Exotismos: A ollada do outro

Page 1

A OLLADA DO OUTRO


CANDO SE ENSANCHAN OS LÍMITES... VISIÓNS DO ESPAZO • Quen fai os mapas non ten en conta a ollada do outro. • Os mapas sempre representaron o mundo situando no seu centro a civilización que os realizaba, o seu punto de vista, os seus coñecementos e crenzas. Mapa de Fra Mauro onde se inclúen datos tomados das viaxes de Marco Polo


CANDO SE ENSANCHAN OS LÍMITES... MAPA DO MUNDO SEGUNDO OS BABILONIOS 600 a. C.

PLANO DA CIDADE SUMERIA DE NIPPUR

MAPA EXIPCIO DO SÉCULO XII a.C. (itinerario dunha viaxe)


CANDO SE ENSANCHAN OS LÍMITES...

MAPA DO MUNDO Grecia, s. VI a.C.

O mundo romano segundo a TÁBULA PEUTINGERIANA (copia medieval)


CANDO SE ENSANCHAN OS LÍMITES...

ASIA EUROPA

TÁBULA ROGERIANA SÉCULO

PENÍNSULA XII ARÁBIGA PENÍNSULA IBÉRICA


CANDO SE ENSANCHAN OS LÍMITES...

ORBIS TERRARUM MEDIEVAL, imprecisión, fantasía, relixión

MAPAMUNDI Beato de Liébana, s. X


...ÁCHANSE NOVAS REALIDADES Mapamundi chinés, coa India moi adelgazada á esquerda. Primeiro mapa do continente africano visto polo alemán Münster (1554)

Mapamundi desde o punto de vista dos antípodas.


VIAXES E TERRAS PROMETIDAS

Botámonos ao camiño e coñecemos esoutra xente que vive lonxe, os nosos semellantes… ou non serán tan semellantes?

NAVEGANTES ROMEIROS COMERCIANTES CRUZADOS EMIGRANTES COLONOS INVASORES TURISTAS EXILIADOS REFUXIADOS APÁTRIDAS


VIAXES E TERRAS PROMETIDAS Moitas civilizacións contan co mito dunha terra prometida. Os mexicas atoparon así Tenochtitlan; os españois foron á procura de El Dorado; os hebreos en pos de Sión; os cruzados, a Terra Santa e os occidentais contemporáneos, ávidos de espiritualidade exótica, á caza e captura do Shangri-La creado por James Hilton.

Tira da Peregrinaxe (copia do XVI a partir dun suposto orixinal prehispánico)


EL DORADO Cando os conquistadores españois do século XVI tiveron noticia dunha cidade na que un rei indíxena cubría o seu corpo de ouro en po e realizaba ofrendas nunha lagoa sagrada, naceu unha lenda que empurrou a exploradores de todas as procedencias a procurar este reino lendario, dando por feito que atoparían alí minas de ouro. Hoxe sábese que o pobo que deu pé á lenda era o Muisca e o lugar da cerimonia, a lagoa Guatavita en Colombia. En calquera caso, o mito de El Dorado mantívose ata o século XIX, aínda que, conforme avanzaba o proceso de conquista e colonización de América, foi variando o seu emprazamento e dando lugar a sucesivas expedicións.


EL DORADO Expedicións relacionadas por Frei Pedro Simón cara territorio colombiano en busca do Imperio Omegua chamado El Dorado entre 1530 e 1596. 1530 1534 1535 1536

1537 1539 1540 1541 1559 1566 1569 1596

Diego de Ordaz Jorge de Espira Alonso de Herrera Nicolás de Federman Antonio Sedeño Sebastián de Belalcázar Gonzalo Jiménez de Quesada Gerónimo de Ortal Gonzalo Pizarro Felipe de Utre Hernán Pérez de Quesada Pedro de Ursúa, Lope de Aguirre Pedro de Silva Pedro de Serpa Domingo Vera

Mapa de El Dorado c. 1625


EL DORADO

Werner Herzog, 1972

Bergeron/Paul, 2000

PELĂ?CULAS

Carlos Saura, 1988


A TERRA DO PRESTE XOÁN Do Preste Xoán dicíase na Idade Media que era descendente directo do mago Melchor e que o seu reino estaba situado alén das xa moi distantes e lendarias Persia e Armenia. En toda a cristiandade era sabido que dispuña de inxentes riquezas en homes e armas e que a súa corte era un compendio de todo canto naquela altura se consideraba luxo e boato. O Preste Xoán sería un adalide do cristianismo por aqueles afastados lugares e partillaría o ideal europeo da conquista de Terra Santa, daquela en mans dos “infieis”


A TERRA DO PRESTE XOÁN As primeiras noticias deste Paraíso rodeado de pagáns por todas partes é unha pregunta que Otto de Friesing lle fai en 1146 ao papa Uxío III e, máis tarde, aparece unha suposta carta do propio Preste Xoán ao emperador de Bizancio onde describe o seu reino como un lugar de promisión no que non hai fame nin enfermidades e en cuxo palacio non hai xanelas porque as pedras preciosas e o ouro do interior deitan tamaño brillo que rivaliza co do sol. Este Edén podería estar, pola súa descrición, en calquera lugar de África Oriental ou da China.


