Page 1

Nº 58

MARÍA VICTORIA MORENO “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”

CEIP DE FOZ NÚMERO 1 2017 - 2018


SUMARIO 1.- Editorial 2.- Violencia de xénero 3.- Discapacidade 4.- Paz 5.- Entroido 6.- Somos escritores 7.- Excursións 8.- STEM 9.- Receitas de cociña 10.- Día da árbore 11.- Día do libro 12.- Letras Galegas 13.- Curiosidades medioambientais 14.- Reseña Biblioteca 15.- Pasatempos 16.- Despedidas


Editorial Un

novo

ano

“Paroladas”

e que

un

novo

número

pretende

do

amosar

noso unha

xornal pequena

mostra do traballo realizado neste curso e o que foi a vida diaria no noso centro. Dámosvos

a

actividades delas

e

coñecer co

as

nosas

obxectivo

contaxiarvos

a

de

experiencias

facervos

ilusión

e

e

partícipes

esforzo

que

puxemos na súa realización. Este ano quixemos dar un paso máis e adaptarnos á nova era dixital polo tanto, tentamos renovar o aspecto do xornal e facelo

accesible na rede.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a todo o alumnado por participar cos seus traballos e tamén aos mestres e mestras por correxir

e

dar

ideas

para

a

elaboración

deste

xornal. Tamén pedimos disculpas polos erros que poidades atopar. Esperamos que os temas tratados sexan do agrado de todos e todas e que disfrutedes coa lectura desta publicación.


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 27 de novembro de 2017, o alumnado de 5º preparamos unhas actividades para concienciar sobre a violencia de xénero. Representamos unha pequena obra de teatro, e nela falouse dos distintos tipos de violencia ademais da física: a social, a psicolóxica, a económica, a sexual. Tamén falamos do motivo polo que se conmemora o 25 de novembro e citamos ás irmás Mirabal. Rematamos aludindo as estratexias que o goberno aporta para axudar ás víctimas: o teléfono gratuito 016 e todas as campañas nos medios de comunicación rechazando a violencia machista e o maltratador. Recordamos citas alusivas ao maltrato que resoan na cabeza de tods e todas, como “Contra o maltrato, tolerancia 0” ou “Se maltratas unha muller, deixas de ser un home”. Soaron cancións de Pedro Guerra, de Revólver e de MBCP ( Máis Boas Cás Patacas). Rematamos poñendo unha curta italiana que nos gustou moito.

Alumnado de 5º de Primaria


O DÍA DA DISCAPACIDADE E DOS DEREITOS HUMANOS NO NOSO COLEXIO Ola, seguidores/as, lector@s do Paroladas. Hoxe imos relatar como foi o día da discapacidade e Dereitos Humanos no CEIP de Foz Número 1. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, organizaron este día tan importante. O día 5 de decembro de 2017, no noso colexio reunímonos toda Primaria e Infantil para celebralo, aínda que o Día da Discapacidade celébrase o 3 de decembro e o Día dos Dereitos Humanos o 10 do mesmo mes. Primeiro, o alumnado de 6º contou un conto dun neno chamado Daniel que andaba en cadeira de rodas e quería converterse nun gran xogador de baloncesto ( ao final conseguiuno grazas ao mago Pau Gasol). A continuación ensináronnos os slogans e debuxos que fixeron sobre o tema, representaron unhas cancións con coreografías (dúas, para ser exactos). Por último puxeron dúas curtametraxes e un rap. Que vos quede moi claro que por ter discapacidade non somos inferiores. TOD@S SOMOS IGUAIS!!!!

Mariña Balseiro Parga (5º E.P.)


O ENTROIDO NA AULA DE 4º DE PRIMARIA O Entroido foi unha época moi divertida no noso cole. Continuando co proxecto de centro sobre a ciencia decidimos disfrazarnos de “Científicos”, pero duns científicos moi especiais, “Científicos Tolos”.

Seguindo a costume, organizamos un desfile polo pobo pero non se poido levar a cabo por culpa da choiva así que fixemos unha festa no pavillón do cole. Pero non todo foi festa xa que nos quixemos informar e documentar sobre o Entroido tradicional galego. Elaboramos traballos e fixemos unha

exposición,

aprendimos

moitísimo!

