LECTURAS RECOMENDADAS: NADAL 2012

Page 1

CÓMIC e NOVELA GRÁFICA

BIBLIOTECA

DVDs

IES Poeta Añón-OUTES

SONRISAS DE BOMBAY Jaume non puido seguir coa súa prometedora carreira e a súa vida en Barcelona , así que convencido de que os cambios empezan por un mesmo, decide embarcarse nunha dura viaxe deixando unha vida cómoda e segura para ir a un suburbio onde tivo que loitar contra os elementos, as mafias, e as desigualdades coa ilusión e o esforzo e como únicas armas. CARTAS DE INVERNO Versión en banda deseñada da novela homónima de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea

LA CIUDAD TRANSPARENTE O protagonista da novela é un mozo, Jasón, unha estrela do mundo televisivo, que representa á perfección os guións que Minerva, a súa guionista, lle envía cada día. Sabe desenvolverse nese “negocio”e a pesares de que bota en falta algo de liberdade á hora de elixir ás súas parellas, considérase un afortunado e saborea feliz o seu éxito, pero un bo día as cousas comezan a cambiar... LAS ÁGUILAS DE ROMA (I-II) O Imperio romano atópase na súa máxima expansión e esplendor, y grazas ás batallas ganadas e aos múltiples acordos chegados, os territorios bárbaros foron reducidos e convertidos en simples vasalos EL HEROE (VOL. II) Un Heracles máis escuro é o protagonista do segundo tomo que pecha este proxecto de David Rubín. Heracles e Megara namóranse, casan, fundan unha familia e un fogar. Pero a deusa Hera, empeñada sempre en destruír a Heracles, mediante un sortilexio fai crer ao heroe, mentres dorme, que o seu fogar e familia están sendo atacados por uns monstros.

Recomendacións NADAL 2012

IES POETA AÑÓN -OutesPáxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro” Emily Dickinson


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.