Día da Muller 2021

Page 1

DÍA DA MULLER 2021



O Día da Muller foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e segundo a versión máis estendida, conmemora os sucesos ocorridos en 1908 en Nova Iorque, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais, pedindo un aumento dos salarios e a redución da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos. Na actualidade, o 8 de marzo converteuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. E desde o noso instituto, un ano máis, lévase a cabo esta actividade en defensa dos dereitos das mulleres. Por isto, as mulleres do centro retrátanse recordando a figuras que ao longo da historia loitaron por un mundo máis xusto, coa bandeira da feminidade ben ergueita. Por iso facemos esta exposición fotográfica xunto coas súas interesantes biografías, coa que queremos incidir na importancia do traballo e esforzo que levaron a cabo durante moitos séculos, e que na actualidade continúan milleiros de mulleres.


VERONICA BOQUETE

(Santiago de Compostela, 9 de abril de 1987), mellor coñecida como Vero Boquete, é unha futbolista galega que xoga como mediapunta ou segunda punta no Utah Royals FC da National Women's Soccer League e xogou como capitana na selección española de fútbol feminina durante máis de dez anos. Foi a primeira futbolista española en xogar a final da Liga de Campións no 2014, co Tyresö sueco, e tamén a primeira en conquistar o cetro continental so un ano despois, nas filas do Frankfurt. Porén, Vero Boquete non se cansa de ser unha pioneira, e en febreiro do 2018 converteuse na primeira xogadora galega na Primeira División de China. Ante todo Vero Boquete é unha trotamundos. O BG Phoenix é o duodécimo equipo, e o sétimo país no que militará como profesional, tras comezar no Transportes Alcaine de Zaragoza e no Espanyol antes de dar o salto internacional: Western New York Flash, Chicago Red Stars, Philadelphia Independence y Portland Thorns en Estados Unidos, Energy Voronezhe de Rusia, Tyresö sueco, Bayern de Múnich e Frankfurt en Alemania e o PSG francés. En xuño de 2013, Vero Boquete converteuse na primeira xogadora galega en publicar a súa biografía titulada Vero Boquete, La princesa del deporte rey, escrita por David Menayo. Nese mesmo ano, Boquete comezou unha petición en Change.org, na que pedía aos produtores de EA Sports que introduciran a xogadoras na serie de videoxogos FIFA. Dita petición reuniu máis de 20 000 sinaturas en vinte e catro horas e acabou cun total de 47 376, sendo a petición moi exitosa. En maio de 2015, EA Sports anunciou que o xogo FIFA 16 incluiría doce seleccións nacionais. En xaneiro de 2015, lanzou a súa propia marca de roupa ao mercado e desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, facendo un gran labor de difusión do deporte entre as nenas e mulleres de moitos países.



MARÍA CALLAS

Maria Anna Cecilia Sofia Kalogeropoúlos (Nova York, 2 de decembro de 1923-París, 16 de setembro de 1977), máis coñecida como María Callas, foi unha soprano grega considerada a cantante de ópera máis importante do século XX. Capaz de revivir o bel canto na súa curta pero importante carreira, foi chamada «A Divina» polo seu extraordinario talento vocal e actoral. O maior don de Calas achábase na súa innata musicalidade, a súa voz de rexistro amplo e o dominio da técnica, que lle permitía mergullarse instintivamente no universo persoal de cada compositor. Callas soubo facer dos seus defectos as súas maiores virtudes. Magnética na escena, non foi só unha gran soprano con dotes vocais inusuais, senón tamén unha gran actriz que soubo encarnar os personaxes dun modo único. Desafortunadamente parte da súa fama non obedeceu só a razóns artísticas. A súa vida privada e a súa relación con Aristóteles Onassis, que foi o amor da súa vida, fixeron que ocupase portadas da prensa rosa cando a súa carreira empezaba a estar en declive. En canto ao seu repertorio, as súas máximas creacións foron Norma, Medea, Violetta na traviata, Lucía e Tosca, seguidas por Elvira nos puritanos, Lady Macbeth en Macbeth, A Gioconda, Il trovatore, A sonnambula, Anna Bolena, Ifigenia, Madame Butterfly, Turandot, Rosina no barbeiro de Sevilla e Armida.



