Guia do Museo do Mar de Vigo

Page 1

CASTRO da PUNTA DO MUÍÑO DO VENTO

A información contida neste folleto foi facilitada polo Museo do Mar de Galicia

IES POETA AÑÓN—Outes

Poboado castrexo parcialmente musealizado habitado dende o S. VIII a.C. ao S. I d. C., cuxa parte visible corresponde principalmente ao S. I d.C. A primeira ocupación do asentamento data do S.VIII a. C., na idade de bronce, desta época son os machados de talón, pezas relacionadas co intercambio comercial cos poboados da franxa atlántica europea. As casas desta época estaban feitas de madeira e palla, e apenas deixaron rexistro arqueolóxico. Na parte este do castro hai un cubo no que se ven tres pedras verticais que poderían pertencer a un altar de orixe iberopúnico, de feito atopáronse restos de cerámica do sur de España asociada a este altar, en especial, cerámicas asociadas ao transporte do peixe salgado. Confirma a estreita relación entre as culturas do mediterráneo e o Atlántico. A principios do S. I a. C. o asentamento é abandonado é ao redor del comézase a construír unha serie de vilas e factorías romanas destinadas á salga de peixe. Do S. I-III d. C. o asentamento abandónase. O xacemento é utilizado como lugar de inhumación con tumbas sinxelas.

C lu b d e le ct u r a “ L ar e t a s” C u r s o 2 0 16 - 2 0 17

MUSEO do MAR de GALICIA

VIGO 20 maio 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Guia do Museo do Mar de Vigo by IES POETA AÑÓN - Issuu