Page 1

UXÍO NOVONEYRA dende a súa relación con Díaz Castro...........................2 CARA ONDE IMOS NO IES POETA DÍAZ CASTRO?......................10 ......................10 55 mentiras sobre a lingua galega……………………………....................…..12 Claudio Rodríguez Fer……………………………………....................……14 Entrevista con José Carlos Rodríguez Soto ………….....................................15 REDES SOCIAIS…………………………………………….................…..16 Irmandades do Falo………………………………………….................……18 EXCURSIÓN Ó PARLAMENTO DE GALICIA……….............……….19 CONVERSA CON SAMUEL JUÁREZ…………………..............………20 Axenda 21 Escolar Galega……………………………….................………...23 Etwinning: 5 anos no IES Poeta Díaz Castro……………….................…….24. Correlingua 2010…………………………………………..................………25 A participación do alumnado na Axenda 21 Escolar Galega............................26 SAHARA OCCIDENTAL, UNHA CAUSA OLVIDADA….............…...28 Visita a Ferrol………………………………………………..................…….29 Un paseo por Compostela…………………………………..................……..29 Viaxe a Candanchú-Astún………………………………….................……..30 Viaxe a Londres……………………………………………..................……..31 Excursión a León………………………………………................…………32 Formación mediadores……………………………………................………32 . IES Poeta Díaz Castro

1


UXÍO NOVONEYRA dende a súa relación con Díaz Castro

O poeta de Guitiriz, polo seu carácter retraído e pola estadía alongada en Madrid, non tivo moita comunicación co mundo literario. Aínda que hai sinais evidentes dun fluxo cómplice entre el, e o autor homenaxeado na Festa das Nosas Letras, no 2010. Son varias as perspectivas dende as que podemos afrontar esta relación entre o poeta das Terras de Parga, que dá nome ó noso IES, e o bardo do Courel.

Os tempos Madrid

de

Coñecéronse en Madrid, a principios dos 50, nalgún encontro breve e esporádico. Os dous arribaron á capital no 1948, pero en idades ben diferentes. Díaz Castro estaba a asentar o seu futuro profesional. Uxío mergullábase en toda aquela fervenza de actividades e vangardas que emerxían decote na capital, sen perder un paso. Novoneyra estivo dúas tempadas na cidade, en 1948-1951, e volveu no 1962-66. Neste

2

leliadoura eliadoura nº 19

tempo, a solidariedade que marcou a vida do poeta, estalou nun clamor pola liberdade. Traballaba na radio e na televisión estatais, en programas culturais, sufrindo os rigores da censura da ditadura, o que provocou nel uns poemas cunha forte carga de rebeldía. Liberábase daquel cerco de opresións, co manancial de creatividade e liberdade que era o grupo Brais Pinto, integrado por escritores e creadores galegos: Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Raimundo Patiño… Díaz Castro, unhas 4 décadas en Madrid, só tivo pequenos contactos con este colectivo innovador, a excepción dalgún recital de poesía convocado por Ben-cho-shey, no Centro Galego. Novoneyra recitaba en espazos universitarios. O poeta de Guitiriz estaba totalmente centrado no seu traballo de tradutor, día e noite, coa mínima vida social e cultural. Na poesía seguía traballando e depurando o que ía ser Nimbos.. Novoneyra, ó remate da estadia en Madrid recolle en Elexías do Courel e outros poemas, versos de varios anos. Unha edición galego-castelán, estruturada en tres partes: Elexías do Courel (1958-61), Primera verdad y tiempo con nombres (1953-57) e Elegías


de Madrid (196265). Reeditada, con variacións e novos poemas (1991), coma Tempo de elexía. Unha poesía máis existencialista e de sensibilidade social ca Os eidos. Despois desta 2ª etapa madrileña, onde actualizou e proxectou toda aquela bagaxe dos seus tempos en Compostela (1952), rente Carlos Maside, no servizo militar, cunha ética e radicalidade exemplar, loitando polas causas libradoras dos pobos, volve ó Courel para atender ós pais enfermos. A vivenza intensa da problemática política, destes anos, arreo na clandestinidade, vai abrollar na literatura social do novo período na aldea. Arredor da data significativa do 1968 na historia das ideas, Novoneyra dá a coñecer dous poemas decisivos: “Vietnam Canto”, reflexo da loita contra o imperialismo devastador, e “Letanía de Galicia”, de forte raigame nacionalista. Prohibida tres veces pola censura, foi editada nunha orla con debuxos de Castelao, e despois en Os Eidos II, no 1974. A palabra do poeta convertese na arma máis directa contra os atentados á liberdade, no franquismo e no mundo. Xa non é a lírica intimista das elexías. Dentro das recompilacións de poemas anteriores que Uxío gustaba de facer, Do Courel a Compostela: 1956-1986 (1988), vai ser reflexo desta poesía liberadora, cun forte calado de evocación política.

Seminario de Mondoñedo.. Ös 19 anos vai a Madrid, para facer Filosofía e Letras. Díaz Castro tamén se matricularía, anos despois, no Instituto de Idiomas desa facultade. Os dous coma oíntes. A primeira remesa de versos que Uxío enviou a Díaz Castro, aínda eran dos primeiros que el construíra en castelán. E o de Parga, cun xesto estraño nel, pois sempre adoitaba escribir en galego, a calquera paisano, celebra Os eidos: “Fue para mi un fenómeno inesperado. Despues de haber leido en Madrid algunos de tus poemas castellanos, me sorprendió francamente tu cambio de idioma, de temática, y hasta –casi- de enfoque mental de la realidad”. Estaba a subliñar a hora venturosa na que Novoneyra se recoñece na patria da lingua e da Terra, para sempre xamais. Os dous poetas escribiron en castelán, sobre todo na dura posguerra, e deixaron inéditos neste idioma, porque optaron por ser escritores só en galego. Decisión tomada por Uxio, no 1952, cando fica definitivamente no seu compromiso ó abeiro dos mestres de Santiago, e traballa no corazón de Os eidos.

1952: un decisivo

ano

Neste ano, de volta de Madrid, na milicia en Santiago, xunto con Manuel María, Uxío recoñecese no idioma da infancia, e sente a patria con paixón. A comunicación cotiá con Otero Pedrayo, Piñeiro, e sobre todo, Carlos Maside, ían darlle azos na entrega ao país. Foi un ano tamén crucial para Díaz Castro. Principia a traballar no Instituto de Cultura Hispánica, e abandona en parte as traducións

Bebendo dos poetas chairegos Uxío nacera no Courel montesío (1930). Coma Díaz Castro, fillo de familia labrega acomodada. Estudou bacharelato en Lugo, onde se atopou con Manuel María, que o introduciu na literatura de Noriega e Crecente Vega, os dous chairegos que tamén iniciaron a biblioteca que Díaz Castro empezou a facer no

IES Poeta Díaz Castro

3


Uxio Novoneyra e Manuel María nunha charla en Guitiriz

literarias e a creación, para centrarse en traballos profesionais, en versións científicas, tecnolóxicas, etc. Os dous cadran na afección á lectura de poesía escandinava, francesa, inglesa…, tamén das letras clásicas. O poeta tradutor nos textos orixinais que estudaba con tesón, o poeta courelán, gran lector, nas traducións. Uxíu pasaba moito tempo nas bibliotecas, e chegou a ser un gran coñecedor das literaturas. Xa en posteriores conversas, anos adiante, sen dúbida, que o poeta de Guitiriz, espertaría en Novoneyra, lembranzas pasadas. E falaríalle do tempo que compartiu con Manuel María, no campamento militar de Santa Cruz de Parga, polo 1952. Ambos naceran á amizade cando estudaban en Lugo, e agora cadran en Guitiriz, antes de proseguir co servizo militar en Compostela. Uns meses en Santiago, fundamentais para Manuel María e Novoneyra. Alí participan das tertulias do Café Español, cos galeguistas… Pero ía ser Carlos Maside, o mestre que os ía abrir á ideoloxía marxista, nun sentido amplo. Rematada a mili, volve ó Courel para curarse do mal que contraera no cuartel, anos de enfermidade e convalecencia, ata o 1962, 2ª etapa en Madrid. Na soidade da serra, estaban a abrollar Os eidos, que non farían máis ca medrar ata a edición de 1981. Xa no barullo da capital, Díaz Castro sentiría con Novoneyra a nostalxia daquela paisaxe da súa mocidade. Ambos os dous, levaban no corazón a forza da Terra.

4

leliadoura eliadoura nº 19

Manuel María, emocionabase, lembrando como recitaba con Novoneyra, os poemas de Noriega, nos penedos do Castelo de Santa Cruz, con voz alta e forte, para rachar o confinamento que esmagaba a súa sensibilidade. Xa no bacharelato en Lugo, el mesmo lle suxerira a lectura de Noriega, un dos poetas preferidos do autor de Os eidos. Sería Novoneyra, un dos primeiros en comunicar ó chairego, a súa devoción por Díaz Castro. Entrementres, Ramón Piñeiro, que ía ser o prologuista do primeiro libro, que xa escribira en 1952-53, cartéase cos dous poetas, animandoos a publicar. De feito na correspondencia dos xestores de Galaxia, descubrimos coma nos seus cimentos, querían sacar unha colección de poesía, na que o 1º volume fose un poemario de Novoneyra, e o 2º de Díaz Castro. Este era vagaroso para asumir esta teima do coordinador da editorial. O Día da Patria de 1955, Novoneyra recibiu o primeiro exemplar, tal como recolle nun poema enviado a Xermolos, para un libro-homenaxe a Manuel María. Os eidos van ser o xorne da lirica novoneyriana. A obra posterior van ser novas vagas dunha mesma fonte estética e temática, que van ampliar o mesmo espectro. Ó revés de Díaz Castro, que depurou os seus versos ata concentralos en Nimbos, e aí resolveu a súa ofrenda poética, nun xesto decisivo, Novoneyra vai seguir afondando no mesmo manancial, cada volta con máis enerxía. Endexamais daba por pechada unha obra, sempre estaba aberto á novas revisións

Novoneira, Bernardino Graña, Rábade Paredes e outros e


e dádivas. No 1974 publica Os eidos 2, a recolleita dos versos seguintes ó libro anterior (de 195457), xa con contido político, froito do tempo en Santiago. Hai unha constante na poética dos dous: ficar na Terra de un, para promocionala ata un horizonte estético sublime, no tratamento da paisaxe, a cultura labrega, a lingua, sen allearse, convertendo a fala do berce nunha calidade literaria sobrecolledora. Díaz Castro era un mestre na métrica. Novoneyra fica a súa tensión poética no son que producen as palabras coas que constrúe a expresión estética.

