Page 1

Bloque Ribadavia

Número 8. Epoca 1ª / Maio 2011

Compromiso con Ribadavia “Comprometémonos contigo para dar ao noso concello o goberno máis útil para a xente coma ti” Anxo Collarte, candidato á alcaldía de Ribadavia

Anxo Collarte, candidato á alcaldía, co seu equipo e candidatura, acompañado polo senador nacionalista Pérez Bouza

Traballo e compromiso. Somos veciños e veciñas teus e estamos comprometidos a traballar para todas as persoas. Así o fixemos na xestión de servizos municipais e no compromiso por un goberno útil para Ribadavia. Total transparencia e diálogo na xestión pública para lograr un concello

de todos e de todas.

ofreza traballo estábel.

Novas empresas e novas oportunidades. O BNG comprométese a traballar pola creación de solo empresarial e na axuda a persoas emprendedoras. Podemos mellorar apostando por unha economía diversa (industria, comercio, turismo, vitivinicultura, benestar social) que

Un concello novo e sostíbel. Cun plan de aforro enerxético e de recuperación das beiras degradadas dos nosos ríos. Aprobación do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para renovar todas as zonas urbanas e canalizar investimentos ao noso concello.“

Edita: BNG Ribadavia

Impreso postal sen enderezo

Somos a alternativa de goberno e as nosas ataduras son coa xente, gobernar en proveito de todos e todas

www.bng-galiza.org ribeiro@bng-galiza.org

Anxo Collarte. Candidato á alcaldía de Ribadavia


actualidade 2

Xestión do BNG: presente e futuro “O nacionalismo acadou numerosos obxectivos para Ribadavia que melloran a nosa calidade de vida. Estamos dispostos e dispotas a seguir traballando polo futuro de todos e todas” A candidatura do BNG aposta por unha xestión centrada no emprego e o benestar con novas ideas. Nestes momentos difíciles comprometémonos a realizar unha xestión municipal destinada á dinamización económica do noso concello e a creación de emprego. Dar novas respostas aos problemas que conleva a actual crise supón actuar con medidas específicas nos distintos sectores estratéxicos para o noso concello: comercio, in-

dustria, agro, servizos sociais, de cara a fortalecer a nosa economía e ofrecer oportunidades laborais á nosa xente. A mellora do benestar social é un piar das políticas públicas do BNG: infancia, familia, xuventude, muller e maiores son colectivos fundamentais da nosa sociedade, e dirixiremos esforzos a reforzar a intervención preventiva e inclusora para lograr calidade de vida. A ordenación territorial do noso conce-

llo é fundamental para un crecemento ordenado do noso concello que impulse a calidade de vida para os veciños e veciñas de Ribadavia. A aprobación do novo PXOM irá acompañada de novas medidas en materia de mobilidade. Comprometémonos a facer unha xestión sustentábel dos servizos básicos que permita aforrar na súa prestación e continuar na necesaria renovación das infraestruturas básicas do concello.

Anxo Collarte

Edmundo Araújo

Luísa Fidalgo

Emilio Cuíñas

Maite Rodríguez

Miri Alfaro

Paco Alonso

Luísa Escudero

Carlos Álvarez

Diana Rionegro

Cristián Rodríguez

Antía Reboredo

Miguel Arias


actualidade

Traballo polo emprego As medidas destinadas á creación de emprego e á reactivación da economía do noso concello son o primeiro obxectivo de traballo para os próximos catro anos A creación de solo industrial, o impulso á rehabilitación de vivendas e de espazos públicos degradados en

Ribadavia foron apoiados decididamente polo BNG na Xunta. En troques, víronse moi minguadas coa

chegada do PP á Xunta. É necesaria unha xestión decidida para reactivar o emprego industrial en Ribadavia.

Parque empresarial de San Cristovo

2006. A Consellaría de Vivenda, dirixida por Teresa Táboas (BNG) inicia a urbanización da segunda fase: 61.500 M2 Abril de 2007. Iníciase a venda de

parcelas da segunda fase, que se completa co 100% do terreo empresarial en maio de 2008. Decembro de 2008. A Consellaría de Vivenda, disposta a desenvolver a

terceira fase do parque empresarial. 2009-2011. 0 metros de terreo empresarial desenvolvido polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Área de rehabilitación do centro histórico de Ribadavia O nacionalismo apostou pola mellora dos espazos urbanos: rúas Banda da Lira, Merelles Caula, Fonte da Prata e Salgado Moscoso. Desde a volta do PP á Xunta rematou este apoio.