COCO-CHANEL

“Na súa época, as mulleres non eran en absoluto coma ela; Coco marcou o comezo da androxinia, e das súas experiencias creou un novo look e un novo estilo de vida”, así o asegurou Anne Fontaine, a directora do primeiro biopic cinematográfico sobre a gran dama da moda francesa. E é que Coco Chanel, e a súa forma de entender a moda a través da súa marca homónima, marcou un punto de inflexión para a sociedade e, sobre todo, unha auténtica liberación para a muller. Gabrielle Chanel naceu o 19 de agosto de 1883 en Saumur, Francia. Cando a súa nai morreu, tiña 11 anos, seu pai optou por ingresala nun asilo de monxas antes de desaparecer para sempre. Alí, aprendeu a coser ata que aos 18 anos conseguiu un emprego como vendedora nun negocio de roupa interior e de fogar. Compaxinou o seu primeiro traballo co de cabareteira nun local de Moulins, onde adoptou o alcume de Coco. Activa e desenvolta, Gabrielle desafiaba as leis sociais da época falando de ti a ti cos homes e elaborando o súa propia roupa. (…) A afección de mademoiselle Chanel polo masculino e por encontrar a funcionalidade, a emancipación e a comodidade no estilo, marcaron a traxectoria da deseñadora e da súa firma. (...) A ela debémoslle a paixón pola cor negra, o tweed, ou a popularización das perlas, entre outros hitos. https://www.vogue.es/moda/modapedia/marcas/chanel/120



CONCHA CASTROVIEJO Crítica e escritora de moi singular dicir, acusada independencia e forte personalidade. Nace en Compostela en 1910, de familia culta e acomodada. A nai morre de tuberculose en 1920 cando Concha ten nove anos. O pai é catedrático de Economía Política e Facenda Pública na universidade compostelá e promotor da democracia cristiá. A pesar da oposición do pai, que lle procurara unha esmerada educación, teima en realizar estudos regrados de bacharelato para acceder á universidade, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quenennoiva. Estas relacións cos repúblicanos colócana nunha posición difícil e ten que fuxir de España. Nos comezos de 1937 marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Posteriormente, el combate na fronte do Ebro e ela reside en Barcelona até o terrible éxodo no frío febreiro de 1939 de Figueres-Port Bou á fronteira francesa. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México onde pasa dez anos exiliada. En decembro de 1949 chega, de volta a Galiza, coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Santiago de Compostela dirixido por Goñi. Asina como Concha Castroviejo e Asela, ao mesmo tempo que fai os cursos para a obtención do carnet de xornalista que convoca en Madrid a Escola Oficial de Periodismo. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones. É columnista, dirixe o suplemento infantil e entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe á explosión da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios. Escribe en: Ínsula, La Estafeta Literaria, Cuadernos de Occidente, Cuadernos Hispanoamericanos, Blanco y Negro, Grial e noutras publicacións. Na crítica deixa un traballo inmenso; aborda obras literarias, eruditas, históricas, ensaios... Na creación literaria explora rexistros diferentes: Los que se fueron sobre o exilio en México, Víspera del odio sobre as ataduras do matrimonio, El jardín de las siete puertas de literatura infantil, Los días de Lina, En las praderas del Gran Manitú. Dez anos de enfermidade vascular e dexenerativa arrédana da vida pública activa. En decembro de 1995 morre na súa casa de Ribera del Manzanares. É ben considerar a Concha Castroviejo na súa posición fronteiriza: rompe “as regras” que se supón que debe cumprir “unha señorita” compostelá do seu tempo. Violenta as conviccións políticas e relixiosas da súa familia. Decide sobre a súa vida con resolución e valentía. Sae adiante no exilio traballando no que pode, retorna cunha filla pequena e consegue abrirse paso en terreos onde as mulleres son excepción: o xornalismo, a crítica e a literatura. Unha muller de coraxe que sempre evidenciou un espírito moi libre e que deixa unha obra de mérito na crítica e na creación literaria.