A comunicación literaria

Pero, sen dúbida, foi moito máis intensa, a comunicación de sesgo literario, ca relación persoal, mantida entre os dous autores, que daquela estaban a enxergar as súas primeiras publicacións, dende a raíz emocional das súas escritas. Os dous gustaban de concentrar en composicións breves, toda a densidade da súa inspiración e mensaxe. Díaz Castro coñecíaos coma “poemas mínimos”, a sección dunha recolleita inédita. Novoneyra sentía predilección pola obra diazcastriana. Tiña unha especial querencia polo seu “Monumento a ausencia”. Gustaba de recitalo coa enerxía e sentimento que lle imprimía a toda poesía. Sabíao de memoria. Díaz Castro, o día da súa homenaxe en Guitiriz, tamén comentaba que se emocionaba, cando o escoitaba recitar con aquel sentimento rexo, pois era un gran dicidor, coma gustaba chamarse. Tamén neste campo houbo unha diferenza abismal, Díaz Castro refugaba os recitais e intervencións públicas. Os dous estreáronse en Madrid, pero o chairego só repetiría outro nos locais de Xermolos, e Novoneyra multiplicariase por todo o pais coa arte que o caracterizaba. Xa no verán de 1959, a revista Insula (nº 152-153) dedica un número á realidade literaria de Galicia, no que aparece todo o «universo» das nosas letras, entre eles, Novoneyra e Díaz Castro, que asemade remite o seu «Monumento á ausencia». Piñeiro recolle o material, e vai entregalo a Madrid, onde

Eloy Caldeiro, Xose Mª Dobarro, Antón Santamaría e Novoneyra

coñece fisicamente a Díaz Castro, co que mantivera correspondencia e do que tiña falado a cotío con Novoneyra… Xa apareceran na Escolma de Fernández del Riego (1955), decisiva para espallalos. O creador de Os eidos, endexamais disimulaba esta predilección literaria, quizais, por iso, foi o encargado de facer a escolla dos versos de Díaz Castro, para a antoloxía de Miguel González Garcés, Poesía Gallega de Posguerra (1939-1975) que é unha achega bilingüe editada no Castro (1976), e que no 1º volume contén seis poemas de Nimbos. Tamén os dous vates cadran no amor a Betanzos. Díaz Castro non se prodiga en versos dedicados a lugares, a excepción dos Xogos Frorais de Betanzos. No 1946, c a n d o Novoneyra principiaba a v e r s i f i c a r, aquel era agasallado neste certame, polos sonetos “Nascida dun soño. Triptico á groria da betanceira”. E “El cántico de la cuidad”, en castelán, un himno ó Betanzos de sempre. Tamén no que chamo “Terceiro caderno”, inédito, hai a sección “Lugares” (Lugo, Terra Chá, Madrid, Betanzos e Donosti, a terra da súa dona), a rota literaria da súa vida. Novoneyra en Os eidos, xa encarta o poema “Caneiros”, pero vai ser Betanzos: poema dos caneiros (1997), o que probe con máis forza a súa querenza pola cidade. O mesmo co que principiou o libro de temática amorosa Muller para lonxe.

IES Poeta Díaz Castro

5


A paixón telúrica Outro camiño no que imos introducirnos, é a orientación telúrica de sendas poesías: a paixón pola paisaxe, a lingua, as esencias do pobo… Os críticos literarios sitúanos na CORRENTE PAISAXISTICA, debedores de Iglesia Alvariño, Noriega, etc. Na aparición de Nimbos (1961) e Os Eidos (1955), xeráronse comparacións, así Ramón Lugrís, Ramón Piñeiro, Ánxel Fole, Xosé L. Franco Grande ou Basilio Losada… Hai que advertir que Nimbos foi o único libro editado, e o Poeta do Courel ía agasallarnos con moita obra, que non fixo máis que agrandar a súa excelencia literaria. Estamos nas décadas dos 60-70, cando os comentaristas están a ler e saborear a primeira escrita. Hai puntos de referencia comúns, coma son o aprezo polos clásicos Horacio e Virxilio…, que mesmo colgaban en sendos cadros, no dormitorio de Novoneyra, e que Díaz Castro trataba coa mesma familiaridade nas súas lecturas e traducións cotiás. Os dous estimaban dun xeito senlleiro a Rosalía de Castro, á que lle dedicaron cadanseu poema. Mantiñan unha distancia crítica coas normativas, obrigadas polas institucións, e unha estima, a toda proba, polo idioma da comarca de cadaquén. Fronte á riqueza toponímica de Novoneyra, Díaz Castro é parco no uso de localizacións toponímicas. Abstrae nunha ensoñación senlleira a súa vivenza da paisaxe máis próxima Ambos foron moi amigos de Manuel María, aínda que en treitos diferentes das súas traxectorias. Coma o de Parga evoca a natureza, pero non dun xeito illado, sempre no contexto comunal, coma el vive a patria. Considera á persoa, desenvolvéndose nela, na que está a crear vencellos de solidariedade.

6

leliadoura eliadoura nº 19

Sen esquecernos da data dos comentarios que seguen, imos, referirnos a eles: . a) Ramón Lugrís, xornalista, xa compartira con Piñeiro a lectura de Nimbos, días antes deste artigo: “O de Díaz Castro xa o lín ben lido, i heille dar outro repaso. Góstame moitísimo… É un libro que eu agardaba con moita ilusión, porque lembraba os poucos poemas de Castro que hai na Escolma, e que xa temos comentado ti e máis eu. Qué ben escribe! E como quence o esprito! É un poeta cheo de amor po-las cousas; cheo dun amor humán. O Novoneyra deixaba falar ás cousas “de seu”, sin lles tocar. O Castro dálles contido humán sin as adulterar… Préstalle ao esprito lér un poeta como Castro, non sí?” (2-X-1961). Acerta Lugrís, Novoneyra toca as cousas co seu canto, en Os eidos, pero despois farase máis intimista, e transmitirá con máis luz o seu propio eu poético. Aínda non se coñecían Elexías do Courel. Nestes versos, coma o de Guitiriz, vai transcender as cousas. No senso máis humano, proxéctaas, mesmo afrontando o drama cheo de emoción que é a morte. b) Ramón Piñeiro quere editar Nimbos, en Galaxia, despois dos libros de Pimentel, Guerra da Cal e Manuel Antonio. Dende Madrid, era Novoneyra, un dos que máis información lle achegaba sobre o autor de Guitiriz. Nunha carta de Piñeiro a Fernández del Riego (9-X1956) reflicte isto: “A carta que recibiche de Díaz Castro é ben interesante. Penso que non hai inconveniente en que tarde en nos mandar o libro, pois entremedias metemos o de Pimentel. Dese xeito incorporamos tres poetas valiosos. Xa coñecía o xuicio de Díaz Castro sobre Os eidos por unha carta que lle escribiu a Novoneyra, que lle enviou o libro por mandado meu” (Fernández del Riego, Un Epistolario de Ramón Piñeiro). Novoneyra era o poeta mimado polos de Galaxia, como demostra Piñeiro no prólogo de Os eidos. Despois ía haber un distanciamento. c) Anxel Fole nun dos seus habituais en Faro de Vigo (17-XII-1961) comenta a edición dos tres libros: “Los tres exentos, personales, originales; pero afortunadamente coincidentes en algo tan notorio como interesante. Ninguno de ellos es poeta de modas, cantor de discos líricos. Aunque Novoneyra y Díaz Castro evidencien muchas mas coincidencias entre si que cualquiera de ellos con el autor de Triscos. La analogía,