A TERRA DO PRESTE XOÁN En contraste coas penalidades e a miseria xeneralizadas no mundo medieval, a Terra do Preste Xoán albiscábase como unha utopía que moitos pugnaron por acadar. Os portugueses foron os europeos máis empeñados en descubrir o seu emprazamento e, no sucesivo, este mítico rei pasou a formar parte da historia da nosa cultura, en solitario ou asociado a ideas tan dispares como a alquimia, a Atlántida ou o Santo Grial. Umberto Eco novela a lenda en Baudolino.


A FONTE DA ETERNA XUVENTUDE Tomando de aquí ocasión os Ictiófagos de lle preguntar tamén cal era a comida e que tan longa a vida dos etíopes, respondeulles o rei que, acerca da vida, moitos deles había que chegaban aos cento vinte anos, non faltando algúns que acadaban máis; en canto ao alimento, a carne cocida era a súa comida e o leite fresco, a súa bebida ordinaria. Vendo daquela o rei canto admiraban os exploradores una vida de tan longos anos, conduciunos el mesmo a ver unha fonte moi singular, cuxa auga porá a quen se bañar nela máis húmido e brillante que se se untase co aceite máis exquisito e fará despedir do seu corpo un cheiro de viola moi fino e delicado. Acerca desta rara fonte referían despois os enviados ser de auga tan lixeira que nada sufría que sobrenadase nela, nin madeira de especie algunha nin outra cousa máis leve cá madeira pois o mesmo era botar algo nela, for o que for, que irse ao fondo no momento. E en verdade, se tal é a auga como din, non se poderá conxecturar que o uso que dela fan para todos os etíopes fará que gocen os Macrobios de tan longa vida? Heródoto, Historias. Libro III, XXIII

Lucas Cranach o Vello, 1546


A FONTE DA ETERNA XUVENTUDE Ademais da referencia clásica, o Evanxeo de San Xoán dá conta dunha fonte milagreira que cura de todos os males e que estaría no lugar chamado Betseda. Nas variantes orientais das Novelas de Alexandro fálase dunha “auga da vida” buscada polo propio Alexandro e polo seu servo. As Novelas de Alexandro conteñen elementos presentes nas lendas de AlKhidr que tamén se recollen no Corán, polo que na literatura musulmá foron frecuentes as alusións a esta lenda. O Bosco, 1503


A FONTE DA ETERNA XUVENTUDE Fontes indirectas da lenda fan residir as propiedades curativas e de prolongación da vida en determinados obxectos (pedra filosofal, elixir da vida, panacea…) e sitúana en múltiples ubicacións, asociándoa ás motivacións que levarían a Colón a realizar as súas viaxes. O certo é que os nativos americanos falan dunha fonte da vida que se situaría na mítica illa de Bímini, nun impreciso lugar ao norte, posiblemente próximo ás Bahamas. E, segundo certas fontes que máis tarde se revelaron apócrifas, Ponce de León protagonizaría unha expedición á procura da lendaria fonte que había ter como resultado a descoberta da Florida.


A FONTE DA ETERNA XUVENTUDE Ao longo da historia, a fonte de eterna xuventude atopou transmutacións diferentes lendas e variantes que inundan, moitas veces entrecruzadas, o caudal da literatura fantástica, esotérica ou da investigación xeográfica e histórica, desde Drácula e os vampiros ata Fausto, o Retrato de Dorian Gray ou A milla verde.


O XARDÍN DO EDÉN O Edén bíblico, horto ou xardín, atopa os seus antecedentes en relatos sumerios e mesopotámicos. Segundo o Xénese, o tal xardín estaría siituado no Oriente Próximo, na intersección de catro ríos máis ou menos confrontábeis con cursos de auga reais, actuais ou xa desaparecidos. Elementos como a creación de Adán, a árbore da vida ou a presenza da serpe son comúns aos textos bíblicos e ao Poema de Gilgamesh.

Selo sumerio, 3000 a.C.

Asurbanipal, táboa do século VII a.C.