Familiarizámonos

cos

Peliqueiros, Boteiros, Volantes, Xenerais do Ulla … e como remate final elaboramos unha copla de Entroido a modo de Regueifa que representamos para todo o alumnado.


COPLA DO ENTROIDO

Grupo 1 Xa está chegando o Entroido! Grupo 2 E a min que me has contar? Grupo 1 Os días van pasando … Grupo 2 E o disfrace sen acabar! Todos O disfrace sen acabar! O disfrace sen acabar! Grupo 1 O Entroido van chegando! Grupo 2 Que ben o vou pasar! Grupo 1 No noso colexio, temos o ano STEM Grupo 2 Pero ti que me falas?


Grupo 1 Fáloche en Inglés. Todos Ciencia, tecnoloxía, enxeñería e mates! Con todas estas cousas, Estamos tolos de remate. Tolos de remate! Tolos de remate! Ciencia, tecnoloxía, enxeñería e mates! Grupo 1 Non imos ser fadas, héroes nen pericos Grupo 2 Vaqueiros nen pantasmas. Queremos ser científicos! Grupo 1 E para rematar … Grupo 2 Teremos que ir bailar. Todos Á sala Bahía correr o Carnaval.


O apalpador

O apalpador é moi traballador. É moi barbudo e come tomate cru.

Vive no Caurel e regaloulle a súa muller un anel.

Xa vai maior pero quéroo un montón. Xa chega, xa chegou xa veu o Apalpador.

Co apalpador contento Comendo pan e pemento. Noa Fernández Corbelle – 4º P.


OS HAIKUS

O haiku é unha das formas de poesía tradicional xaponesa máis extendida. O haiku consiste en tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima. Acostuma conter unha palabra clave denominada kigo, que indica a estación do ano á que se refire. Tradicionalmente o haiku, así como outras composicións poéticas, buscaba describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións ou a vida cotiá da xente. Na actualidade, acostúmase a ensinar estes poemas curtos en escolas occidentais, aínda que dunha forma moito menos estricta. Nós, o alumnado de 5º de Primaria, inventamos uns haikus para recibir a primavera. Aí vos van algúns:


A CASA ENCANTADA DE PORTOCELO En Portocelo, (Xove, Lugo), hai un edificio de pedra construido no século XVIII ou XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e espléndidas vistas ao mar. Nin o actual propietario nin os seus devanceiros inmediatos viviron nela. E mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro. Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha cuadrilla de homes, amenceron ao día seguinte coas cabezas postas no lado contrario de que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados aos que tiñan ao lado. Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen mcubertos de suor, unha pinga en cada pelo. Non hai moito tempo, un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da casa co dono para andar ao calamar, e viu como a cadea da leña estaba atravesada de parte a parte da estrada. Máis sorprendido quedou o dono da casa acando llo contou: había moito tempo que non se andaba con tal cadea. E tamén hai pouco tempo meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ao día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba. Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas...

Antía Castro López (5º E.P)


LENDA DAS AUGAS SANTAS

Preto da igrexa de Rececende, no concello da Pontenova, había unha cova, e na cova había un burato polo que sempre caía unha gota de auga. A xente dos arredores traía aquí os nenos enfermos. A entrada da cova facíana de xeonllos cunha vela acesa na man. Se a gota de auga apagaba a vela, era sinal de que o neno non ía curar; se, pola contra, quedaba acesa, era sinal de que o neno curaría. O certo é que hai varias versións, e así, uns din que coa gota de auga lavaban a cara, os pés ou a parte do corpo que se viñera ofrecer, e despois ían á misa de San Xoán. Outros din que traían alí os nenos que non falaban; se a gota coa que entraban na cova aseguía acesa, era que o neno ía falar e se a vela se apagaba era sinal de que o neno non ía falar. Tamén hai quen di que untaban aos nenos enfermos co barro da cova.

Xabier Villapol Iravedra (5º de E.P.)