verdaderamente, lo es de aquellos. En los que se da una sobriedad formal que no llega a la pauperidad pimentaliana. Los tres son poetas sin literatura, al margen de tendencias o escuelas… Ninguno de ellos es poeta de revista de versos. Voz propia y canto propio. Su ausencia de “ismos”, modas y escuelas les garantiza mejor la pervivencia. El cántico de Díaz Castro, como el de Novoneyra es amplio, sereno y bien entonado. Huele a tierra húmeda, a agua de río, a plantas del monte… Es este un poeta de “tiempo”, línea musical e intimidad. Al tiempo lo ve siempre en paisaje, con sus lluvias, vientos y nubes. Cosmicamente, meteorológicamente”. Fole captou a esencia da poesía de Novoneyra, un autor que a través da palabra transmite un son, unhas formas, un recendo a terra humida…, coma se expresou no poema “fonosimbolismo”. Froito da súa sensibilidade fixo súa toda a natureza. Estaba feito da Terra do Courel. Afeito a escoitar a música dos ourizos, abríndose e caendo no chan, ou as pisadas graves do lobo na serra, enseñorándose da contorna. Díaz Castro non utiliza con tanta frecuencia este recurso, pero vibramos co “remuíño” da Ponte Arxá, no ”vaiven”, do inverno á primavera… Díaz Castro, pouco amigo de facer poesía de circunstancias, ou por encarga, dedícalle un dos derradeiros poemas “In memoriam de Ánxo Fole” (1986), nunha homenaxe de Lugo. Novoneyra tamén agasallou coa amizade e a palabra dende a tertulia do Méndez Núñez, a un autor que tamén se recreou no Courel.. d) Ata historiadores das nosas letras coma o profesor Basilio Losada, marcan concomitancias no tratamento da paisaxe humanizada: «Los dos poetas más notables de esta linea de poesía humanista, dejando aparte a Iglesia Alvariño, son Xosé María Díaz Castro y Uxío Novoneira. Aunque Novoneira es caso aparte…, si bien tiene en común con esta escuela su visión del paisaje y el sentimiento de la soledad, paisaje y soledad se expresan en sus versos con caracteristicas muy personales, sin halago ritmico, con una angustiosa sobriedad» (Los Gallegos, Madrid 1976, p. 297). e) Un estudoso de Nimbos e tamén da primeira poesía de Novoneyra, X. L. Franco Grande anotou en Grial: «Toda a poesía de Díaz Castro está nimbada por unha serena e fonda paixón telúrica: a terra é nela un elemento constante, sempre presente, xa sexa

directamente expresado ou, na maioría dos casos, sinxelamente insinuado. Non é un poeta descritivo, como outros poetas lugueses (Noriega, Iglesia Alvariño, Crecente Vega, Novoneira), senón un poeta que xurde de unha terra que nel se volve un mito, un elemento de continua referencia e celme permanente da súa poesía…». Franco Grande dedica a Novoneyra valiosas referencias no seu libro de memorias Os anos escuros.

Novoneyra, unha vez que morreron os seus pais, viviu entre o Courel e Lugo, e xa nos 80, dedica o seu tempo a facer unha nova recompilación da obra anterior, ampliada e revisada. No 1981, Xerais publica Os eidos. Libro do Courel, que inaugura a Colección Grandes Mestres, que reúne Os Eidos e Os Eidos II. Novamente, poemas depurados e recolocados. Reditados no 85, conteñen un vocabulario do autor, do seu léxico do Courel. Algo que tamén introduce Díaz Castro en Nimbos, fieis ó idioma do berce, reacios aos corsés que queren impor as normativas oficiais. Un ano despois ofrece a colleita de poemas paixonais e de amor: Muller pra lonxe (1955-1985). Trinta anos de creación.

IES Poeta Díaz Castro

7


No treito final

Foi un ano no que o escritor courelao disfrutou do recoñecemento da súa obra noutros países. Os eidos son traducidos ó euskera, igual Dende o 1983, Uxío reside en Compostela coa ca ó inglés, alemán, francés, catalán, etc. súa familia. Un ano despois de ser nomeado, Algo do que gozaba Díaz Castro, polo amor Presidente da Asociación de Escritores ós idiomas e ó oficio de tradutor. Galegos. Foi tal a xenerosidade de Novoneyra, con Novoneyra viaxou a Guitiriz, para a homenaxe este recoñecemento ó seu amigo, que quixo a Díaz Castro, organizada por Xermolos. Foi deseñar a identidade e título do o encargado de facer o recital de Nimbos, homenaxeado, para a portada do libro, dun asistido por ducias de escritoras e escritoxeito caligráfico, coma el adoitaba a miúdo, res. A maioría, como dicía Manuel María, era e tal como se conserva na Casa das Palaa primeira vez que contemplaban debidamente bras de Guitiriz. Esta achega mandóuselle a a Díaz Castro. Naquela xeira, a nosa cultura Francisco Mantecón, maquetador da obra, estaba representada por Novoneyra, presique preferiu a súa caligrafía vermella sobre dente da AELG, e o seu secretario, Xosé María fondo dourado, para honrar a un clásico, que coma dicía, merecía a cor de plenitude. Dobarro, e Ramón Piñeiro, o presidente do Novoneyra tamén entregou a Xermolos, unha Consello da Cultura. dedicación caligráfica de “Monumento a auNovoneyra collera con interese esta iniciativa, que deixou coma testemuña. Méndez sencia”, que é a portada desta revista. Ferrín acreditou nel este entusiasmo: “Que Xa no 1979, publicara Poemas caligráficos, dentro do movemento Brais Pinto, que son os amigos de Guitiriz nos convoquen a escriunha mostra de estética literaria e gráfica, bir sobre Xosé María Díaz Castro, é un xesto que sempre acompañou a súa expresión arque equival a erguer un bosco de bandeiras. Esto derradeiro deciamo o Novoneyra”. tística, renovadora da nosa poesía. O libro foi presentado en Compostela (1988), Nesta efeméride ofreceu o poema «Homenaxe por Carballo Calero, coa asistencia, entre a Díaz Castro», asinado o 20 de santos de outros de Novoneyra, que viña de ser 1987, e despois, encartado na escolma: Poereelixido, por outro período, Presidente da mas da doada certeza i Este brillo premido AELG, Ramón Piñeiro, Luís Cordeiro, Vicepreentre as pálpebras (1994).con variantes e sidente do Parlamento…, na foto conversannova redacción. Xosé Lois García, amigo e do co profesor. biógrafo, conta como nun encontro en Lugo, coa súa dona, Teresa, o poeta recitoulles “Monumento á ausencia”: “falamos de poesía e de súpeto falou de Díaz Castro. Novoneyra tiña paixón polo poema “Monumento á ausencia”. Sobre todo pola descrición que facía do emigrante que se encontraba de novo coa súa terra nativa. Ante aquela voz opulenta e engaioladora, con piropos vibrantes e con lentas xesticulacións, a Teresa botouse a chorar. Os camareiros desde lonxe ollaban o panorama, coidando que se trataba dun pai liorteiro que reprendía a súa filla. Despois de recitalo veu a explicación do poema, e cando os camareiros o viron sorrir non entendían nada do que pasaba naquela mesa. A Novoneyra tamén lle impactou a actitude da Teresa e nun dos poemas que escribiu en Poemas de doada certeza, dedicado a Xosé María Díaz Castro, menciona aquel Novoneira, Darío Xohan Cabana e Luis González Tosar no enterro de Díaz Castro

8

leliadoura eliadoura nº 19


encontro con ela, nestes ultimos versos do devandito poema: “diante o que eu vin chorar como sempre choraron as mulleres A moza emigrante que se fora de nena tamén se fora. A partida e a volta co mesmo corazón”. Este encontro e acontecemento, escribiuno en dedicatoria caligráfica, no libro Poemas caligráficos, di así: Anaco de poema de X. María Díaz Castro Monumento á ausencia para María Teresa que tanto o sentiu. O resto desa páxina destinouno a escribir parte do poema de Díaz Castro” (Uxío Novoneyra. Revisitado, pp.90-91) A derradeira viaxe que fixeron xuntos, foi ata o cemiterio de Guitiriz, o día 3 de outubro de 1990. Novoneyra foi un dos que levou o cadaleito de Díaz Castro, xunto con Manuel María, Fernán-Vello, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Luís González Tosar… Neste ano, Claudio Rodriguez Fer e Carmen Blanco coordinan unha nova edición de Os Eidos. Ambos tiñan feito achegas investigadoras da poesía de Díaz Castro, e foron dos últimos en velo con vida, ante de morrer, no Hospital de Lugo. Coma coroa de loureiro nesta Festa das Nosas Letras, sentimos estes versos, que son unha ensoñación dun dos pensamentoseixe de Novoneyra: “residimos tanto na Lingua como na Terra”. No libro de conversas Dos soños teimosos (1998) desenvolve esta idea forza de toda a súa vida e escrita.

HOMENAXE A DIAZ CASTRO XA a edade é un vértigo i o pasado non encorga senón que traga os días com´a cova no río nin toda a gracia o parará nin a mesma Poesía o Amor a Mocedade nin a Infancia gardadas nin siquera ter levantado o monumento do neno que parte /Trasparga a pleno vrao/ diante o que eu vin chorar como sempre choraron as mulleres a moza emigrante que se fora de nena tamén se fora (Monumento á Ausencia) A ausencia i a volta co msmo corazón (Ouh Terra Verde e Mar de Orvallo)

Anque caia o Monumento á Ausencia ti quedarás como todos quedaremos pois xa estamos na Lingua con tódolos rostros do noso pobo cada un co seu xeito que se animan e volven cando falamos como agora. Compostela, 20 santos 1987 Os títulos entre paréntesis corresponden a dous poemas de Nimbos.

