía para enredarse. Tamén me contou que para comer facían o pan na casa, cocían unha vez para toda a semana, facían papas de millo, e non tiñan tantas cousas como temos ahora. Ai avoíño!!!!!!!!! Cantas cousas aprendo de ti. Doume conta que hai moitos anos a vida non era coma a de agora. Sinto que eles me queren moito e eu a eles tamén. Por iso intento pasar o maior tempo posible con eles, e cada vez que lle sae unha nova arruga pregúntolle que cousa nova aprendeu.



UN AVÓ CON MOI BO CORAZÓN Un día fun co meu avó dar unha volta polo monte, ver os paxariños nos niños. Iamos camiñando polo monte e vimos un paxaro que estaba picando nunha árbore. Era pequeno e de cor azul. Despois, máis adiante había cinco paxariños nun niño. Máis tarde fomos para casa e polo camiño encontramos un paxaro cunha pata rota. O meu avó arranxoulla e despois levámolo ao monte coa súa familia. Agora, cando vexo animais mancados, levámolos para a casa e o meu avó cúraos. O outro día de noite iamos no coche e vimos un raposo malo. Era moi bravo e mordía. Atámolo a un poste e démoslle de comer. Aos cinco días xa estaba ben e devolvémolo ao sitio onde o encontramos. Viñemos para casa e seguiunos entón decidimos deixalo na leira da casa para que marchara. Pero tiñamos dous cabalos e un can e non quería marchar. Pero pasaron uns días e xa non estaba. Tempo despois dando unha volta o meu avó e mais eu vimos un e non sabiamos se era aquel raposo pero xa nos demos conta que sí porque achegouse á man e non nos mordeu. Por iso quero tanto ao meu avó, porque coida moito aos animais e os animais tamén o queren. Temos un can que se chama Tobi e sempre quixo ao meu avó porque lle deu moito cariño. Sempre o acompaña a todos os sitios. Lávao, dalle de comer, cúrao cando está mal e por iso o can quéreo tanto e nunca o morde. Antes era moi bravo pero meu avó educouno e agora é moi bo. Ao meu avó sempre lle gustaron moito os animais. Hai dous anos que a Tobi pillouno un coche e rompeulle unha pata. O meu avó pensou que morría aquel día. Pero levámolo ao veterinario e todos os días lle faciamos as curas na casa e fixémoslle unha muleta para que puidera camiñar. Pasaron os días e sacámoslle a muleta. Agora camiña ben e pode correr coma antes. Cando o meu avó ve a algún animal abandonado ou que está mancado sempre o recolle e cúrao na casa e despois devólveo. Así pasou un día que atopamos un can só na estrada e estaba ben coidado pero estaba perdido. Un día máis tarde o meu avó soubo de quen era e fomos levalo. A señora da casa onde o levamos alegrouse moito de volver ver ao seu can. O meu avó é así, ten moi bo corazón. Sobre todo cos animais. A min tamén me gustaría ser como o meu avó cando sexa grande porque ten moi bo corazón.



OS MEUS AVÓS Os meus avós viven en lugares distintos. Uns aquí en Galicia, en Rebordaos e outros en Zaragoza, unha das cidades máis grandes de España, aos que chamo "Yayos". Os meus avós de Galicia son por parte do meu pai. Un día celebraron unha gran festa á que acudiron familiares incluso das illas Canarias. Eu estaba moi feliz por ver a tantos tíos, primos e avós xuntos, e non paraba de rir, aínda que seguramente fosen as cóxegas que me facía o meu irmán. O meu avó, o meu tío e o meu pai puxéronse a facer filloas e eu mirábaos continuamente moi, moi de cerca e o meu avó estaba todo o rato facéndome a mesma advertencia: -Se xogas co lume pódeste queimar. E eu, como aínda era novo, ignoreino e acerqueime demasiado. Se non fose polo meu avó tería a man chamuscada como o fideua que fai o meu pai. Dende aquel día respeto ó meu avó máis do normal, e sempre lle fago caso porque se non xa sei o que podería pasar, pero algunha vez ignoro o perigo e fago as cousas de todos modos so que agorto tempo. Por outro lado os meus outros avós cando me levaron de vacacións a Zaragoza como facemos todos os veráns dábanme outro tipo de consellos. Na viaxe para non aburrirme púxenme a xogar á consola durante moito, moito tempo. Fixemos un descanso para comer e eu seguía xogando e cando me preguntaban de que quería o bocadillo nin me inmutaba, e a miña a avoa chegou a un punto en que me dixo: -Non abuses do que tes. Eu fíxenlle caso e grazas a iso, cando pasamos por diante dun castelo saqueille fotos coa miña videoconsola porque tiña batería. Se non lle fixese caso á miña avoa, non tería batería e non lle podería sacar fotos ao castelo. Tiven moitos acontecementos cos meus avós e grazas a eles deime conta de que os avós quérennos moito e saben máis cousas das que nós cremos.