O XARDÍN DO EDÉN Maestro de Boucicaut, 1415 Miguel Anxo Capela Sixtina, 1512 Como calquera terra prometida que se prece, o xardín do Edén é unha terra onde non hai dor, nin fame, nin vergoña e está aí para que o ser humano goce del baixo unha única condición: O señor Deus plantou un xardín no Edén ao oriente e puxo nel ao home que formara. O señor Deus fixo agromar do chan toda caste de árbores agradábeis á vista e apetitosos para comer, a árbore da vida, en medio do xardín, e a árbore da ciencia do ben e do mal (…) Podes comer de todas as árbores do xardín, mais da árbore da ciencia do ben e do mal non comerás, porque o día no que comas, certamente morrerás.


SIÓN A TERRA PROMETIDA DOS XUDEOS Nun sentido espiritual e xeográfico funcionou como símbolo de liberación, de identidade, como sinónimo de Israel, patria soñada para un pobo en éxodo permanente ao longo da súa historia, como metáfora do Edén, e mesmo meca da cultura rastafari.


O RELATO DAS MARABILLAS En Roma, contaban historias de enfrontamento co “bárbaro” que, para eles era o estranxeiro, o que non falaba grego ou latín, e cuxa lingua semellaba un ruído salvaxe (bar-bar, a onomatopea na que se apoia a designación) e foron tecendo un relato interesado que os pinta inferiores e primitivos, aínda que arrichados, pois a gloria de vencer a valorosos guerreiros é sempre superior á de someter a xentes pusilánimes.

Galo moribundo, s. III a.C.


O RELATO DAS MARABILLAS Os árabes, partindo do mesmo termo grego, βάρβαρος chamaron “bereberes” aos pobos que falaban linguas desta familia e habitaban no norte de África. Os chineses contaban un relato de barbarie semellante ao dos romanos ou ao dos árabes para referirse aos pobos nómades adxacentes de etnia túrquida ou mongol. E os aztecas empregaron unha designación homóloga “popolucas”, en alusión á fala tatexante (pol-pol) para referírense a pobos sen relación entre sí que consideraban inferiores ou rivais.

Batalla Mongol, século XIII.


O RELATO DAS MARABILLAS E traían noticia de prodixios naturais, animais fantásticos e outros asombros que, con escasa base nas realidades dos lugares que se visitaban, deron lugar a mitos e bestiarios onde a imaxinación occidental fixo que o Oriente remoto e a ignota África acabasen sendo sinónimos de misterio, perigo e estrañeza.

Liber monstrorum Jean de Mandeville Século XIV


O RELATO DAS MARABILLAS Aquel príncipe con todo o pobo ao que gobernaba era seguidor de Mahoma. Imaxinou unha perfidia inaudita: converter os seus homes en ousdos sicarios e homicidas que, comunmente, son chamados asasinos para poder matar coa súa temeridade a quen quixese e de todos ser temido. Fixo, en efecto, nun val amenísimo, rodeado por toda a parte de altísimas montañas, un inmenso e moi fermoso verxel, onde había copia de todas as herbas, flores e froitos deleitosos. Había alí palacios espléndidos, pintados e decorados con marabillosa variedade; alí corrían varios e diversos regatos de auga, viño, mel e leite; alí se gardaban mulleres noviñas e moi fermosas, espertas na danza e en tocar o laúde e cantar en todos os modos dos músicos, que tiñan vestidos distintos e preciosos e estaban adornadas con marabillosa galanura, cuxo mester era criar en todos os afagos e praceres aos mozos que nel vivían; había alí multitude de vestiduras, leitos, viandas e todo o desexábel do mundo. Non se facía alí mención de cousa triste; non estaba permitido senón entregarse regaladamente ao lecer e á luxuria.

Marco Polo, Libro das Marabillas, 1503


O RELATO DAS MARABILLAS: CANDO O EXÓTICO SOMOS NÓS

Fotos da viaxe a Galicia de Ruth Matilda Anderson, 1924-26


O RELATO DAS MARABILLAS: CANDO O EXÓTICO SOMOS NÓS Aymeric Picaud, c.1140: Vén a seguir a terra dos galegos, pasados os confíns de León e mailos portos dos montes Irago e Cebreiro. É unha terra fragosa, con ríos e prados, moi vizosa, de bos froitos e moi claras fontes; mais escasa en cidades, vilas e terras de labranza. Parca en pantrigo e viño, mais abondosa en centeo e sidra, ben fornecida de gando e cabalarías, de leite, e mel, e en peixes de mar grandes e pequenos; rica en ouro, prata, tecidos, peles salvaxes e outras riquezas, mesmo moi abundante en prezadas mercadorías sarracenas. Os galegos son o pobo que, entre os demais pobos incultos de España, máis se asemellan á nosa nación gala, non sendo porque son moi carraxentos e amigos de liortas.