HIPATIA DE ALEJANDRÍA

Hipatía de Alejandría é unha das primeiras científicas de quen temos referencia. Foi unha mestra de prestixio na escola neoplatónica e realizou importantes contribucións á ciencia nos campos das matemáticas e da astronomía. O seu brutal asasinato escenifica o paso do razonamento clásico ao oscurantismo medieval. Filla e discípula do astrónomo Teón, Hipatia foi a primera muller matemática da que se ten coñecemento razonablemente seguro e detallado. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño dos primitivos astrolabios (instrumentos para determinar as posición das estrelas sobre a bóveda celeste) e inventou un densímetro, por iso está considerada como unha pioneira na historia das mulleres na ciencia. Hipatia foi asasinada aos 45 ou 60 anos (dependendo de cal sea data correcta de nacemento), linchada por una turba de cristiáns. A motivación dos asasinos e a súa vinculación ou no coa autoridade eclesiástica foi obxecto de moitos debates.



SIMONE DE BEAUVOIR

Simone de Beauvoir foi unha escritora, profesora e filósofa francesa feminista. Loitou pola igualdade de dereitos da muller e especialmente pola súa liberdade sexual, o que a convertiu nunha auténtica revolucionaria na súa época. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase na corrente filosófica do existencialismo e a súa obra, O Segundo sexo (1949), considérase fundamental na historia do feminismo, por constituír unha análise sobre o papel da muller na sociedade, relegada de xeito continuo a unha situación de inferioridade. Este ensaio desatou un auténtico escándalo no momento, en particular, o capítulo dedicado á maternidade e ao aborto, entón equiparado ao homicidio. De Beauvoir entende que a figura da “muller”, tal como a definía a sociedade occidental do seu tempo, é unha construción cultural, sinalando que as características coas que se identifica ás mulleres non lles veñen dadas pola súa xenética, senón por como son educadas e socializadas. Como resumo deste pensamento escribiu unha das súas frases máis célebres: “Non se nace muller, chégase a selo”.



INDIRA GHANDI “A primeira muller poderosa da India patriarcal” Indira Priyadarshini Gandhi nace o 19 de novembro de 1917 no seo dunha familia acomodada da cal Jawaharlal Nehru era o cabeza: un avogado que tras ser educado en Reino Unido acabou converténdose no primeiro ministro máis lonxevo da India e un verdadeiro heroe nacional. Dende nova mostrou os rasgos máis salientables da súa personalidade: intelixencia, implicación e capacidade de traballo. “Un día mi abuelo me dijo que hay dos tipos de personas: las que trabajan, y las que buscan el mérito. Me dijo que tratara de estar en el primer grupo: hay menos competencia ahí” “El mundo exige resultados. No le cuentes a otros tus dolores del parto. Muéstrales al niño”. Interesouse polo movemento estudantil e na loita pola liberación do dominio británico no seu país dirixida polo lendario Mahatma Gandhi (e do cal –aínda que o puidésemos pensar- non era familia). Todos quedaban impresionados ante as súas intervencións públicas pero, había algo que facía que Indira acabara por ser unha excepción entre o resto das mulleres que a rodeaban: a posibilidade de formarse. Foi educada nos colexios máis prestixiosos do seu país e, na adolescencia, continuou a súa formación en países de Europa como Suiza e Reino Unido. En 1942 casou con Feroze Gandhi, un avogado e militante do mesmo partido ao que India estaba afiliada. Partido do Congreso. Del adoptou o apelido “Gandhi” e tivo dous fillos. Finalmente acabou divorciándose e mudouse á residencia do seu pai onde se converteu na súa confidente. As conversas sobre a situación de inestabilidade do país eran parte do seu día a día e, aínda que con 21 anos xa se afiliara ao Partido do Congreso, Indira foise achegando, de forma máis decidida, ao mundo da política. En 1959 foi elixida presidenta do partido. Once anos despois (1971) convertiríase en líder nacional pero o partido fracasaría nas eleccións de 1977 e a crecente oposición fixo que o seu posto cambalease. Incansable no esforzo logrou recuperar o poder en 1980. O 31 de outubro de 1984, tres meses antes da súa reelección, foi asasinada con 31 tiros en Nova Delhi por dous membros da súa seguridade persoal (defensores do nacionalismo sij). A noite antes da súa norte, nun mítin, afirmou: “Non me importa si perdo a vida servindo á nación; si morro hoxe, cada gota da miña sangre fará máis vigorosa á India”



