__MAIN_TEXT__

Page 1

Ada Lovelace por Anna Zhyn

Día da Muller

MULLERES INVENTORAS IES Monte das Moas Marzo 2018


INTRODUCIÓN As mulleres moven o mundo Neste país, deserto científico, sen presupostos para a cultura e con miles de mozos e mozas investigadores moi ben formados saíndo ao estranxeiro para ganar o pan e poder desenvolver a sua profesion, as mulleres, coma sempre, teneno mais difícil. Ser investigadora e muller e unha difícil conxuncion. A pesar do grande numero de mulleres científicas que participan nos extraordinarios avances das diferentes disciplinas, habitualmente permanecen relegadas a un segundo plano ante a sociedade. Queremos dar a conecer alguns dos logros de moitas mulleres inventoras. Moi poucas gozaron do merecido reconecemento polo seu traballo. Moitas veces as patentes estaban a nome dos seus maridos ou irmans. Moitas... Demasiadas. Hoxe en día, no seculo XXI, os logros dun grande numero de mulleres permanecen ocultos e a igualdade segue sendo un valor polo que TODA A CIDADANIA debe loitar. Aínda que nas ultimas decadas se comezase a tomar conciencia da invisibilidade das mulleres en diversas facetas coma nas artes e nas ciencias, seguimos tendo que reivindicar, que reclamar, o lugar que lles corresponde por dereito e os reconecementos que merecen nunha sociedade que dende seculos as discrimina.


ALICE PARKER

A Sandra Fuciños Calle

Morristown, Nova York (¿?) A CALEFACCION A GAS

principios do seculo XX, Parker graduouse con honra na Universidade de Howard nunha epoca na que poucos afroamericanos (por non falar das mulleres) tinan estudos universitarios. Non se sabe moito da vida de Parker. Pero sabemos que se cansou dos fríos invernos de Morristown e da efectividade limitada das chemineas para quentar o seu fogar, sen mencionar o fume e as cinzas que producían . Encargouse de desenar un "forno de calefaccion novo e mellorado alimentado con gas natural. Era a primeira vez que alguén pensaba utilizar gas natural para quentar o fogar. O seu deseno obtivo unha patente en decembro de 1919. Creou o termostato e os familiares fornos de aire forzado na maioría dos fogares de hoxe. Durante seculos, as chemineas, estufas e braseiros constituíron a forma mais habitual de quentar as vivendas durante o inverno. Todo iso cambiou en 1919, cando Alice Parker inventou un sistema de calefaccion central alimentado por gas. Aínda que este deseno non chegou a ser fabricado, a sua idea de empregar gas natural para quentar unha casa particular inspirou os sistemas de calefaccion central do futuro.

Patente do forno de calefacción a gas


BEULAH LOUISE HENRY

I

(1887-1973) MÁQUINA DE FACER XEADOS

nventora e empresaria estadounidense completamente autodidacta foi responsable dunhas 110 invencions e 49 patentes, razon pola que foi conecida co apelativo de “Lady Edison”. Beulah Henry naceu en Raleigh (Carolina do Norte), nunha familia de distinguida linaxe. Beulah criouse nun ambiente cultivado e propicio as belas artes. Xa de nena realizaba modelos e desenos con ferramentas e aparellos domesticos. Tras pasar un tempo en Memphis (Tennessee), regresou a Carolina do Norte. Alí, entre 1909 e 1912, estudou nas Escolas Presbiteriana e Elizabeth da cidade de Charlotte. En 1912, obtivo a sua primeira patente (non. 1.037.762). Tratabase dunha maquina de facer xeados que incluía unha cámara conxeladora rodeada por unha estrutura illante grazas a cal alcanzabase gran rapidez na fabricacion con mínimo gasto de xeo, ademais de servir para arrefriar auga. Henry tamen rexistrou este invento en Gran Bretana e en Francia.