A MIÑA AVOA E OS SEUS IRMÁNS Aínda que me custe crelo a miña avoa foi unha nena pequena. Hai moitos anos, un día con moitas nubes, cando ela tiña dez, ergueuse pola mañá e almorzou, puxo a roupa, lavou a cara e marchou para a escola cos seus irmáns e veciños. Cando ían polo camiño empezou a chover e como non tiñan paraugas puxeron un pano na cabeza e botaron a correr. Ao chegar á escola estaban mollados e a profesora preguntoulles por que estaban tan mollados e contáronlle o que lles sucedera. A profesora berroulles por estar así. Cando chegou a hora do recreo quedaron na clase castigados, estudando a táboa de multiplicar. Máis tarde os alumnos tiveron que dicir a táboa cantando e quen non a soubera levaba unha labazada. Ese día, todos tiveron sorte porque souberon todo. Cando marcharon para casa volveu chover e volvéronse mollar. Cando chegaron, a súa nai díxolles que sacaran a roupa e a puxeran diante da lareira para secar. Mentres, puxeron unhas mantas por riba porque a outra roupa que tiñan era a de ir a misa. Cando secou a roupa, a miña avoa Virtudes e un irmán foron ao monte coas vacas porque lles mandara a súa nai e aos outros irmáns mandounos ir buscar mulime. Mentres que a miña avoa e o seu irmán estaban no monte encontraron a uns amigos e puxéronse a xogar a contar segredos. Mentres que xogaban escapóuselles unha vaca e estivérona buscando porque tiñan medo de que lles berraran, pero non a encontraron. Marcharon para a casa todos preocupados pero máis tarde apareceu a vaca soa na casa e súa nai non se decatou do que pasara. Despois dun día tan duro cearon caldo de galiña e foron durmir todos na mesma habitación e riron moito recordando as aventuras que pasaran xuntos. Como tiñan que descansar, porque ao día seguinte tiñan que camiñar moitos kilómetros para ir á escola, pronto durmiron. Ao día seguinte fixo moito sol e estaban moi contentos porque ían xogar na escola cos seus amigos pero ao final tiveron que ir estender o mulime que colleran os seus irmáns o día anterior. Despois tiveron que ir ao monte coas vacas pero esta vez colleron unha corda e un ferro groso e cravárono no chan. A corda atárona aos cornos da vaca e ao ferro para que non escapara. Así puideron xogar ao que quixeron. A miña avoa cando era pequena pasouno moi ben, a pesar de ter poucos xoguetes, pouca roupa e pouco tempo para ir á escola a aprender.