ALMUDENA GRANDES Estuda Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid, traballa no sector editorial como redactora e correctora e coordina unha colección de guías turístico-culturales. Colabora habitualmente na prensa, principalmente en El País, e participa como tertuliana nalgúnsprogramas da Cadea SER. Conta a autora que se dedicou á escritura grazas ao fútbol e porque no sabía debuxar: “Cuando íbamos a visitar a mi abuelo, mi padre y él veían el fútbol y no se podía hablar. A los niños nos daban lápices de colores, pero como a mí no me gustaba dibujar, me aburría. Y me dijeron que escribiera algo. Aún conservo algunos cuentecitos de regalo de los que obtuve rentabilidad económica. Fue mi primer trabajo profesional”. A súa primeira novela, Las edades de Lulú (1989), obtén un gran éxito de crítica e público e é traducida a máis de 20 idiomas. Consegue con ela o premio Sonrisa Vertical de novela erótica e é levada ao cine por Bigas Luna en 1990. A súa seguinte novela, Malena tiene nombre de tanto (1994), é adaptada ao cine por Gerardo Herrero en 1996. Despois de Malena publicou varias novelas protagonizadas por mulleres, como Atlas de geografía humana (1998), ou Los aires difíciles (2002), levada tamén ao cine por Gerardo Herrero en 2006. En 2007 publica El corazón helado, que en 2008 gana el premio José Manuel Lara e o do Gremio de Libreros de Madrid. En 1997 é a primeira muller que recibe o premio Rossone d’Oro, que antes obtiveran escritores como Alberto Moravia o Ernesto Sábato. Reivindícase como herdeira da gran novelística do s. XIX, especialmente do realismo francés e da narrativa de Benito Pérez Galdós. Gran parte da súa novelística está ambientada nos anos finais do século XX, e amosa a vida cotidiana da España de cambio de século. Tamén lle interesa a guerra civil española: En El corazón helado (2007) presenta o establecemento de varias dinámicas de poder da España contemporánea. Esta mirada ao pasado sistematízase a partires de Inés y la Alegría (2010), que dá comezo a unha serie centrada no conflito bélico denominada Episodios de una guerra interminable, continuada con El lector de Julio Verne (2012), Las tres bodas de Manolita (2013) y Los pacientes del doctor García (2017). Según a autora, a quinta entrega da serie, La madre de Frankenstein, está ubicada na década dos 50. En outubro de 2018 gana o Premio Nacional de Narrativa.



QIU JIAN

Pioneira do feminismo en China, naceu pobre na China do XIX, completamente patriarcal e represora das liberdades das mulleres, e converteuse nun símbolo da entrega a prol dos seus ideais políticos e da loita polos dereitos das mulleres. Escritora, oradora, poeta (unha das grandes do principio do século XX) e revolucionaria, unha das batallas máis coñecidas impulsadas por ela e outras mulleres foi a da eliminación da tradición dos “pés de loto”, que na procura do ideal de beleza feminino da época obrigaba a vendar os pés das nenas ata deformalos completamente para acadar un mínimo tamaño, o que lles producía espantosas dores de por vida e limitacións na mobilidade. Ela liberouse do vendado pero non do matrimonio concertado, onde sempre se sentiu prisioneira á forza. Aínda así, en 1904 foxe a Xapón, empeza a vestirse coma os homes da época e empeza a etapa máis lúcida da súa revolución persoal. Ao final regresa a China e polos seus ideais políticos é detida, torturada atrozmente. É decapitada publicamente aos 31 anos sen chegar a ver revolución.