Patricia Muñoz Pérez

Entre os inventos de “Mrs. Edison” que lle reportaron moita fama están un paraguas cunha variedade de cubertas de tea a presión de diferentes cores (1924); a primeira máquina de coser sen bobina (1940) ou o "Protograph" cunha máquina de escribir manual para facer catro copias dun documento (1932) Patente orixinal da máquina


JULIA MONTOUSSE e JULIA RODRIGUEZ

I Loly Mosquera e nai

(?¿-1971) (¿?- 2005) A FREGONA

nventoras da fregona segundo consta no Catalogo “200 anos” de patentes, anterior a atribuída a Manuel Jalon, considerado ata hai pouco o seu inventor. En 1953 inventaron un aparello de cubo, pau e trapo, dispositivo que se pode adaptar a recipientes como cubos, caldeiros... para facilitar o fregado, lavado e secado de pisos, corredores, zocalos e locais en xeral, sen ter que axeonllarse. Rexistrarono como modelo de utilidade nº 34.262, un rango menor que unha patente. Julia Montousse Frages de orixe frances, veraneaba en Salinas e casou cun conecido industrial descendente de familia de banqueiros dunha familia acomodada. Finou o 27 de setembro de 1971, a sua filla Julia Rodríguez-Maribona, alcumada Julina, morreu na cidade suíza de Neuchatel o 16 de marzo de 2005.

Segundo Julio García Maribona (familiar das inventoras) o modelo das mulleres foi adquirido por Manufacturas Rodex, empresa de Manuel Jalon, para mellorar un modelo que a firma xa comercializaba.

Primera fregona do mundo comercializada por RODEX e foto da patente orixinal da fregona


BETTE NESMITH GRAHAM

N Haydée Estévez Barcala

(1924-1980) O Tip-Ex ou Corrector

acida en 1924 en Dallas, Texas, Bette Graham abandonou a escola secundaria a idade de dezasete anos e asistiu a escola secretarial. Traballando como secretaria decatouse dos problemas coas novas maquinas de escribir electricas de IBM. Cansa de ter que volver escribir paxinas enteiras debido a un pequeno erro, Graham decidiu buscar unha alternativa mais eficiente. Fundou a sua propia companía: Graham's Liquid Paper Company que experimentou un gran crecemento e exito na decada dos 60. Utilizaba o seu talento pintando motivos festivos nas fiestras do banco onde traballaba e ao se decatar de que os artistas non borraban os erros senon que pintaban encima, empezou a usar pintura branca diluída cun pincel para corrixir os seus propios erros. En segredo, Graham utilizou a sua pintura correctora durante cinco anos, facendolle algunhas melloras coa axuda do mestre de química do seu fillo. Co tempo comezou a comercializar o seu líquido corrector para maquina de escribir co nome de “Mistake Out”(fora erros) en 1956. O nome foi cambiado despois polo de Liquid Paper cando comezou a sua propia companía.

Colección de botellas de “liquid Paper, Museo das Mulleres,


GRACE HOPPER (Nova York, 1906 - Arlington, Virginia, 1992)

D Noemí Puga Vidal e cía.

O PRIMEIRO COMPILADOR INFORMÁTICO

outora en Matematicas e Almirante do Exercito Norteamericano Grace Murray era descendente dunha familia americana de mi-

litares. Hopper comezou os seus estudos en matematicas e física no Vassar College en Nova York en 1924. Tras graduarse, comezou a impartir clases de matematicas no propio Vassar College e despois ingresou na universidade de Yale onde foi a primeira muller en doutorarse. Tralo estalido da Segunda Guerra Mundial incorporouse as Forzas Armadas e empezou a traballar nun proxecto informatico en Harvard. Concluída a Segunda Guerra Mundial seguiu a sua carreira como investigadora, creando multiples aplicacions contables e, durante os anos posteriores, desenvolveu os primeiros compiladores informaticos. En 1966 terminou a sua etapa de militar na reserva co grao de Capitan de fragata pero seguiron chamandoa para labores de asesoramento, retirandose definitivamente en 1986, como a oficial mais lonxeva da Armada estadounidense. Conecida como Amazing Grace esta considerada, entre outros meritos, como a precursora da linguaxe COBOL (Common Business-Oriented Language). Unha linguaxe de programacion universal, e inedita na epoca, capaz de ser usada por calquera ordenador e que se utilizou principalmente nos negocios.