Rehabilitación de vivenda As axudas que animaron a recuperación do casco histórico foron reducidas polo PP na Xunta de Galiza de 24.000 a 6.600 euros en rehabilitación e de 30.000 a 8.600 en renovación de vivenda.

3


actualidade

“Construímos benestar social” “O BNG entende a protección do benestar e a loita pola igualdade na sociedade, elementais da acción política” O impulso do BNG desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza tamén tivo os seus efectos positivos en Ribadavia. O Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar asegura os mesmos servizos de calidade no conxunto do territorio, a escola infantil de Ribadavia integrouse na rede de Galescolas. Incrementouse a colaboración cos concellos: Axuda no Fogar, plan concertado, Xantar na Casa, plans de inclusión social e de igualdade entre xéneros…

A Casa da Xuventude é unha realidade en Ribadavia. 300.000 euros obtidos de outras administracións para políticas de xuventude en Ribadavia nos tres últimos anos. Fondos Europeos para voluntariado e proxectos de cooperación. Fondos estatais para rehabilitación da Casa da Xuventude. Fondos da administración galega para a creación do local municipal de ensaio.

Deporte e Benestar. Programa Municipal de Actividades Deportivas. Nova sala de tonificación e equipamento incorporado.

4


actualidade

A cultura chega a tod@s O concello de Ribadavia é un referente cultural. Demostramos que é posíbel facelo con recursos contados e unha gran participación veciñal O BNG realiza unha xestión cultural máis racional na utilización dos recursos de todos e todas, sen perder participación. Eventos como a Mostra Internacional de Teatro, ou as Festas do Portal para o Concello de Ribadavia custan, no seu conxunto, menos que hai 8 anos. Consolidamos estes eventos que hoxe son unha das mellores cartas de presentación de Ribadavia e promovemos a cultura durante todo o ano.

Mostra Internacional de Teatro. Ano 2009, 25 aniversario

Entroido 2011

Consolidamos a mostra e xestionamos a chegada de máis fondos para reducir a aportación municipal. Fondos alleos ao concello captados para a MIT:2002: 50.000 eruros. 2010: 220.000 euros Contivemos o gasto nas festas e investimos máis en cultura formativa, sen reducir a calidade e interese popular das festas.

Festas do Portal 2010

Festas do Portal 2009

5


actualidade

Promoción da formación e o ensino O ensino, o acceso á formación e o coñecemento, son un ámbito especialmente coidado dende a xestión municipal do BNG O BNG comprométese a ter como prioridade o destino de recursos ao mantemento e mellora do Conservatorio e Escola Municipal de Música, formación en musica tradicional e popular, Local municipal de Ensaio, Biblioteca Municipal, Rede CEMIT, Programa de Apertura de Centros fóra de horario escolar e fomento das actividades extraescolares, ludoteca ou os campamentos infantís.

gráficos, audiovisuais e informáticos, a través da captación de fondos externos cun incremento de usuarios e usuarias.

grouse na Rede Galega de Locais de Ensaio Musical.

Programa de actividades extraescolares

Mesa de traballo para a inclusión de Ribadavia na Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Dende a Biblioteca Pública Municipal desenvolveuse un traballo intenso de promoción da lectura e ampliación de fondos biblio-

Financiado integramente pola Vicepresidencia da Xunta, baixo xestión do BNG, Ribadavia inte-

Iniciado en 2008 con 75.000 euros investidos e do que se benefician 200 nenos e nenas cada ano.

Nova sala infantil

Anxo Collarte e o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, con Helena Veiguela, directora xeral de Innovación en febreiro de 2009

6

Promoción das novas tecnoloxías

Centro para a modernización e inclusión tecnolóxica da Casa da Cultura. Despois de dous anos co proceso paralizado pola Xunta, Ribadavia vén de integrarse na rede CEMIT.

Novo local de ensaio na Casa da Cultura

Centro para a modernización e inclusión tecnolóxica da Casa da Cultura


actualidade

Apostamos por un rural vivo O aproveitamento dos nosos montes e a aposta polo sector dos nosos viños son piares fundamentais nos que apoiar o futuro desenvolvemento do noso concello

Xabier Carreira na presentación da Ruta do Viño do Ribeiro

O Plan de Impulso Vitivinícola do Ribeiro, desenvolvido pola Consellaría do Medio Rural entre 20082009 incentivou a reestruturación de viñedos e a presenza de castes nobres e mellorou a accesibilidade aos viñedos co arranxo de 3´5 quilómetros de camiños no noso concello.

desde a Consellaría de Cultura o maior esforzo para crealo. Coa volta do PP ao goberno galego, este proxecto atópase paralizado, non así o BNG que realiza iniciativas pola súa apertura e colabora coas entidades asociativas que tamén o demandan.

