Méliès e familia. O proxecto.

Page 1

PROXECTO FINAL DE CURSO. 1º BACHARELATO (LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL):

MÉLIÈS E FAMILIA En coordinación coa campaña da Biblioteca, De Cine, o proxecto final de curso para 1º de bacharelato na asignatura de Linguaxe e Práctica Musical aplicámolo ao sétimo arte. Dado que este proxecto, segundo figura na programación, debe ter como contexto o tema da composición e o manexo de software musical específico (editor de partituras, gravador, mezclador, etc), a conclusión foi doada: sonorizar clásicos do cine mudo. O título do proxecto é unha clara homenaxe ao grande do primeiro cinema fantástico: Georges Méliès, e tamén un recordo literario o noso Cunqueiro.

1.- PRODUTO FINAL: Escolma de clásicos do cine mudo sonorizados por nós. 2.- ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN: Elementos da música: ritmo, melodía, harmonía, textura, forma. Fundamentos de instrumentación. Tonalidade e modalidade. Acordes. Notas estrañas. Harmonización de melodías. Composición en Musescore: Uso do software de edición de partituras, escritura musical, instrumentación, orquestración, etc. Conceptos relativos á música no audiovisual: bloques genéricos, de transición, leitmotives, etc.


3.- TRABALLO PREVIO Coñecemento dos elementos da música. Traballo de fundamentos de composición, mediante pautas previas. Harmonía de tríadas e algunhas cuatríadas, composición a varias voces e coñecemento e uso das notas estrañas. Repaso das cuestións relativas á música no cine, estudiados en 4ºESO. Visionado de curtas e análise das súas sonorizacións. 4.- TEMPORALIZACIÓN 1 trimestre: elementos da música 2 trimestre: fundamentos de composición. Manexo de software multipistas. 3 trimestre: pequenos exercicios de composición, asignación e descargas das curtas e composición-montaxe das bandas sonoras. 5.- PROCESO 1.- Escoller un clásico do cinema mudo. Máximo 5 minutos. Podería ser un fragmento. *En orixe esta era a idea. Finalmente a profesora fixo a selección para que non se repetiran e asegurar a representatividade das mostras. 2.- Descargar o fragmento, cortalo o manipulalo como sexa oportuno. Engadirlle presentación e créditos. 3.- Compoñer a música con axuda do software apropiado. Poden tamén engadirse efectos especiais procedentes de bancos de son, por exemplo o proporcionado polo MEC (http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/157/cd/m7_3_recursos_educativos_en_linea /banco_de_imgenes_y_sonidosite.html) e/ou outros. 3.- Asignar a música mediante software de edición de vídeo, eliminando a sonorización anterior. 4.- Mesturar e preparar para a súa manipulación, visionado e difusión no formato oportuno. 6.- AVALIACIÓN: Composición da música. Correcta atendendo ás técnicas escolásticas: Secuencias e enlaces de acordes, cadencias, coherencia de notas estrañas, resolucións, etc. Estética. Orixinalidade. Con discurso, que funcione, que capte a atención. Ben instrumentada. Variada dentro da coherencia. Ben mesturada, ecualizada, sen distorsións nin picos. Adecuación de la música ao film: En ritmo En carácter En duración En significado (leitmotives, bloques de transición, etc.) Montaxe final: Ensamblado de música y film. Exportación a formato adecuado. Créditos e información de interese.


PROXECTO “MÉLIÈS E FAMILIA”

1. A trip to the moon.. Georges Méliès. 2. The indian rubber head.. Georges Méliès. 3. Le melomane. Georges Méliès. 4. The haunted castle.. Georges Méliès. 5. Le magician. Georges Méliès. 6. The mermaid. Georges Méliès. 7. Le diable noir. Georges Méliès. 8. Illusions Fantasmagoriques.. Georges Méliès. 9. The devil in a convent.. Georges Méliès. 10. El hotel eléctrico. Segundo de Chomón 11. L'homme orchestra. Georges Méliès. 12. The magic book.. Georges Méliès. 13. La Danseuse microscopique.. Georges Méliès. 14. The policemen’s little run. Ferdinand Zecca. 15. The infernal Cakewalk.. Georges Méliès. 16. Les Kiriki: acróbatas japoneses. S. S de Chomón 17. The red spectre. Segundo de Chomón 18. The Haunted house. Segundo de Chomón 19. Felix The Cat - Feline Follies. 20. The Lunatics. Segundo de Chomón 21. The golden beetle. Chomón / F. Zecca 22. El amante de la luna.. Ferdinand Zecca

DEPARTAMENTO DE MÚSICA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.