ELLEN OCHOA

E Mercedes Pérez González

(1958) SISTEMA DE INSPECCIÓN ÓPTICA

llen naceu o 10 de maio de 1958 en Los Angeles, California. Aínda que os seus pais tamen naceron en Estados Unidos, os seus avos eran mexicanos procedentes de Sonora. Estudou física na Universidade do Estado de San Diego. Despois, estudou o doutorado en enxenería electrica na Universidade de Standford e no Centro de Investigacion AMES da Nasa. Posteriormente, investigou os sistemas opticos para procesar informacion. Así mesmo, impartiu diversas conferencias tecnicas e publicou en diarios científicos. Logo de varios intentos foi aceptada pola NASA, e o 4 de abril de 1993 converteuse en astronauta. En xaneiro de 2013 Ellen Ochoa foi nomeada directora do Centro Espacial Lyndon B. Johnson, sendo a segunda muller que desempena ese cargo e a primeira de orixe hispana. A Dra. Ochoa e a coinventora de tres patentes para un sistema de inspección óptica, un método de recoñecemento dun obxecto óptico, e un método para imaxes de eliminación de ruídos. Tamen e a inventora dun mecanismo de lanzamento de transbordadores espaciais.

A Dra Ochoa manexando os brazos dun robot nunha das súas viaxes no transbordador espacial.


HEDY LAMARR

H Fabiola Cobián Muñoz

Fotograma da película “Tortilla Flat”

(Viena 1914- Florida 2000) PRECURSORA DO SISTEMA WI-FI

edwig Eva Maria Kiesler, actriz xudía, conecida como “a muller mais bela da historia do cine” e coinventora da primeira version do espectro ensanchado que permitiría as comunicacions de longa distancia sen fíos, precursor da wifi. O 9 de novembro (nacemento de Hedy Lamarr) e o Día do Inventor en países de fala xermana, e en 2014 foi incorporada ao Invertors Hall of Fame (EE.UU). Considerada como superdotada dende nena, estudou enxenería aos 16 anos, pero tres anos despois comezou a actuar no teatro berlines. Pasou ao cine e foi mundialmente conecida polas secuencias da película Extasis, nas que aparece espida (1933). Un matrimonio con Friedrich Mandl amigo persoal de Hitler, obrigouna a levar unha vida miserable, encerrada e sempre vixiada. Hedy aproveitou para continuar os estudos de enxenería e para obter informacion sobre a industria de armamento dos amigos do seu home. Despois de fuxir comeza a carreira como actriz en EE.UU. Hedy Lamarr e o compositor George Antheil desarrollan un sistema de detencion de torpedos teledirixidos inspirado nun principio musical. Na patente de 1942 a inscrición H. K. Markey et al. as iniciais H. K. son as de Hedwig Kiesler (Hedy Lamarr); Markey era o seu apelido de casada, nese momento. Por iso non foi recoñecida como se merecía. En 1962, durante a “crise dos mísiles de Cuba” usouse este sistema de control remoto, e tamén na guerra de Vietnam, ata que na década dos 80 se comezou a utilizar en enxeñería civil, como precursor da comunicación de datos WIFI.


HELEN GREINER

H Susana López Fernández

(1967) iROBOT ROOMBA

elen Greiner naceu en Londres en 1967. Cando Helen tina cinco anos de idade, a familia trasladouse a Southampton, Nova York, nos Estados Unidos. Aos 10 anos, Greiner viu por primeira vez a película Star Wars. En varias ocasions, dixo que a sua inspiracion para traballar con robots foi o personaxe R2D2 Greiner graduouse no Instituto Tecnoloxico de Massssachusetts en 1989, e aí mesmo obtivo o seu master en 1990. Ese mesmo ano , Greiner cofundou iRobot, unha compañía de robótica que fabrica robots industriais, domésticos e militares. Tamen ten traballado no Laboratorio de Propulsion a Reaccion da NASA e no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto Tecnoloxico de Massachusetts. Actualmente, Helen Greiner e directora de tecnoloxía (CTO) de CyPhy Works, onde desenvolven o PARC, un dron de reconecemento aereo que permite a comunicacion de longa distancia de forma confiable. Codesenou a primeira version do iRobot Roomba: un sinxelo robot con corpo de bloques Lego, duas rodas e unha escobina que cambiaba de rumbo cando atopaba un obstaculo. Joe Jones o codesenador chamou a sua util creacion Rug Warrior (algo así como o Guerreiro da Moqueta) porque se deu conta de que se parecía aos fantasticos vehículos de 'Mad Max 2. Ese pequeno e primitivo loitador contra as pelusas converteríase no antepasado dun robot domestico que conquistou os chans do mundo enteiro: O Roomba. Patente dun dos modelos máis recentes do robot aspirador


