Page 1

guía dos coleópteros Francisco Novoa Andrés Baselga Israel Gañán Xaime M. González Eulalia Eiroa

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL XUNTA DE GALICIA


Edita:

Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Textos:

Francisco Novoa, Andrés Baselga, Israel Gañán, Xaime M. González e Eulalia Eiroa

Revisión lingüística: Ramiro Combo Fotografías:

Francisco Novoa, Andrés Baselga, Carola Gómez-Rodríguez, Xaime M. González e Israel Gañán

Impresión e xestión gráfica: Alva gráfica, sl Depósito legal:

C 3247-2009

ISBN:

© desta edición: Xunta de Galicia © textos e fotografías


Guía dos coleópteros

Índice

Páxina

Introdución ............................................................................................ Breve introdución á orde coleópteros .......................................... Morfoloxía externa dun coleóptero .............................................. Características xerais do parque .................................................... Localización .................................................................................... Climatoloxía ................................................................................... Hábitats principais e as súas especies características ....

5 6 7 8 8 8 9

Figuras de protección ........................................................................ Especies .................................................................................................. Lophyra flexuosa (Fabricius, 1787) ....................................... Eurynebria complanata (Linné, 1768) .................................. Carabus melancholicus costatus Germar, 1824 ................ Dyschiriodes chalybaeus (Putzeys, 1846) ............................ Trechus cuniculorum Méquignon, 1921 ............................... Emphanes normannus (Dejean, 1831) ................................. Princidium pallidipenne (Illiger, 1801) ................................ Pogonus chalceus (Marsham, 1802) ..................................... Calathus mollis (Marsham, 1802) .......................................... Agonum marginatum (Linné, 1758) ...................................... Amara aenea (De Geer, 1774) ................................................. Zabrus pinguis Dejean, 1831 ................................................... Harpalus neglectus Serville, 1821 .......................................... Acupalpus maculatus Schaum, 1860 .................................... Syntomus foveatus (Fourcroy, 1785) ..................................... Gyrinus substriatus Stephens, 1829 ...................................... Haliplus rubidus Perris, 1857 ................................................... Noterus laevis Sturm, 1834 ...................................................... Laccophilus minutus (Linné, 1758) ....................................... Hydrobius fuscipes (Linné, 1758) ........................................... Limnoxenus niger (Zschach, 1778) ........................................ Berosus affinis Brullé, 1835 ..................................................... Gyrohypnus fracticornis (Müller, 1776) ................................ Philontus punctus (Gravenhorst, 1802) ............................... Cafius xantholoma (Gravenhorst, 1806) ............................. Ocypus olens (Müller, 1764) .................................................... Quedius simplicifrons Fairmaire, 1861 ................................. Paederus fuscipes Curtis 1826 ............................................... Anoxia villosa (Fabricius, 1781) .............................................. Oxythyrea funesta (Poda, 1761) .............................................

14 17 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 3


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Aegialia arenaria (Fabricius, 1787) ........................................ Erodius lusitanicus Solier, 1834 .............................................. Tentyria interrupta Latreille, 1807 ......................................... Phaleria cadaverina (Fabricius, 1792) .................................. Neoisocerus ferrugineus (Fabricius, 1798) .......................... Phylan gibbus (Fabricius, 1775) ............................................. Ergates faber (Linné, 1761) ...................................................... Cribroleptura stragulata (Germar, 1824) ............................. Arhopalus ferus (Mulsant, 1839) ........................................... Pogonocherus perroudi Mulsant, 1839 ............................... Crioceris asparagi (Linné, 1758) ............................................. Cryptocephalus lusitanicus Suffrian, 1847 .......................... Timarcha gougeleti Fairmaire, 1859 ..................................... Chrysolina bankii (Fabricius, 1775) ....................................... Chrysolina haemoptera (Linné, 1758) .................................. Chrysolina gypsophilae (Küster, 1845) ................................ Chrysolina lucida (Olivier, 1807) ............................................ Chrysolina diluta (Germar, 1824) ........................................... Gastrophysa janthina (Suffrian, 1851) ................................. Hydrothassa glabra (Herbst, 1783) ....................................... Hydrothassa fairmairei (Brisout, 1866) ................................ Prasocuris junci (Brahm, 1790) ............................................... Galerucella calmariensis (Linné, 1767) ................................. Galeruca angusta (Küster, 1849) ........................................... Aphthona nonstriata (Goeze, 1777) ..................................... Longitarsus lycopi (Foudras, 1860) ....................................... Longitarsus luridus (Scopoli, 1763) ....................................... Altica ampelophaga Guérin-Méneville, 1858 ................... Podagrica fuscipes (Fabricius, 1775) ..................................... Chaetocnema chlorophana (Duftschmid, 1825) .............. Oedionychus cinctus (Fabricius, 1781) ................................. Psylliodes marcidus (Illiger, 1807) ......................................... Cassida rubiginosa Müller, 1776 ........................................... Otiorrhynchus atroapterus (De Geer, 1775) ....................... Hypera arator (Linné, 1758) .................................................... Pissodes castaneus (De Geer, 1775) ..................................... Mononychus punctumalbum (Herbst, 1784) ..................... Sphenophorus striatopunctatus (Goeze, 1777) ................ Cionus scrophulariae (Linné, 1758) ......................................