O RELATO DAS MARABILLAS: CANDO O EXÓTICO SOMOS NÓS George Borrow, 1836-37: Unha tardiña visitei os baños, acompañado polo meu amigo o libreiro. Foran construídos sobre fontes termais que afluían no río. Nembargantes a súa ruinosa condición, estaban atestados de enfermos que confiaban sacar proveito das augas, aínda famosas polo seu poder curativo. Estes pacientes ofrecían un estraño espectáculo envoltos en saiais de franela moi semellantes ás mortallas, inmersos nas mornas augas entre pedras desmoronadas e asomando do vapor e do mal cheiro.


O RELATO DAS MARABILLAS: CANDO O EXÓTICO SOMOS NÓS Aubrey Bell,1920: Na lingua albíscase o mesmo proceso ca nos costumes, na relixión e na arquitectura de Galicia. O galego literario está un chisco fosilizado e, en calquera libro moderno escrito en enxebre encóntranse palabras moito máis difíciles e menos palabras casteláns ca na fala normal dos campesiños. Por outra parte, o emigrante que regresa (...) non ve a súa lingua coma un instrumento axeitado para o progreso e atopa escolas, cunha arquitectura tan deplorable como a da súa casa nova, que non están para o ensino do galego.


O RELATO DAS MARABILLAS: CANDO O EXÓTICO SOMOS NÓS Richard Ford, 1845: Os vales baixos do Miño e a zona de Tui, Redondela e Ourense son auténticos xardíns de exuberancia e pracer. O contraste entre este esplendor e a pobreza do campesiñado é dolorosamente asombroso: arte, ciencia e literatura esvaecen aló onde a oliva e a laranxa e os viñedos florecen.


MITOS : “ERA UNHA VEZ...” Todas as civilizacións contan diferentes historias que dan satisfacción ás mesmas necesidades: explicar as orixes do universo e as da humanidade. Son os mitos fundacionais que nos fan a un tempo diversos e próximos.

Miguel Anxo Capela Sixtina, 1512


MITOS: “ERA UNHA VEZ...” Mitos de caos primordial aparecen en culturas tan aparentemente distantes como a chinesa, a grega, a neozelandesa ou a nórdica. O caos inicial pode ser un abismo profundo (mundos grego e babilonio), unha masa desordenada de elementos, unha néboa mesta (mito nórdico) ou unha escuridade inmensa (explicación chinesa). O mundo xorde dese caos ben pola acción dunha primeira parella de deuses que representa a Terra e o Ceo (no mundo clásico e no mito neozelandés) ou da acción de deuses que, aburridos ou enfermos (mitoloxía de certas tribos centroafricanas) provocan coas súas accións a aparición dos diversos elementos do universo (estrelas, día, noite, continentes, mares...).


MITOS: “ERA UNHA VEZ...” Outras civilizacións atribúen as orixes do mundo a unha forza feminina, unha deusa-nai: sumerios, caldeos, canaanitas, cartaxineses, fenicios, exipcios, minoicos, aztecas...

Deusa serpe minoica

Lilith, sumeria

Coatlicué, azteca


MITOS: “ERA UNHA VEZ...” Pero tamén os hai que asignan responsabilidades nesta orixe universal non a un único ser mítico, senón a unha pléiade deles entre os que se reparte a inmensa tarefa da creación.

Maias

Hindús

Gregos


MITOS: “ERA UNHA VEZ...” Na visión budista, o universo é eterno e non creado. A Buda non lle preocupa a cuestión das orixes , pois di que pensar nese asunto só pode traer aflición e loucura. Compara a pregunta das orixes da vida ou do universo e outros interrogantes semellantes coa parábola dunha frecha envelenada: ningún humano atinxido por unha frecha envelenada pregunta ao doutor quen lla disparou, pois o que lle interesa é curar a súa ferida. Aínda que hai variantes do budismo que ofrecen explicacións diversas, a maioría coinciden na idea de que a actual humanidade sería unha derivación dexenerada dunha existencia anterior máis perfecta e feliz, o que explica o afán pola recuperación dese estado de equilibrio ou “nirvana”.


MITOS: “ERA UNHA VEZ...”

Chagall Adán e Eva, 1912

As relixións do libro falan dun único Deus creador que segundo as diversas tradicións pode ou non ser representado a través de imaxes.


