Page 1

Club de lectura LARETAS –IES Poeta Añón

Curso 2013-2014 IES Poeta Añón -Outes-

Na actualidade é considerada a rúa máis “cool” e vangardista de Oporto, nun barrio cheo de galerías de arte, tendas de roupa alternativa, mobles de deseño, tapas ecolóxicas e ata un hotel para bonsáis.

A RÚA MIGUEL BOMBARDA O Gallery Hostel, é un albergue de luxo situado no centro da cidade, no barrio das letras e das artes. Ocupa un antiguo edificio de 1906 totalmente restaurado e premiado polas súas instalacións e atención ó cliente.

GALLERY HOSTEL (R/ Miguel Bombarda 222) ESTAREMOS ALOXADOS NO...

4-5 ABRIL 2014

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DÍA 4 ABRIL -VENRES

DÍA 5 ABRIL - SÁBADO

10.15 Saída do IES Poeta Añón. 12.15 Xantar na área de servizo de Porto 13.15 Chegada hotel 13.45 Inicio percorrido por Porto  Torre dos Clérigos  Livraría Lello & Irmao  Estaçao de Sao Bento  Visita da Sé (catedral de Porto) 17.00 Cruceiro polo río Douro: “As 6 pontes “

8.30 Pequeno amoço no Hostel 9.30 Saída do hotel - Equipaxe no bus 10.30 Visita Palacio da Bolsa de PORTO 11.15 Saída hacia Mercado do Bolhao 12.00 Mercado do Bolhao e visita de: 

Café Majestic

 Rua Sta. Catarina (zona comercial) 13.00 Xantar (rúa Sta Catarina) 15.00 Paseo ata a CAVE CROFT en V.N. de Gaia 16.00 Inicio da visita á adega CROFT

18.00 Regreso hacia Rúa Miguel Bombarda  Palacio de Cristal  Biblioteca Almeida Garret /Livraria Papalivros  Rúa Miguel Bombarda (compras, refrixerio,...)

17.00 Remate da visita . Bus. Saída ata a desembocadura do río Douro 18.00 Regreso a Outes 22.00 Chegada aproximada a Outes (IES Poeta Añón)

20.00 Cea no GALLERY HOSTEL 22.00 Paseo nocturno pola rúa Miguel Bombarda ata Pazo da Música 0.00

A cama!


As Caves CROFT son as máis antigas de Gaia aínda en funcionamento (foron fundadas en 1588 e no 1688 realizaron as primeiras exportacións de viño). Mercado tradicional portugués cheo de postos de alimentación, animais e flores. Na entrada hai unha pequena virxe á que lle colocan, como ofrenda, brazos, pernas,… de plástico para pedirlle que cure determinadas doenzas. É unha oportunidade de acercarse ó Oporto máis relixioso e supersticioso.

Non podemos marchar de Oporto sen visitar unha das adegas que producen o famoso viño. O que o fai único é o feito de engadir augardente e interromper a fermentación natural dos caldos. Deste xeito o viño conserva a dozura das uvas, ademais dun alto nivel alcohólico. Esta técnica naceu no s. XVII para fortalecer os viños que mercaban os comerciantes ingleses evitando así que se estragaran nas longas viaxes en barco. CAVES CROFT (adegas de viño Porto)

MERCADO DO BOLHAO a madeira. Ocupa un edificio neoclásico de mediados do s. XIX. É a antiga sede da Asociación Comercial de Oporto, hoxe destinado á celebración de conferencias e manifestacións culturais. O máis chamativo das súas salas é a impresionante obra de xeso e estuco pintado imitando PALACIO DA BOLSA DE PORTO DÍA 5 SÁBADO

O Café Majestic atópase na rúa Santa Catarina unha das vías comerciais máis importantes de Porto O consumo de café está moi arraigado na cultura portuguesa (o consumo medio dun portugués é de 360 “tazas” anuais). Esta cafetería é unha das de maior tradición do país. Foi inaugurada en 1921 co nome de Café Élite e converteuse en lugar de reunión de xente importante como artistas, políticos e intelectuais. Foi o primeiro café da cidade en permitir a entrada a mulleres. CAFÉ MAJESTIC E RUA STA CATARINA

DÍA 4 VENRES

LIVRARIA LELLO & IRMAO Foi fundada en 1906 e emprazada nun edificio de estilo modernista. É considerada como unha das librerías máis fermosas do mundo. Cóntase que a autora de Harry Potter, que viviu en Oporto durante unha temporada, inspirouse na escaleira central desta librería para crear a escalinata da biblioteca do colexio Hogwarts.

ESTAÇAO DE SAO BENTO É o edificio que acolle a estación de ferrocarril de Oporto. Construído en 1916 conta con 20,000 azulexos que narran distintos episodios da historia de Portugal.

TORRE DOS CLÉRIGOS A torre barroca da igrexa dos Clérigos é un dos símbolos da cidade. Ten 225 chanzos e 80 metros de altura, sendo unha das torres máis altas de Portugal.

A SÉ (CATEDRAL) A catedral fortaleza é orixinariamente de estilo románico, con e ngadidos góticos e barrocos. Destaca o seu emprazamento con algunhas das mellores vistas da zona de Gaia e Porto.

CRUCEIRO polo DOURO: as seis pontes No percorrido en barco “rabelo” contemplaremos as seis pontes que serven de unión entre Porto e Vila Nova de Gaia ó longo do río Douro. Sairemos do malecón da Ribeira e veremos a Ponte D. Luís, o Mosteiro da Serra do Pilar, a Ponte do Infante, a Ponte D. Maria Pia, a Ponte de S. João e a Ponte do Freixo. Ó chegar à ponte de S. João, voltamos novamente para atrás para admirar a cidade de Porto. Remataremos a viaxe coa Ponte da Arrabida e a Afurada, unha pintoresca vila de pescadores. PALACIO DE CRISTAL e LIVRARÍA PAPALIBROS O Palacio de Cristal foi construido no 1861 inspirándose no Crystal Palace londinense coa finalidade de acoller feiras industriais e agrícolas. En 1865 foi sede da Exposición Internacional de Oporto. Dende os seus xardíns contémplase unha fantástica panorámica da cidade de Porto e de Vila Nova de Gaia. A Livraría Papalivros é un espazo innovador de literatura infantil e xuvenil. Ten por vocación crear e fomentar comunidades de lectores activos, que poden tomar parte das sesión de contacontos, presentación de libros , encontros con autores e obradoiros literarios que alí se celebran. Como curiosidade, dicir que as paredes están “forradas” de libros colocados como se fosen obras de arte.

Guia porto  

Programa da visita do Club de Lectura do IES Poeta Añón -Outes a Oporto (4-5 abril 2014)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you