MEMORIAS DUN AVÓ Era una noite fría,una noite que nunca ía esquecer. O meu avó dixérame o día anterior: - Netiño, mañá contareiche o que me pasou a min na miña infancia e prepárate porque é una historia moi dura que ninguén querería escoitar - díxome o avó -. Eu asentín coa cabeza queréndolle dicir que si, que a quería escoitar. Eu sempre fun un neno moi atrevido que quería saber de todo. Cando todos marcharon para a cama eu decidín quedar co meu avó para que me contara a historia da súa infancia. Senteime enfronte del e el empezou a contar. Díxome que el estivera cuns piratas e que loitara no exército. Nese momento eu quedei aparvado e díxenlle: -Pero avó, ti que dis? Como ías estar con piratas se non existen? -Por favor, cala, que isto éme moi difícil de contar, e sobre todo a ti. Esta historia non lla contei a ninguén, nin sequera ao teu pai. Así que as preguntas para o final - díxome o meu avó-. −Naqueles tempos non había normas coma agora. Cada un facía o que quería. Daquela tiña 11 anos, case coma ti agora. Un día cadanseu estaba durmindo. Uns descoñecidos entraron na casa, non sei como. Mataron a miña nai sen piedade ningunha e a min colléronme e leváronme con eles. Ao día seguinte cando me despertei estaba nun barco colgado na punta máis alta da vela. Cando me baixaron díxenlles: - Que fago aquí? Onde está a miña nai? - Tranquilo neno, no che imos a facer nada - díxome un home con carapucha-. - Iso non me importa, quero saber onde está a miña nai - dixen chorando -. Pasaron uns segundos ata que... me din conta de que esas persoas eran piratas. Pero claro, logo pensei si eran piratas xa me terían matado. A miña cabeza dicíame que si, que eran piratas, pero o meu corazón dicíame que non eran piratas. Nese momento tiña moitas cousas na cabeza. Onde estaba a miña nai, quen era esa xente e onde estaría o meu pai que non o chegara a coñecer. Eu sempre lle preguntaba a miña nai como era o meu pai e onde estaba. Eu tiña unhas ganas tremendas por coñecer ao meu pai pero a miña nai tampouco sabía onde estaba. De repente oíuse un grito na proa do barco: -Terra á vista,terra á vista!!


O home con carapucha sóltame e lévame collido pola man ata unha barca por onde iamos saír do barco para ir á aldea que estaba preto do porto. Ao chegar alí, vexo un cartel que pon “reclutas para o exército de Afganistán”. Entramos no cuartel e o home con carapucha deixoume tirado na alfombra , e díxome : - Entra neste cuartel e cando acabes a “Mili” estarás preparado para saber quen é a túa nai. Alí adestáronme duramente e cando acabei xa tiña 18 anos. Cando cumprín os dezanove chamáronme para ir á guerra. Alí era matar ou morrer, foi unha guerra incansable eu de sorte non morrín disparáronme dúas veces e case morro. Nós eramos 100 e eles 120. Dos nosos só quedamos eu e o coronel e deles morreron todos. A partir dese día deixei de ser un neno mimado para converterme no soldado máis temido do mundo. Ese día dei grazas a eses piratas ou o que foran, eles borráronme da cabeza a idea da miña nai para recordar outras ideas máis interesantes.


OS DETECTIVES Érase unha vez nunha mañá meu avó e miña avoa foran a clases de detectives moitas veces para investigar onde estaban os ratos da casa pero ao dar un paseo os meus avós nunha noite estrelada ao ir camiñar por un bosque chamado o bosque de Slenderman e encontraron unha máquina, pois resulta que ao lado había un vello. O vello díxolles que unha máquina que fabricara metera un neno dentro e fallou e non lle dou tempo a ver o monstro que creou pois que só sabía que con el levaba notas, mentres os meus avós encontraron unha nota que poñía:

Ao día seguinte foron dar un paseo e ao sacarlle unha foto á súa neta apareceu algo

e como dixera na nota non tiña ollos; eu o seu neto que ía con eles tamén, entroume o medo e marchei para casa e na porta había outra nota cría que significaba que érame mellor non

entrar e ir onde os meus avós, pero non estaban. Mentres, os meus avos: -Mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm como cres que solucionaremos isto, Manuel. -A miña conclusión, Gloria, é que debemos encontrar tódalas notas. -Que boa conclusión, Manuel.


