Crónica do premio Boas prácticas na biblioteca

Page 1

Levantámonos as cinco da mañá. Luís (o director) veu a recollernos co coche e levarnos ao aeroporto. O aeroporto era moi grande e había un detector de metais. Cando subimos ao avión estabamos moi nerviosos e os “azafatos” déronnos unha pizarra para debuxar. Cando despegou, a Óscar taponáronselle os oídos. Cando estabamos no aire vimos as nubes por debaixo do avión como si foran de lá (Óscar), e moitos parques eólicos (Noa) e un campo de tenis (Óscar). Ao chegar a Madrid fomos no autobús ata a Biblioteca Nacional. No autobús Óscar premeu nun botón, e unha voz dicía :”Próxima parada non sei qué, non sei canto”


Antes de entrar na Biblioteca fomos a unha cafetería a almorzar, onde había moitas videoconsolas e estivemos xogando. Despois fomos a cambiarnos e entramos na Biblioteca Nacional. Ensaiamos un pouco no escenario, e logo fomos xogar fora ata a hora de entrar. Logo o ministro deu un discurso e despois foi a entrega de premios. O premio do cole colleuno a profe Isa. E despois a profe Belén presentou ao Iván (o músico) que tocou coa zanfona “Strela do día”. A continuación puxeron un vídeo do que facemos na escola e na biblioteca. Despois Isa levounos ao escenario. Alí non tivemos nervios, tivemos emoción.


(Noa dí que se puxo nerviosa cando actuou para os profes do cole, e Óscar di que non, que a el púxoo nervioso actuar para os compañeiros). Saíunos moi ben, e logo Isa colleunos da man e saímos do salón de actos. Despois foron os “pinchos” e Óscar comeu moita tortilla. Alí todo o mundo nos felicitou. O ministro felicitou a Noa mentres Óscar se cambiaba para non mancharse. Dixo: “ Lo hicisteis muy bien y teneis que felicitar vuestros compañeros por los dibujos tan bonitos”, e Noa díxolle “Gracias. Nos esforzamos mucho”. Fomos comer a un restaurante cerca do Prado. Óscar non comeu nada, porque estaba cheo. Solo un xeado.


No museo do Prado vimos “As meninas” e “As lanzas”. Belén comprounos unha chapa das meninas para cada un. Logo volvemos en metro ao aeroporto. Cando chegamos ao aeroporto solo había catro asentos, e eramos sete. Entón Iván, Isa e Belén quedaron 2 horas mais, a esperar outro avión, e Luis, Ana (a nai de Noa) e nós viñemos no avión. Déronos unha ficha de actividades de Bernie e houbo moitas turbulencias. Pasámolo moi ben (Noa). Eu quero volver atrás no tempo e volver a pasar o día (Óscar). Noa Curro Pena (10 anos) Óscar Gutiérrez Martínez (9 anos)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.