49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87

Bibliografía ............................................................................................

89

Glosario ...................................................................................................

93

4


Guía dos coleópteros

Introdución O propósito desta guía é proporcionar unha primeira aproximación ao coñecemento dos coleópteros do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. O devandito achegamento permitiralles ao visitante e ao naturalista interesado nos insectos identificar as especies máis características do parque e coñecer os datos máis relevantes da súa bioloxía. Con ese obxectivo, seleccionamos unha serie de especies que, ou ben pertencen ás familias con maior diversidade específica (Carabidae, Staphylinidae, Cerambycidae, Chrysomelidae e Curculionidae), ou ben son especialmente características dos medios dunares e lacunares costeiros (Tenebrionidae, Dytiscidae, Hydrophilidae e outros coleópteros acuáticos). Trátase, en todos os casos, de especies cuxa presenza na zona foi verificada polos autores e que se poden recoñecer utilizando unha guía de campo. Non se debe esperar, por tanto, achar aquí unha compilación exhaustiva de todas as especies de coleópteros do parque natural, que excedería amplamente as posibilidades dunha guía como esta: o número de especies que cumpriría incluír sería excesivo (dada a enorme biodiversidade deste grupo de artrópodos) e, na maior parte dos casos, resultaría imposible identificalas no medio natural e a partir de fotografías (sería precisa, máis ben, a súa disección e estudo no laboratorio). Esta guía inclúe, con todo, aquelas especies máis frecuentes ou máis características dos ecosistemas do parque. O visitante pode, deste xeito, obter unha visión xeral da fauna de coleópteros, e o naturalista máis especializado pode contar cun punto de partida desde o que profundar no coñecemento deste interesante grupo de insectos. Esta guía dos coleópteros do parque céntrase, por tanto, en especies características dos sistemas dunares e das zonas húmidas anexas, que abundan nas costas de Galicia. Estes hábitats teñen un grande interese, derivado da súa singularidade biolóxica. Os sistemas dunares das costas mediterráneas e doutras zonas do sur de Europa son, ademais, ecosistemas moi fráxiles que, ao mesmo tempo, reciben unha presión antrópica grande. Por isto, para evitar a desaparición destes ecosistemas, cómpre crear reservas e parques naturais en áreas de particular interese. O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, declarado parque natural en 1992, é un claro exemplo. O parque natural ten un uso humano intenso, relacionado co turismo, á vez que presenta un alto grao de conservación. Faise necesario, polo tanto, un uso sustentable do territorio, que permita tanto as actividades humanas como o mantemento das súas especies vexetais e animais. O coñecemento das ditas especies posibilitará a axeitada xestión das súas necesidades e fomentará o respecto dos visitantes á súa diversidade. Acheguémonos, pois, aos coleópteros do Parque Natural de Corrubedo. 5


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Breve introdución á orde dos coleópteros Os coleópteros ou escaravellos son a orde de insectos máis diversa (400.000 especies) e, por tanto, o grupo máis numeroso do reino animal. O número de especies aínda sen catalogar podería ser enorme, particularmente nas rexións tropicais, por iso algúns autores estiman que o número real de especies podería ser moito maior (até varios millóns). Esta enorme diversidade debe atribuírse á capacidade de adaptaren a súa estrutura corporal a hábitats moi diferentes. Así, desde a súa orixe –hai uns 290 millóns de anos–, evolucionaron numerosas formas (variacións dunha estrutura común) adaptadas a diferentes ecosistemas e recursos alimentarios, xerando a diversidade que coñecemos. Esta orde caracterízase, principalmente, porque as súas ás anteriores, denominadas élitros, están endurecidas, formando unha estrutura que protexe a parte posterior do corpo. Os coleópteros sofren unha metamorfose completa. Tras a eclosión do ovo, aparece unha larva de morfoloxía variable, que pode ser terrestre ou acuática. Posteriormente, despois dunha serie de mudas, aparece a pupa, xeralmente inmóbil, que precede ao imago ou insecto adulto. Os coleópteros ocupan uns poucos hábitats intermareais e mariños, as augas continentais e virtualmente todos os hábitats terrestres, desde o chan até as copas das árbores, incluíndo todos os microhábitats vexetais, desde a follaxe externa, flores, xemas, ramas, cortiza e raíces, até bugallas e todo tipo de tecidos internos, así como materia vexetal morta, en diversos graos de descomposición. Alén de numerosísimas especies herbívoras e depredadoras, tamén son frecuentes a saprofaxia e o funxivorismo, así como a utilización de excrementos e carniza.