HIPATIA DE ALEXANDRIA

V

(355 o 370–ibíd., marzo de 415 o 416) O ASTROLABIO

iviu a finais do seculo IV e comezos do V, filla dun afamado filosofo, matematico e astronomo: Theon.

Esta considerada como a primeira muller na historia que achega importantes investigacion no campo das matematicas e tamen na astronomía. Parece ser que escribiu varios libros destas materias, pero o seu traballo perdeuse e so quedan referencias doutros autores. Emma Capelo Mera

Construíu un astrolabio, un hidroscopio e un hidrometro graduado de laton, era una muller de grande creatividade tecnoloxica e moi intelixente. Foi brutalmente asasinada por un grupo de cristians que se sentían ameazados pola sua erudicion, o modo de transmitir o conecemento e a profundidade no pensamento científico.

Hipatia no cadro do pintor Rafael “ A escola de Atenas” Imaxes dun aerómetro e dun astrolabio


LETITIA GEER

P

(1853-1935 ) A XIRINGA

ouco se sabe da enfermeira Letitia Mumford Geer a parte de que naceu en 1853, en Nova York, Estados Unidos, que tina tres irmans, e que morreu en 1935. Do que si se sabe e do seu invento: A xeringa que se podía usar cunha soa man cuxa patente lle foi concedida en 1896, segundo consta nos arquivos da epoca. O obxectivo que tivo Geer, di o texto da patente, foi “prover dunha ferramenta que lle permitise inxectar o contido sen a axuda dun asistente”. Non eran tempos faciles para as inventoras, aínda que xa quedasen atras os anos nos que podían rexistrar unha creacion a nome do esposo. Eran epocas nas que apenas o 1 por cento das patentes concedidas en Estados Unidos eran para as mulleres. A pouca participacion feminina nos sectores da ciencia e a tecnoloxía era unha das razons para esa cifra ínfima, pero tamen tina moito que ver a burocracia.

Anxos Fuciños Calle

Imaxe dunha xiringa da época Enfermeira dos anos 40 (non hai imaxes da verdadeira Letitia Geer)

Na sua presentacion, incluíu distintos debuxos xunto ao pedido da patente, desde un exemplo de como manipular a xiringa ata unha descricion do obxecto. Explicou como funcionaba, que sucedía co líquido. “O dispositivo e moi simple e barato”, asegurou. Duas testemunas asinaron o pedido, Hubbard W. Mitchell e Eugene Frederick Hoyt.


MADAME CURIE

M Antonia Fernández

Imaxe dunha “pequena Curie”

(Varsovia 1867- Passy ,Francia,1934. ) O SISTEMA DE RADIOGRAFÍA MÓBIL

aria Salomea Skłodowska-Curie, conecida como Marie Curie foi unha científica polaca (nacionalizada francesa). Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en distintas especialidades: Física e Química, e a primeira muller profesora na Universidade de París. Nos seus ultimos anos dirixiu o Instituto do Radio (agora Instituto Curie), un laboratorio de radioactividade creado polo Instituto Pasteur e a Universidade de París. Morreu aos 66 anos por unha anemia aplasica causada pola radiacion. Por meritos propios foi sepultada no Panteon de París en 1995. Estudou clandestinamente en Varsovia, na epoca territorio administrado por Rusia. Marchou a París aos 24 anos onde rematou os seus estudos e realizou os traballos científicos mais destacados. Compartiu o premio Nobel de Física de 1903 co seu home Pierre Curie, e co físico Henri Becquerel. O comite seleccionador pretendía honrar so a Pierre negandolle reconecemento a Marie por ser muller, pero Pierre non quixo recoller o premio se non a incluían. En 1911 ganou en solitario o premio Nobel de Química. Recibiu a cidadanía francesa mais nunca perdeu a identidade polaca: nomeou o primeiro elemento químico que descubriu polonio, coma o seu país natal. Descubriu dous elementos químicos: o polonio e o radio; fixo estudos sobre a radioactividade (termino que ela creou), inventou tecnicas para o illamento de isotopos radioactivos. Durante a Primeira Guerra Mundial creou os primeiros centros radioloxicos para uso militar, unidades mobiles de raios X, (ambulancias rapidamente conecidas como “ as pequenas Curie “). Os Curie non patentaron o seu descubrimento e apenas obtiveron beneficio economico dun negocio, cada vez mais rendible na nova industria baseada no radio.


