Issuu on Google+

¡¡¡FAINO TI MESMO!!! COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA Biblioteca IES Illa de Tambo, Marín, febreiro 2016


1.

ANTES DE EMPEZAR

1.1.

Cando ides buscar un libro á biblioteca, moitas veces só lembrades o título, a miúdo de maneira inexacta. É IMPORTANTE QUE ANOTEDES TAMÉN, polo menos, O NOME DO AUTOR. E que os datos sexan correctos: - se buscamos "El nombre de la rosa", atoparémolo; se buscamos "El apodo de la rosa", probablemente non. - se buscamos "Umberto Eco", atoparémolo; se buscamos "Humberto Hecho", probablemente non. Se non é así, pérdese moito tempo ou teredes que volver noutra ocasión.

1.2.

En realidade, case nunca ides á biblioteca para buscar vós un libro: ides a pedir ao profesor/a encargado que volo atope. Pero, sen axuda de ninguén e nuns poucos minutos, cualquera usuario da biblioteca pode: (a) comprobar se temos o libro (b) comprobar se está emprestado ou dispoñible (c) e localizar o libro nos estantes. Despois, só teredes que pedir ao profesor/a que volo anote, se queredes levalo en préstamo. A continuación, EXPLICÁMOSVOS COMO.


2.

ACCEDER Á PÁXINA WEB DA BIBLIOTECA

2.1.

Na biblioteca hai sempre un ordenador libre para consultas. Se está ocupado, podes pedir ao profesor/a de garda que deixen libre algún outro: as consultas sempre teñen prioridade. Por suposto, tamén podes facer a consulta no ordenador da túa casa ou no móbil.

2.2.

Nos ordenadores da biblioteca, ao abrir o navegador xa aparece como páxina de inicio o blog da biblioteca (BIT Bilioteca Illa de Tambo). Se non é así, ou fas a consulta na casa, abre un navegador, teclea "BIT Illa de Tambo blog" e abre o blog B.I.T. - Bibliotec@ I.E.S Illa de Tambo

2.3.

PREME SOBRE "OS NOSOS FONDOS" E ACCEDERÁS Á WEB DE LA BIBLIOTECA:


2.4.

As buscas realízanse na parte superior esquerda.

2.5.

Pero tamén podes atopar información sobre as novidades, os libros máis emprestados...


3.

BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR

3.1.

Na parte superior esquerda, selecciona Autor.

3.2.

No seguinte recadro, escribe o ou os apelidos do autor e preme a lupa

3.3.

Selecciona o autor que estรกs a buscar e fai click nel:


3.4.

A seguinte páxina indicarache cantas obras do autor temos na biblioteca: neste caso, tres exemplares de El nombre de la rosa, e cadanseu doutras dúas obras.

3.5.

Escolle a obra que buscas e fíxate no Estado: Dispoñible ou Emprestado.

3.6.

COPIA O LOCALIZADOR DE CUALQUERA DOS EXEMPLARES QUE ESTÁN DISPOÑIBLES: É O QUE CHE PERMITIRÁ ATOPAR TI MESMO O LIBRO NOS ESTANTES.

3.7.

Se premes o título (en azul), accederás a información máis detallada sobre cada exemplar: editorial, lugar e data de edición, etc.

3.8.

Se premes a w, abrirás unha páxina web con información sobre o autor ou a obra.


4.

BUSCAR UN LIBRO POLO TÍTULO

4.1.

Na parte superior esquerda, selecciona Título.

4.2.

No seguinte recadro, escribe o título da obra. Ten en conta que debes escribir o título sen o artigo ou a preposición iniciais. Pero, se así non o atopas, proba tamén co artigo, preposición...

4.4.

Preme a lupa.

4.5.

Pulsa na obra que estás a buscar e xa podes continuar coma no punto 3.5.


5.

LOCALIZAR UN LIBRO NOS ESTANTES

5.1.

A INFORMACIÓN FUNDAMENTAL ATÓPASE NO LOCALIZADOR:

5.2.

O localizador aparece tamén nunha etiqueta pegada ao lombo do libro e permitirache atopalo nos estantes:

5.3.

