HISTORIAS DE MEDO

Page 1


A Un día

CASA

ABANDOnADA

tres nenos chamados Xián, Lucía e Marcos saíron a pasear e

fíxoselles de noite. Estaban no medio do monte, oíanse ouveos de lobos e comezaron a camiñar sen rumbo, con desesperación.

De súpeto

encontraron unha casa desfeita, e entraron. Marcos, o mais valente decidiu entrar e empezou a camiñar pola casa, mentres Xián e Lucía quedáronse na entrada. Oíanse ruídos, pensaban que era Marcos, pero non era así . Durante uns minutos pararon pero despois comezaron con máis intensidade Seguíronse escoitando ruídos, chiscados das portas, un piano que soaba, e por riba apareceron vampiros, zombis, e un neno cheo de sangue. Xián e Lucía, morrían de medo e intentaban escapar. Entón aqueles seres horripilantes e asquerosos sacaron as súas caretas e..., todo resultou ser unha broma. Marcos e os seus amigos fixéranlles unha broma moi macabra Que susto pasaron!!!

SELENE CALLEJA GONZÁLEZ ,5º DE PRIMARIA


O HOME SEN ROSTRO Era unha noite tranquila e calorosa para a época do ano na que estabamos. Meu pai máis eu iamos a buscar a miña irma á festa do Samaín . Coma sempre metémonos no ascensor para ir ao garaxe e coller o coche. Cando a porta do ascensor se abreu notamos un descenso de temperatura moi forte e as luces do garaxe non se acendían. Tan só dispoñiamos da pouca luz que proxectaba o ascensor. Un calafrío recorreu todo o meu corpo ao percibir unha figura máis escura cá propia noite ao fondo do garaxe. Meu pai colleu o móbil e usou a lanterna do mesmo para iluminar o camiño ata o coche,e foi entón cando nos decatamos que a figura non era froito da miña imaxinación se non que era moi real. Ao velo,meu pai asustouse e caeulle o móbil.Eu agocheime a collelo e cando volvín a iluminar a figura espectral xa estaba ao noso carón,e con unha voz horrorosa dixo:

-Veño a levarme as vosas caras!!!.


Foi entón cando se acenderon as luces e a figura fantasmal xa non estaba. Mirei ao meu pai e a sorpresa foi terrible cando vin que...

¡Non tiña cara!

Adriel diaz eiroá 5º primaria


A BRUXA E O ZOMBI: Esto empeza como moitas historias: pola mañá. Eu estaba na miña casa. É fin de semana. Eu quería ir ao parque. Estaba de camiño e empezou a chover. Noon! Non teño paraugas. Estaba lonxe da miña casa e estaba buscando un refuxio cando de repente... Metéronme nun saco! Durmín. Cando espertei non vía nada e estaba nunha cadeira. De súpeto acendeuse unha luz e levanteime da cadeira. Unha persoa alta coa cara verde, un sombreiro alto, un nariz puntiagudo un vestido morado medio roto, unhas unllas longuísimas e unhas botas negras e un gato plantouse diante de min. Era unha bruxa.!!! Logo fixo fume e encima, puxo un caldeiro. Empezou a botar cousas raras nel. E, logo del saíu un...

ZOMBI!

AAAAAAAAAAAAAHH!! O Zombi ía comerme o cerebro cando... ¡Pufff! Espertei Era todo un soño, máis que un soño,un pesadelo!!


FRASE ESPELUZNANTE: Miro pola fiestra. Vexo unha cara sorrinte asomada mirándome fixamente . Pero... Vivo nun 6º piso!