MARIA BEASLEY

I

(1847-1904?) A BALSA SALVAVIDAS

nventora de Filadelfia que tivo catorce patentes diferentes en dous paĂ­ses.

Inventou unha maquina de canon que mostrou en 1844 na Exposicion Mundial Industrial e de Algodon, conseguiu unha gran fortuna por desenar un sistema automatizado para fabricar barrĂ­s de almacenaxe de vino ou alimentos pero pasou a historia por desenar un bote salvavidas, rexistrado en 1882. Tamen foron inventos seus: utensilios de cocina, quentadores de pes, dispositivos antirretroceso para trens; en Gran Bretana foron patentados dous desenos mellorados de balsas salvavidas. O Titanic usou estas balsas. Ana Romero MasiĂĄ

Traballou sempre mellorando este invento, perfeccionando con varandas de proteccion, flotadores metalicos rectangulares que rodean a balsa e facil almacenaxe (pode dobrarse e estirarse).

Modelo anterior ao ideado por Maria Beasley, claramente insuficiente


MARION DONOVAN

N Reme Martínez Vázquez

Instruccións para usar o primeiro cueiro comercializado.

(1917– 1998) O CUEIRO IMPERMEABLE

aceu en Indiana, EEUU, nunha familia de inventores, que tina unha fabrica onde as maquinas e os novos inventos eran o mais cotian. Marion quedou orfa de nai sendo moi nova , polo que pasou moitas horas na fabrica da sua familia. Marion O'Brien estudou literatura inglesa na Universidade de Rosemont, nos suburbios de Filadelfia, onde se graduou en 1939, ponendose a traballar como redactora auxiliar de beleza na revista Vogue en Nova York. Poucos anos despois casou con James Donovan, importador de coiro e en 1946 naceu a sua primeira filla . Con ela Marion tívose que enfrontar aos cueiros lavables e as suas incomodidades. Mary obtivo mais dunha decena de patentes ao longo da sua vida e traballou como consultora, fabricante e comercializadora de produtos entre eles, o mais famoso o fío dental. Morreu na cidade de Nova York aos 81 anos. En 1946 teimou en resolver o problema que tinan as mulleres de lavar e escaldar os cueiros dos seus fillos. Fabricou nesta primeira fase do seu invento, unha cuberta impermeable, utilizando a tea dun paracaídas, un cueiro de tea de nylon que non deixaba pasar os ourinos a roupa, de maneira que o neno non mollaba nin a sua roupa nin do berce ou cama. En 1949 logrou presentar a solicitude para obter a patente e comezar a comercializalos. Estes cueiros chamabanse "Boaters", e conseguiu a patente o 12 de xuno de 1951. Foron un gran exito e ao cabo de dous anos xa tina ofertas que se elevaban aos dous millons de dolares.