Non ó plástico! Hoxe erguinme amodiño na miña casiña amarela alí entre as altas árbores máis as miñas prantas belas. Campos verdes árbores do outono mares azuis flores do meu contorno. Dádenos vida! A vida que falta nos fai para que neste mundo algo se poida arreglar. Vivimos nun mundo recheo de plásticos feo, contaminado con océanos mouros e fume por todos os lados. Cheguei ao cole iso a unha amiga lle comentei e ela dime: o mundo é así que lle vas a facer! Protesta o que queiras berra coma o que máis publica nas redes sociais pero nada as solucionar. As gomas de mascar que a rúa tiramos ós paxariños no pico se lle quedan pegados. Sen poder comer


porque o pico non abren dando tumbos pola vida os pobres morren de fame. Os peixes nos plásticos fican no mar alí atrapados cruelmente agonizan isto provócano os humanos. En pouco tempo todo plástico a ser vivirás entre plásticos tamén os as de comer. Coida o medio ambiente coida aos animais coida dos teus PODÉMOLO CAMBIAR!

Helena Celada Villarmea


EXCURSION INFANTIL GRANXA-ESCOLA RIA DEL EO


ANO STEM (SCIENCE, TECHNOLOGY, ENGINEERING AND MATHS)

No C.E.I.P. de Foz Nº 1 adicamos este ano á ciencia, moitas das nosas actividades xiraron arredor deste tema. Todo comezou cando a principios de curso o alumnado de 5º e 6º fomos seleccionados para participar na SEMANA STEM, que se levou a cabo en Mondariz. Foi unha semana moi intensa e na que aprendimos moitísimo! A experiencia comezou un domingo pola tarde e rematou o sábado pola mañá. Cada día estivo adicado a unha actividade STEM: Luns : Ciencia e biotecnoloxía Martes: Electrónica e soldadura


Mércores: Programación. Xoves: Deseño e impresión 3D Venres: Robótica. Seguindo nesta liña, cando chegou o Entroido, o tema escollido polo centro tamén foi a Ciencia e así puidemos ver desfilar polo cole a un “robots moi especiais”, a “científicos tolos” e mesmo a personaxes coma “Grahan Bell”, “Dian Fossey” e o científico “Doc”.

Outro proxecto no que se involucrou o colexio foi a robótica, o alumnado de 4º, 5º e 6º recibimos formación sobre o tema na hora de “libre configuración”. Para facilitar a aprendizaxe a Consellería de Educación enviounos uns “robots moi simpáticos”:


Aprendimos o significado da robótica e como se pode utilizar na vida cotiá e dentro da aula para aprender de forma amena e divertida. Vimos

como se poden traballar con robots

os

contidos das

diferentes áreas como matemáticas, linguas, música, ciencias …, para esto elaboramos diversos paneis e levamos a cabo programacións. Foi divertido!

Concluíndo, a ciencia foi un tema moi interesante e valeunos para desenvolver a nosa creatividade, razoamento e pensamento crítico. Bruno Rodríguez Docobo 6º P


CADERNO CIENTรFICO Laboratorio dos Doutores e Doutoras de 4ยบ Equipo de traballo: Incribles Lugar do descubrimento: Patio CEIP de Foz Nยบ 1 Data do descubrimento: 7 de maio de 2018

Imaxes conseguidas


Informe seguindo o MÉTODO CIENTÍFICO: O equipo de traballo “Incrible” pertencente ao laboratorio dos doutores e doutoras de 4º plantexámonos unha pregunta:

 Que son unhas estrañas pegadas que aparecen en varios lugares do patio do cole?

Estivemos observando durante meses a evolución das pegadas e vimos que cada vez eran maiores. Esta é unha das imaxes tomadas:

Experimentamos e formulamos varias hipóteses: - É un peixe - É un dinosauro - É un ave, un elefante …


Finalmente, e tras moito tempo de estudio, conseguimos

atopar

a

orixe

das

pegadas.

Chegamos a unha conclusión e facemos un informe.

Trátase dunha especie totalmente descoñecida ata o momento. É unha mestura de diversos tipos de animais. Ten a cabeza de unicornio cunha fermosa cabeleira de cores. A súa boca está remarcada por uns longos bigotes de gato. Posúe un longo e groso pescozo de xirafa cun fondo amarelo e lunares marróns. Ten unhas fortes e grandes ás de águia de cor marrón e co punta branca que recordan ás montañas co cume nevado. O corpo é de serpe, longo e verde. A cola de peixe recorda á dun delfín. Posúe catro patas: dúas de ave, moi delgadas e de cor laranxa, que recordan as dun pito, e dúas de elefante moi robustas, grosas e de cor gris. Bautizamos a esta criatura co nome de PUXESDAG, unha sigla formada polas palabras: pito, unicornio, xirafa, elefante, serpe, delfín, águia e gato. Alumnado 4º Primaria


Unha vez que os nosos cociñeiros e cociñeiras redactaron as súas receitas, xuntámonos para cociñar un aperitivo saboroso e saudable. Estaba boísimo!


