Sobrado dos Monxes, unha cultura entre dous ríos.
1. O río Tambre. 1.1.
Nacemento e desembocadura.
O río Tambre nace na lagoa de Sobrado dos Monxes e desemboca na ría de Muros e Noia. É un dos cursos fluviais de maior lonxitude do noso país. Entre os seus afluentes destacan o Mera, o Lengüelle, o Maruzo, o Barcala, o Cabalar (citado por Vicente Risco no seu relato “O lobo da xente”), o Dubra ou o Donas .
A Lagoa de Sobrado dos Monxes, situada a carón do monte Bocelo, é o berce do río Tambre.
1.2.
Percorrido
Antes de morrer na ría de Muros e Noia, o río Tambre debuxa paisaxes e accidentes naturais de gran beleza como, por exemplo, Ponte Maceira en Negreira ou a medieval Ponte Nafonso entre os concellos de Outes e Noia.