Inventario mochila

Page 1

MOCHILA Nº 14 ( 6º) Curso 2015 – 2016 Revista Para saber moito Para aprender acompañado Cómic En Inglés Narrativa en Galego

Pelo, Pico, Pato Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches Mi pequeño manual de experimentos Mortadelo y Filemón – Mundial 2010 Flags Sticker Atlas Unha xanela para Cecilia

Estas mochilas que viaxan no presente curso son un recurso da biblioteca escolar que parte das inquedenzas de achegar a lectura ás familias e aos fogares , constituíndo tamén unha fórmula de interrelación para a comunidade educativa. No seu interior atoparades diferentes materiais , seleccionados desde o equipo da biblioteca e acordes ao nivel de estudos ao que vai dirixida. A mochila permanecerá nas vosas casas durante unha quincena . Pregamos que respectedes os turnos para que tdos teñan acceso á mochila , que coidedes os fondos ( especialmente os soportes dixitais ) e que nos avisedes se algún material chega deteriorado aos vosos fogares. Entre o contido da mochila atoparedes un caderno para que calquera membro da familia poda expresar a súa opinión sobre esta actividade. É moi importante que fagades uso del ; pois para nós é unha maneira de avaliar o proxecto , de introducir modificacións , … etc. Tamén é unha fórmula para ir elaborando entre todos e todas un caderno viaxeiro que ten , entre outros, os seguintes obxectivos: - axudar a pensar e a expresar os sentimentos - elaborar unha práctica de comunicación - comprometerse co saber - introducirse no espíritu crítico - axudar no desenrolo intelectual e afectivo , … É importante que fagades uso del para aportar suxerencias , intercambiar opinións e expresar sensacións . Agradecemos a vosa participación e desexamos a todos : Felices e instructivas lecturas !

CEP LOIS TOBÍO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Inventario mochila by bibliolois - Issuu