Públicas da Escola

Page 1

PÚBLICAS DA ESCOLA

CURSO 2019/2020 ANTÍA 5º #


SUMARIO SUMARIO……………………………………………………………….PÁX2 EDITORIAL……………………………………………………………..PÁX3 OS NOSOS PROXECTOS:…………………………………………...PÁX4 Indianos………………………………………………………………….PÁX4 Unha plantación fracasada…………………………………………....PÁX7 Encaixamos……………………………………………………………..PÁX9 O Entroido en Galicia…………………………………………………PÁX10 HOXE FALAMOS CON………………………………………………PÁX19 Teresa………………………………………………………………….PÁX20 Poli……………………………………………………………………...PÁX24 CELEBRAMOS:……………………………………………………….PÁX26 O mes do medo……………………………………………………….PÁX27 25N………………………………………………………………….. .PÁX29 Camiñando cara a paz………………………………………………..PÁX30 Día de Rosalía………………………………………………………...PÁX31 8M……………………………………………………………………...PÁX33 Letras Galegas……………………………………………………….PÁX34 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA UN VERÁN DIFERENTE…PÁX38

PASATEMPOS……………………………………………………….PÁX42 RECICLAMOS………………………………………………………..PÁX45 TEMPOS DE CORONAVIRUS…………………………………… PÁX48 AÍ VEN O MAIO……………………………………………………….PÁX49 A DESPEDIDA………………………………………………………...PÁX61

#


EDITORIAL Cando comezamos este curso 2019/2020 que remata non nos imaxinabamos o que iá pasar despois do 13 de marzo. Como cada ano en setembro fixemos unha programación máis, o alumnado comezaba un novo curso e novos desafíos e todo transcurría con normalidade. Había risas, ruído, carreiras polo patio, momentos para descubrir novas cousas, exercicios ás veces fáciles, ás veces menos fáciles, alguna sáida extraescolar… E chegou o Magosto e o Samaín, e tivemos un mes adicado ao medo, e veu o Nadal tan ilusionante coma sempre… E cambiamos de ano e celebramos a Paz, e celebramos o Entroido, o día de Rosalía, o 8 M…. E despois… estar na casa, lonxe doutros familiares, lonxe d@s compañeir@s, preocupad@s por ese virus que levaba vidas e nos impedía vivir con normalidade. Foron meses moi duros e difíciles. Á incerteza pola enfermidade sumouse a incerteza polos postos de traballo de moitas familias. Porque, cando poderiamos voltar a saír? E os país e nais poderían voltar ao seu posto de traballo?. Para o profesorado deste colexio, para as familias e para o alumnado foron tres meses moi difíciles que superamos con nota. Por iso que felicitamos á comunidade escolar do CEIP de San Miguel de Reinante porque... SOMOS XENIAIS. XUNT@S SUPERAMOS TODO!!!

COIDÁDEVOS!!

#


OS NOSOS PROXECTOS

#


Os Indianos Durante o primeiro trimestre estivo na nosa aula Aitor, mestre en prácticas da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Con el levamos a cabo moitas actividades, entre elas un traballo sobre Os Indianos. Por grupos fomos recollendo información, o profesor amplióunola e púxonos vídeos sobre a pegada que deixaron no nosoconcello. Aprendemos moito sobre estes emigrantes que marcharon para América.

POR QUE MARCHARON? Coñecemos como era Galicia a finais do século XIX e comezos do século XX. Descubrimos que había moita pobreza. No rural a agricultura era pouco rentable, os medios para traballar a terra eran rudimentarios e apenas se producía para ir vivindo. Aínda que houbera sobras e se quixeran vender, tampouco había vías de comunicación axeitadas para o transporte. Todo esto, unido a que había moitaxente nova (as familias eran todas numerosas) que non tiñan traballo e que non querían facer o servicio militar, provocouunha marcha masiva hacia os países de América do Sur. A idea que se tiña desde aquí, era que América era un paraíso, onde todo aquel que traballase se podía facer rico. Esta idea era alimentada polas cartas que mandaban os que se marcharan antes, contando as boas condicións de vida que alí se ofrecían e sen dicir nada das penalidades que pasaban. A intención que levaban era gañar diñeiro e regresar ricos a Galicia.

