Boletín BNG Ribadavia (Maio 2011)

Page 2

actualidade 2

Xestión do BNG: presente e futuro “O nacionalismo acadou numerosos obxectivos para Ribadavia que melloran a nosa calidade de vida. Estamos dispostos e dispotas a seguir traballando polo futuro de todos e todas” A candidatura do BNG aposta por unha xestión centrada no emprego e o benestar con novas ideas. Nestes momentos difíciles comprometémonos a realizar unha xestión municipal destinada á dinamización económica do noso concello e a creación de emprego. Dar novas respostas aos problemas que conleva a actual crise supón actuar con medidas específicas nos distintos sectores estratéxicos para o noso concello: comercio, in-

dustria, agro, servizos sociais, de cara a fortalecer a nosa economía e ofrecer oportunidades laborais á nosa xente. A mellora do benestar social é un piar das políticas públicas do BNG: infancia, familia, xuventude, muller e maiores son colectivos fundamentais da nosa sociedade, e dirixiremos esforzos a reforzar a intervención preventiva e inclusora para lograr calidade de vida. A ordenación territorial do noso conce-

llo é fundamental para un crecemento ordenado do noso concello que impulse a calidade de vida para os veciños e veciñas de Ribadavia. A aprobación do novo PXOM irá acompañada de novas medidas en materia de mobilidade. Comprometémonos a facer unha xestión sustentábel dos servizos básicos que permita aforrar na súa prestación e continuar na necesaria renovación das infraestruturas básicas do concello.

Anxo Collarte

Edmundo Araújo

Luísa Fidalgo

Emilio Cuíñas

Maite Rodríguez

Miri Alfaro

Paco Alonso

Luísa Escudero

Carlos Álvarez

Diana Rionegro

Cristián Rodríguez

Antía Reboredo

Miguel Arias


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.