ESTA ACTIVIDADE, A CONMEMORACION DO DIA DA ARBORE E DIA DA POESIA, O 21 DE MARZO, FOI ORGANIZADA POLOS NENOS E NENAS DE EDUCACI'ON INFANTI, COA PARTICIPACI'ON DE TODOS OS ALUMNOS DO COLEXIO.


MARÍA VICTORIA MORENO Este ano o Día das Letras Galegas está adicado á escritora e profesora María Moreno. Naceu o 1 de maio de 1941 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e faleceu en Pontevedra o 21 de novembro de 2005. Licenciouse en Filoloxía Románica en Madrid, onde tivo como profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. En 1963 asentouse en Pontevedra con praza de mestra no Instituto Valle Inclán e, posteiormente, no Torrente Ballester. Tamén traballou en Lugo e en Sanxenxo, vilas onde iniciou os seus contactos co ámbito galeguista. Os seus libros máis importantes son: Eu conto, ti cantas. Anagnórise A lúa que baila Mar adiante Leonardo e os fontaneiros A brétema ¿E haberá tirón de orellas? Alumnado de 6º E.P.


CURIOSIDADES AMBIENTAIS As nenas e nenos de 3ยบ somos expertos en temas ambientais, e para demostrรกrvolo deixรกmosvos unhas curiosidades e un test para que descubrades o voso nivel ecoloxista.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


BIBLIOTECA ESCOLAR Neste curso algunas das actividades coordinadas pola biblioteca foron as seguintes:

24 de outubro “Día da biblioteca”. Nesta ocasión para conmemorar “O Día Internacional das Bibliotecas Escolares” os nenos e nenas axudantes de biblioteca de 6º curso de primaria, amosaron o poder da amizade e a ensinanza que se pode extraer dun libro a toda a Comunidade Educativa. Levouse a cabo, nunha sesión despois do recreo, onde todo o alumnado e profesorado acudíu á biblioteca para ver como estes nenos dramatizaban o conto “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”. Celebración do “Samaín”. Tras o éxito do ano pasado, o Equipo da Biblioteca e a ANPA do Centro, decidimos celebrar a festa de Samaín coa “Terceira “ Procesión da Santa Compaña Infantil” e posterior noite no centro. Así, o 19 de outubro, participaron un total de 60 rapaces que, acompañados por mestres, pais e nais, desfilamos cun pequeno percorrido polas rúas de Foz. A nosa intención é ensinarlles aos nenos as nosas tradicións e tamén así perder perd o medo a todo aquilo que lles é descoñecido.

Celebración de “Día mundial contra a violencia de xénero”. O luns 27 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, preparou unhas actividades para concienciar sobre a violencia de xénero. Representaron unha pequena obra de teatro, nela falouse dos distintos tipos de violencia, ademáis da física: a social, a psicolóxica, psicolóxi a económica e a sexual. Falaron do motivo polo que se conmemora o 25 de

novembro

e

citaron

ás

irmás

Mirabal Mirabal.


Remataron aludindo ás estratexias que o goberno aporta para axudar ás vítimas: o teléfono gratuíto 016 e todas as campañas nos medios de comunicación, rechazando a violencia machista e ao maltratador. Recordáronse citas alusivas ao maltrato que resoan na cabeza de todos, como: “Contra o maltrato, tolenrancia 0”, ou “Se maltratas a unha muller, deixas de ser un home”. Soaron cancións de Pedro Guerra, de Revólver e de MBCP (Máis boas cás patacas). Asuntos Sociais de Foz enviounos o cartaz deste ano contra a violencia de xénero. Contacontos Infantil: “O coelliño branco”. O 5 de decembro, varios membros do Equipo de Biblioteca, representaron para os xa tradicionais “Contacontos de Infantil”, “O coelliño branco”. Nun principio ía ser para o alumnado de Educación Educación Infantil, ao que finalmente se sumaron os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, xa que consideramos que era moi interesante para todos eles. Fixéronse dúas representacións. Conmemoración do día da Constitución e o Estatuto de Autonomía. Este ste ano, foron os alumnos de 6º de Educación Primaria os que conmemoraron estas datas centrando a súa exposición no “Día dos Dereitos Humáns” que se celebra o 10 de decembro e o “Día da discapacidade” que se celebra o 3 de decembro. Leron un conto dunha alumna umna deste curso, uns dereitos e uns eslogans e realizaron unhas coreografías relacionadas coas

temáticas.