A miña irmá fixo un retrato del

e non lle saleu nada mal porcerto e mentres eu camiñando pola vila apañei varias notas non sabía que

facer con elas pero vin a miña avoa e a miña avoa dixo: -Creo que xa collimos todas as notas, agora creo que como case todas as notas teñen debuxos de árbores haberá que ir ao bosque a poñelas. Pero presenciamos algo que nos quitou da cabeza que o home raro era malo; o fillo do home raro díxolle ao seu pai: -Mira, papá, te dibujé. E entón seu pai díxolle: –Oh, está muy bonito, hijo, déjame ponerlo acá. E entón veu un home e… -Es una nota me la llevaré por si acaso. E entón o pai dixo: -Hey tú devuélveme la nota de mi hijo, tranquilo hijo el hombre malo ya se ha ido, iré a pedírsela. Ou sexa, que deixámoslle as notas aí e fómonos e xa non volveu a molestar mais. Aínda que é unha pena que non saibamos quen é a súa noiva.



OS AVÓS Había unha vez uns avós que vivían en Terra Mítica. O avó chamábase Fernando e a avoa Celia. E como Fernando quería ir a España, Celia tiña moito medo que foran a España e despois non puideran volver, mentres Fernando estaba moi ilusionado por ir a España. Entón chegou o día de partida hacia España. O día mércores 5 de Maio chegaron a España e Celia empezou a estar enferma e Fernando chamou ao seu fillo Pedro que era médico e Pedro en seguida foi para España para ver o que lle ocorría á súa nai. Ao chegar alí Pedro foi ao hotel onde estaban e Celia presentaba os síntomas propias dunha apendicite . Entón Celia foi ao Hospital Clínico Universitario de Santiago onde alí foi operada e estivo ingresada unha semana para poder recuperarse porque ela aínda vomitaba, aínda estaba mareada e ademais non daba estado moito tempo de pé. Pero durante todo ese tempo Fernando estivera sempre ao lado de Celia, para facerlle compañía e así facerlle máis levadeira a súa estancia no hospital. Ao saír do hospital Fernando prometeulle a Celia que nunca volvería a viaxar, pero Celia díxolle que non fora culpa del que a ela que tamén a igual que Fernando lle gustaba viaxar a igual que el. O día seguinte de saír do hospital foron á Catedral porque Celia sempre tivo ese soño de poder ir á Catedral de Santiago, e poder ver a tumba do Apóstolo Santiago e ir darlle un croque ó Santo dos Croques, despois á tarde foron a Lugo a ver a Muralla de Lugo. E á noite foron a unha pulpería e puideron desfrutar do polbo galego á feira, prato que sempre os dous quixeran probar pero non tiveran a oportunidade de poder probalo porque eles non o sabían preparar. O día seguinte marcharon para Terra Mítica e chegaron alí ás once da noite e foron para a casa e despois ó día seguinte Fernando e Celia contáronlle todo aos seus amigos .


UN CONTO INESQUECIBLE Cando os meus avós, América e Xesús, casaron, eran novos. Vivían en Lamas na casa dos pais do meu avó, el tiña sete irmáns. Non había tele pero que ben o pasaban; traballaban no monte, nas leiras e de vez en cando bañábanse no río. Os irmáns do meu avó eran Pepe, Arturo e Manolo. A sogra de miña avoa chamábase Manuela, un bo día de setembro mandoulle a América ir buscar ó monte un pouco mulime. -Hoxe tes que ir ao monte ao Alto do Rubío. - Díxolle Manuela á miña avoa América. -Eu soa non vou. -Entón avisa a Xesús e que vaia contigo, que leve o carro e tamén poden ir Manolo, Pepe e Arturo que vos axuden a apañar e cargar o mulime -díxolle Manuela. Manolo que era o máis pequeno non quería ir, seica facía moita calor. A súa nai abrigounos para ir ao monte. Tiñan uns bois moi fortes que tiraban por un carro do país (de madeira). Os camiños eran de pedra e terra, cando chovía formábase lama, enterrábase o carro e espetábanse os bois. Ese día non chovía, ía moita calor. O meu avó era o que chamaba o carro, Manolo, Pepe, América e Arturo, ían enriba do carro, cando estaban chegando á súa leira, os bois pararon de súpeto no medio da corredoira ,e o meu avó berroulles: -¡Veña andade para diante! Pero os bois non se movían, era como se viran ao lobo. América díxolle a Xesús: -¡Xesús, mira que hai no ruleiro! ¡Unha víbora! O meu avó que non ten medo a nada díxolle: -¡Rápido, dádeme a fouce, e vós quietos enriba do carro! A miña avoa quedou muda e paralizada, tíñalle pánico ás serpes. Manolo dicíalle a Xesús: -¡Apura que está embravecida e vaise meter no medio das pernas dos bois! Mentres meu avó corría detrás da serpe os bois asustados botaron a correr pola corredoira. A roda do carro subiu por enriba dunha pedra grande e o carro dou a volta, alá van América, Pepe, Arturo e Manolo, no medio dos toxos. A avoa mancouse nunha perna, e de súpeto púxose a berrar como si estivera tola. -¡Axudádeme! ¡Axudádeme!


