Page 1

PROXECTO DE FORMACIÓN E ASESORAMENTO EN CENTROS CEIP SAN FRANCISCO XABIER DESENVOLVEMENTO DO PLAN TIC – INTRODUCCIÓN Á WEB 2.0 CURSO 2009-2010


PROXECTO DE FORMACIÓN E ASESORAMENTO EN CENTROS CEIP SAN FRANCISCO XABIER “DESENVOLVEMENTO DO PLAN TIC – INTRODUCCIÓN Á WEB 2.0” CURSO ACADÉMICO 2009-2010

1.- TÍTULO: DESENVOLVEMENTO DO PLAN TIC – INTRODUCCIÓN Á WEB 2.0

2.- XUSTIFICACIÓN. Inicialmente o centro parte dunha boa situación no referente ás TIC: trátase dun centro con experiencia nas distintas modalidades de formación ao longo dos anos.

A formación está acreditada polo traballo desenvolvido por distintos grupos de traballo e seminarios constituídos no Centro. Actualmente o chamado “nivel usuario” é común entre o profesorado e o emprego dos recursos das TIC é habitual por parte do alumnado do centro. • O centro conta cunha páxina web: http://centros.edu.aytolacoruna.es/sfxabier/ • En cursos anteriores desenvolvéronse varios blogs temáticos. A evolución das tecnoloxías, as posibilidades da Web 2.0, amosan unha nova dirección e a necesidade de actualización do manexo das novas ferramentas tic por parte da comunidade educativa.

Atopamos dúas necesidades fundamentais ás que dar resposta a través da participación do profesorado, do alumnado e do colectivos dos pais, nais e titores legais do alumnado do Centro:

2


1.- Necesidade pedagóxica de intervención didáctica a través dos recursos da web e de creación de contidos educativos significativos para o centro: 1.1.- Creación de contidos curriculares propios para a web por parte do profesorado. 1.2.- Realización de actividades en liña por parte do alumnado. 1.3.- Asunción de distintos recursos de comunicación na web (foros, blog, ...) 1.4.- Soporte para os contidos creados (galerías de imaxes, arquivos,...). 1.5.- Mellora dos procesos de ensino aprendizaxe por medio da interacción na web.

2.- Necesidade de divulgación das diversas actuacións e distintas actividades do centro dentro da comunidade: 2.1.- Translación á web de parte dos materiais educativos creados no centro. 2.2.- Divulgación de experiencias significativas desenvolvidas nas aulas. 2.3.- Desenvolvemento da información xerada pola participación en distintos plans e proxectos por parte do alumnado e profesorado do centro: anticipación do idioma estranxeiro na educación infantil, proxecto TIC, proxecto lector... 2.4.- Dar a coñecer as investigacións realizadas no centro: unidades didácticas experimentais...

A implicación do profesorado é alta e xa foi contrastada nos seminarios permanentes e grupos de traballo. Parte do profesorado emprega os encerados dixitais interactivos presentes no centro e case a totalidade emprega o seu propio computador de aula. Outras aulas de uso a xornada completa son: laboratorio multimedia de linguas, laboratorio de inglés, aulas de informática (de dotación municipal unha e da Xunta a outra) e, a xornada parcial a aula de usos múltiples. Como conclusión da importancia do proxecto para a práctica pedagóxica, organizativa e de funcionamento do centro é vital pois trátase dun centro de ensino ben dotado de material informático e dixital, cun alumnado de ampla experiencia no uso das TIC, o que constitúe un acicate para a propia formación da nosa comunidade educativa.

3


3. OBXECTIVOS

3.1.- Proporcionar aos mestres información sobre os cambios acontecidos no ámbito das tic nos últimos tempos, co obxectivo de acadar un modelo de ensino máis activo e participativo. 3.2.- Coñecer os contidos e realizar as actividades necesarias para a mellora da práctica de aula centrada nas tecnoloxías da información e da comunicación. 3.3.- Empregar e administrar os diferentes e diversos xestores de contidos presentes na rede (portal web, aula virtual, foros, wikis, galerias, repositorios, blogs...). 3.4.- Desenvolver estratexias específicas para as tic que fomenten a colaboración e traballo interdisciplinar en equipo. 3.5.- Fomentar a autonomía do profesorado no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. 3.6.- Capacitar ao profesorado para crear e publicar contidos na web do centro de forma autónoma. 3.7.- Avaliar e investigar as repercusións didácticas nos modelos de actividades desenvolvidos.