Os números que aparecen ao principio indican a SECCIÓN na que se atopa o libro. Son as siguientes, ordenadas segundo o sistema decimal (1 antes que 2, 3...; 1.1 antes que 1.2, 1.3...; 1.1.1 antes que 1.1.2, 1.1.3...): 0

OBRAS XERAIS

7

(01) (03) (05)

CD. DVD. Vídeos Enciclopedias e dicionarios xerais Anuarios. Directorios. Pubicacións periódicas FILOSOFÍA Historia da filosofía. Didáctica da filosofía Sistemas filosóficos Psicoloxía Moral. Ética RELIXIÓN Biblia

7(09) 73 78

ARTE. MÚSICA. DEPORTES. ESPECTÁCULOS Historia da arte Artes prlásticas Música

79 8

Deportes. Xogos. Espectáculos LINGÜÍSTICA. LITERATURA

80 806 806.9 809 82 82.9 820 820.1 840

37 38 4 5 50 51 512 514 517

Igresia cristiá en xeral Relixións non cristiás CIENCIAS SOCIAIS Economía. Traballo. Empresa. Banca. Moeda. Socioloxía. Política Educación. Ensino Etnoloxía. Folklore PRODUCIÓN PROPIA CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS Divulgación científica. Xeneralidades Matemáticas. Xeneralidades Álxebra Xeometría Análise

Lingüística. Filoloxía Lingua española Lingua galega Outras linguas Estudos sobre literatura universal. Teoría da literatura Cómics Literatura en inglés Lingua e cultura anglosaxonas Literatura en francés

53 54 55

Física Química. Mineraloxía Ciencias da terra

87 87.1 9

57 58 59 6

Bioloxía. Medicina. Saúde Botánica Zooloxía CIENCIAS APLICADAS. Debuxo técnico. Enxeñería. Tecnoloxía. Informática

91 92 93 93.1

Lingua e cultura francesas Literatura en español Literatura xuvenil en español Literatura traducida ao español Estudos sobre literatura en español Literatura en galego Literatura xuvenil en galego Literatura traducida ao galego Estudos sobre literatura galega e portuguesa Literatura grega e latina Lingua e cultura clásicas XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS Xeografía. Viaxes Biografías Historia Historia de España

93.2

Historia de Galicia

1 1(09) 14 15 16 2 22 26 29 3 33

840.2 860 860-J 860.1 860.2 869 869-X 869.1 869.2


5.4.

Na parte superior das paredes tes uns grandes carteis que che permiten identificar as seccións e a súa orde:

5.5.

Nos estantes, as seccións seguen a orde anterior, empezando polas que están máis próximas ás escaleiras e seguindo a dirección das agullas do reloxo:

5.6.

Os CD, DVD e revistas están colocados nos estantes baixos arredor da mesa de préstamo.


5.7.

Ademais, nos estantes, existen uns carteis en forma de frecha que indican onde comeza cada sección.

5.8.

Unha vez localizada a sección, fíxate nas tres letras maiúsculas, que normalmente corresponden ao primeiro APELIDO do autor:

5.9.

Dentro dunha mesma sección, os libros están ordenados alfabeticamente polas tres letras maiúsculas do apelido:


5.10.

Unha vez localizado o autor dentro da sección, fíxate nas tres últimas letras, en minúsculas: corresponden ao comezo do título (sen artigos nin preposicións).

5.11.

As obras dun mesmo autor dentro dunha mesma sección ordénanse alfabeticamente polo título.


6.

LECTURA NA SALA E PRÉSTAMO

6.1.

Unha vez localizado o libro, se só queres lelo na sala, ao rematar non o coloques de novo no estante: déixao no carro que está ao lado da mesa de préstamo.

6.2.

Se queres levalo en préstamo, entrégallo ao profesor/a para que o anote.

6.3.

Lembra que, se coñeces o teu número de carné, todo será más doado e máis rápido.

Lembra que, en calquera momento, PODES CONSULTAR DE NOVO ESTA GUÍA NO BLOG DA BIBLIOTECA: B.I.T. - Bibliotec@ I.E.S Illa de Tambo


Presentación clases galego