O meu avó botou a correr cara ela e mentres dicíalles: -Tede coidado que me escapou a serpe e agora aínda está máis embravecida. Mentres América non paraba de berrar: -¡Que me pica a serpe! ¡Que me pica a serpe! Manolo xa comezaba a asustarse un pouco con tantos berros de América e cando se xirou para dicirlle que calara veu a serpe ao seu lado: -América, non te movas que tes aí a serpe. Ela quixo coller un pau pero nese momento a serpe picouna no brazo. Meu avó doulle ca fouce. Miña avoa xa se desmaiou non sabía se fora do susto ou do veleno da serpe. Entre os tres trouxérona para a casa no cabalete. Arturo que era o maior, quedou no monte cos bois e co carro, cando conseguiu poñelo en pé pensou que sería ben traer a serpe para a casa. A sogra da avoa chamou a Don Luís que era o médico: -¡Veña de contado que América vai morrer! picouna unha serpe, e aínda segue sen coñecemento. Cando o médico chegou preguntoulle a Xesús : -Pero que foi o que a picou, unha serpe ou unha víbora, ¿Colléstela? Nese momento entra Arturo na eira: -¡Vide aquí que trouxen a serpe ! O médico, cando a veu díxolle: -Non vos fixastes nas cores que ten, é unha víbora. Hai que levar a América ó hospital ¡rápido! No hospital, puxéronlle un tratamento que lle foi moi ben, o médico do hospital díxolle: -Menos mal que trouxestes a víbora para saber que veleno tiña porque se non ata puido morrer. A miña avoa tardou moitos, moitos anos en volver ao monte pero agora presume de que a picou unha serpe, non hai veciño na aldea que non saiba do conto.



OS AVÓS Unha vez os meus avós foron a un zoo a ver animais novos coa familia; fomos en coche ata que por fin chegamos, foron dúas horas en coche horrorosas. Cando chegamos tivemos que esperar moito tempo ata que os meus avós compraron as entradas. Cando chegamos a estar dentro fixemos unha foto todos. Despois entramos na gaiola dos paxaros e á miña avoa pousóuselle un loro na man e empezou a mordela polo pescozo. Despois eu e meu avó fomos a sacar unha foto cun moucho, por suposto tiñamos que levar un guante para que non nos rabuñara a man. A continuación fomos a un sitio onde iamos por un safari nun coche moi grande, meu avó deulle comida aos camelos que nos deran e a min máis a miña irmá mordeunos a man. Seguimos avanzando ata que chegamos a unha gaiola onde había tigres e leóns xuntos. Despois ao seguir avanzando encontrámonos cuns búfalos, eran preciosos. Seguimos por máis gaiolas ata chegar a unha onde había uns animais moi perigosos uns crocodilos, miña prima acercouse moito alá que case cae para dentro, sorte que estaba miña avoa para axudala, levamos un alivio… Por último fomos a un sitio onde había serpes e había un señor que facía cousas moi divertidas con elas e despois probou a collelas meu avó que tamén fixo cousas moi voas ca serpe. E despois marchamos para un parque de atraccións; eu subín con meu avó nunha montaña rusa e case me tira dela co gordo que está. Despois subiron no castelo do terror miña avoa, miña irmá e miña prima pequena de sete anos. Cando abriron as portas para que acabara o dono desa atracción púxose detrás da porta e asustounos e miña prima acabou chorando do medo. Despois eu e miña subimos nunha atracción que era o touro case non se daba aguantado ata que subiu meu avó e mareouno moi ben como se fose un vaqueiro de verdade. A continuación subimos nunha atracción de rapidez que era meterse nunha pelota enorme e ir facéndoa xirar ganoume miña prima por moi pouco. Despois subimos nos coches de choque, nos que subiron meu avó, miña avoa, miña nai e miña irmá e entre todos empezaron a chocar uns con outros e o coche no que ía miña irmá chocaron o meu avó e miña avoa un por cada lado e o coche de miña irmá case sae polos aires. Cando acabou fomos nunha atracción que era montar a cabalo; subiron no cabalo miña irmá que quere ter un cabalo, meu avó e meu pai tiñan que chegar a liña de meta, chegou de primeira miña irmá, de segundo meu pai e de último meu avó. Despois fomos para a casa no coche outras dúas horas. Ese día meus avós foron moi atrevidos cando soen ser moi tranquilos.



