… e máis CiNe AGUA (2005) 1938 . A India colonial atópase en pleno movemento de emancipación liderado por Gandhi. Celébrase unha voda que ben podería ser un enterro: casan a Chuyia (Sarala), unha nena de 8 anos, cun moribundo que falece esa mesma noite. Quéimase o seu corpo na beira dun río sagrado e Chuyia prepárase para o destino que escolleron para ela. Aféitaselle a cabeza e ingresa nun ashram para viuvas onde deberá pasar o resto da súa vida, convertida nun altar vivinte consagrado á memoria do falecido. NO SIN MI HIJA (1990) Irán, ano 1984. Betty acompaña ao seu esposo á súa cidade natal, para pasar uns días e visitar á familia deste. Pronto se dará conta que cometeu un dos maiores erros da súa vida xa que o seu marido engánaa coa viaxe para que a nena xa se quede a vivir nese país. FLORES DE OTRO MUNDO (1999) Marirrosi, unha bilbaína con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, un pobo sen mulleres casaderas nin futuro. Grazas a unha festa organizada polos solteiros do pobo, uns e outras se coñecen e comeza unha agridulce historia de convivencias ás veces imposibles. CARAMEL (2007) Historia de cinco mulleres libanesas que afrontan temas como o amor prohibido, as ataduras das tradicións, a represión sexual, a loita por aceptar o proceso natural de envellecemento coa idade e o enfrontamento entre o deber e o desexo. EL COLOR PÚRPURA (1985) Principios do século XX. Esta é a historia de Celie, unha adolescente negra de catorce anos que está embarazada do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entón a súa vida estará chea de dor e humillacións.
25 NOVEMBRO O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de xénero.
Biblioteca IES Poeta Añón-OUTES
A violencia machista é un problema público e social de primeira magnitude, constitúe o máis cruel expoñente da falta de igualdade da nosa sociedade e un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas, como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación. A violencia de xénero maniféstase de moi diversas formas, en todas as culturas e países, en todas as clases sociais e en todas as idades. Así o reflicten as estatísticas, que mostran unha pequena parte, pero grave, da magnitude total da violencia exercida contra as mulleres, polo mero feito de selo. Dende a escola e as familias é necesario que tomemos conciencia desta situación de desigualdade e fagamos todo o posible para combatela educando na igualdade
FRANCISCO de GOYA (1797) “Muller maltratada cun bastón”
IES POETA AÑÓN Teléfono: 981-850637 Fax: 981-850637 Correo: ies.poeta.anon@edu.xunta.es Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com FONTES para a realización deste triptico -Reseñas das películas: www.filmaffinity.com -Logo: “O maltrato nin en pintura” Blog do IES Lucus Augusti
25 novembro 2015