RITOS As sociedades de todos os tempos e lugares experimentan a necesidade de ritualizar os momentos de transiciĂłn vital: o paso da infancia ĂĄ idade adulta, o paso do celibato ĂĄ vida en parella, a morte... As formas son diversas; o fondo, partĂ­llase. Estela funeraria grega, 360 a.C.


RITOS: TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA Nas illas Mentaway as mozas afían os dentes para ser máis atraentes.

Os Ogiek de Tanzania consideran os nenos e nenas malditos por unha besta; cando pasan á vida adulta, pintan o corpo con lama e berran coma se fosen a propia besta.

En Nixeria as nenas, para convertérense en mulleres, deben pasar uns días cantándolle ao río para despedirse dos espíritos da auga


RITOS; TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA E, se pensarmos que no mundo occidental estas cousas non acontecen, debemos revisar os nosos prexuízos, porque, se ben é certo que a fronteira entre a adolescencia e o mundo dos adultos está máis difuminada, os adolescentes substitúen os rituais primitivos por prácticas que tamén supoñen transformacións físicas como o rapado do cabelo, a tatuaxe, os piercings e reeditan a aventura iniciática participando en pelexas entre bandas e a comida ritual coa experimentación de substancias prohibidas. Por moito que ollemos por riba do ombro as prácticas rituais de primitivos, as novatadas universitarias non son menos absurdas ou perigosas.


RITOS; TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA Sen ir tan lonxe, a integración nunha “tribo” urbana, a adquisición do carné de conducir, contar cunha asignación económica, decidir por conta propia os horarios, fumar, beber alcohol… funcionan como índices de independencia fronte á familia ou como reforzos da individualidade, aínda que case todas eses momentos de paso se dean en función da presión do grupo e non por auténtica necesidade ou vontade da persoa


RITOS: TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA Un fenómeno que se observa en relación coas cerimonias de transición é que, en consonancia coa configuración máis ou menos machista das sociedades, no pasado e/ou no presente, as devanditas cerimonias defínense con máis frecuencia en relación cos homes que coas mulleres; se cadra, porque a bioloxía impón o seu propio ritual dun xeito moito máis drástico no caso feminino. Así, a muller acadaría a idade adulta ao casar e, sobre todo, ao ter fillos.


RITOS DE CASAMENTO Asistir a unha feira nupcial como os bereberes, visitar unha web de citas, acordar un dote, preparan un enxoval, perpetrar un secuestro nupcial en Kirguistán, saltar unha vasoira no sul de USA, escachar un vaso nunha voda xudía, intercambiar aneis nas vodas cristiás, regalar culleres en Gales, pedir consentimentos a pais e familias en todo o mundo, celebrar despedidas de solteiría, decorar o corpo das mulleres asiáticas, árabes ou africanas con henna, ou o dos homes da selva de Papúa…


O CASAMENTO EN ÁFRICA Á marxe do ordenamento oficial dos estados, os rituais nupciais en África son debedores das diversas tradicións O matrimonio africano é, xeralmente, entendido antes como unión de clans ou liñaxes que como unión entre dúas persoas. Ás veces o dote é simplemente o servizo nas terras dos futuros sogros, mais non é raro que o sexa unha cantidade acordada en diñeiro ou en especie. Hoxe son xa os propios contraentes os que se elixen mutuamente, mais seguen someténdose ao consello das familias que analizan os pretendentes e opinan sobre eles e a súa conveniencia. Son xa minoritarios os matrimonios pactados polas familias durante a infancia dos noivos ou os matrimonios entre dúas mulleres, nos que “o marido”, era a que tiña máis recursos e escollía “unha esposa” necesitada (viúva, abandonada ou separada dun marido alcohólico) que buscaba unha promoción social. Ambas fundaban unha nova familia, pois a primeira escollía un amante procreador para a segunda, que concibiría uns fillos sobre os que o amante non tería ningún dereito. Hai apenas vinte anos un estudo constatou que, aínda que a poligamia sexa unha práctica aceptada en moitas sociedades, a maior parte dos matrimonios en África son monógamos. Outra práctica non estraña á tradición africana, mais tamén presente na ortodoxia xudía é o “levirato”, que consiste na obriga que ten un home de casar coa muller do seu irmán se esta enviúva.