OS AVÓS DE XOAN Xoán é un neno alto e moi delgado, co pelo de cor negra e sempre leva unhas luvas nas mans para non ter frío e uns tenis brancos con raias amarelas. Un día de verán, os seus pais tiveron que marchar a unha reunión co xefe da empresa na que traballaban e tiveron que deixar a Xoán cos seus avós que vivían a quince minutos da súa casa. El pensaba que os seus avós eran moi aburridos. Xoán aburríase moito porque esquecéraselle levar a súa consola de videoxogos para xogar a Mario Bros ou Cat Bros, que eran os seus xogos favoritos. El e o avó foron dar un paseo polo monte que había xusto detrás da casa. De paso, pasaron pola casa dun primo que se acababa de mudar alí. Pasaron alí media hora xogando ao fútbol mentres o avó lle dicía a avoa que ían chegar un pouco tarde. Quedaron cinco a dous. Gañou Xoán contra o seu avó e o seu curmán Lucas que era mellor xogador de baloncesto que Xoán. Xoán non era tan bo en baloncesto e perdeu contra seu curmán vintetrés a nove puntos, o que pasaba era que a el non lle gustaba o baloncesto e non xogaba moi ben e perdeu porque seu avó que xa estaba canso non o puido axudar, pero cando el era pequeno fora o mellor xogador de baloncesto de toda a súa clase. Despois foron a unha hamburguesería para cear e o avó comprou unha hamburguesa para el e outra para Xoán, e de sobremesa comprou un xeado . Cando chegaron a casa a avoa deulle un xeado de cucurucho de vainilla e chocolate e a el encantoulle. Cando os seus pais chegaron para recollelo estaba totalmente durmido e esperaron a que despertara e preguntáronlle como o pasara. Xoán respondeu: -Paseino moi ben, quero volver a casa dos avós outro día máis. Foi para a cama e púxose a durmir soñando co día que pasara na casa dos avós. Ese fora o día máis divertido que pasara en toda a súa vida. E agora os seus avós xa non lle parecían aburridos senón que lle parecían estupendos e quería pasar outro día con eles. Agora el pensaba que tiña os mellores avós do mundo.



O MEU GRAN AVÓ Hai moitos, moitos anos, cando os meus avós tiñan a miña idade traballaban moitísimo: levaban as vacas á leira, botaban o esterco, etc. E claro, agora temos moita tecnoloxía, tractores mecánicos, teléfonos e moitas cousas máis, pero antes a xente tiña que facelo todo a man. Entón cando o meu avó cumpriu uns 15 anos e estaba canso de traballar tanto , reuniuse con toda a aldea e dixo: -Temos que tentar facer una máquina que nos facilite o traballo. -Pero como e cando? preguntou José. -Mañá tan pronto cante o galo reunímonos na miña casa e empezamos a elaborar algo. Entón todos os veciños responderon: - De acordo, de acordo, de acordo. Ao seguinte día pola mañá, xa estaban todos reunidos e facendo o plano. Entón, Manolo, que era un dos máis listos, dixo: –Ten que ter rodas, motor e unha pá para cargar as cousas. Todos se puxeron mans a obra; pasaron días e días e días e ao final rematárono. O meu avó probouno e funcionaba de marabilla. Pero claro, só meu avó tiña tractor e os demais veciños tamén querían ter o seu. Xuntáronse de novo e acordaron: - Mañá pola tarde reunímonos na casa do cura para facer unha serie de votos -aportou Lourdes-. Todos os veciños votaron por ir a onde o presidente e amosarlle aquela máquina para que fixeran moitas máis. -Señor presidente, fixemos unha máquina que nos facilita o traballo, pero só temos unha, nós viñamos a preguntarlle si podería dar a orde de que se fixeran moitas máis. -Vale , darei a orde. E así foi, fixéronse moitos máis tractores e así dende aquela a xente non tivo que pasar tanto traballo.



