Page 1

Resumo do curso


Traballo feito: •

Abrimos unha conta de correo (Gmail) e practicamos enviando correos e materiais ao grupo.

Abrimos un blog de probas no que todos e todas aportaron traballos.

Abrimos un blog persoal e nel engadimos: •

Crebacabezas, imaxes retocadas (Gimp), presentacións ‘online’, vídeos, capturas de pantalla, ligazóns e documentos.

Temos un blog de apoio coa información necesaria e sabemos usalo.

Temos a base necesaria (é posible que algúns precisen máis práctica, para iso está o blog de apoio, o correo e a tutoría a medida). O paso de aquí á web dinámica é un trámite: posta en marcha e asignación de administradores e permisos por parte dos asesores SIEGA.


Webs Dinรกmicas A Web 2.0 en centros educativos galegos


Proxecto Web Dinámicas OBXECTIVOS • Favorecer a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través de plataformas web 2.0. • Fomentar a utilizacion das tecnoloxías da información e da comunicación no marco da Sociedade da Información. • Permitir o achegamento real de contidos educativos dixitais ás aulas a través de tecnoloxías innovadoras. • Universalizar a creación de contidos en contorno web e reducción da fenda dixital. • Contribuir á difusión do coñecemento libre nun marco altamente colaborativo e de licenzas abertas, en consonancia coas novas tendencias na Sociedade do Coñecemento.


Drupal: Xestor de información e contidos. Ferramenta coa que pretendemos que cada centro educativo xere o seu portal web. Dun xeito moi sinxelo se elabora un menú de navegación, libros colaborativos, blog’s, chats, artigos con posibilidade de comentarios,... Coppermine: Aplicación para xerar galerías de imaxes. Os usuarios con permisos poden engadir galerías, textos, valoracións e comentarios aos albumes e as imaxes. Moodle: Xestor de contidos e ferramenta de teleformación. Moodle é unha ferramenta imprescindible para a xestión dos contidos de apoio na ensinanza presencial. Con ela o profesorado pode elaborar as súas unidades didácticas e sesións presencias dun xeito rápido e sinxelo.


Drupal é un Sistema de Xestión de Contidos co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espazo web dinámico. Permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que dun xeito uniforme creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos. Crear contidos é tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en menús simplemente seleccionando as opcións de saída. Usar Drupal non implica coñecemento de código ou instalación de aplicacións web. Os centros participantes no proxecto recibirán acceso á aplicación completamente instalada e configurada, cun menú orientativo que cada centro poderá adaptar as súas necesidades. Os asesores de zona darán apoio técnico aos centros participantes. Os centros adscritos ao proxecto terán, a máis da instalación, o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores SIEGA).


Pรกxina oficial das Webs Dinรกmicas. Toda a informaciรณn.

http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/


Hai a posibilidade de facer cursos oficiais (recoñecidos) para a administración e emprego didáctico das Webs Dinámicas.

http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/moodle/


Podemos acceder aos contidos deses cursos desde a Aula Aberta

Permite a entrada a convidados http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/moodle/


Neste curso temos toda a información sobre o acceso, páxinas, historias, imaxes, libros, blogs, vídeo, audio…

http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/moodle/course/view.php?id=15


Resumindo Tendo en conta que hai que esperar a que os asesores SIEGA poñan en marcha o proxecto no centro: “Os centros adscritos ao proxecto terán, a máis da instalación, o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores SIEGA)”

¿Que se pode facer? Practicar o que xa sabemos (ou traballamos): crear entradas, preparar imaxes, documentos, capturas de pantalla… o importante é coller soltura. O blog é unha boa ferramenta para o traballo de aula e todo o traballado vai servir para a web do centro cando estea operativa.


Esta vai ser a base da páxina. Xa ten unha organización que logo pode ser adaptada ás condicións de cada centro.

Accesos á Galería (imaxes) e Aula virtual (cursos).


Un exemplo de web dinรกmica xa adaptada ao centro

http://centros.edu.xunta.es/ceipanxodagarda/


Outro exemplo

http://centros.edu.xunta.es/ceipjuanfernandezlatorre/


Lembrade que hai outro espazo para traballar. Lembrade que coa mesma conta de

mquinto Pódese acceder ao novo espazo preparado para o blog do aniversario. É unha boa práctica para que cada quen poda engadir as súas experiencias no colexio.

http://25aniversariosfxabier.blogspot.com/


Resumo do curso  

Resumo do que foi o curso de formación no CEIP San Francisco Xabier

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you