MARY PHELPS JACOBS

A

(1892 -1970 ) O SUXEITADOR MODERNO

poeta Caresse Crosby (Mary Phelps Jacob) naceu o 20 de abril de 1892 na cidade de Nova York. Inventou o suxeitador en 1913 e vendeu a patente. Ela e o seu segundo marido Harry Crosby mudaronse a París, onde estableceron unha editorial. Publicou dous dos seus propios libros e obras de autores como James Joyce e Kay Boyle. En 1930, Crosby regresou aos Estados Unidos tralo suicidio do seu home. Morreu en Roma en 1970. Jacob tivo unha brillante e innovadora idea nunha ocasion na que comprara un vestido de noite para asistir a unha festa. A roupa interior que utilizaban as mulleres eran uns corses ríxidos feitos con osos e arames de aceiro e cando se probou o vestido cun destes corses, un daqueles osos de balea asomaba polo seu escote e deixabase mostrar baixo a tea do seu vestido afeando a sua figura. Jacob intentou solucionalo con dous panos de seda, un pouco de cinta rosa e moito enxeno, e coa axuda da sua doncela elaborou o que sería o primeiro suxeitador moderno. Cando os seus familiares e amigos se decataron pedíronlle permiso para crear sostens, e ata lle chegou a solicitude dun desconecido que lle ofrecía dineiro para poder fabricalos. Viu que aquilo podía ser un bo negocio e solicitou unha patente que lle foi concedida o 3 de novembro de 1914. Naceu así o “Backless Brassiere” (corse sen a parte traseira), sepultando definitivamente ao tan odiado corse. Hai que aclarar que non se trata do primeiro suxeitador da historia, pero o seu deseno foi o primeiro en ser amplamente utilizado.

Tania García Otero Tania García Otero

Modelo da patente.


PATRICIA BATH

N

(1942) LÁSER PARA CATARATAS

aceu en Harlem, de familia humilde (a nai descendente de escravos), o pai inculcoulle o amor pola cultura. Traballou para financiar a educacion dos seus fillos, loitou contra a pobreza, sexismo e racismo, non era habitual na epoca e nesa sociedade que houbera medicos negros. Asistiu a Charles Evans Hugues High School e diplomouse en dous anos e medio.

Thalita Mariano da Silva de Almeida

Participou en proxectos de investigacion en medicina sobre a conexion entre o cancro a nutricion e o estres. Licenciouse en química, doutorouse en Medicina. Foi pioneira na disciplina mundial de “medicina comunitaria”, un programa voluntario para dar atencion ocular as poboacions pobres. Oftalmologa, inventora, academica estadounidense. Muller afroamericana que abriu as portas a moitas outras mulleres negras en varias areas antes impensables, por exemplo ningunha fora residente de oftalmoloxía ou cirurxa no Centro medico de UCLA. Foi tamen a primeira afroestadounidense en recibir unha patente con fines medicos, en 1988 patentou un dispositivo láser para eliminar cataratas. Tamen e titular de catro patentes e fundadora da companía do Instituto Americano para a Prevencion da Cegueira en Washington, DC.


SARAH “TABITHA”BABBITT

U

(1779 - 1853 ) A SERRA CIRCULAR

nha das primeiras creadoras e inventoras de ferramentas de American Shaker, sociedade relixiosa formada a finais do seculo XVII, conecida como SHAKERS, neste grupo manifestabase a igualdade de sexos, o esforzo e o traballo duro. En 1810, Babbitt traballaba cunha roca e ideou a serra circular para cortar a madeira. A serra creouse e funcionou, pero Babbitt nunca patentou este invento, aínda que se considera como a sua inventora. Mellorou a roca coa dobre cabeza de roda xiratoria e mesmo se lle atribue a invencion dos dentes postizos. María Rey Fernández

Din dela que non patentou o invento para que fora utilizado por outros, pero foi patentada tres anos mais tarde por dous franceses cando descubriron a sua existencia nuns papeis dos Shakers.


DR. SEEMA PRAKASH (1961 ) TECNOLOXÍA DE CULTIVO LÍQUIDO EN PERLAS DE VIDRO (Glass Bead Liquid Culture Tecnology-GBLCT).