QUEN MARCHABA? Como nos países de destino había necesidade de moita man de obra, podía ir toda clase de xente, xa que se lles permitía abandonar o noso país a aqueles que tiñan máis de 15 anos, aínda que tiñan que levar un permiso. Para as mulleres resultaba máis complicado porque a nosa sociedade era moi machista e debían marchar cun Parente ou debía reclamalas alguén desde as Américas. A idade media dos emigrantes era de menos de 23 anos, case todos procedentes do rural e sen estudos.

#


COMO ÍAN ÁS AMÉRICAS? Como o destino estaba a miles de quilómetros, co Océano Atlántico polo medio, o medio empregado era o barco. Do porto de A Coruña partiron os emigrantes que ían a Cuba, México e Porto Rico, mentras que aqueles que tiñan como destino Arxentina, Brasil ouUruguaisaíron de Vigo. As condicións da viaxe eran malas, botando ata 45 días na travesía.

COMO ERA A VIDA NAS AMÉRICAS? Como eles marchaban dunha aldea e chegaban a unhacidade, encontraban un enorme cambio. Tampouco se lles ofrecían moitas oportunidades por ser xente que non tiña preparación. Polo tanto, os traballos que se lles daban eran pesados, difíciles e pouco pagos. Aínda así, os galegos, con ese espírito aforrador que nos caracteriza, fóronse adaptando e integrando. Empezaron a montar pequenos negocios que llespermitiu levar unha vida sin problemas económicos, pero traballandomoito.

O SEU LABOR CULTURAL Alíquixeron continuar coas tradicións propias, promocionando a cultura galega. Crearon AsociaciónsCulturais e Institucións como os Centro Galegos. Fundaron Sociedades que tiñan como fin recaudar fondos, a través das cotas dos socios, para a construción de escolas e institutos, dotalas de material, correndo con todos os gastos e mesmopagándolles as mestras. O obxectivo era proporcionar os nenos e nenas galegas o acceso a formación cultural. Debemos estarllesmoi agradecidos porque a educación é a herencia máis valiosa que cada xeracióndeixaá xente que vén detrás.

OS RETORNADOS A tendencia da maioría dos que se foron era volver áterriña. Todos tiñan a intención de retornar. Moitos o fixeron. Algúns ricos e outros, con menos sorte, volveronnasmesmascondicións que marcharon. O retorno produce un cambio napaisaxe do nosoconcello: temosmoitasmostras de casas indianas repartidas polas parroquias. Fácilmente recoñecibles por ser construcións que posúen elementos propios dos países ós que emigraron.

Alumnado de 4º curso de EP

#


UNHA PLANTACIÓN FRACASADA Poucos días antes da declaración do estado de alarma, comezamos un proxecto sobre “As plantas” dirixido por Andrea, una mestra da Facultade de Educación da Universidade Pontificia de Salamanca, que durante o segundo trimestre colaborou cos nososmestres no desenvolvemento das actividades de aula. O punto de partida era facer a plantación das sementes. Para eso empezamos por preparar os testos reciclando botellas de auga: recortámolas e puxémosllesna parte superior una cinta adhesiva para evitar cortes. Cos testos preparados fomos ó noso horto e enchémolos de sustrato, introducimos dúas fabas moi cerca do lateral (para ver o proceso de xerminación),regamos e levámolas á nosa clase. Esperabamos ilusionados ver como empezaba a xerminar unha raíz, encorvándose con dirección hacia abaixo, e pouco despoissaír un talo dirixíndose cara arriba e xa nese talo agromarían as follas. Desafortunadamente non chegamos a velo porque de súpeto tivemos que confinarnos. Non volvemos á clase pero Andrea proporcionounos moita información e enviounos enlaces moi interesantes e divertidos. Foi una mágoa non poder levar a cabo o proxecto tal e como estaba previsto. Aquí podedes ver algunhas fotos da sesión da plantación.