O CASAMENTO EN ÁFRICA Nin a fidelidade nin a estabilidade matrimonial son valores universais entre as diversas culturas africanas. Nalgúns casos prodúcese unha situación de intercambio de parellas -socialmente aceptada e consentida- coa finalidade de garantir a descendencia, normalmente entre primos. No caso de que esa descendencia esperada se producir, o vástago terá dous pais, o biolóxico e mais o legal. Entre os bantús, por exemplo, o divorcio pode producirse cando se alega esterilidade (sempre se achaca á muller) ou impotencia manifesta do marido, enfermidade incurable, conduta violenta do marido e, dependendo dos grupos, infidelidade feminina. Este mesmo grupo consente que unha viúva pase a formar parte do grupo das chamadas “mulleres libres” que poden ata casar novamente ter relacións con quen queiran sen sufrir ningún estigma.


O CASAMENTO EN CHINA Nas vodas tradicionais chinesas o ritual presta moita atención ao día da voda consultando cos astrólogos o máis favorábel. O vestido da noiva ha ser de seda vermella brillante, xa que é a cor da boa sorte. A mañá da voda o cortexo do noivo vai onda a noiva e “suborna” as damas amigas para que lle permitan a entrada á casa, onde almorza cos sogros. Durante a cerimonia ten lugar a danza do león e ao longo de todo o ritual soan diversas músicas cunha poderosa percusión para facer fuxir os malos espíritos.


O CASAMENTO NA INDIA Na India hai unha pedida previa con intercambio de regalos e doces entre as familias. Hai festas separadas antes da voda durante as cales as familias dun e doutro cóbrenos de cúrcuma para suavizarlles a pel. A noiva adórnase con henna o seu traxe é o sari vermello rematado en ouro. O Saptapadi é o intercambio de votos ante o lume sagrado,que rodean os noivos cando intercambian os aneis. Máis tarde, na cerimonia do Var Mala, o intecambio é de grinaldas de flores como símbolo de amor mútuo e mostra de aceptación. Como na India, en Indonesia, as vodas duran varios días e as cerimonias varían entre as castas. Unha das cousas máis universais é que os pais deben dar o consentimento. Non só se casan as persoas, tamén se enlazan as familias. Hai unha persoa, o Paés, responsábel das cerimonias que conforman o casamento: Siraman (cerimonia do baño), Midodareni (a véspera da voda) e ljab (consagración relixiosa do matrimonio).


RITUAIS DE MORTE E LOITO Enterros, esquelas, roupa de loito (negra ou branca), festas de despedida, cubrición de espellos e esgazado ritual de roupas, impurezas rituais e baños purificadores, acendido de candeas e lámpadas como recordo, ofrendas votivas de flores ou comida, cremación, inhumación; tamén na morte as formas son múltiples e o fondo semellante.


AO PAN, PAN E AO VIÑO... As dietas van variando en relación coas determinacións que o clima impón aos cultivos, mais non é infrecuente que se produzan influencias e fenómenos de expansión de xeito que algunhas comidas xa non se asocien só ao seu lugar de orixe, pois están amplamente implantadas en todo o mundo. É o caso da hamburguesa ou da pizza.


AO PAN, PAN E AO VIÑO...

En tempos remotos, a Humanidade comía aqueles produtos que se producían na súa contorna.


AO PAN, PAN E AO VIÑO... Mais, desde ben cedo, os intercambios entre os pobos fixeron que alimentos orixinarios dun certo lugar se difundisen amplamente por todo o planeta. A súa conservación esixía o emprego de determinados condimentos (especias) e desencadeou unha carreira entre as potencias hexemónicas da fin da Idade Media que propiciou unha imparábel procura de novas rutas terrestres e mariñas, o que, finalmente, levaría a occidente á descoberta do chamado Novo Mundo.


AO PAN, PAN E AO VIÑO...


AO PAN, PAN E AO VIÑO...

E nos tempos actuais, o fenómeno da globalización fai que a relación entre alimentación e identidade cultural quede, como noutros aspectos, atenuada. Ademais, hoxe, na nosa sociedade de consumo, o procesado industrial dos alimentos fai que antes que preguntármonos de onde veñen os produtos cos que nos nutrimos, nos preguntemos pola marca.


AO PAN, PAN E AO VIÑO... ALEMAÑA

INDIA

FRANCIA

CHAD

En calquera caso, o maior elemento de diversidade ten moito máis que ver co nivel social que coa singularidade cultural. Peter Menzel, fotografou a desigualdade no mundo retratando familias de todos os continentes nas súas casas xunto aos alimentos que consomen nunha semana.


O PAN, PAN E O VIÑO... INDIA

ESTADOS UNIDOS

BUTÁN REINO UNIDO KUWAIT

MALI


TER CASA E TER BRASA Palafitas, iglús, rucas, tipis, iurtas, malocas, barracas, riads, hanoks, izbas, cottage, chaumières, dachas, palapas... moitas formas de habitación, aínda que a diferenza máis recorrente, a de raíz económica é, desgraciadamente, a que resulta igualadora.