4


1º Trimestre

4. CONTIDOS, ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN Introducción á Web 2.0 (Unha nova filosofía de traballo participativo en Internet). Navegar por internet na procura de exemplos de diferentes webs e blogs con fins educativos. Análise crítica dos exemplos atopados. Creación e desenvolvemento de blogs temáticos.

2º Trimestre

Crear un blog sobre unha temática proposta polos membros do curso de formación. Aportar actividades educativas ao blog creado. Uso do encerado dixital interactivo como elemento de apoio á elaboración colaborativa de blogs de aula. Mostrar as aportacións coa axuda do encerado dixital, facendo crítica e correccións, novas aportacións do grupo usando ese medio. Páxinas web dinámicas: características e exemplos prácticos (evolución e concepto). Procesos na elaboración dunha páxina web: deseño, creación, edición,

proba

e

mantemento

(ferramentas,

opcións,

estratexias

e

tecnoloxías).

3º Trimestre

Analizar unha web dinámica educativa. Buscar e identificar os elementos dunha web dinámica na web analizada. Utilizar os bancos de recursos institucionais para atopar imaxes, sons, vídeos... para a elaboración dos contidos da nosa Web. (Estas actividades realizaránse usando o encerado dixital) Desenvolvemento e persoalización temática da web dinámica. Crear a nosa propia web usando os conceptos aprendidos. Engadir e publicar na web documentos, materiais, galerías vídeo-fotográficas, novas e recursos educativos para a súa aplicación.

5


5. METODOLOXÍA QUE SE PRETENDE SEGUIR E PROCEDEMENTOS DE TRABALLO PREVISTOS. A metodoloxía proposta será activa potenciando a construción de aprendizaxes significativas, aplicadas á asignación de tarefas e á resolución de problemas que leven a integrar as diferentes aprendizaxes cos diferentes tipos de contidos e usar eses contidos con efectividade cando cumpra aplicalos a situacións e contextos variados. Procurar que os docentes aprendan a aprender usando conscientemente estratexias de aprendizaxe e sendo progresivamente máis autónomos. Favorecer o traballo cooperativo e a práctica vivenciada da participación. Coma docentes que somos debemos propoñer se considere que a aprendizaxe é un proceso interactivo no cal cómpre a participación activa e dinámica no grupo ó que se achegarán as

habilidades, destrezas, actitudes, conceptos, intereses, xunto ás do

resto de compañeiras e compañeiros, nun ambiente de cooperación. No desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe inflúen aspectos como encontrar sentido ao traballo que se debe realizar, o coñecemento dos obxectivos e finalidades que se pretenden acadar, a consciencia dos propios erros e a busca de recursos necesarios para superalos. En síntese deberemos considerar desde unha perspectiva psicolóxica e pedagóxica as seguintes premisas: a) Partir do nivel de desenvolvemento dos compoñentes do proxecto de formación. b) Asegurar aprendizaxes construtivas e significativas. c) Favorecer a aprendizaxe autónoma.

6


6. ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS.

O colectivo de mestres do CEIP San Francisco Xabier que pretenden formarse no desenvolvemento do plan tic e introducción á web 2.0” contan cunha preparación mínima

suficiente no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación

como para acadar os obxectivos do proxecto de formación. Este colectivo consta de especialistas e titores que dun xeito ou doutro empregan os novos medios nas súas aulas ou materias, ben como apoio ou dun xeito habitual. Este feito permítenos traballar en grupos reducidos ou en gran grupo. Por outra parte gran parte do profesorado do presente proxecto de formación no centro son integrantes do Equipo TIC. As sesións expositivas foron deseñadas para a formación por parte dunha experta co visto e prace do Centro de Formación e Recursos de A Coruña, en sesións de dúas horas en horario non lectivo os luns polo serán. Os recursos materiais cos que conta o centro son equipos informáticos de moi distintas características e para moi distintos usos e dos que cabe sinalar polo interese cara ao noso curso de formación: •

Aula-Laboratorio de idiomas multimedia con 26 Pcs, un portátil, proxector e un encerado interactivo “ebeam”.

