Guía dos coleópteros do complexo dunar de Corrubedo

Page 56

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Cribroleptura stragulata (Germar, 1824) Familia Cerambycidae Descrición Lonxitude 10,0-15,0 mm. Cabeza e pronoto negros. Antenas negras con algúns artellos amarelos ou testáceos. Élitros de cor amarela testácea ou avermellada con debuxos variables de cor negra, ou ás veces enteiramente negros. Os élitros son longos, e están truncados no ápice, que é levemente dentado no seu ángulo externo. Bioloxía Os adultos aparecen sobre toros secos ou ben sobre diversas flores, principalmente umbelíferas, compostas e rosáceas. As larvas son xilófagas, alimentándose de madeira de coníferas en descomposición, especialmente de Pinus. A destrución dos piñeirais representa a súa maior ameaza. Distribución É unha especie endémica da península Ibérica, aínda que tamén se localiza na rexión pirenaica francesa. Falta na Andalucía. Vive en toda Galicia.

56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.