MARÍA TERESA LEÓN Naceu en Logroño en 1903. Escritora e tradutora española. Poesía, novela, biografías, ensaios e ata guións de radio, teatro e televisión forman parte do legado artístico que esta prolífica autora da Xeración do 27 nos deixou. Sobriña de Ramón Menéndez Pidal e María Goyri. Estudou na “Institución Libre de Enseñanza” e obtivo unha licenciatura en Filosofía e Letras, a pesar de ser expulsada do colexio de monxas e acusada polas súas compañeiras de ler "libros pouco edificantes”. En 1920 casou con Gonzalo de Sebastián, co que tivo dous fillos. Baixo o pseudónimo de Isabel Inghirami -a heroína de D' Annunzioescribiu artigos para o "Diario de Burgos". Os seus textos destacaban polo súa defensa da muller e da cultura. Publicou en 1929 o seuprimeiro libro, "Cuentos para soñar". Nesa época coñeceu a Rafael Alberti, con quen casou nunha cerimonia civil en 1932. Ambos viaxaron por Berlín, a Unión Soviética, Dinamarca, Noruega, Bélxica e Holanda, grazas a unha pensión outorgada para estudar o movemento teatral europeo. No ano 1933, xunto a Alberti, fundou a revista "Outubro", unha plataforma cultural onde publicou a súa obra "Huelga en el puerto" (1933). Ao ano seguinte, en 1934, asistiron en Moscova ao primeiro Congreso de Escritores Soviéticos. Durante a Guerra Civil foi secretaria da Alianza de Escritores Antifascistas, ademais fundou a revista “El Mono Azul”, formou parte da Xunta de Defensa e Protección do Tesouro Artístico Nacional, foi Subdirectora do Consello Central do Teatro e responsable do Teatro de Arte e Propaganda e das Guerrillas do Teatro. Ademais, colaborou na confección do " Romancero de la Guerra Civil" adicado a García Lorca. Trala derrota republicana exiliaron a Francia, Arxentina e Italia. Viviron en Arxentina durante 23 anos, onde naceu a súa filla Aitana. A súa obra máis coñecida, "Memoria de la melancolía" (1970), narra os anos máis activos do século XX, onde María Teresa León xogou un papel protagonista. Forma parte de “Las sinsombrero” un grupo de mulleres pintoras, poetisas, novelistas, ilustradoras, escultoras e pensadoras con inmenso talento que desafiaron e mudaron as normas sociais e culturais da España dos anos 20 e 30. En 1977 regresou a España e foi en 1988 cando faleceu.



MARGARITA LONGORIA In her own words, “Margie” is “Mother, Librarian, Former Literature Teacher, Young Adult and Children’s Book Expert and a Jane Austen fanatic”. She is also the founder of: - Border Book Bash: Book Festival Celebrating Teens and Tweens of RGV (Río Grande Valley) https://borderbookbash.weebly.com/, whose goals are: to promote literacy, enrich reading skills and encourge the love of books and the people who write them. - The Blog called “Margie's Must Reads”. https://margiesmustreads.com/ , where she makes reviews and recommends different kinds of books. She is also the author of the book Living Beyond Borders: Stories About Growing Up Mexican in America, such as Celia Pérez, Angela Cervantes, Guadalupe Garcia McCall, René Saldaña Jr., Francisco X. Stork, and others. According to “Margie”: “I want people who read it to get a true vision of what it means being a Mexican in America. We are humble people who have been stereotyped for a long time. I want young people to understand that our culture makes us beautiful and we should not be ashamed of where we come from”. MARGARITA “MARGIE” LONGORIA Nas sÚas propias palabras, “Margie” é “Nai, Bibliotecaria, antigua Profesora de Literatura, Experta en Libros de Xóvenes Adultos e Nenos e entusiasta de Jane Austen”. Tamén é fundadora de: - Border Book Bash: Festival do Libro que se Celebra cos Adolescentes e Preadolescentes do Valle de Río Grande, https://borderbookbash.weebly.com/, que ten os obxectivos de: promover a alfabetización, enriquecer as competencias lectoras e potenciar o amor polos libros e as persoas que os escriben. É a autora do libro Vivindo Máis Alén das Fronteiras: Historias sobre artistas mexicanos e mexicanas en América, tales como Celia Pérez, Angela Cervantes, Guadalupe Garcia McCall, René Saldaña Jr., Francisco X. Stork, e outros e outras. Según “Margie”: “Gustaríame que as persoas que o lean teñan unha verdadeira visión do que significa ser unha persoa mexicana en América. Nós somos xente humilde da que se ten unha imaxe esterotipada desde xa fai moito tempo. Gustaríame que a xente nova comprenda que a nosa cultura fainos persoas fermosas e que non sinta vergoña das súas raíces”.