#


4ยบ E. PRIMARIA

#


ENCAIXAMOS

PARABร NS! PARA 4ยบ!!!

#


O ENTROIDO DE GALICIA

#


#


#


#


#


#


#


#


ALUMNADO 6ยบ DE PRIMARIA

#


#


ENTREVISTA A TERESA TRIGO, TITORA DE 4ยบ DE PRIMARIA

#


#


#


#


ENTREVISTA A POLI, TITORA DE 6ยบ DE PRIMARIA

#


#


CELEBRAMOS MES DO MEDO

PAZ A D DÍA

LÍA A S RO E D DÍA

ENTROIDO

#


O MES DO MEDO

Novembro foi elixido O Mes do Medo no CEIP San Miguel de Reinante. Durante todo o mes fixemos diferentes actividades todas relacionadas con este tema. Previamente celebramos o magosto e o samaín. Fixemos as nosas cabazas e adornámolas para colocalas na nosa exposición anual de cabazas decoradas. Fixemos una actividade conxunta na que alumnado e familias nos contaron cales son os seus medos.: A escuridade, ás arañas, serpentes… O alumnado de quinto preparou varios contos de medo que leu aos seus compañeiros e compañeiros mais cativos. O alumnado de Infantil e Primeiro escoutou moi atento e agradeceu estas lecturas. Os corredores e clases convertíronse en decorados terroríficos dun conto de medo. E tivemos a visita do noso amigo o monstro Papamedos, que nos visitou para levar consigo todos os nosos medos. Nós recibímolo con entusiasmo e regalámoslles as nosas galletas mostruosas nas que iba impreso o noso medo. Así el podía alimentarse e desta maneira sacarnos o medo a nós. Aquí vos deixamos un pequeño resumo de todas estas actividades

Os corredores do noso colexio volvéronse aterradores!!! #


Ademais de decorar os corredores, facer a nosa exposiciรณn de cabazas e falar dos nosos medos escoitamos contos de medo que os nenos e nenas de 5ยบ nos leron

#


25 N: POR ELAS, POR NÓS, VIOLENCIAS NON

Na clase de 4 anos, os nenos e nenas estamos en contra da violencia. Para conmemorar este día tan importante fixemos uns cartaces cunhas frases moi especiais. nosa frase era esta:

Se me queres, non me pegues.Queremos medrar sen violencia. Non a violencia!! Nenas e nenos de 5º de Infantil

#


CAMIÑANDO CARA A PAZ CO BO TRATO

30 DE XANEIRODÍA DA PAZ

#


#


DÍA DE ROSALÍA

O día 21 de febrero celebramos o Día de Rosalía no noso colexio. Este ano, aparte de traballar na aula sobre a`obra e a vida de Rosalía quixemos homenaxear a todas as persoas que por un motivo ou outro tiveron que emigrar. A actividade proposta, de título “Errantes polo mundo “ consistía nunha serie de entrevistas, unhas virtuais e outras presenciais a persoas da nosa comunidade educativa. Nuria e Lucía, dúas irmás que viven nos Países Baixos, Ana Dorrego, que vive en Francia; Lorgi e Bachir, que viven en Barreiros pero que naceron lonxe do noso concello. Tod@s elas teñen historias persoais moi interesantes relacionadas co fenómeno da migración e quixemos facerlles unas preguntas. Para iso enviamos una carta a cada una destas persoas cun pequeño agasallo, un poema de Rosalía escollido para a ocasión e una batería de preguntas. Mandamos as nosas cartas. E chegaron!. E xa tiñamos un par de videos dende os Países Baixos para ver…. Pero chegou marzo e pechamos. Pero esta actividade e esta historia non acaba aquí, cando poidamos voltar á escola seguiremos adiante con ela.

#


8M Pouco antes de quedar confinad@ s celebramos o Día da Muller. E fixémolo dunha maneira colectiva, creando o noso ABECEDARIO FEMINISTA. Actrices , científicas, filósofas, escritoras, políticas, …. Démonos conta de que as mulleres tamén son importantes en todos os eidos, aínda que ás veces nos queirán facer invisibles. Deixamos colocado o noso abecedario para despois elaborar un libro con todas as aportacións de cada clase. Pero aos poucos días fomos para a casa e non puidemos voltar.