Finalmente

disfrutamos

relacionados co tema da discapacidade.

Ciencia na biblioteca. “Aprender xogando é posible!!!!”, posible!!!!” baixo este lema, adicamos os recreos dos martes a “xogos de mesa” na biblioteca. Durante os meses de novembro e decembro e todo o segundo trimestre xogaron ao parchis, oca, xadrez… O alumnado “Axudante de biblioteca”, fixeron de monitores a aqueles nenos e nenas de todo Primaria Primaria que participaron na actividade.

duns

cortos


Conmemoración n do “Día “D escolar da non violencia e da paz”. A parte dos distintos traballos realizados nas aulas, o alumnado que preparou esta exposición foi o de segundo de Educación Primaria. Contaron a todo o Centro quen foi “Mahatma Gandhi” e por que ten tanta importancia neste día. Elaboraron un decálogo coa esperanza de que xuntos aprendamos a ser persoas pacíficas e constructoras de paz. A continuación leron o conto “A mellor sopa do mundo” mundo” de Susanna Isern, onde puideron ver que o ingrediente máxico é a amizade. Seguidamente recitaron o poema titulado “Nada” de María Canosa, onde viron como moitas persoas poden sentirse felices a pesares de non ter nada material, tan só o amor dos seus. Para ra rematar, pecharon a súa intervención neste acto interpretando a canción “Yo quiero tener un millón de amigos” de Roberto Carlos. O entroido. Partindo do proxecto de biblioteca, quixemos relacionar os disfraces do entroido coa robótica e a ciencia. Así disfrutamos dos seguintes disfraces: -

4º de Ed. Infantil: “Os semáforos”.

-

5º de Ed. Infantil: “Os municipais”.

-

6º de Ed. Infantil: “Unha viaxe en globo”.

-

1º de Ed. Primaria: “Xogos de mesa”.

-

2º de Ed. Primaria: “A alimentación saudable”.

-

3º e 4º de Ed. Primaria: maria: “Científicos locos”.

-

5º e 6º de Ed. Primaria: “Robots”.

Os mestres especialistas, como cada ano, colaboraron cos seus disfraces relacionados co tema, así apareceron polo noso centro “Grahan Bell”, “Dian Fossey” e o científico “Doc”.


Conmemoración do “Día de Rosalía de Castro”. Castro” Para conmemorar a data adicada a Rosalía de Castro realizamos as seguintes actividades: “ROSALÍA NA RADIO”: O venres 23 de febreiro, alumnado de primeiro curso de Primaria, acudíu á radio acompañado das súas titoras, para ler poemas da autora previamente traballados na aula. “ROSALÍA NAS AULAS”: O luns 26 de febreiro os alumnos de quinto curso de Primaria, en grupos de dous ou tres rapaces, acudiron ás aulas de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Primaria, recitarlles poemas seleccionados seleccionados previamente e realizar unha actividade posterior con eles. “ROSALÍA NA RÚA”: O luns 26 de febreiro os alumnos de sexto curso de Primaria recitaron poemas seleccionados por eles, na Avenida da Mariña, con acompañamento musical de Amancio Prada. A este recitado uníronse pais voluntarios con poemas seleccionados por eles. “ROSALÍA NO CENTRO DE DÍA”: O martes 27 do mesmo mes, os alumnos de

cuarto

curso

seleccionaron

de

poemas

Primaria

da

autora,

elaboraron murais e foron ilustrar aos anciáns do centro de día co traballo realizado.

Conmemoración do “Día Internacional da Muller”. Para esta data tan significativa, foron os alumnos de 1ºA e 1ºB os que investigaron, elaboraron un traballo e expuxérono para todo o Centro Educativo. O desenrolo da exposición tivo varias partes: -

Escenificación

de

“O

libro

dos

porcos”. -

Escenificación con proxección de “Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa”.

