Caperucita en Manhattan

Page 1

A AUTORA: CARMEN MARTÍN GAITE (1925-2000 ) Considerada dos valores máis firmes da literatura española posterior a guerra civil, as súas obras centranse no análise das relacións entre individuo e colectividade. Licenciada en Filosofía e Letras pola universidade salmantina. En 1948, trasladouse a Madrid, onde contactou con xoves escritores como Rafael Sánchez Ferlosio (co que contraería matrimonio máis tarde, en 1958), Fernández Santos, Josefina Rodríguez y Alfonso Sastre entre outros. Introducida nos círculos literarios polo seu antigo compañeiro de universidade, Ignacio Aldecoa, comezou a colaborar en diarios e revistas, como Revista Nueva. Escritora polifacética, magnífica e ensaísta, investigadora e unha boa tradutora de literatos como Rilke, Flaubert, Leví y Brontë, entre outros, durante anos traballou como crítica literaria nun dos periódicos da capital, Diario 16. Traballou tamén para televisión nos guións dunha serie sobre a figura de Teresa de Jesús en 1982 e os guións de Celia, serie que se estreou en 1993, baseada nos contos para nenos de Elena Fortún. Entre os seus traballos de investigación histórica cabe citar El proceso de Macanaz, historia de un empapelamiento (1970), Usos amorosos del dieciocho en España (1972),e Usos amorosos de la posguerra española (1987), que foi galardonada co Premio Anagrama de Ensaio e Libro de Oro de los Libreros Españoles. Ademais do Premio Nadal po r Entre visillos (1958), que lanzouna á fama, obtivo numerosos recoñecementos e galardóns: o Premio Nacional de Literatura en 1978 e en 1994 (foi a primeira muller que mereceu o premio), o Príncipe de Asturias das Letras en 1988 (compartido con José Ángel Valente) e o Premio Castilla y León de las Letras en 1992, entre outros.

Outras obras da autora...

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

CAPERUCITA en MANHATTAN Carmen Martín Gaite Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

27 outubro 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.