#


LETRAS GALEGAS: 2020

O día das Letras Galegas, adicado á figura de Ricardo Carvalho Calero foi moi diferente ao de outros anos. Era a Festa das nosas letras, faciamos homenaxe á figura deste ano, tiñamos teatro, deporte,… un montón de actividades. Este ano foi distinto e tivemos que celebralo cada quen na súa casa e como mellor sabía. Foi un día máis, aínda que para nós sempre foi algo especial. No Blog de Espallando Galego subimos un montón de actividades divertidas para facer e para coñecer algo máis da figura de Carvalho Calero. #Neste enlace podedes acceder a presentación que fixemos desta figura tan importante das nosas letras. https://drive.google.com/file/d/1luRcNvuUtFq2RaOJnnDbaBE859v3noz3/view? usp=sharing E o alumnado de 4º de Primaria fixo un fermoso traballo coas súas Cestas de Tesouros Lingüísticos,que consiste nunha cestiña chea das dez palabras máis fermosas para eles escritas en galego.

Seguro que vos gusta!!!

#


A CESTA DOS NOSOS TESOUROS LINGÜÍSTICOS

Na nosa cesta recollemos as dez palabras que máis nos gustan da Língua Galega

NADAL FAMILIA

XOGAR AMIGOS

FELICIDADE

PRAIA DECEMBRO

VERÁN AMOR

VAGALUME

ESPANTALLO

BOLBORETA

AMORODO

BÁGOA

FEDELLO

BICO

MORRIÑA

XEADO

TREBALLAR

XOGAR

LER TORRE EIFELL

GATO CEO

#

NUBES


SORRISOS AXÓUXERE CHOIVA FESTA NÉBOA BRÉTEMA GALANO MEIGA MORCEGO BICOS

VOAR ELECTRICIDADE DEBUXAR AMIZADE XOGOS TRABALLO LER SORRIR XANTAR AXUDAR

TRABALLAR ANDAR

ESTUDAR LER

SENTARSE ESCRIBIR XOGAR COLLER

XARDÍN CABALO GARAXE ÁRBORE ESTOXO HERBA BOLBORETA BICO PARRULO TOXO

#

CORRER XANTAR


BOLBORETA CAN XIRAFA XORNAL MENIÑO MOUCHO POMBA

GALIÑA INVERNADOIRO LEITUGA

BICOS NAI LEDICIA QUÉROTE PAI APERTA AGARIMO SAUDADE BOAS AVOA

ELECTRICIDADE XOGOS LER VOAR AMIZADE SORRIR DEBUXAR AXUDAR

BO DÍA PRANTA NATUREZA CADEIRA ÁRBORES

XANTAR

LINGUA PATÍNS CAN CAMA FOLLAS

ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

#


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA UN VERÁN DIFERENTE

PROPOSTAS DE LECTURA PARA INFANTIL

#


PROPOSTAS DE LECTURA PARA 1ยบ E 2ยบ PRIMARIA

#


PROPOSTAS DE LECTURA PARA 3ยบ E 4ยบ

#


PROPOSTAS PARA 5ยบ E 6ยบ

#


PASATEMPOS

ADIVIร AS

HIBA, 2ยบ DE PRIMARIA

SABELA, 2ยบ DE PRIMARIA

#


LEIRE 2ยบ CURSO

#


SOPA DE LETRAS Localiza as palabras nesta sopa de letras

PANDEMIA HIDROXEL

CORONAVIRUS MÁSCARAS

DISTANCIAMENTO

VACINA

CASA

#

ENFERMEIRO CURACIÓN MÉDICA


RECICLAMOS

#


#


Alumnado de 1ยบ de primaria

#


TEMPO DE CORONAVIRUS O pasado 12 de marzo, a iso da una da tarde avisábannos de que se suspendías as clases. Había un virus, chamado coronavirus, que se estaba extendendo moi rápidamente por todo o noso país e tiñamos que quedarnos na casa para evitar o contaxio. Ninguén de nós imaxinaba que o tempo na casa se iba prolongar tanto. As clases a distancia, a ausencia de xogos cos compañeiros, estar na casa todo o tempo… Todo foi moi raro e diferente a outros anos. Estamos recuperándonos lentamente, despois de tres meses podemos facer cada día máis cousas. Pero aínda non se acabou este pesadelo. Nestas páxinas veremos o que foi para nós este período tan longo de tempo sin escola.

