O AUTOR : Jordi Sierra i Fabra
SIERRA I FABRA NA NOSA BIBLIOTECA
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
Jordi Sierra i Fabra é un escritor español nado en Barcelona en 1947 que destaca pola variedade de temáticas e rexistros na súa narrativa. Autor precoz, comezou a escribir aos 8 anos e aos 12 escribiu a súa primeira novela longa . En 1970 abandonou os estudos para traballar como comentarista musical profesional. En 2012 superou os 10 millóns de libros vendidos en España. Ten unha extensa obra que en 2012 alcanza os 420 libros publicados. Nos últimos 25 anos as súas obras de literatura infantil e xuvenil publicáronse en España e América Latina. En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra en Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra en Medellín (Colombia), como culminación a toda unha carreira e ao seu compromiso ético e social
EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS Jordi Sierra i Fabra
28 NOVEMBRO 2016