S María Loreno Bartolomé

eema Prakash naceu en 1961 na India. O seu interese na ciencia comezou cando tina sete anos . Recibiu o título de pregrao da Universidade de Kanpur, unha universidade feminina. So había outros 10 estudantes no seu campo de estudo. Seguiu cun grao de Master en Ciencias en Botanica con especializacion en Xenetica e Mellora de Plantas, tamen da Universidade de Kanpur e obtivo un Ph. D. da Universidade de Bangalore en 1995. Comezou a traballar na sua invencion en 1991. Durante o seu adestramento en cultivo de tecidos, descubriu que o costo de producion do cultivo de tecidos vexetais era moi alto e isto facía que so estivese disponible a gran escala para granxeiros corporativos. Inspirada na cancion de Bob Geldof, que recadou dineiro para combater a fame en Africa, Seema sentiuse motivada para reducir o costo de producir estas plantas melloradas para que os pequenos e medianos agricultores tamen puidesen pagalas. Cando tratou de usar perlas de vidro esterilizadas como medio, descubriu que eran rendibles e tinan baixos niveis de contaminacion porque son inertes para as propias plantas, os nutrientes e as hormonas . Este descubrimento levou a sua invencion da tecnoloxía de cultivo líquido Glass Bead (GBLCT). A doutora ganou o Premio ao Inventor Global do Ano en 2003. En 2003 o 4 ° lugar "Global Female Inventor of the Year Award" pola Rede Global de Inventores e Innovadores de Mulleres.


STEPHANIE KWOLEK

S Begoña Fandiño Souto

Fibra de Kevlar

(1923-2014 ) O KEVLAR

tephanie Louise Kwolek naceu en 1923 en Pittsburgh, Pennsylvania, USA. O seu pai morreu cando ela tina so 10 anos, pero transmitiulle o seu interese pola ciencia, particularmente a ciencia natural. A os 23 anos, obten unha licenciatura en química na Universidade de Margaret Morrison Carnegie Universidade de Carnegie Mellon, e empezou a traballar como químico en na empresa DuPont, onde pasou o resto da sua carreira. Tras nove anos de investigacion, fixo o seu gran avance inventando o Kevlar. Este material non so atopou uso en pneumaticos, a sua combinacion de lixeireza e resistencia foi utilizado nunha gran variedade de aplicacions de roupa de proteccion, como chalecos antibalas, que salvaron as vidas de innumerables axentes da policía e outras persoas. Sobre o seu descubrimento, Stephanie Kwolek dixo: "non creo haxa nada como salvarlle a vida a alguén para ofrecerlle satisfacción e felicidade." Stephanie Kwolek morreu o 18 de xuno de 2014, a idade de 90 anos. O Kevlar e un polímero altamente cristalino que non e soluble en ningun disolvente. Tampouco se derrete por baixo dos 500 grados centígrados. E un plastico moi forte, que primeiro foi utilizado para substituír o aceiro de reforzo en tiras de pneumaticos de coche de carreiras e pasou a ser utilizado nun gran numero de aplicacions onde se require unha grade resistencia pero sen moito peso. O Club de Superviventes Kevlar, unha alianza entre DuPont e a Asociacion Internacional de Xefes de Policía, ten documentado polo menos 3200 vidas salvadas grazas ao uso da fibra inventada por Kwolek.


VALERIE L. THOMAS

V

(1943 ) TRANSMISOR DE ILUSIÓN ÓPTICA

alerie Thomas naceu en maio de 1943 en Maryland. O interese de Thomas polas matematicas e a ciencia non se lle fomentou ata os seus anos universitarios. Logo de graduarse da escola secundaria, Thomas finalmente tivo a oportunidade de explorar os seus intereses como estudante na Morgan State University. Ela foi unha das duas unicas mulleres en Morgan que se especializou en física. Thomas destacou nos seus estudos. Graduouse e aceptou un posto como analista de datos na NASA. Permaneceu alí ata o seu retiro en 1995. Nicole Pimentel Veras

En 1980, Thomas recibiu unha patente para un transmisor de ilusion. O dispositivo produce imaxes de ilusion optica a traves de dous espellos concavos. A diferenza dos espellos planos, que producen imaxes que parecen estar dentro ou detras do espello, os espellos concavos crean imaxes que parecen reais ou fronte ao espello mesmo. Esta tecnoloxía foi adoptada posteriormente pola NASA e desde enton foi adaptada para o seu uso en cirurxía, así como na producion de pantallas de television e vídeo.


Biblioteca do IES Monte das Moas Marzo 2018

Profile for Bibliomontemoas

Mulleres2018final  

Homenaxe a mulleres inventoras de todos os tempos no IES Monte das Moas

Mulleres2018final  

Homenaxe a mulleres inventoras de todos os tempos no IES Monte das Moas

Advertisement