#


#


Na corentena botaba moito de menos xogar nos columpios e ir á piscina.Non lle gustou nada estar pechada na casa e non poder ver á súa prima. Neste tempo debuxaba, axudaba na casa, xogaba á consola e vía videos de Ampeterby7 en youtube co seu irmán Nicolás.

OLGA 4ºP

Quere volver a ver aos seus amigos, xogar a xogos novos coma o tenis ou o balonmán e pensa que cando poidamos voltar ao cole deberíamos facer una gran festa

CARLOS 4º P

Alanis pasou estas corentena con sentimentos encontrados. Por un lado gustoulle pasar máis tempo coa súa familia. Pero deuse conta de que botaba de menos aos vecinos, xogar cos seus amigos e amigas e tamen extrañaba moito a súa tía. Desexa que todo volva a ser coma antes .

ALANIS 4º P

Iria quedou moi triste pola xente que morreu e outra que perdou o traballo. Outros tiveron que traballar todo o tempo, sobre todo medic@s, enfermeir@s. Gustoulle estar tempo na casa e axudar ao seu papá. Ten moita gana de voltar a ver á súa profe e á súa familia de Asturias.

IRIA 4ºP

#


ANTÍA 5º P

Eloy pasou o confinamento bastante ben. Xogou ao futbol e ao tenis con súa nai, xogou coa súa cadela, atendeu ás tarefas do cole . Cando deixaron pasear á xente menuda Eloy púxose moi contento, porque así xa podía saír da casa e dar un paseo

ANXO 5º P #


E DEBUXAMOS DENDE A NOSA FIESTRA

ANXO 5ยบP

VALERIA

#


ANTร A

PAULA B

HUGO 5ยบ P

#


UNAI 5ยบ

JIMENA 6ยบ

NOA 6ยบ

#


AÍ VÉN O MAIO Durante o mes de maio e dende o EDL intentamos facer do noso blog Espallando Galego, una fiestra aberta á natureza. Maio é sempre mes de excursións e viaxes no noso colexio. Este ano, por mor da pandemia non puidemos facer ninguna, como outras tantas cousas que quedaron. Por iso que quixemos, mediante uns cantos desafíos , ver o que sabíamos da natureza da nosa zona. Este foi o resultado . Como inicio deixamos este bonito conto de Carla Rañón de 3º de Primaria sobre un bosque amigo.

#


#


#


XÍLGARO

MELRO

LAVANDEIRA

CEGOÑA

CUCO

ANDURIÑA

GORRIÓN

#


LOUREIRO

FIGUEIRA

CARBALLO

FENTO

FIUNCHO

MARGARIDA

MALVA

#


O reto consistía en adivinar as aves, plantas e árbores que cada luns colgábamos no noso blog. E abofé que acertastes. Parabéns para vós

SUPERDETECTIVES NATUREZA

UNAI 5º

ANTÍA 5º

LEIRE 3º

SUSANA 2º

MANUEL 2º

HIBA 2º

SELENE 2º GAEL 4º

ALEJO 2º

#


A DESPEDIDA

E todo principio ten un final. Despedimos ás compañeiras e compañeiros de 6º curso. Fixéronsenos maiores tan pronto!!. E agora, en poucos meses comezan unha nova andadura. Novas experiencias de vida. Nós orgullos@s de tervos como alumnas/ os.

BOA VIAXE E BOA SORTE!!!

IKER A.,JIMENA LEYRE, NOA SARA, SARAY UXÍA,AHARÓN XOEL, IKER V.

#


CEIP SAN MIGUEL DE REINANTE BARREIROS #


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.