Xulio Xiz, Novoneira, Darío Xohan Cabana, Luis González Tosar, Manuel María, Paco Martín no enterro de Díaz Castro

Mentres agardamos a celebración da Festa das Nosas Letras dedicada a Xosé M. Díaz Castro, disfrutamos da súa obra. Novoneyra foi dando a luz outras dádivas, sobre todo da chamada literatura infantil. No mesmo ano da morte do poeta de Guitiriz, escribiu O cubil do xabarín, o primeiro libro en prosa, tamén auspiciado pola identidade courelana. Despois, no mesmo xénero, Gorgorín e Cabezón (1992), Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín (1998). Deixounos o 30 de outubro de 1999, e foi soterrado na tarde de Santos, no Cemiterio de San Froilán de Lugo, despois de ser velado no Panteón de Galegos Ilustres de Compostela. Nese ano deuse a coñecer Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas. Unha loa a todos os camiños que permiten a traxectoria humana, dende aqueles carreiros da Serra do Courel que tanto saben da existencia do poeta, e que gardan para sempre os seus segredos e tesouros. Alfonso Blanco Torrado

IES Poeta Díaz Castro

9


CARA ONDE IMOS NO IES POETA DÍAZ CASTRO? do IES Poeta Díaz Castro, unha mañá fría e moi moi chuviosa, reunímonos antigos e novos alumnos e alumnas, as súas familias, profesorado, representantes dos Colexios públicos e dos diferentes grupos municipais para expresar o sentimento de orgullo colectivo que nos fai sentir.

propia esixencia e a que esperan dos demáis. Xente formada, instruída en coñecementos e, sobre todo, instruída en saber convivir e no respeto ás persoas. Xente capaz de recoñecer o valor do seu lugar de orixe, valor cultural e tamén económico da súa língua, da súa situación xeográfica, da súa herdanza... Pero xente capaz, tamén, de ser semente das melloras que necesita a comarca, dinamismo poboacional e iniciativa emprendedora, que só son viables a partir da preparación persoal, que se inicia nos anos de escolarización, que o Instituto debe afianzar, pero que debemos aspirar a que sexa o máis ampla posible. Hai que poñer máis gañas de saír ao mundo e voltar co mellor que nos poida aportar, desbotar aquilo que non é interesante e transformar para revitalizar a Comarca.

O saber non ocupa lugar, é un bó dito, pero é moito máis interesante se ademáis contribúe á prosperidade do lugar onde vimos.

Celebramos que Guitiriz e as terras altas de Aranga, levan xa 20 anos desfrutando dun servizo público que debe garantir a formación da xente nova do lugar. Un centro público, plural e aberto á toda a comunidade educativa e social. Un Instituto que hoxe o sentimos como un centro educativo activo, ben levado e ben relacionado co entorno. Como profesorado, enténdese o noso traballo como a procura de que o noso alumnado chegue a formarse como cidadáns libres, autónomos, con capacidade para valorar con criterio ata onde debe ir a súa

10

leliadoura eliadoura nº 19

Hoxe TEMOS un bó edificio, coidado, ben dotado nas súas instalacións, pero pouco cheo, ano tras ano imos quedando máis valeiros. Menos alumnado, menos profesorado, menos oferta educativa, somos síntoma do despoboamento. Pero ser menos, fixo posible nos últimos anos ser máis activos, máis vivos.


Chegados ata aquí, entendemos que O FUTURO debe ser de maior aproveitamento das instalacións, o Centro ten que usarse en todas as súas posibilidades, abrirse ás necesidades que se demanden. Esperamos con ilusión a creación dunha Asociación de Nais e Pais, queremos dar cabida á Banda de música e Escola de música municipal, ampliar o uso das instalacións deportivas, en definitiva, poñer o Centro a disposición da sociedade. Pero esa realidade non se fai soa, non chega sen máis, será coma sempre, producto do desexo de todos e todas por acadalo, utilizalo e desfrutalo.

O Instituto foi, é e será un logro colectivo, debemos sentilo de todos, o valor da educación non o dá só o traballo dos profesionais, o valor de educar é producto da implicación de toda a sociedade e da importancia que ésta lle queira dar.

Desfrutamos de Programas de intercambio europeos con Grecia, Alemania e Bélxica; Programas de intercambio con Comunidades Autónomas, Andalucía, Extremadura e Madrid; Inmersión lingüística en Canadá, Irlanda e Inglaterra, ao que lle sumamos a Sección Bilíngüe en inglés; Conexión mediante internet con Irlanda e Portugal; Temos o grupo de teatro Prosopón, que nos deu tanta formación e fíxonos pasar moi bós momentos; Somos pioneiros en Programas de Mellora das Bibliotecas Escolares, na Axenda 21Escolar Galega, no Programa de Acompañamento Escolar e na conexión por cableado de todo o Instituto á rede de alta velocidade, posibilitou que saxamos pioneiros tamén no novo programa ABALAR que introducirá o ordenador na aula, como ferramenta individual. Actividades todas elas, e programas que non deixan de ser premiados e recoñecidos polas diferentes institucións que os convocan, europeas, estatais e autonómicas. Tamén temos Comedor a disposición de toda a comunidade escolar e un extraordinario Taller de torno e soldadura, instalacións estas que son infrautilizadas ou, como no caso do Taller, temos totalmente paradas. De todos e todas nós depende o seu uso, a demanda do seu funcionamento e o aproveitamento duns recursos valiosísimos.

E iste é o camiño que queremos e o que nos queda por avanzar. O futuro é de vós, alumnos e alumnas, que tendes o dereito a facer da vosa vida unha vida boa, que procure a felicidade, pero non só no material, senón chegar a ser excelentes persoas, lembrando sempre de onde se ven e do importante que é a vosa contribución para garantir o futuro do voso pobo. O Instituto, como calquera outro servizo público, será sempre o reflexo dos desexos dos usuarios, e para honrar ao poeta que orgullosamente levamos como nome, lembremos o famoso verso do seu poema “Penélope”, Un paso adiante i outro atrás, Galiza. O paso adiante está dado, levamos 20 honrosos anos de Instituto de Bacharelato e Formación Profesional en Guitiriz, para o futuro non nos vale o paso atrás, do que fala Díaz Castro, para o futuro propoñémosvos camiñar xuntos para aproveitar aínda máis as instalacións das que dispoñemos e dar o mellor de cada un de nós. Moitas primaveras máis para velo e compartilo. A dirección IES Poeta Díaz Castro

IES Poeta Díaz Castro

11


55 mentiras sobre a lingua galega Dado que continúa a polémica en torno ó uso da nosa lingua, con este artigo queremos recomendar a tódolos lectores que se interesen por este tema un libriño moi doado de ler que acaba de saír do prelo e que se titula 55 mentiras sobre a lingua galega de edicións Laiovento. Este libro, no que colaboran doce escritores, vai analizando os prexuízos máis comúns que, ó seu modo de ver, se teñen difundido sobre o idioma. Imos seleccionar algúns a modo de exemplo e, esperemos, animen ó lector a ler o libro porque pensamos que paga a pena: - O castelán é tan lingua propia de Galicia como o galego porque é a lingua dos galegos que falan castelán. Levemos ao absurdo este razoamento: o romanés, o chinés, o árabe, o catalán etc., son tamén linguas propias de Galicia porque hai cidadáns galegos (residentes, censados e contribuíntes en Galicia) que falan esas linguas. De seguirmos con ese razoamento, o galego tamén sería a lingua propia de Arxentina, Alemaña, Madrid, Cataluña, etc., porque nestes territorios é a lingua propia dos galegos que o seguen a falar. Non, a única lingua propia, autóctona,

12

leliadoura eliadoura nº 19

natural, nativa de Galicia é o galego. As outras por moi ou pouco faladas que sexan, non son propias, autóctonas, naturais desta terra, son linguas de persoas que aquí viven. O castelán non é a lingua natural de Galicia, aínda que sexa cooficial. O inglés é a lingua cooficial en Tanzania e a ninguén se lle ocorre dicir que o inglés sexa tan tanzano como o swahili, lingua maioritaria, autóctona e cooficial nese estado africano. O castelán non é a nosa lingua propia porque veu de fóra é, para a maioría dos galegos, unha lingua persoal adoptiva, como para outros galegos criados en castelán a lingua persoal adoptiva é o galego. - O castelán está desaparecido de moitas escolas e institutos de Galicia Nunca se dá un só dato, un só nome de escola ou instituto onde o castelán estea desaparecido ou case. Pola contra, si que se poden ofrecer listaxes extensas con nomes


concretos de escolas, colexios e institutos onde o galego só se imparte na materia de Lingua e Literatura galegas e onde nunca se cumpriu a máis mínima lexislación sobre o galego no ensino. En Vigo, segundo datos da Universidade de Vigo, no curso 2008-2009 só o 25% dos centros escolares daban o 50% das materias en galego. O 75% dos centros escolares de Vigo incumprían a normativa vixente, pois as clases seguían a ser maioritaria ou case totalmente en castelán . - O nivel de coñecemento do castelán entre os alumnos cataláns é pésimo porque todo o estudan en catalán. Nas repetidas avaliacións de coñecementos que se fan no Estado, constátase que o nivel de competencia en lingua castelá dos escolares cataláns non só non é inferior, senón que é superior ao dos escolares de zonas de España onde só o castelán está presente na escola e na sociedade. O informe PISA constata este mesmo fenómeno nas comunidades con dúas linguas cooficiales (Galicia, Catalunya, Euscadi, Baleares...). Ademais, os escolares de zonas de dobre oficialidade teñen unha vantaxe engadida: dominan sen dificultade dous ou tres idiomas, por só un ou dous –por exemplo– de estremeños e asturianos. Están en contacto con dúas linguas xa na infancia, o que lles facilita doadamente o acceso a outras linguas. Por exemplo, na Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos publicada en 2008, demóstrase con datos como o alumnado galego ten un mellor dominio do inglés que a media do alumnado do resto do Estado e tamén ten mellor competencia en castelán que o resto do Estado. - O galego non serve para tratar ben todos os temas, non ten léxico moderno apropiado. Non é axeitado para a filosofía ou as matemáticas (...) Os científicos galegos do Centro de Investigacións Nucleares de Xenebra (Suíza) xa se encargaron publicamente de desmontar esta falacia cando se estendeu desde varios xornais de Galicia: o galego é tan apro-

piado como calquera outra lingua para tratar todos os temas, desde física a astronomía pasando por medicina, economía ou edafoloxía. A inmensa maioría do caudal técnico e científico procede en todas as linguas modernas de termos grecolatinos e tamén ingleses. En galego é posible falar e escribir con precisión de calquera tema. - O galego non serve máis que para usar en Galicia, non ten proxección internacional como ten o castelán. O español é unha lingua que abre portas fóra de España (400 millóns de persoas), pero o galego tamén as abre coa galaicolusofonía (250 millóns). Un galegofalante é, desde unha perspectiva comunicativa, falando, dobremente válido. Ora ben, é falso que as abran todas: en ciencia e investigación ningunha das dúas ten proxección, o español apenas é empregado no escenario tecnolóxico, científico e político internacional. En todo caso, medir a importancia dunha lingua polo número de falantes é confundir cantidade con calidade. Marisé Fernández

IES Poeta Díaz Castro

13


Claudio Rodríguez Fer Este ano, con motivo do Día da Muller Traballadora estivo con nós Claudio Rodróguez Fer nun acto organizado polo ENL. Contounos o que lle motiva a escribir (entre outra cousas as mulleres) e leunos algúns poemas sobre mulleres: mulleres traballadoras, mestras, mulleres represaliadas na guerra civil... e ata algún dos seus primeiros versos escritos na súa infancia.