Sinalización ás beiras do Avia

O BNG cre nun sector do Viño que tamén sexa motor de desenvolvemento doutras actividades económicas como o turismo, e de promoción externa do noso concello, a través do impulso da Ruta do Viño do Ribeiro e a consolidación da Feira do Viño, en colaboración co sector vitivinícola e os demais concellos do Ribeiro. Feira do Viño. Adaptación á nova realidade dos viños do Ribeiro en colaboración co sector.

Feira do Viño

Creación das rutas cicloturísticas. Novo impulso á ruta do viño do Ribeiro. O Museo Galego do Viño é para o noso concello unha necesidade. Un importante complemento para valores turísticos tan potentes como o casco histórico de Ribadavia ou o balneario de Prexigueiro. Entre 2005 e 2009 o BNG desenvolveu 5


Case o 50% dos candidatos e candidatas son novos e un de cada catro é muller A carreira do BNG cara ás eleccións electorais, Montse Prado asegurou Rexeneración democrática municipais do 22 de maio xa é imque “no BNG imos a por todas e do BNG fronte á vella política parábel nos 315 concellos do país. estamos nun bo momento como dedas outras forzas A formación nacionalista presenta mostra o feito de que estamos a ter En coherencia cos principios do candidaturas en todos os concellos unha grande asistencia aos actos de nacionalismo galego, o BNG aposta galegos. Listaxes que, segundo sapresentación de candidaturas”. Nespola rexeneración democrática e, lienta a secretaria de Organización e te sentido, amosouse convencida de a diferenza do resto de forzas podirectora de campaña, Montse Praque “o BNG é a forza decisiva para líticas, non leva nas súas candidado, “son a alternativa real en Galiza parar o PP nos concellos e somos turas nin a imputados nin a tránsás políticas de dereitas”. a forza que realmente ten políticas fugas. Deste xeito, a secretaria de alternativas ás fracasadas receitas Ademais, estas listaxes combinan a Organización do BNG criticou que da dereita”. Frente a un PP e PSOE experiencia coa renovación nun 47% “tanto PP como PSOE incumpran que defenden e exercen un mesmo do total. Montse Prado tamén explios seus propios pactos sobre transideario (políticas de recortes sociais cou en rolda de prensa que no BNG fuguismo ou sobre a prohibición de e privatizadoras), hai alternativa e ten “imos máis alá do que estabelecen as visitas a obras en período electonome: o BNG. A única forza política normas de paridade das listas, e por ral”. Por iso, concluíu que “esa é que defende, tal e como lembrou diante de PP e PSOE”, de tal xeito que a política que está en crise e que Montse Prado “medidas que reforcen un 25% das listas están encabezadas rexeitan os cidadáns e as cidadás, os servizos públicos e que poñan os por mulleres. Son, pois 315 cane o BNG representa a nova política concellos aos servizo da creación de didaturas democráticas e abertas, da ética e do compromiso fronte á emprego”. froito todas elas, segundo salientou vella política das outras forzas”. a directora de campaña, “dun proceso enormemente participativo, no que se recolleu a vontade dos e das militantes do BNG”. Un proceso democrático, oposto á dedocracia e ás candidaturas de despacho, “que se estende tamén á elaboración dos programas electorais, que son froito do contacto directo coa sociedade”. Canto ás perspectivas Guillerme Vázquez, acompañado dos candidatos e candidatas, na Convención Municipal do BNG

Como contactar co BNG de Ribadavia: R/ Tomás de Lemos, 2-baixo • Telf: 988 470 081 32400 Ribadavia ribeiro@bng-galiza.org Anxo Collarte: collarte@edu.xunta.es • 667416733

Como contactar co BNG Nacional: Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org nacional@bng-galiza.org

Impreso en papel reciclado

O BNG “vai a por todas” nos 315 concellos do país

Boletín BNG Ribadavia (Maio 2011)  

Boletín BNG Ribadavia (Maio 2011), especial elección municipais 2011. Con Anxo Collarte en Ribadavia hai futuro!!

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you