ADA LOVELACE Ada Lovelace (1815-1852), o seu nome de nacemento é Augusta Ada Byron e condesa de Lovelace. Filla do notorio Lord Byron, poeta inglés e icona do Romanticismo e da aristócrata inglesa e matemática Annabella Milbanke. A moza Ada recibiu leccións de matemáticas e ciencia nun intento por parte de súa nai de erradicar a herdanza da loucura poética que levaba na súa xenética. A súa infancia transcorreu entre titores e estudos, lastrada por una mala saúde que arrastraría ao longo de toda a súa vida. A pesar de que en século XIX no era frecuente que as mulleres estudasen ciencia, Ada tivo a sorte de contar con grandes mestres, como o matemático Augustus De Morgan o a astrónoma escocesa Mary Somerville. Foi precisamente Sommerville quen lle presentou ao matemático Charles Babbage, científico da computación, con quen trabou unha gran amizade e unha fructífera colaboración. En 1835 Ada casou co barón William King, que posteriormente se converteu en conde de Lovelace. Durante o seu matrimonio seguiu estudando matemáticas. Tras o nacemento do seu terceiro e último fillo, Ada comezou a colaborar con Babbage na máquina analítica ideada por el. Esta máquina nunca chegou a construírse, pero pasou á historia como uno dos primeiros deseños de computador. As achegas de Ada Lovelace a este invento consisten nunha serie de anotacións que engadiu a unha tradución dun artigo sobre a máquina de Charles Babbage. Estas notas, asinadas só coas súas iniciais AAL para ocultar a súa identidade feminina (ata 1953 no foron publicadas co seu nome), terminaron sendo máis extensas y fixéronse máis famosas que a propia tradución. Grazas a súa imaxinación, a súa capacidade para ver más alá da realidade inmediata, Ada foi capaz de desenvolver o primeiro algoritmo con capacidade para ser procesado por ese aparato, aínda que nunca puido probalo y de desenvolver varios conceptos que actualmente se consideran visionarios. As primeiras ideas e teorías de Ada inspiraron, máis de cen anos despois, unha linguaxe de código que levaría o seu nome. A linguaxe de programación Ada foi desenrolado en Estados Unidos como encargo do Departamento de Defensa e aplícase sobre todo en contextos nos que se require un código fiable e moi seguro, de aí que se empregue para software de exércitos, empresas aeronáuticas, enxeñería aeroespacial ou a xestión do tráfico aéreo. Cada ano, desde 2009, o segundo martes de outubro celébrase o día internacional de Ada Lovelace, unha data coa que se pretende conmemorar os logros acadados polas mulleres en campos como a tecnoloxía, a ciencia, a enxeñería o as matemáticas. Con esta celebración, ademais, quérese render homenaxe á figura desta muller, considerada pioneira da informática.