OS AVÓS Érase unha vez un matrimonio formado por Pepe e Ana que vivía nunha casiña pequeniña, nunha aldea chamada Navia. Tiñan dous fillos, un rapaz e unha rapaza, o rapaz chamábase David e ela Laura. Laura e David xa estaban casados, Laura con Álvaro e David con Pilar. Todos os domingos xuntábanse na casa de Pepe e Ana, pero un domingo de Pascua, Laura díxolles que ían ser avós, e como Ana sempre desexou ser avoa pegou un brinco e empezou a organizar todo o que faría ca nena ou neno. Cambiarlle os cueiros, xogar con el/ela, facerlle o almorzo, a comida, a cea… Ao cabo dos meses naceu Carlota, e cando a nai tivo que empezar a traballar tívolle que deixar a nena aos avós. Entón a nai deixaba a Carlota pola mañá e recollíaa á noitiña, e así ata que cumpriu un aniño. Celebrouse unha festa divertidísima con toda a familia, á avoa facíalle moita ilusión e a ela máis. Laura decorou a sala con globos e grilandas, puxeron chuches e unha piñata, e para animar a festa trouxéronlle un pallaso. Despois de soprar as velas abriron todos os regalos. Ao cumprir o ano os seus pais decidiron levala á gardería unhas horas para que se relacionase con outros nenos. Entón ía á gardería polas mañás e recollíaa o avó para que fora comer á casa. E mentres que a nai non viña de traballar, xogaba cos avós e ían dar paseos xuntos. E así transcorreron os anos ata que Carlota empezou ao cole. Despois só ía á casa dos avós cando tiña vacacións. Agora os avós sentíanse moi sós e algún día ían a buscala ao colexio cando estaba enferma. Os avós ían a visitala algúns días á súa casa, e ceaban alí. Un día de verán cando celebraban o sexto aniversario de Carlota, David díxolle que Pilar estaba embarazada de dous meses e o avó felicitouno dándolle unha aperta moi forte. Pepe e Ana quedaran moi contentos porque pensaron que ían quedar con Aarón tal e como fixeran con Carlota, pero Pilar e David xa tiñan falado que os pais de Pilar lle quedaban máis cerca, e que sería mellor que quedara con eles. Cando naceu o neno decidiron chamarlle Aarón, todos estaban moi contentos co neno. Os pais de David como estaban sós decidiron gozar da súa xubilación indo aos balnearios e facendo todas as excursións da terceira idade.



OS MEUS AVÓS Alá polos anos cincuenta, cando naceron os meus avós non contaban coas comodidades que hai hoxe en día. Os meus avós paternos son Carmen e Xoán, que xa morreu hai máis de cincuenta anos, cando só tiña trinta e dous anos, quedando a miña avoa viúva e os seus tres fillos orfos. O máis pequeno era o meu pai que quedou orfo con só nove meses e os seus irmáns con cinco e sete anos. A miña avoa tivo que traballar moito para poder sacar adiante ela soíña aos seus tres fillos. Era costureira e tiña que ir coa súa máquina na cabeza dun lugar a outro percorrendo longos camiños para poder dar de comer aos seus fillos ata que eles medraron e tiveron idade para poñerse a traballar. Agora a miña avoa xa está xubilada e disfruta dos seus tres fillos e catro netos que xa o ten ben merecido. Os meus avós maternos son Xosé e Teresa e eles tamén tiveron que traballar moito. O meu avó emigrou a Francia el só cando só tiña dezasete anos sen coñecer nada nin saber falar francés. Alí traballou durante dez anos. Logo volveu a Galicia e montou a súa propia empresa de construción, pero naqueles tempos non había a maquinaria que hai hoxe en día e tiñan que esforzarse moito e traballar moitas horas á choiva e ó frío. A miña avoa conta que cando era unha nena xa tiña que chamar as vacas para traballar as leiras e perder moitos días de ir á escola . Casou co meu avó cando só tiña vinte anos, tivo dous fillos que son a miña nai e o meu tío, coidou deles e seguiu traballando no campo e coidando dos animais ata o día de hoxe porque a miña avoa aínda non ten a idade de xubilación . Agora tamén ten que coidar da súa nai e da súa sogra que veñen sendo as miñas bisavoas e xa son moi maiores. Os nosos avós merecen o mellor.



