+ - FUGAZ

Page 1

(+/- ) FUGAZ

Paloma García Méndez


1. Xardín Un pequeno xardín al pé da porta. Pequeno, pero non un cualquera: é el da casa dos meus avolos. Desde a cancela aberta vense as grandes letras dibuxadas con flores por riba da terra: tres canteiros de primaveras que compoin el nome da casa. Esa era a súa imaxen entonces, anque houbera tido antes -e tería despois- muitas outras flores. Fragantes rosas color salmón as que ás veces, de nenas, lles comíamos algún pétalo; clavelinas olorosas, claveles turcos, claveles colorados, gladiolos perfectos, delicados hibiscos e incluso úa elegante palmeira. Larga vida al xardín e á súa cuidadora!


2. Alfombra de Corpus Entre os días largos e azacanados del final da primavera, el da víspera del Festón requería, nas casas de Caboiglesia (acordaráse einda alguén de ese topónimo!?), fer tempo pra recoller el ciollo silvestre e a espadana destinados a tapizar el tramo de carretera que lle tocaba a cada quén. Esas plantas fragantes, recién cortadas, traguían consigo –como úa aureola que realzaba a súa efímera presencia- el frescor húmedo e dulce da beira del río que lles vira medrar. A mañá da festa, antes de prepararse pra ir á misa, fíase a alfombra. Primeiro estendíase a espadana por riba del camín, repartindo el mitá dela en cada beira, de riba pra baxo, coa parte máis ancha da folla hacia fóra e a máis aguzada cara adentro, buscando certa simetría. Por enriba da espadana íbanse repartindo as anisadas e vaporosas ramas de ciollo. E, pra rematar, sementábase el verde tapiz con pétalos de rosas antiguas –rosas centifolias, mui perfumadas- daquelas que lucían delante de muitas casas. Úas horas máis tarde, as nenas vestidas de blanco botarían máis flores al pasar na procesión. E, como sempre, as pisadas de tanta xente al volver da misa acabarían machucando a alfombra, convertíndola nun húmedo e colorido collage, pra confirmar así el destino irreversible dun luxo tan fugaz.


3. Castaño e pozo Os dous pasaban por un bon momento. Anque taban confinados nun recantín verde que quedara entre vellos camíos recién asfaltados, tuveron a fortuna de ser postos en valor, como se decía entonces. El pozo fora restaurado por mao sabia e cuidadosa. El castañeiro, despois de saneado e podado, vivía un feliz renacer naquel mes de xullo, cuallada a súa copa de plumosas flores marelas, douradas como luceiros. Daba gloria velos alí al pasar, resistindo tan airosos, un al abrigo del outro.


4. Galieiro A casa del Barreiro fora sacrificada ás obras da autovía. Únicamente quedaban deretos el pequeno galieiro blanco -coel sou ventano e a súa porta pintados dun colorado brillante- e aquel pedacín de parede de pedra que arrancaba dun costado sou e lle daba abeiro a úa fileira de berzas tan altas como el, que non alimentaban xa a ningúa galía. Einda resistían dignamente núa esquina del prado, frente al viaduto que ten conta da nova carretera.


5. Estanque El horta era grande, e anque la rodeaban altas paredes de pedra, a súa parte de baxo podía verse desde el camín, gracias á lixeira pendente del tarrén, orientado cara al río. Cerca da esquina que daba al Noroeste, lucía entre el herba un pequeno estanque cuberto de nenúfares. Un capricho feliz al fondo dun carreiro que atravesaba entre cultivos e frutales. Un remanso de paz xunto al que descansar al cabo dun duro día de labor. E un descubrimento que nos alegraba a vista al pasar.


6. Horto Imposible ver úa sucesión de beiras, valados e suqueiros tan lucida. Sorprendía a cuidada e vizosa flora que acollían, en esmerado desorden: obra de ollos, maos e corazón cómplices dúa naturaleza que lles devolvía agradecida as súas atenciois. Allos, cebolas, lechugas, tomates, pero tamén alelís, marabillas, hortensias… E bambús, figueiras, abellanos… Todo un verxel á porta da casa. Non se podía máis que admiralo al pasar, e preguntarse cónto mellor sería el mundo se houbese nel muitas personas así.


7. Pino solitario Eu chamáballe Derradeiro, porque era el último da súa casta. Medraba casi nel valado, a us pasos da arribada, frente al mar bravío. Tía muitos anos pero pouca altura, por tar exposto a todos os ventos. Así lo atestigaban el sou forte tronco, a súa copa inclinada e as súas ramas retorcidas que, feridas ás veces por as acometidas del Nordés, destilaban largas lágrimas de olorosa resina. Chegado el tempo, Derradeiro sacudía al aire os gromos anaranxados que engalanaban os extremos das súas ramas, como decindo orgulloso: “Mirádeme: sigo aquí. E florezo”.


Índice / Adivía

1. Xardín 2. Alfombra de Corpus 3. Castaño e pozo 4. Galieiro 5. Estanque 6. Horto 7. Pino solitario


Solución

1. Delante da casa de Ron (Pedralba) 2. A alfombra tapizaba el camín desde a iglesia parroquial asta a carretera N-634 (e baxaba tamén por A Carcavada) 3. Xunto á casa de Rosa e Raúl (Pedralba) 4. Xunto á casa que foi de Marcelino e Dolores (nel Barreiro, entre El Cruceiro e el río das Donas) 5. Nel horta de casa de Lombán, xunto al camín de Suaviña 6. Nel entorno da Casa de Herminia e Ángel (A Penela, xunto al río que vén de Casteda) 7. Pino que foi da Casa del Cordo, que resiste (que seña por muitos anos!) na Cabreira, cerca de As Polías.


Lugares de Serantes según los vin nalgún momento. Apuntes, simples trazos que non pretenden máis que servir de apoio pra evocar a vida que pasa.

Hai xa anos, fixen us croquis mínimos, como querendo gravar imáxenes que supoñía fugaces, nun momento nel que (construción da autovía, reconcentración parcelaria, desaparición ou reestructuración de explotaciois agrarias al redor das que se fora configurando el noso entorno...) muitos elementos vivos del noso paisaxe presentíanse máis efímeros que nunca. Por qué escollín precisamente esos recantos? Nalgús delos plasmábase el espíritu creativo de quen los fixera posibles: el xardín, el horto, el estanque, a alfombra de flores. Víanse tamén símbolos de resistencia: el castañeiro al pé del pozo, el galieiro, el pino solitario... Ús e outros tuveron desigual sorte. Aos que desapareceron, alégrome de ter intentado rescatalos, anque fose torpemente, del esqueicemento. E aos que siguen resistindo, vaia el meu pequeno homenaxe, cos mellores deseos pra elos e pra quen los cuida.

©Paloma García Méndez, 2020



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.