-

Interpretación

da

canción

“Son

muller” do grupo “Mais boas bo cas patacas”.


Conmemoración do “Día mundial dos dereitos do consumidor”. O pasado 15 de marzo, os rapaces de 4º de primaria, expuxeron nunha sesión a todo o alumnado distintas

e

profesorado

actividades en

do torno

Centro, a

esta

conmemoración,, relacionadas cos dereitos e deberes dos consumidores, a publicidade… publicidade

Contacontos Infantil: “A tartaruga que quería durmir” Para rematar o trimestre, e vendo o éxito acadado no “Contacontos de Infantil” do primeiro trimestre, o Equipo ipo de Biblioteca decidíu elaborar unha nova escenificación para representar a todo o Centro. Aproveitando que se acababa o trimestre fixémolo o último día para levar un bo sabor de boca para as vacacións. Neste caso foi o alumnado de cuarto de primaria os que fixeron a dramatización do conto “A tartaruga que quería durmir”.

Conmemoración do “Día internacional do Libro”. O pasado 23 de abril, conmemoramos no Centro “O Día Internacional do Libro”. Como ven sendo habitual, realizamos os “Apadriñamentos Lectores”, onde o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria “apadriña” a un neno (nalgún caso dous) para lerlle un conto. Á cuarta sesión da mañá, cada padriño foi buscar ao seu afillado á aula para levalo a un rincón do patio e lerlle o seu conto. Os afillados afillados agasallaron aos seus padriños cuns marcapáxinas elaborados por eles. Despois disto xogaron polo patio. Reusltou, coma sempre, unha actividade moi entrañable! Conmemoración do día das “Letras Galegas”. Un ano máis conmemoramos no Centro o “Día das Letras Galegas”, adicadas a María Victoria Moreno, onde cada curso preparou unha peciña de teatro. As actuacións deste ano foron as seguintes:


- 4º de Ed. Infantil: O alumnado de infantil escenificou unha peza titulada ti “Plátanos” na que atopamos na selva a elefantes, monos… - 5º de Ed. Infantil: Representaron a obra “A gota viaxeira” na que unha gota fai unha viaxe moi apaixoante. - 6º de Ed. Infantil: Os mociños e mociñas de 4 anos interpretaron a peciña de teatro titulada tulada “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo…” - 1º de Ed. Primaria: Representaron a obra “Nubiña Pascual” de Inmaculada Díaz. - 2º de Ed. Primaria: Representaron a obra “A ratiña presumida”. - 3º de Ed. Primaria: Interpretaron unha adaptación de Manuel María, “Non é tan fero o lobo como o pintan”. - 4º de Ed. Primaria: Organizaron unha “Visita ao museo de cera” onde se atopan escritores homenaxeados nesta data. - 5º de Ed. Primaria: Representaron o conto de “Carapuchiña Vermella” pero un pouco cambiado… cambiad - 6º de Ed. Primaria: Revivimos o musical “Grease”. - Leonardo e os fontaneiros: A Concellalía de Cultura do Concello de Foz, invitou ao alumnado de 5º e 6º á interpretación teatral “Leonardo e os fontaneiros” de María Victoria Moreno, a cargo do grupo Ubú teatro, para conmemorar o “Día das Letras Galegas”..


O NOSO PASO POLO CEIP DE FOZ Nº 1 Ao alumnado de sexto, despois de nove marabillosos anos, chéganos o momento de despedirnos. Rematamos a nosa etapa de Primaria no cole e agora imos camiño ao instituto para comezar a nosa andaina en Secundaria. Chegado este momento non podemos explicar o que sentimos porque foron moitos anos de convivencia. Por unha parte estamos nerviosos e contentos por superar esta etapa pero por outra parte temos medo cara o descoñecido. Botaremos de menos aos nosos compañeiros e compañeiras máis pequenos e a todo o persoal do centro pero sobre todo aos mestres e mestras aos que queremos dar as grazas por acompañarnos nesta viaxe, por motivarnos e ensinarnos non só contidos senón valores. Grazas e ata sempre. O alumnado de 6º de primaria.


OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS DESEXAN A TODOS UN FELIZ VERÁN!!!

INFANTIL 3 ANOS.


Paroladas Nº 58  

Xornal escolar curso 2017 - 2018

Paroladas Nº 58  

Xornal escolar curso 2017 - 2018

Advertisement