Este é un poema inédito do autor co que, de forma xenerosa, agasallou a esta revista. Trata o tema do maltrato ás mulleres desde a perspectiva dun home, namorado dunha muller vítima da violencia de xénero, que desexa axudarlle a reparar e a superar as secuelas psicolóxicas e emocionais producidas por esta condenable experiencia, que, por desgraza, continúa a estar de actualidade.

A BOMBA CON PÉTALOS DE ROSA (Por todas as mulleres maltratadas) Déixame docemente desviolarte, reparar a túa rosa maltratada cunha chuvia de bicos ou de nada.

Escritor e profesor lucense. Foi catedrático de ensino medio e é profesor en Universidades Norteamericanas, da Bretaña e de Santiago de Compostela, onde exerce a docencia no Campus de Lugo. Ten sido conferenciante e congresista en numerosos lugares de Europa, América e África. Escribiu poesía, narrativa, ensaio e foi traducido a diversos idiomas ( castelán, inglés, francés, italiano, alemán, ruso, catalán, bretón, árabe). Escribiu máis de cincuenta obras e recibiu diversos recoñecementos; entre outros o Premio da Crítica Española en poesía, o Premio Losada Diéguez no eido da investigación e o Premio Extraordinario de Doutorado no académico.

14

leliadoura eliadoura nº 19

Quixérate vestir de desvestidos, quixérate calzar de desandalias, herba ou brisa por toda indumentaria, e así amorosamente deslinguarte, desocupar o idioma da intenrura e desdicir dicindo a verba núa. Desexo desferirte e infrustrarte, proclamar o amor a mar aberta porque ti me ensinaches tristemente que tamén pode nevar en primavera. Desorballando bálsamo en ti dentro ser nube quixera na túa boca e así desactivar a húmida bomba que ocultas con pétalos de rosa. Eu teño o corazón conectado a unha bomba e daría a poesía por que estoupase en rosa.


Entrevista con José Carlos Rodríguez Soto Todos o esperabamos, ata que chegou, chegou o día 21, no que veu José Carlos Rodríguez Soto, falarnos, probablemente dun dos temas máis depresivos que ocorren a diario e ninguén pensa neles ( A pobreza no 3º mundo ).

Falounos da sua experiencia en África durante 20 anos, máis en concreto, no norte de Uganda, de misioneiro, no que acabou sendo mediador entre a guerrilla e o goberno, tras a confianza demostrada. Participou no proceso de paz que tras tantos anos, se firmou en Xullo de 2006. José Carlos escribiu tamén dous libros ( Hierba alta e Desde mi veranda africana ) , un basado nun diario persoal, e outro sobre artigos que escribiu en África. Este periodista recoñecido mundialmente nestes temas, estivo connosco, e respondeunos estas preguntas. 1-Por que obrigan aos nenos soldado a matar a súa propia familia? Para que no escaparan de la guerrilla, porque así no tendrían a nadie a quien acudir, además así creían que su familia era la guerrilla. 2-Cal foi a situación que máis lle impactou? Ver a niños desde 3 y 4 años que tenían que andar muchas horas hasta la ciudad para dormir allí en la calle. Lo hacían para evitar que los guerrilleros los secuestraran de noche en sus casas. Allí se sentían más seguros. 3-A idea de África que tiña, cambiou ó chegar alí? Si, aunque te esperes como va a ser, al llegar allí te impresiona. 4-Resultáronlle duros os primeiros días que estivo en África? Me resultaron duros los primeros días, los del medio y los últimos. 5-Tardou moito en acostumbrarse á cultura africana? Aunque la gente me ayudó mucho, nunca

terminas d acostumbrarte a una nueva cultura. 6-Na conferencia falou das guerrillas, e sobre todo de homes ,pero que facían as mulleres? Combatir como los hombres, y tambien eran esclavas sexuales de los comandantes, con los que con frecuencia tenían hijos allí en la selva. Por lo tanto la vida de las mujeres era más dura aún que la de los hombres. Estamos hablando de niñas y niños soldado a partir de los 8 ó 10 años. En xeral pareceunos interesante porque foi un tipo de charla que nunca tivemos, polos temas tratados. Falounos de cómo vivía a xente en África e a súa cultura. Tamén nos pareceu educativa e reflexiva xa que por un momento nos fixo pensar na realidade de África e contounos vivencias inimaxinables para nós pese a que xa tiñamos traballados estes temas na clase. O que máis nos chamou a atención foi o dos nenos soldados que eran secuestrados pola guerrilla sendo aínda moi novos (a partir de oito anos) Obrigándoos a matar a algún membro da súa familia. Tamén as rapazas eran escravas sexuais dos comandantes e tiñan fillos con eles. Grupo de 3º PDC

IES Poeta Díaz Castro

15


REDES SOCIAIS

Realizamos un breve estudo sobre as redes sociais. É un tema que está de actualidade e na vida cotiá, sobre todo dos adolescentes. Isto é algo indiscutible, pero nós quixemos ir mais aló e profundizar no tema coa axuda dalgúns alumnos e profesores do IES que, amablemente, nos responderon. Antes de irmos cos resultados e opinións, imos explicar brevemente o que son as redes sociais e o uso que teñen.

As Redes Sociais son un medio de comunicación que necesitan de acceso a Internet para poder entrar. Estas páxinas son totalmente gratuítas. Nestas páxinas, á parte de poder comunicarte mediante os “chats” e as mensaxes, tamén se pode subir fotos, comentalas, escribir o teu estado de ánimo, facer “tests”, xogar, etc… Despois desta pequena explicación imos aos datos, aos resultados das enquisas. Estas enquisas foron feitas a oitenta alumnos do centro, destes, sesenta e seis son usuarios dalgunha rede social, o que quere dicir que un pouco máis do 80% as utilizan. As redes sociais con máis usuarios son “Tuenti” (60 alumnos) e “Facebook” (30 alumnos). Tamen hai xente usuaria doutras redes sociais, como Hi5, Badoo e Metroflog. Os principais motivos polos que usan as redes sociais son: -Para manter o contacto cos compañeiros. -Coñecer xente nova. -Porque todos os amigos o teñen. Segundo os resultados das enquisas, as redes sociais son utilizadas, maioritariamente, con bastante frecuencia e

16

leliadoura eliadoura nº 19


aproximadamente 1 hora/día. Á nosa pregunta de cal destas cousas escollerias (Pc, Movil, Tv), o móbil foi escollido con prioridade por diante do ordenador e da Tv. Estes son os datos que nos aportaron as enquisas realizadas aos alumnos. Agora imos coas respostas dos profesores. Os mestres escollidos foron Ana (Bioloxia), Manu (Inglés), Aurora (Tecnoloxía) e Eneko (Ed. Física). Es usuario dalgunha Rede Social? Ana: no Manu: no Eneko: si Aurora: no Di a túa opinión sobre as Redes Sociais. Ana: “Se se utilizan ben, estou a favor. Todas as novas tecnoloxías parécenme ben” Manu: “Me parecen bien porque son un medio de comunicación entre jóvenes” Eneko: “ Son una herramienta muy buena para relacionarse con gente y compartir aficiones, ideas, pensamientos, etc… Aurora: “Estan muy bien si se utilizan con prudencia” Cres que son unha moda pasaxeira? Manu: “Yo creo que va a ir a más, su uso será mas amplio” Eneko: “Yo pienso que no” Aurora: “Las nuevas tecnologías vienen para quedarse, van a avanzar mucho” Poderán chegar a ter un uso educativo? Ana: “Si, por ejemplo como o blogue que

temos para CCMC” Eneko: “ Si, porque puedes compartir con los alumnos información muy rapida” Cres que chegarán a ter máis importancia que o móbil? Ana: “Polo de agora non, son máis rápidos os móbiles” Manu: “ Pueden llegar a serlo, el mobil tiene un uso puntual” Parécenche seguras as redes sociais? Ana: “En Internet nada é seguro ao 100%” Manu: “ No lo suficiente, Deberían tener más seguridad” Eneko: “ Tú cuelgas las fotos y la información que quieres y tú tienes que responsabilizarte de ello” Aurora: “ No son fiables, la gente puede mentir” Pois estas foron as respostas dos profesores. Queremos agradecerlles que nos atendesen e nos contestasen ás preguntas anteriores. Con isto esperamos que teñades un mellor coñecemento das Redes Sociais e recomendámosvos que as utilicedes de forma prudente. Estefanía Bergantiños Jonathan Carro Paz Jennifer Garcia Espiñeira

1ªBac A 1º Bac A 1º Bac B

IES Poeta Díaz Castro

17


Irmandades do Falo O venres 12 de febreiro estiveron con nos para celebrar o Antroido As Irmandades do Falo ofrecendo un concerto. O acto foi organizado polo ENL do instituto e polo que podedes ver nas fotos foi todo un acerto.

