Comentarios persoais sobre un país adormentado

Page 1

COMENTARIOS PERSOAIS SOBRE UN PAÍS ADORMENTADO

Eu penso que vivo nun país esperto , porque prefiro vivir e soñar a estar durmindo para sempre. Eu loito polas cousas que quero , agora exprésome , intento estar sempre feliz , non perdo o tempo en tonterías e non escondo a miña verdadeira forma de ser. Daniela Domínguez Gómez.

A) Os valores que se tratan son os de ser capaces de enfrontarse a algo ao que os demais temen por medo e tamén se tratan os valores de saber amar e ter valentía. B) Eu pertenzo a un país intermedio, é dicir, que quero espertar pero cóstame un pouco e aínda non estou de todo esperta, pero espero e gustaríame pouco a pouco irme acercando máis ó país esperto e deixar o país adormentado. María Pérez Domínguez

O libro ensinoume que non debemos deixar que nos teñan controlados co medo, que por moito que custe hai que ser valentes e sinceros. Que todos xuntos somos máis fortes e que hai que loitar polo que queres. Aínda que eu siga no país durminte, algún día destes espertarei, só lle teño que pór ganas. Iván Jiménez Franco


No País Adormentado estaban todos a durmir, só había uns cantos que estaban espertos. Os durmidos durmían día e noite, sen importarlles nada, en cambio os espertos vivían a vida e intentaban espertar os demais. Durmían porque lles dixeran que mentres durmían non morrían e eles preferiron non vivir e non morrer ca vivir e morrer. Eu penso que inda estou no país adormentado pero quero espertar, entón penso que xa estou máis preto do país esperto. Uxía Lamas Álvarez Os temas que creo que se mostran no libro de O país adormentado son : valentía, medo, amor, tristeza e felicidade. Agora mesmo creo que estou esperta grazas á profesora, pero algúns creo que me seguen considerando durmida, porque ás veces estou triste ou enfadada. Son moi dura comigo mesma e teño que aprender a perdoarme e non cometer os mesmos erros, e dos erros aprender para que non volvan aparecer na miña vida. Quero ter una vida alegre. Noa Pérez Núñez Eu penso que estiven moito tempo no país adormentado , xa que non me expresaba, era moi vaga e non pensaba moito. Agora xa podo dicir que estou no país esperto, porque cada día anímome a aprender cousas novas e apredín a expresarme mellor, dándome igual o que a xente pense e facendo o que a min me gusta, sen mirar atrás. Perdín moitos dos meus medos, un dos mais grandes era a vergoña que me producía ler textos feitos por min diante de moita xente. Agora síntome a gusto comigo mesma! Noelia Adegas Diz

Este libro ensínanos a loitar por nós, polo noso, a defender o que nos parezca xusto. Aínda que a xente non te escoite sempre vai haber algunhas persoas que te escoitarán e te axudarán. Eu sei que pertenzo ó país esperto porque me sinto ben e doume de conta do que pasa ó noso redor. Adrián Lorenzo Fernández A min gustaríame vivir no país esperto porque querería non ter medo, aínda que ás veces contrólame, pero gustaríame vencer ese medo como fixeron Val e mais Aurora: Intentar que a xente do país adormentado espertase do sono e do medo que os controlaba. Perseguir os soños e facelos realidade, non só soñalos Ánxela Blanco Álvarez


Eu estou no país adormentado pero quérome esforzar por pasar ao esperto, aínda que sei que me vai custar moito, pero con esforzo e ilusión creo que o vou conseguir. Miguel Alves Blanch Eu creo que pertenzo ao país esperto aínda que pareza que ás veces ando a durmir. Son unha persoa con moitísima ilusión por vivir e sempre estou con ganas de saber cousas novas. Algúns días ando a durmir porque non tiven un bo día, como lle pode pasar a calquera, pero sempre trato de estar ó cen por cen para pasalo ben e facer pasalo ben ós demais. Nestes meses, deime conta de que non merece a pena estar de mala cara e con mala gana, xa que con iso non conseguimos nada. A vida é para disfrutala todos, e cada un dos días. Eu non cría en min a comezos deste curso, pero grazas á miña profesora de galego, Marita, deime conta de moitísimas cousas que antes non sabía. Principalmente a naturalidade e sobre todo, a valentía de ser ti. Isabel Alonso Dosantos Eu, a verdade, é que non sei a que país pertenzo, malia que só durmo o que teño que durmir, ás veces vénme a debilidade de estar no país dormido. Isto é debido a que ás veces por non entender a alguén, abúrreste e non lle prestas atención. Gustaríame moito estar no país esperto de forma permanente e encontrar a solución para non volver nunca máis ao durmido, pero ata agora non sei como facelo Pablo Alberdi Vilela


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.