iria fernández martínez


FERMOSA CASA Un día estaba viaxando nun tren con María e Adriel,o tren andaba moi ben ata que de repente parouse,e mentres o arranxaban tivemos que baixarnos nunha vila chamada O Medo. Estivemos paseando,e vimos que tódalas casas estaban despintadas agás unha que estaba pintada de todas as cores. Sorprendeunos tanto que entramos e estaba toda rota e desfeita, había un montón de arañas,o chan estaba roto e as paredes tamén. A curiosidade obrigounos a entrar na cociña,que estaba todo igual de revolto. Ollamos unha pota fervendo. Todos nos asustamos,apagamos o lume e fúmonos ao piso de arriba. As escaleiras renxían , cando chegamos ao piso de arriba, encontramos nun corredor moi longo,unha soa porta,abrímola e atopamos un esquelete que empezou a perseguirnos. Cando chegamos de novo ao piso de abaixo apareceron máis e máis, tamén pantasmas e arañas xigantes. Non éramos capaces de crer todo o que víamos. Pedinlle a María que me beliscara para ver se era un soño, e non o era!!! Cada vez tíñamos máis medo, saímos da casa e comezamos a correr pola rúa ata que chegamos ao tren. Metémonos dentro e arrancou. Estábamos tranquilos ata que nos demos conta que o tren estaba cheo de zombis. Pero parecía que estaban dormindo. Era polo día e quizais a luz do Sol lles impedía moverse.


Non respiramos

do susto ata que chegamos ao noso destino e todo

empezou a ser normal. E dixen:

Non volvo a ir en tren!!!

carla rañón broz


A casa do leñador Un día de noite, por certo, fría e chuviosa, uns nenos decidiron ir en busca de novas aventuras. Internáronse no bosque e alí atoparon unha casa de madeira. A xente do pobo conta que alí vivía un vello leñador rosmón e solitario. Cando chegaron estaba fora e viu aos nenos. Díxolles si querían tomar algo quente. Os nenos como facía tanto frío dixeron que si. Entraron na casa e empezaron a ver cabezas de animais, ósos tirados no chan, e escopetas dentro dun armario. Os nenos empezaron a mirarse entre eles con medo. O vello díxolles que saía un momento a buscarlles comida. U Unha vez que o vello se foi os nenos empezaron a falar entre eles- Seguro que non ten comida e vainos comer,eu teño medo- dicía un deles. Entón vírono pola ventá coller unha brosa e colleron tanto medo que se escaparon correndo o mais axiña que podían.

Nin miraron atrás por se os perseguía

ánxela veiga iglesias


A CASA MISTERIOSA Un día fun dar un paseo co meu can polo monte e atopamos unha casa abandonada, nada máis abrir a porta sentimos un ruído no piso de arriba, subín as escaleiras arrimado ó meu can e en canto chegamos arriba vimos un gato que me pasou por riba da cabeza do salto que deu, xa que el levou máis susto ca nós ao vernos.

Xabi lópez val


VENGANZA No 1989 na guerra de Galiza contra America un home

chamado

Esteve

e

o

seu

amigo

Michel

combatiron xuntos na guerra. Unha

semana

despois

o

irmán

de

Michel

morreu,Michel pensaba que o seu amigo Esteve o matara por roubarlle a moza. Uns anos despois Esteve tuvo un fillo chamado Carlos. Cando Carlos tiña 10 anos Michel intentou asesinar a Esteve, Ao entrar Michel na casa de Esteve lanzou unha granada eo neno de ESteve estivo ferido e foi para o hospital. Pasaron dous días

e Michel foi ao hospital.Cando

Michel intentou matar a Carlos. Pero Esteve empezou a disparar a Michel cunha pistola

e

matouno,

logo

abrazaronse e foron para

Esteve

e

Carlos

a casa coa a nai de

Carlos e tomaron a cena tranquilamente. Logo duns anos despois foron a unha casa de campo.


Un dia un home desconocido matou a Carlos,Esteve e a sua muller e pintou coa sangue a casa e os muros que havia ao lao da casa,o home chamábase GHOST.

SAMUEL CARREGAL DÍAZ


O PAIASO E O BATE Un día de verán estaba eu vendo

tranquilamente unha película de

medo,ata que comecei a escoitar uns ruídos na cociña, Despois duns minutos de silencio os ruídos comezaron de novo a escoitarse, acompañados dunhas respiracións profundas que me daban calafríos. Rapidamente, dinme a volta, collín un bate que tiña cerca e dinlle ven forte o pallaso, que ademais estaba detrás de min. O pallaso laiou, e dixo o meu nome. Pero como?, coñéceme? Sacou a súa máscara e...era meu irmán!! En canto o vin dinme avolta e seguín vendo a película.

