Anxo Rei Ballesteros (Codeso, 1952 – A Coruña, 2008), ademais de autor de obras de culto na narrativa galega contemporánea (Loaira, Dos anxos e dos mortos, Non sei cando nos veremos, A noite do moucho) é tamén un dos grandes ensaístas cos que conta a aínda estraña tradición da ensaística en galego. Con obras como A outra memoria ou Tempo e vinganza, na súa escrita reflexiva Anxo abala entre os tópicos centrais da tradición cultural europea (a comunidade, o tempo histórico, a poesía como expresión do ser, a literatura como fracturación do mundano) e inquedanzas persoais froito moitas veces da súa propia laboura como escritor. Orixinal e arriscada a un tempo, a súa ensaística devén a manifestación do orixinario que porta o ser humano na súa vida e existencia.
Con Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) a escrita de Ballesteros retoma a liña filosófica que —desde a Modernidade— interroga ao ser humano polo feito imaxinario da súa elaboración como persoa: a literatura como