Irmandades do Falo. Si, a verdade é que é un nome bastante peculiar. Trátase dun pequeno grupo de música vilalbés constituído por catro músicos que, coas súas letras, intentan transmitirnos a parte graciosa e despreocupada da música. Nelas podemos ver que se fala de temas que a ningún outro grupo musical se lle podería pasar pola cabeza, ou de momento, a ninguén se lle ocorreu, basicamente porque non son temas que se traten a miúdo en cancións da actualidade ou temas musicais modernos. Temas da vida cotiá, simples, como por exemplo: a froitería da esquina, o restaurante do lado, o mítico home que está sempre na rúa paseando... Os catro compoñentes que fixeron que o día do noso entroido escolar fose único son: - Rubén Veiga Roca, máis coñecido como “Rubi”. É un rapaz de 16 anos de idade, clarinetista do grupo. Podemos apreciar claramente que nos deleitou cuns solos dignos

18

leliadoura eliadoura nº 19

de ser gravados. - David Trastoy Oseira, “Davi” para os amigos. Bombardinista do grupo, deleitounos co seu marabilloso son e esas notas musicais que clavaba coma ninguén, a pesar de ser sempre as mesmas (LA-DO-SOL- FA). - Baruk Domínguez Grandío. Guitarrista rítmico (en proceso de introducir solos) e vocalista. Era o encargado de transmitirnos o verdadeiro significado, é dicir, as letras dos temas cos que o público vibrou. - Pablo del Valle Prieto. Encargado de dalo todo, é o percusionista do grupo. A verdade é que sen el, o reconocido chiki-chiki co que todos rimos non sería nada ao fin e ao cabo. Grazas por ese ritmo reggaetonero, entre outros. A verdade é que foi unha boa elección traer a “Irmandades do Falo” ese día tan sinalado como o entroido. Día no que todos temos ganas de rir, tanto con algunha broma, coma uns dos outros, por mor da vestimenta dese día. Que datos podemos engadir sobre este entrañábel grupo musical? Pois que detrás de toda esa risa, esa alegría e esas ansias por facer rir están horas e horas de perfeccionamento das letras, construción dos temas, ensaios e o máis importante… AS IDEAS DOS TEMAS. Grazas por compartir connosco este día tan especial, IdF!!¡ Mónica García Ares 4º B


EXCURSIÓN Ó PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado mes de Abril os alumnos de1ºde Bacharelato realizamos unha viaxe didáctica ó parlamento galego na cidade de Santiago de Compostela. Tivemos a oportunidade de ver o que foi anteriormente cuartel do exército, o que foi un símbolo do poder da forza e converteuse no símbolo do poder da oratoria. Exerce o poder lexislativo aprobando leis dentro das competencias cedidas polo poder central ó goberno autonómico galego, de tal importancia para nós como a Lei de Normalización lingüística de 1983 que permitiu o recoñecemento da lingua galega como cooficial e a súa plena integración como materia de ensino non universitario, e posteriormente como lingua vehicular, así como o se uso na administración.

Chegamos alí e despois de tomar algo na cafetería onde se deixaron ver algúns deputados, dixímonos ata a sala de xuntas do PP, aquí un vedel deunos datos históricos interesantes e fíxonos unha pregunta con trampa para que a pensásemos , máis tarde acontestaríamos: A quen ides votar nas eleccións ? E non se podía respostar ningún partido político concreto. O enigma non era tal, sendo un pouco inesperada a resposta: Ós parlamentarios.Tamén visitamos sendos despachos do BNG e do PsdeG despois dunha charla cunha deputada socialista que nos reciviu moi amablemente.

O que máis me sorprendeu e destaco da actividade foi a “pegada” que deixou Héctor no parlamento, demostrando de que “pasta” estamos feitos os de Guitiriz.

O noso compañeiro Héctor quería unhas preguntas ó conselleiro de agricultura do PP, que apareceu durante a nosa visita á biblioteca do parlamento. Héctor sorprendeunos cunhas propostas e cuestións de moito interese sobre o leite que provocaron que o político se esforzase en darnos respostas axeitadas e sufrindo máis, que ante algún ataques da máis dura oposición. Finalmente presenciamos como uns cinco minutos de debate político en directo (tendo eu a ilusión de saír pola tele). Finalmente unha deputada do BNG, por certo coa carreira de filosofía, dirixiunos unhas palabras e respostou entre outras preguntas como chegara ela ó seu posto no parlamento. Xoel 1º BAC

IES Poeta Díaz Castro

19


CONVERSA CON SAMUEL JUÁREZ Os alumnos de 1º de BAC visitaron o parlamento de Galicia. Alí tiveron a ocasión de manter unha interesante conversa con Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural A excursión pareceume xenial, xa que tivemos ocasión de ver o lugar no que traballan as persoas ás que eliximos para representarnos, un lugar no que se fraguan os nosos dereitos e obrigas. A nosa, ía ser nun principio , unha excursión ao parlamento normal e corrente, unha das tantas que moitos institutos galegos realizan ao mesmo, pero non foi así; decidimos solicitar unha entrevista co actual conselleiro de Medio Rural, D. Samuel Juárez Casado, o que nos atendeu e permitíu que lle formulásemos unha serie de preguntas e proposicións. A primeira cuestión formulada foi a da creación dunha denominación de orixe para o leite galego, medida que xa foi adoptada noutros produtos do sector agro-gandeiro tales coma os queixos (San Simón da Costa, Arzúa Ulloa, Tetilla…), o viño, as patacas ou os pementos entre outros, os gandeiros galegos cremos

20

leliadoura eliadoura nº 19

que pode ser unha saída para superar a forte crise pola que atravesa o sector. O conselleiro mostrounos o seu afán por colaborar con ditas propostas consciente do difícil momento que os gandeiros, especialmente os galegos, están a atravesar, dixo que estaban a traballar nunha marca de leite galego de calidade suprema, xa que, a creación dunha denominación de orixe propiamente dita non é posible, xa que é algo prohibido pola UE, puntualizou que Grecia xa intentara crear unha denominación de orixe, similar á que se quería crear en Galicia, acarreando severas sancións a este país por parte da UE. Podemos puntualizar que o leite galego ten unha calidade bacteriolóxica moi superior á media do resto dos países europeos, e bastaría con decir que o leite dun dos principais produtores mundiais como o son os EEUU non se podería nin comercializar en España, porén a Xunta de Galicia está a apostar forte pola creación da marca ”leite galego de calidade suprema”, sabemos que dita firma sería envasada na antiga fatoria de Pascual en Outerio de Rei, agora xestionada por un conxunto de coo-


perativas galegas que conseguiron levar adiante este proxecto co apoio da Xunta. Outra das alternativas que o conselleiro nos mostrou foi a de reducir custos, debido a que, ás empresas galegas, sáelles máis rentable importar leite de países coma Francia ou Portugal, a consecuencia deste feito é que os custos de produción nestes países e moito menor que en Galicia, por poñer un exemplo aquí a media de cabezas de gando por explotación é de 35 e no resto de Europa é de 500, o cal permite producir máis barato, ademais a terra que cada gandeiro posúe e maior o cal permite producir cos propios recursos da explotación reducindo custos en pensos, ademáis a maquinaria soe ser compartida entre varios gandeiros, o cal permite que mercar nova maquinaria sexa máis barato para cada gandeiro obtendo maior beneficio, xusto o contrario do que ocorre en Galicia. Ademáis propuxo un aumento na calidade das forraxes o que permitiría manter altos niveis de produción con menos gasto en pensos. Mostrouse satisfeito coa mellora xenética que se producíu en poucos anos levando á nosa comunidade ao nivel doutras potencias, coma Nova Zelandia, pero tamén propuxo buscar unha vaca que produza menos pero que dure máis partos e necesite menos coidados. Deunos a coñecer a influencia dos mercados exteriores que indirectamente poden chegar a repercutir no prezo do leite galego, tales coma Nova Zelandia que exporta gran parte do seu leite a Asia, continente deficitario en canto á produción deste produto e tamén mostrou o seu desexo de abrir novos mercados.

Logo foi plantexada unha nova cuestión, como é posible que cada vez sexa maior o abandono do rural se España e deficitaria en producción de leite? Neste caso o conselleiro pareeume máis inseguro na súa resposta, dixo que se reduciran os gandeiros pero que o número de cabezas

de gando non baixara porque aumentara o número de cabezas por gandeiro, pero él era consciente de que aínda así España seguía a ser deficitaria, polo cal esta non era a resposta esperada, segundo el cerraron unicamente os pequenos gandeiros sabendo que moitas das grandes explotacións pecharon debido ás perdas e ó forte gasto que a Xunta lles obrigara a facer para acondicionar as explotacións sen chegar a mellorar as súas condiciós en canto a ganancias, o cal provocou a ruína de moitos gandeiros que se viron obrigados a pechar e incluso vender a explotación para poder facer fronte ós grandes créditos, quizáis foi neste momento cando se puido pensar que o conselleiro apoiaba bastante os intereses industriais. Na miña opinión esta entrevista co conselleiro de medio rural foi moi positiva, debido a que nos deu a coñecer a súa postura de cara ós gandeiros, e ó mesmo tempo permitíunos transmitirlle as nosas sensacións. Gustaríame mostrar outros aspectos que non puidemos tratar pero que son tan importantes ou máis que os anteriormente mencionados. Por exemplo, gustaríanos que a administración nos apoiase no noso afán de levar a cabo a concentración parcelaria, debido a que este é un dos aspectos que máis separa a Galicia do resto de produtores europeos, o minifun-

IES Poeta Díaz Castro

21


22

dio e dispersión das terras fai que o custo sexa maior para poder obter unha boa produtividade, ademáis non é posible aproveitar as terras ó 100%, cremos que ésta é unha medida indispensable.