LOU VON SALOMÉ

Coma en tantos outros casos, é alarmante o contraste entre a importancia que tivo esta extraordinaria muller na Europa da súa época e o pouco que a recoñecemos na posteridade. Os obstáculos que, como muller, ela soubo intelixente e vehementemente superar para poder realizarse como persoa, vólvense grandes lousas cando xa non está a súa vitalidade para encaralos. E é que o seu legado esmorece polo machismo de agora, non polo de entón. Porque presupomos, sen cuestionármonolo, que a historia debeu facer ben o seu traballo, seleccionando por nós as biografías e obras que paga a pena revisitar. Pero eses cribados que parecen facilitarnos as cousas, en realidade acumulan prexuízos que silencian as voces, as de antes e mais as de agora. De Lou von Salomé, de feito, adóitase salientar que foi admirada polos máis grandes homes que deu a súa época, a que transcorre a cabalo de finais do século XIX e de principios do XX: o filósofo Nietzsche, o poeta Rilke ou Freud, o pai da psicanálise… Mais o seu mérito non radica en ter conseguido a admiración destes nin en servirlles de musa, senón en ter sido, a canda eles, igualmente filósofa, escritora e psicanalista. Desenvolveu o seu pensamento con autonomía e independencia, avanzando, no seu propio decurso persoal, sobre os problemas que lle preocupaban, e non deberiamos agora facer depender a súa valía do recoñecemento que si recibiron os homes que a arrodearon e que, sen dúbida, tamén lle aportaron. Lela, redescubrir o que daquela era digno de tal respecto intelectual, tratar de comprender o seu contexto, o seu estilo, a súa condición de muller e a súa rebeldía contra as convencións que a reprimían, é o único camiño para manter vivo e en plena vixencia o seu legado, en diálogo entre iguais, como foi na súa vida, coas obras dos que a acompañaron e enriqueceron.



SOPHIE TAEUBER-ARP Interiorista, deseñadora téxtil, bailarina e artista. Sophie Taeuber-Arp foino todo na Europa de entreguerras, cando os sus 'collage' e tapices tan abstractos como optimistas transformaban a arte. Sophie (Davos 1889-1943) naceu en Suiza e converteuse nunha das artistas dadá máis importantes da súa xeración. O seu perfil interdisciplinar e a súa desbordante capacidade de traballo e imaxinación levárona a deseñar tapices, construír marionetas de madeira, bailar no mítico “Cabaret Voltaire” de Zúrich, pintar centos de cadros, inventarse o interiorismo de casas e centros culturais e esculpir as súas famosas “Tête dadá” (cabezas dadá) nos anos 20. Despois de estudar en Suíza, Munich e Hamburgo. Foi en Zurich, na “Exposición Internacional de Tapices Modernos”, onde coñeceu ao que sería o seu compañeiro de traballo e de vida, Jean Arp. Xuntos empezaron a experimentar con colaxes abstractos que seguían uns determinados patróns. Sophie, ademais, era unha incrible bailarina que actuaba no “Cabaret Voltaire”, onde naceu o Dadaísmo, para os seus amigos: Tristan Tzara, Hugo Ball e para Jean, quen no ano 1922 converteuse no seu marido. Ademais, deseñaba os vestiarios e axudaba coa coreografía. "Como a música, o seu arte toca a realidade máis profunda. Cando a coñecín xa dividía as superficies dos seus lenzos e acuarelas en cadrados e rectángulos que combinaba horizontal e perpendicularmente. Construía as súas pinturas como obras de albanelería", describiu Arp anos despois. Por sorte para el, Sophie, ademais de pintar e tecer, puido manter á parella traballando como profesora na Escola de Artes Aplicadas de Zurich de 1916 a 1929. O fogar do matrimonio Taueber-Arp converteuse nun lugar de encontro para artistas, pensadores e escritores como Sonia e Robert Delaunay, Alexander Calder, Wassily Kandinsky, Joan Miró ou Marcel Duchamp. "Expresábase a través de desafogos de cor, especialmente nos seus últimos anos de vida, empregando case exclusivamente formas simples e xeométricas", dixo dela Kandinsky, un dos seus amigos máis achegados. A principios de 1940, co comezo da Segunda Guerra Mundial e a invasión nazi de Francia, o matrimonio fuxiu a Suiza, onde viven por pouco tempo. Alí Sophie pintou as súas últimas obras, unha serie de debuxos a lapis e tinta chamados “Construction géométrique”. Tres semanas despois de rematalos finaba accidentalmentena súa casa de Zúrich despois de envelenarse cunha estufa de gas. Era 1943, nunca puido ver acabar a guerra. No ano 2021 terán lugar varias exposicións sobre Sophie: no Kunstmuseum Basel do seu país, na Tate Modern de Londres e finalmente no MoMA de Nova Yorke.