TER CASA E TER BRASA En Londres e a escasos Km conviven os barrios mรกis exclusivos (Belgravia) e o mรกis marxinal (Newham).


TER CASA E TER BRASA En New York, Tribeca ou Chelsea son barrios altamente cotizados onde o aluguer dun apartamento de dous cuartos supera os 14.000 $ ao mes, o que case se aproxima a salario mínimo anual nun país europeo ben desenvolvido como Alemaña. Na mesma cidade, outros barrios como O Bronx destacan por ter un nivel de vida inferior e un alto índice de inseguridade, superpoboados e degradados, con altas taxas de desemprego e escaso alcance de servizos sociais que atenúen as desigualdades.


TER CASA E TER BRASA En Dubai, o paraíso da arquitectura contemporánea xunto ao luxo conviven situacións de extrema desigualdade e inxustiza.


TER CASA E TER BRASA E verdadeiras cidades da pobreza repรกrtense por todo o mundo. E NON HAI QUE IR MOI LONXE!

A FONTENLA O CARBALLIร O TEITOS DE HONG-KONG

FAVELAS DE RIO DE TEITOS DE JANEIRO HONG-KONG


VESTIRSE DE SEDA A variedade de vestidos tradicionais é tamén inagotabel: dirndl,sari, cheongsam, kimono, caftán, polleras, esmóquins, traxe gaucho, gomesi, hula..., mais, curiosamente,os motivos decorativos dos tecidos tradicionais son semellantes, mesmo cando aparecen en lugares ben afastados no espazo e no tempo.


VESTIRSE DE SEDA O vestido ao longo da Historia, dependeu tanto de factores contextuais (clima e necesidades de protección contra os elementos, materiais presentes en cada zona…) como doutros de tipo cultural (maior ou menor desenvolvemento, tradicións relixiosas ou espirituais…), mais, conforme nos achegamos ao presente, as diferenzas vanse suavizando e hoxe podemos dicir que a forma europea de vestir colonizou practicamente todo o planeta.


NA BOCA DA XENTE

Milleiros de linguas e milleiros de identidades


NA BOCA DA XENTE

Moitas delas emparentadas, segundo din.


NA BOCA DA XENTE

Moitas tamén en perigo ou ameazadas de extinción.


NA BOCA DA XENTE


EN CADA ROCA, SEU FUSO; EN CADA TERRA SEU USO.

O saúdo, a despedida, das as grazas, pedir permiso e perdón…


OS SAÚDOS

Dar a man, abrazar, bicar unha, dúas ou tres veces, facer un beixamán, sacar a lingua, rozar os narices, facer reverencias, tocarlle os pés a un ancián, inclinar a cabeza, dobrar o corpo todo, facer un círculo no aire coa man, saudar ao estilo castrense… a humanidade diversificou extraordinariamente os rituais biolóxicos de recoñecemento e constatación de ausencia de agresividade.


OUTROS XESTOS Distintos xestos ou distintos significados para os mesmos xestos; Así o polgar cara arriba representa conformidade no mundo occidental, mais en Irán considérase obsceno, en Xapón alude ao varón e en Grecia, Rusia e África Occidental está mal visto ou mesmo pode considerarse insultante. En occidente cruzamos os dedos para conxurar a boa sorte, pero este mesmo xesto en Vietnam é irrespectuoso, pois fai referencia aos xenitais femininos. Facer o V da vitoria cos dedos é sinal de triunfo para nós, mais en países de cultura anglosaxona como Inglaterra, Nova Zelandia, Australia ou Irlanda é ofensivo. Non así para os vulcanianos de Star Trek, que o empregan como saúdo. Mover o índice como chamando a alguén é infamante en Filipinas onde se reserva para os cans. Dicir cumpridos a un recén é considerado entre os integrantes do grupo grupo étnico Miao (localizado en China, Vietnam, Laos y Tailandia) un interese insán do que deben protexerse.


INVENTOS DA FIN DO MUNDO O que normalmente sucede con todos os vencidos, en calquera historia da que se trate: tómase deles o que faga falla, sen nomealos; concédeselles a razón ineludíbel, mais apoderándose dela e trasladándoa ao campo do vencedor, que o fai con tranquilidade de conciencia, tanto que ben poida ser que nin se decate de que o fai. Todos os vencidos plaxiados no sentido amplo da palabra “plaxio”, que pode chegar a ser ata o desenvolvemento, o desenvolvemento dun tema inicial; o rapto dunha figura representativa. A sorte da razón do vencido é converterse en semente que xermola na terra do vencedor …

El hombre y lo divino Zambrano A vida de Brian, Monty Python, 1979


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS ROMANOS? A xenial fita dos Monty Python ironizaba cunha das civilizacións máis potentes da historia, modeladora da actual cultura occidental. Os romanos souberon coma ninguén aproveitar os inventos e melloras dos pobos cos que entraron en contacto e esta permeabilidade foi o segredo do seu éxito, permeabilidade que perdura hoxe entre nós, pois consideramos como propios e occidentais moitos dos inventos xurdidos noutras áreas. A nosa visión da historia é, pois, eurocéntrica.