Serían moitísimas as propostas e preguntas que se lle poderían formular ao Sr.conselleiro, as anteriormente mencionadas son quizáis as máis relevantes, polo menos nestes momentos.

Tamén quixéramos ter máis información sobre o progresivo aumento de cota láctea, logo de que España solicitase á UE a ampliación da mesma obtendo como resposta unha aplicación global que levará ao desaparecemento da mesma, quixéramos que o goberno tivese en conta que moitos gandeiros tiveron que pedir grandes créditos para facerse con cota láctea, e agora víronse moi perxudicados por esta medida, ademáis cremos que a situación do setor lácteo podería empeorar máis se cabe, porque cando non exista cota láctea, sabemos que países coma Francia terían suficiente potencial para facer dumping no mercado español e acabar cos gandeiros do noso país, o cal sería algo moi preocupante, polo cal reclamamos prevención por parte da administración para que isto non ocorra.

Xa para concluír gustaríame expresar a miña ledicia, logo de que D. Samuel Juárez atedendese a nosa petición de conversar con él, aínda que tiña pleno, demostrou que é unha persoa á que lle gusta escoitar o cidadán de a pé, dedicounos media hora longa, un tempo que nos servíu para intercambiar opinións mostar acordo e desacordo nos diferentes temas, pero ante todo a satisfación de saber que quizais calquera outro conselleiro autonómico non dedicaría nin un minuto a escoitar a opinión duns alumnos de primeiro de bacharelato, porén dende aquí dámoslle as gracias ao Sr. conselleiro D. Samuel Juárez por atendernos.

leliadoura eliadoura nº 19

Héctor Otero Otero 1º bac


Axenda 21 Escolar Galega Un ano máis estamos a camiñar por este itinerario de compromisos. A a21eg non é máis que o compromiso dun centro educativo co ensino en valores, especialmente, aqueles que teñen que ver co desenvolvemento sostible, e que, por iso, abranguen case calquera aspecto da nosa vida: o medio ambiente, a poboación, o desempeño xusto do crecemento, o uso de técnicas sostibles e respeituosas... Pero a a21eg é tamén unha aposta, unha forma diferente de facer o traballo na escola, un desexo de cambiar os métodos de aprendizaxe e de ensino. Moito se ten falado das competencias básicas: a a21eg é unha aposta clara por educar en competencias. E o é porque pretende a formación contextualizada de alumnos e profesores, nun ámbito local próximo, cuns problemas locais e por iso, tamén, próximos, que nos permitan, a medio prazo, utilizar as aprendizaxes en ámbitos e problemas de calquera orixe.

Neste camiñar, moito se ten feito este ano: exposicións sobre Meteoroloxía ou Enerxía, participación cun obradoiro de construción de clepsidras nas II Xornadas de alumnado a21eg, actividades de aprendizaxe entre iguais como os xogos de rol ou obradoiros de reciclaxe, organización do comedor escolar, creación e formación do comité de mediadores do centro, cooperación con outros centros en estudos interdisciplinarios como os que se desenvolven nos eTwinning, Agrupación Escolar ou dentro da rede de centros a21eg. De todas elas hai información na nosa web de proxectos (www.iesguitiriz.org/ proxectos). Para rematar, queda dicir que durante o mes de xuño dúas profesoras portuguesas, dos Azores, virán ao noso centro para descubrir como é que se pode implementar un programa educativo dentro da Axenda 21 Escolar. Para nós será unha ocasión única de difusión do programa, pero, especialmente, de difusión do noso traballo, ao sermos elixidos, de entre todos os centros galegos, para tal efecto. Moito é o agradecemento, e moita será a dedicación. Por iso, durante dous meses antes, o Instituto programou un proxecto formativo para profesores en forma de debate – forum no TwinSpace, ubicado na plataforma

IES Poeta Díaz Castro

23


Etwinning: 5 anos no IES Poeta Díaz Castro Muito choveu desde aquel primeiro eTwinning. Tanto que nós aínda non estabamos no Instituto. europea de aprendizaxe colaborativa, para reflexionar sobre a propia axenda e as vantaxes de ser implementada. Neste forum houbo representantes do profesorado de Educación Primaria, Secundaria e da Universidade e de técnicos de medio ambiente da Consellería e das Institucións Locais, de España e Portugal.

E os éxitos acadados, igual que todo canto nos queda por facer e mellorar, serán o punto de partida para a nosa participación durante o próximo ano. Susana Vázquez.

24

leliadoura eliadoura nº 19

O quinto aniversario dos proxectos eTwinning foi tamén festexado aquí. Este ano non levamos un premio, pero, ao quedar no número 11 fomos o que se chama “accésit”, e por iso, foi a nosa representante ao quinto Congreso eTwinning que, este ano, se celebrou en Sevilla. Nós non estabamos para aquel primeiro proxecto, pero xa levamos tres cursos seguidos a traballar. Nese tempo, moito foi o aprendido: por exemplo, a estar dispostos a coñecer e traballar con outros alumnos doutros países, a non dicir que non a aprender un novo programa, a descubrir cousas curiosas doutros sitios e outros idiomas... O certo é que nos gusta como se traballa. O ordenador é unha boa ferramenta e agora sabemos utilizalo: textos, gráficos, imaxes, videos... xa non só son traballos, senón unha parte da nosa vida e da nosa diversión. Nos últimos tres anos, a aula de PT


desenvolveu actividades dentro deste proxecto moi variadas. Aprendimos como era o noso centro e como se organizaba, descubrimos as vantaxes de nos comunicar con outros alumnos doutros países como Irlanda e Portugal, encontramos todos os segredos do mercado en Guitiriz e aprendimos unha

chea de cousas sobre a auga. Aprendimos, aprendimos, aprendimos... pero tamén nos divertimos... e saímos varias veces nos xornais locais. Podedes ver moito sobre o que fixemos na nosa páxina web (www.iesguitiriz.org/proxectos) Aquel primeiro eTwinning sobre o estudo estatístico do uso do teléfono móbil trouxo aos compañeiros italianos ata Guitiriz... Os nosos eTwinning cos colegas portugueses levounos a coñecer O Porto e Lisboa... en compañía do noso grupo amigo.

Correlingua 2010

Un ano máis coa lingua fora. Como en ocasións anteriores alumnos do IES Poeta Díaz Castro particparon nun Correlingua cada vez máis necesario

Gracias, eTwinning, por estes tres anos connosco. E gracias polos 5 anos no Instituto. Irene Castro, Alejandro Castro, Alex Roca, Cristian Andón, José M. Dobén.

IES Poeta Díaz Castro

25


A participación na Axenda 21 Escolar Galega desde a perspectiva do alumnado Como alumnado, participar na A21EG estaba tan claro que non distinguíamos entre o que xa se estaba a facer e o que se propoñía. Por iso, houbo que reunirse, para descubrir cal era a verdadeira diferencia entre a educación medioambiental e a participación no programa da axenda. Desde entón pasaron case tres cursos e, tamén é certo que evolucionamos cara outros espazos de modificación. De feito, o que vos queremos contar hoxe son os cambios que notamos desde entón. Eses cambios non afectan a todo o noso tempo escolar, pero cada ano, grupos de alumnos do Instituto, participan en actividades que non había antes da A21EG e que nos aportan unha formación máis completa, máis motivadora e máis útil. E así poderíamos enumerar modificacións nas nosas formas de nos achegar ás aprendizaxes: Descubrimos a utilidade do que aprendiamos no contexto próximo, en actividades que eran novas e diferentes. Tamén tivemos ocasións de comportarnos como “formadores”, contando a grupos de alumnos aquelas cousas que tiñamos aprendido. Iso supuxo que estábamos a mellorar as nosas habilidades. Participar no Comité Ambiental, ao ser un órgano de representación de toda a comunidade escolar, esa decisión afectará ao desenvolvemento posterior da marcha do centro.

26

leliadoura eliadoura nº 19

Prácticas: Ao longo dos tres últimos cursos, a nosa participación chegou a ser moi diversa. Por iso, pensamos adecuado facer a seguinte división de actividades:

1.APRENDIZAXE ENTRE IGUAIS

Desde hai dous cursos, estamos a desenvolver actividades en que un grupo de alumnos ensina a outro grupo algo que aprendeu previamente. Estas actividades foron motivadoras, próximas e formativas. Pertencen a este grupo de experiencias as seguintes: Obradoiro sobre Cambio Climático. Profesores por un día. Equipo de mediadores. Obradoiros de construción de clepsidras: Xogos de rol para alumnado de ciclos inferiores:

2.REDES DE CENTROS A21

Pertencer á A21EG supón formar parte dun grupo de centros que traballan coa mesma filosofía. Por iso, cada un pode aportar ao grupo a súa experiencia. Nós aproveitamos esta situación para colaborar e participar en distintas experiencias: Identificación de especies arbóreas dos centros educativos: Formación de Mediadores: Colaboración nas publicacións doutros centros: Colaboración con centros non A21EG:

3.FORMACIÓN EN INSTITUCIÓNS LOCAIS

É unha decisión acorde coa sustentabilidade aproveitar as ocasións formativas que teñen orixe no contorno. Por iso, o noso Instituto participa coas seguintes iniciativas: Reciclaterra: Climántica:


4. COLABORACIÓN CON INSTITUCIÓNS LOCAIS

A invitación ás iniciativas das Institucións da zona e a nosa intención de compartir con eles algunhas das nosas é sempre ben acollida na nosa comunidade educativa. Por iso, sempre que temos ocasión, compartimos co noso contorno, coma nos casos seguintes: Almorzos saudables: Exposicións: Colaboracións na prensa:

5.FORMACIÓN EN A21EG PARA A COMUNIDADE

Formar parte dun programa como este supón que o noso profesorado estea preparado para os cambios na metodoloxía de traballo. Para iso, a súa participación en cursos e xornadas organizados pola Consellería de Educación ou Medio Ambiente está asegurada. Normalmente a participación é como asistentes, pero, tamén, como comunicadores, procurando a difusión do traballo que aquí se fai, buscando colaboracións onde hai profesorado doutros centros.