DENISE VERNAY

Denise Vernay, oficial de enlace da Resistencia deportada a Ravensbrück, faleceu aos 88 anos. Nacida baixo o nome de Jacob, era irmá de Simone Veil. A súa irmá maior Madeleine e a súa nai foran deportadas en abril de 1944 a Auschwitz, o campo da morte do que regresaran as dúas irmás pero non a súa nai. Denise Jacob entrou na rede de resistencia Franc Tireur en Lyon aos 19 anos co nome en clave "Miarka" a principios de 1944. O 18 de marzo de 1944 visitara á súa familia en Niza durante os 21 anos da súa irmá Madeleine. Esta foi a última reunión da familia cuxos outros membros (o seu pai, a súa nai, o seu irmán John e as súas dúas irmás) foron arrestados como xudeus dez días despois. Despois do desembarco o 6 de xuño de 1944, deixou a rexión de Lyon para Annecy como oficial de enlace do exército secreto. Unha semana despois, Denise Jacob ofreceuse voluntariamente para recoller en nome do Maquis du Plateau des Glières, dous transmisores e cartos que se tiraron no Saône-et-Loire. A moza viaxou 240 km ata Cluny (Saône et Loire), recolleu as dúas estacións emisoras e o diñeiro e regresou en taxi a Caluire, preto de Lyon. Ao día seguinte, noutro taxi que a veu buscar en Caluire, foi detida por un control de Feldgendarmerie na estrada de Aix-les-Bains onde tivo que devolver o seu equipo. Rendida á Gestapo en Lyon, sufriu torturas na bañeira antes de ser deportada a Ravensbrück o 26 de xullo. Finalmente foi liberada en abril de 1945 en Mauthausen, onde fora trasladada un mes antes. Dentro da Fundación para a Memoria da Deportación, Denise Vernay fora testemuña incansable deste período. Foi Comandante da Lexión de Honor, Gran Cruz da Orde do Mérito e posuidora da Croix de Guerreira 1939-1945 con palmas e a Medalla de Resistencia cunha roseta.



LUISA VILLALTA Naceu na Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e alí licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía GalegoPortuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Era tamén titulada superior en violín, ou violino (como ela lle chamaba sempre a este instrumento). Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela. Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por A taberna do holandés; co XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario En concreto; postumamente, co Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por En concreto etc. A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002),Poética “Sobre un certo estado de conciencia” (2002) ou A língua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación. Seguramente foi a súa sede de xustiza, a súa sede de sermos un país avanzado, un país culto, o que a levou a implicarse socialmente: formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego. Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo. Así, equiparou Isto é poesía, un ruído provocado. […] Isto é tamén unha muller que resiste, e así, no su poemario Papagaio – entre imaxes tomadas no transcurso da demolición deste barrio da Coruña coñecido pola prostitución–, os seus textos fálannos da vida das putas, empregando esta palabra sen rubores e con toda a dignidade. A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, por causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas. Desde o momento da súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor: desde o ano 2004 no I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada – onde ela foi profesora– convócase anualmente o Certame Literario “Luísa Villalta”; igualmente desde 2004, no contexto da comunidade universitaria convócase o Premio “Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas...



- Eva Tizón como Vero Boquete. - Carmen Pombo como María Callas. - Covadonga Gasch como Coco Chanel. - Sonia Couto como Concha Castroviejo. - Noemí Rego como Hipatia de Alejandría. - Antía Parga como Simone de Beauvoir. - Uxía Cagiao como Indira Ghandi. - Eva García como Almudena Grandes. - Emma Abella como Qui Jian. - Adriana Varela como María Teresa León. - Mónica González como Margarita Longoria. - Rosa García como Ada Lovelace. - Lucía Castro como Lou Von Salomé. - Beatriz Fernández como Sophie Taueber. - Silviana Cobas como Denise Vernay. - Lorena Suárez como Luisa Villalta.


I.E.S. EDUARDO PONDAL PONTECESO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.