MARÍA GUTIÉRREZ LÓPEZ


NO CAMPOSANTO COS ZOMBIS TERRORÍFICOS Un día, un señor chamado Lucas foi ao camposanto a deixar unhas flores na tumba da súa dona. Estando alí rezando pola alma da defunta, da tumba foron saíndo moitos brazos de zombis. El asustouse tanto que correu sen parar ata a súa casa e non volveu ai nunca xamais na vida. Viñeron os seus amigos,Sergio, Esteve,e Bruno coas súas Bruno trouxo

unha metralleta con

pistolas.

mira para poder matalos dende

lonxe,pero chegaron tarde. Lucas xa estaba converténdose en zombi !.E os seus amigos correron para as súas casas mortos de medo. Nada poideron facer, os zombis estaban rodeando as casas de todos os amigos de Lucas ,e convertéronse en zombis. Non quedou ninguén. O mundo acabou cheo de zombis,tal e como foi ata ese momento desapareceu para sempre

BREIXO ALVITE RODRÍGUEZ


A RÚA DE HALLOWEEN Meu avó chámase Ramón e gústalle moito contar lendas. Todos os domingos vou xantar a súa casa e sempre me conta algunha lenda. Unha tarde despois de xantar contoume unha lenda moi terrorífica. A lenda “da rúa de Halloween”. A lenda conta que nunha rúa de Chicago hai un zombi que cando pasan os pícaros preto del pídelles as lambetadas e si os pícaros non lle las dan failles cóxegas.

MIGUEL BASANTA PÉREZ


A Casa Embruxada Un día unha familia decidiu mercar unha casa moi fermosa. Cando entraron colocaron as súas cousas e viron que tiña un soto. Despois de explorar a casa un pouco, foron durmir. De de repente desapareceron os teléfonos, e as chaves caeran ao soto. Cando as buscaron escoitaron un piano. E no momento no que intentaban marchar pola entrada, converteuse nunha vía do tren! É cando chegou o tren pisounos pero solo morreu o seu fillo, que desapareceu. Buscaron as chaves e apareceron nun caixón, cun papel, nel poñía:Estades acabados, vouvos matar!!!

Eles cheos de medo correron ata a porta e puxeron a chave, só que xa era tarde. A nai desapareceu, o pai estaba encerrado, e empezou a ver a un home cheo de sangre cun coitelo e,...

FIN 

ALEJANDRO PAZ GAM


OS ZOMBIS Nunha noite escura e invernal os zombis deciden saír a pasear. Das súas tumbas queren escapar e chocolate queren merendar.

Baixan ata o pobo encantado e no seu longo Camiño ven un cabalo desbocado.

Séntanse a merendar e a xente do lugar os pode observar. O os camareiro están tan asustados Que Non lles dan cobrado!

NAIARA PÉREZ LORENZO


a casa dos vampiros Unha noite un neno e seu pai estaban paseando cerca da súa casa pero de repente unha néboa veue o neno e o seu pai non sabían xa onde estaba a súa casa. Perdéronse e deron voltas e voltas ata que viron unha rúa que tiña unha casa abandonada . Empezou a chover e o pai e o seu fillo entraron naquela casa para resgardarse da choiva. Cando entraron viron un sofá e puxéronse a descansar ata que durmiron. Pasaron 30 minutos e o neno espertou e viu como seu pai se transformou en vampiro.


Vendo o que pasaba intentou correr pero o pai atrapouno e tamén o convertiu en vampiro. Logo foron aá casa e pai e fillo converteron ... a toda a súa familia en vampiros .

Jassmine sabir el mamouni


A moza da curva Un día, fai anos, unha moza morreu nun accidente de trafico nunha curva da rúa. Tempo despois, o espírito da moza apareceu na rúa facendo autostop e pedindo ca leven. Tras subirse no coche a moza permanece calada hasta que o condutor acercase a curva onde morreu. E entón cando o espírito dille ao condutor que teña coidado xa que e la morrera nesa curva, pa unha vez dito desaparecer. LEIRE GONZÁLEZ LÓPEZ


SAMAÍN 2021

QUINTO DE PRIMARIA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.