Cúpula de formigón do Panteón de Agripa, 120 d.C.


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS LATINOAMERICANOS?

Entre as contribucións do sur do continente americano ao desenvolvemento xeral do planeta estarían algunhas como a televisión a cor, a pílula anticonceptiva, a incubadora, o código captcha e reivindican tamén os antecedentes da fotografía e da aviación.


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS INDIOS? Desde o algodón á fibra óptica, dos inodoros e o sistema de sumidoiros á cirurxía de cataratas pasando por moitas achegas no campo das matemáticas, antigas e modernas (a sucesión de Fibonacci, (triángulo de Pingala), a ecuación de segundo grao, o código binario…


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS CHINESES?

COMPÁS OU BRÚXULA

FABRICACIÓN DE PAPEL O compás, a seda, a pólvora, o papel, a imprenta,a pasta, a carretilla, o sismógrafo, a cometa, o ábaco…

FABRICACIÓN DE SEDA


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS AFRICANOS? Os africanos subsaharianos desenvolveron a metalurxia nunha época moi temperá, cara a 1400 a.C. e os africanos orientais empezaron a producir aceiro nos fornos de carbón, estendéndose devagar cara u oeste. O primeiro sistema de escritura coñecida, a xeroglífica prodúcese no Exipto de hai máis de 5000 anos. Do desenvolvemento da escrita hierática derivarían máis tarde os sistemas de escritas tifinagh (bereber) e copto (etíope) inspiradores dos sistemas hebreo, árabe e indirectamente do grego, latino e cirílico

ALFABETO TIFINAGH (BALOS, GRAN CANARIA)


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS AFRICANOS? Tamén comezaron en África a roda e a navegación a vela, o que supuxo unha revolución para o progreso das comunicacións. Foron pioneiros na enxeñaría e na arquitectura coas construcións do Gran Zimbabwe, as terrazas de Gwoza en Nixeria ou as fortificacións de Benin. Outros antecedentes da arquitectura occidental estarían nas igrexas de Lalibela en Etiopía, os obeliscos de Axumite, as esfinxes sudanesas e as pirámides exipcias.

Gran Zimbawe, Séculos XI a XIV Pintura rupestre de roda (c. 1000 a.C)


A VER… E QUE LLES FIXEMOS NÓS OS AFRICANOS? O colonialismo paralizou o desenvolvemento da tecnoloxía en África, prohibindo a produción local de moitas artesanías autóctonas e inundando o mercado de produtos europeos. E isto en todos os sectores, desde os téxtiles ata as ferramentas de labranza ou a industria farmacéutica. Por outra banda, a intervención europea no continente desembocou nunha xeopolítica complexa e un subdesenvolvemento endémico que explican a meirande parte dos conflitos e problemas que o desangran.


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS ÁRABES? Os primeiros graos de café foron orixinarios de Etiopía e desde aí nunha longa viaxe acabou por nacionalizarse como cidadán do mundo, pois hai cafetais naturalizados en Brasil, Colombia, Vietnam, Indonesia, Etiopía, India… O primeiro científico que se decatou da natureza do sentido da vista foi Ibn al Haytham, un matemático, astrónomo e físico musulmán do século X, inventando, alén diso, a cámara estenoscópica. O xadrez desenvolveuse tal e como o coñecemos na Persia, e desde aí difundiuse ata Europa e o Xapón. Libro de Xadrez de Afonso X, 1283


A VER… E QUE FIXERON POR NÓS OS ÁRABES? A destilación, a licuefacción, a cristalización, a purificación, a oxidación , a evaporación, a filtración e moitos outros procesos da química moderna levounos por primeira vez a cabo, na procura d perfumes, Ibn Hayyan, alquimista do ano 800. O “cigüeñal” foi inventado por un enxeñeiro musulmán do século XIII. O arco oxival, fundamental para a construción de catedrais medievais, era xa usado polos abasíes no século IX. Moito do instrumental de cirurxía actual, entre eles o fío de coser cirúrxico que se degrada naturalmente no interior do organismo.

“Cigüeñal” de Al-Jazari


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.