OS AVÓS Neste conto imos ver a amizade entre dous avós moi novos, un con 60 anos, que ten o cabelo branco e soe levar vaqueiros con zapatos marróns. O outro avó que ten 57 anos e sempre está moi enfadado, pero iso non debe afectar á amizade. Un dos avós chámase Manolo, e o outro Moncho. O fillo de Manolo casou coa filla de Moncho e tiveron unha preciosa filla chamada María. Agora, María xa ten 13 anos, e un día díxolle a Moncho: -Avó, pódesme dar 50 euros para ir a unha festa? Moncho quedou sen responderlle porque nunca lle pedira nada de diñeiro, e entón foillo consultar a Manolo: -Manolo, a túa neta pediume 50 euros -dixo sorprendido. -Pero iso xa non é de estrañar, a min lévame pedindo todo o ano, pero o que non sei é por que. -Eu voullo consultar aos seus pais, e de paso voulle preguntar por que o fai. Así que Moncho díxolle iso a seus pais e respondéronlle que era para unha boa causa, axudar aos enfermos. Moncho quedou moi sorprendido porque María lle dixera que era para ir a unha festa, así que Moncho preguntouse: -A quen estará enganando, a min ou a eles? Moncho foillo dicir a Manolo: -Manolo, a ti para que che dixo que eran os cartos? -A min díxome que eran para a clase de natación, que é a única da clase que non sabe nadar. -Pero, ¿xa foi fai dous anos, non si? -Ai, eu xa non me acordo de nada, a miña cabeza xa case non dá máis. -Cala oh, que aínda es máis novo ca min... Desta discusión, decidiron reunirse con María, e María desvelou todo, ao final, si que era para unha boa causa, ¡para metelos no banco e que non gastasen tanto en trapalladas!



O MUIÑO ESTRAÑO Eu son alto, nin gordo nin fraco e teño o pelo negro e curto. Os meus ollos son castaños e o nariz normal. A boca é pequena. Teño un avó que se chama Xosé. É baixo, gordo e guapo. Ten os ollos azuis, o nariz pequeno e a boca normal. Era un día de primavera, cando me espertou o meu avó na que estaba sendo unha sesta moi agradable: - Levanta que imos á herba- dixo berrando. - Vou- díxenlle eu aínda adurmiñado. El estaba alí cortando a herba mentres que eu estaba xogando a coller bolboretas. Logo o muíño que estaba ao noso carón fixo un ruído estraño e dixen: - Avó, hai algo no muíño- dixen. - Está abandonado, non digas burradas- dixo pensando que era unha broma. Eu deixei de preocuparme e volvino a escoitar outra vez. Fun mirar e vin a un monstro coa pel verde. A súa cara era enorme e cos ollos, co nariz, e ca boca grandísimos. Eu marchei asustado a contarllo ao meu avó pero o monstro tiróuseme enriba : - Avóóóóóó.....!!! Axudaaaaa...!!- berrei. -Non !Neto!- dixo el preocupándose. Entón turrou por min e subiume ao tractor, pero o monstro era moi veloz e atrapou o remolque e seguidamente a parte dianteira e comeunos aos dous. Logo a nosa nai decatouse e fíxolle cóxegas e vomitounos a todos.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.