Aula informatizada do centro con doce Pcs conectados á rede con un equipo móbil composto por un proxector e un computador portátil para uso no encerado dixital interactivo instalado na aula multiusos. Outro equipo móbil para levar ás aulas conta cun portatil, proxector e lector de documentos. 

Laboratorio de inglés con pizarra dixital intactiva, proxector e portátil.



Todas as aulas do centro contan cun computador con conexión WIFI.



Espazo web no servidor da Consellería de Educación.

7


7. ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS E PROCESOS PARA A AVALIACIÓN. A análise e valoración das producións do grupo e da docencia recibida realizarase coa avaliación da exposición docente, a avaliación continua do rendemento didáctico da produción realizada e do valor colectivo da mesma, así como coa autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao remate das sesións de aprendizaxe en grupo cada un dos membros afianzará os conceptos e procedementos vistos a través da repetición dos mesmos e a resolución de problemas ou tarefas asignadas en consonancia cas expectativas plasmadas nos obxectivos do traballo. Os resultados desta avaliación determinará o traballo a realizar por cada quen na próxima sesión (reforzar, adaptar ou suplementar tanto as estratexias como as metodoloxías aplicadas). Nas sesións de asesoramento, a exposición dos deseños e actividades propostas constituirá en si mesma unha avaliación formativa a través da posta en práctica dos procedementos e criterios empregados, así como das dificultades atopadas e as solucións requiridas.

8


9. TEMPORALIZACIÓN Anual ao longo de cincuenta horas de formación repartidas en sesións dunha hora de duración, durante o ano académico 2009-2010, en xornada vespertina de luns.

TEMPORALIZACIÓN

BLOQUES DE CONTIDOS

1º Trimestre

Introducción á Web 2.0 (Unha nova filosofía

Fase de formación e información

de traballo participativo en Internet).

Creación e desenvolvemento de blogs

2º Trimestre

temáticos.

Fase de elaboración de materiais

Uso do encerado dixital interactivo como elemento

de

apoio

á

elaboración

colaborativa de blogs de aula.

Páxinas web dinámicas: características e

3º Trimestre Fase de avaliación e elaboración da memoria

exemplos prácticos (evolución e concepto). Procesos na elaboración dunha páxina web: deseño,

creación,

mantemento

edición,

(ferramentas,

proba

e

opcións,

estratexias e tecnoloxías).

Desenvolvemento e persoalización temática da web dinámica.

9


9. NECESIDADES ORZAMENTARIAS. O proxecto contará cun orzamento total para o seu desenvolvemento de 1500 € repartidos en sesións de docencia, material funxible, reprografía e desprazamentos.

Conceptos Docencia (12 horas)

792 €

Desprazamentos

88 €

Material funxible

• Cd-r/, Cd-rw, DVD, tinta, toner...

400 €

• Memorias USB… Reprografía

230 €

TOTAL

1500 €

10


10. CERTIFICACIÓN. Dona Carmen Pavón Rodriguez, Secretaría do CEIP San Francisco Xabier de A Coruña fai constar que non se ten solicitado nin recibido no Centro ningunha achega económica para este Proxecto de Formación.

Igualmente CERTIFICA que o proxecto mencionado foi comunicado ao Claustro na súa sesión extraordinaria do día 9 de Outubro de 2009 e ao Consello Escolar na sesión ordinaria do 9 de Outubro de 2009, estando integrado na Programación Xeral Anual do Centro. Para que así conste aos efectos de notificación na súa solicitude, o asina en A Coruña a 3 de Outubro de 2009.

Asdo:Manuel Figueirido (Coordinador do curso).

Asdo: Carmen Pavón Rodríguez (Secretaria do CEIP San Fco. Xabier).

Visto e prace: Elena Gómez Formoso (Directora do centro)

11


Desenvolvemento do Plan TIC - Introducción á Web 2.0  

Xustificación, obxectivos, contidos, temporalización e metodoloxía do proxecto.

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you