6. DIFUSIÓN DO PROGRAMA A21EG

Aínda que este grupo de actividades é máis indicado para profesorado que para alumnos, participar en Xornadas específicas para Alumnado A21EG consistiu nunha importante modificación para o noso traballo, xa que, puidemos dar a coñecer a nosa visión do que facemos cada día. Exemplos: “O Alumnado é o Protagonista”: “Eduambiengal’09” “Xornadas para o Profesorado A21EG”: Acollida de representantes de Ecuador e Azores interesados na implementación do programa A21EG.

obxectivos fundamentais: Por un lado, participar comentando as nosas posibilidades dentro da A21EG, pero vistas desde os ollos dos estudantes implicados. Sabíamos que o noso traballo está representado por parte do profesorado que o organiza, pero confiábamos na nosa capacidade para aportar algunha outra faceta ao ser distinta, tamén, a nosa perspectiva. Cremos que este programa foi introducindo novidades na forma en que o profesorado se involucra na Axenda, pero, tamén, cremos que nós enfrontamos novas situacións de aprendizaxe, polo que o noso compromiso é crecente e a nosa ilusión pasa por que estas experiencias adquiran maior importancia no desenvolver da nosa formación. Por outro lado, e volvendo á sostibilidade, aproveitar a ocasión para superarnos, para participar en novas experiencias e aumentar as nosas expectativas, para que, unha vez feita a nosa achega, sexamos un pouco máis maduros, un pouco máis formados, un pouco máis participativos. Jennifer García Espiñeira Natalia García Vázquez Isabel López Souto Bruno Pena Calvo

Conclusións: Con esta comunicación queríamos cumprir con dous

IES Poeta Díaz Castro

27


SAHARA OCCIDENTAL, UNHA CAUSA OLVIDADA Durante a semana do 22 ó 26 de marzo o Departamento de Ciencias Sociais e a Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro organizou unha serie de actividades para os alumnos de 4º de ESO, 1º BAC e 2º BAC baixo o nome de “ SAHARA OCCIDENTAL, UNHA CAUSA OLVIDADA”.

A intención era achegar e sensibilizar ós alumnos cun conflito non resolto e aínda vixente, pero totalmente descoñecido para a mayoría dos rapaces. Realizáronse proxeccións de vídeos, películas, diapositivas da estancia dun dos membros do Departamento nos campamentos de refuxiados e presentacións de traballos realizados por alumnos de 1º BAC ó longo do trimestre. Pechamos a semana cunha conferencia do representante da Fronte Polisaria en Galicia, Ahmedu Mohtar Fadel. Como complemento as actividades adicadas ó Sahara Occidental acordouse colaborar na Campaña de Recollida de alimentos « Caravana pola Paz» organizada pola asociación «Solidariedade Galega co pobo Saharaui». Trátase de enviar ós campamentos principalmente alimentos como garabanzos, lentellas, aceite de oliva, atún e produtos de hixiene. 28

leliadoura eliadoura nº 19


Visita a Ferrol Visita a Ferrol co alumnado de Ciencia Sociais de 3º ESO o día 27 de abril. Paseamos polo barrio da Madalena, fixándonos nos edificios máis singulares. Visitamos á aula de Ecoloxia Urbana e o parque de Aquaciencia. Despois fixemos un recorrido en barco pola ría de Ferrol con comida en Mugardos. Ó final visitamos o castelo de san Felipe.

Un paseo por Compostela Roteiro polo casco vello de Santiago co alumnado de 2º de bacharelato de Historia da Arte alumnos de para ver in

situ as obras máis destacadas do Románico, Renacemento e Barroco. Visitamos tamén os tellados da catedral e disfrutamos cunha panorámica sobre a cidade distinta habitual.

IES Poeta Díaz Castro

29


Viaxe a Candanchú-Astún

Esta viaxe fixémola os alumnos da ESO e algún persoal máis…Marchamos para alá un domingo pola mañá moi cedo e chegamos á cidade de Jaca á beira da noite. A primeira noite, os alumnos armamos algo de festa e os profesores que foron con nós non deberon durmir moi a gusto porque o luns andaban algo alterados… Non había quen parase co frío, non paraban nin os corvos, sobre todo ese primeiro día, o

30

leliadoura eliadoura nº 19

resto da semana aguántamolo mellor porque xa iamos acostumados. A neve estaba moi boa para practicar o esquí, a mágoa foi que a tarde do mércores comezou a caer una nevarada moi forte que non nos permitiu esquiar pola tarde. Ao seguinte día, o xoves, non fomos esquiar por culpa da nevarada que caera, só había tres pistas abertas arredor do restaurante. Ese día aproveitámolo para pasear pola vila e coñecela mellor, así que tampouco estivo mal. En realidade, o peor día de todos foi o venres porque era o día no que marchabamos para a casa. Os alumnos que fomos démoslle as grazas a Alfredo por levarnos a esa viaxe e por pasalo tan ben, tamén estaría ben agradecerllelo aos outros profesores que foron connosco, María e Eneko. Foi una boa viaxe e espero repetila outro ano… Javier Tome Buján. 4ºESO B


Viaxe a Londres Como ben sabedes, alumos de 3º e 4º da ESO fixemos unha viaxe a Londres do 3 ao 7 de maio.

Por sorte, acompañounos o bo tempo e puidemos disfrutar ao máximo deses días. Marchamos un luns pola mañá, aínda que ata media tarde non chegamos alá. Cando chegamos veu recibirnos ao aeroporto un rapaz que se chamaba Thomas, que foi o noso guía durante a nosa estancia en Londres. Ese día pouco nos deu tempo a facer ; ir ao hotel, cear e para a cama, que viñamos todos moi cansos da viaxe. Ao día seguinte esperábanos unha longa xornada. O martes pola mañá saímos cedo e dirixímonos a estación de metro máis próxima; íamos visitar Camden Town e Covent Garden, donde encontramos mil e un tipos de tendas diferentes. Por alí todos mercamos ‘souvenirs’ para ter un recordo de Londres.

Pola tarde fomos a academia donde tiñamos as clases de inglés. A verdade é que foron bastante entretidas, aínda que eran demasiadas horas... O día seguinte pola mañá visitamos o Buckingham Palace, Big Ben, as casas do Parlamento, Trafalgar Square... e pola tarde de novo á academia. O xoves tocou visitar o British Museum e a Art Gallery. Vimos cousas verdadeiramente impresionantes. Pola tarde teríamos que ir a academia, pero as profesoras como son tan b o a s perdoáronnos esas tres horas de clase e leváronnos de compras por Oxford S t r e e t , P i c c a d i l l y, e t c . Pasámolo xenial entre tanta tenda, polo menos as rapazas... aínda que eles creo que non tanto! O vernes foi o último día. Chegou o momento de despedirse das terras inglesas e voltar á casa. Gracias a todos os que fixestes posible esta excursión. Eses cinco días con vos en Londres serán dificiles de esquecer

IES Poeta Díaz Castro

31


Excursión a Formación León mediadores O día 20 de Abril de 2010, fomos a Oleiros para facer unha sesión de aprendizaxe á mediación cos alumnos do IES Xosé Neira Vilas de Oleiros

O martes 1 de xuño o alumnado de realizou unha visita a cidade de Leon. En León visitamos a Igrexa de San Isidoro, coñecimos as pinturas do Panteón Real, onde están enterrados os reis de Leon e Galicia, e as dúas portadas, a do Perdón e a do Cordero. En fin aprendimos algo máis da arquitectura, a pintura e a escultura románica. Despois dimos un salto no tempo cara ó gó-

tico e vistamos a Catedral, onde nos explicaron como se fixeron as magníficas vidrieiras que poidemos apreciar curta distancia, pois accedimos ata elas subindo por un andamio. Por último nos achegamos ó renacemento e o estilo plateresco no Hostal de San Marcos de Leon.

32

leliadoura eliadoura nº 19

Nesta sesión traballamos as partes dun conflicto e as diferentes formas de solucionalo, todo isto o aprendimos con xogos e con moita participación de todos/as. O día 25 de Maio rematamos esta aprendizaxe coa visita dos alumnos de Oleiros ao noso centro. Esta última xornada foi para aclarar dúbidas e para practicar, a modo de xogos, a mediación. Ás 13:00h fomos aos sete muiños para comer e disfrutar en convivencia. Rematamos cunha volta polo centro do pobo. Os alumnos do IES Poeta Díaz Castro que participamos nas sesións de mediación estamos moi satisfeitos co resultado, e valoramos a experiencia moi positivamente, xa que é unha maneira de aprender e relacionarnos cos compañeiros/as de aquí e dos outros centros. Isabel, Natalia e Bruno.

LELIADOURA 19 (XUÑO 2010)  

Revista do IES Poeta diaz Castro de Guitiriz

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you