Non camiñes fóra dos sendeiros e pasarelas. Se os abandonas causarás un dano innecesario 6


Guía dos coleópteros

Morfología externa dun coleóptero O corpo dos coleópteros, o mesmo que o do resto de insectos, está dividido en cabeza, tórax e abdome. Na cabeza poden distinguirse un par de antenas, cuxa lonxitude e forma son variables, dous ollos compostos e os apéndices bucais; estes últimos constan dun par de mandíbulas, dúas maxilas e o labio.

Pronoto

Cabeza

Palpos maxilares Mandíbulas Ollos Antenas

Escudete Estrías elitrales

Élitros

Fémur Tibia Pata Tarso

O tórax divídese en tres segmentos: protórax, mesotórax e metatórax. Dorsalmente, o protórax está constituído por un pronoto moi visible e separado. Do mesotórax só se pode ver, dorsalmente, unha peza de forma triangular situada entre a base dos élitros denominada escudete. Cada segmento do tórax leva un par de patas, que posúen as seguintes partes ou artellos: coxa, trocánter, fémur, tibia e tarso. Os coleópteros teñen dous pares de ás: unhas endurecidas chamadas éli7


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

tros, que saen do mesotórax e confiren unha considerable protección, e outro par, membranoso, que sae do metatórax; estas, situadas baixo os élitros, permítenlles voar a moitas especies da orde. Os élitros dalgúns coleópteros presentan estrías lonxitudinais que, en ocasións, levan certo número de poros setíferos. Outras especies mostran distintos tipos de ornamentación. Por último, o abdome consta dun número variable de segmentos visibles, xa que os últimos poden sobresaír por debaixo dos élitros, que, na maioría de coleópteros, cobren o dorso do abdome.

Características xerais do parque Localización O Parque Natural de Corrubedo, situado ao sueste da península da Barbanza, pertence ao municipio de Santa Uxía de Ribeira, na provincia da Coruña. Ocupa unha superficie de 996,25 ha.

Climatoloxía O clima da zona é de tipo oceánico húmido con precipitacións anuais medias de arredor de 1.200 mm, aínda que existe un período seco de dous meses que lle imprime a esta zona certa influencia do clima mediterráneo. A temperatura media oscila entre 18,5 ºC no verán e 9,5 ºC no inverno. Os ventos dominantes son de compoñente SSO no inverno, asociados a temporais, e de NNE no verán, máis moderados.

8


Guía dos coleópteros

Hábitats principais e as súas especies características A paisaxe, dominada por unha impresionante duna móbil, presenta unha notable variedade de hábitats ao longo das súas case 1.000 ha, que desde o mar para ao interior son: • Praias: o parque inclúe 4 km de praias que poden dividirse en dúas zonas: unha setentrional próxima á vila de Corrubedo, formada principalmente pola praia da Ladeira, con areas finas e correntes menos acusadas, e outra meridional, situada tras a desembocadura da lagoa de Carregal, por onde se estenden as praias de Castro, O Vilar e Angueira, de areas máis grosas e correntes laterais bastante fortes. Nas moreas de detritos de algas e madeira acumulados pola marea son frecuentes o carábido Eurynebria complanata, o estafilínido Cafius xantholoma e o tenebriónido Phaleria cadaverina. Así pois, é importante sinalar que as algas e detritos vexetais non son lixo que sexa necesario eliminar das praias, senón un elemento natural do ecosistema. Trátase dun microhábitat importante para o sustento da biodiversidade das praias.

9


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

• Dunas móbiles: a continuación atopamos a zona de dunas, entre as que destaca unha gran duna móbil, a máis grande de Galicia, que ten unha lonxitude aproximada de 1 km, 20 m de alto e uns 250-300 m de largo. A vexetación desta primeira zona de dunas é escasa, con especies moi características, como Cakile maritima, Euphorbia paralias, Polygonum maritimum, Ammophila arenaria. Viven aquí diversos coleópteros epiedáficos, como os carábidos Lophyra flexuosa, Trechus cuniculorum e Calathus mollis; os escarabeidos Aegialia arenaria e Anoxia villosa, e os tenebriónidos Erodius lusitanicus e Phylan gibbus. O crisomélido Psylliodes marcidus pode observarse alimentándose de Cakile maritima e o curculiónido Otiorrhynchus atroapterus habita entre as matas de Ammophila arenaria. • Arenas estabilizadas: despois da primeira liña de dunas atópanse dunas fixas e chairas areentas moi amplas, cubertas

10


Guía dos coleópteros

dunha vexetación moito máis abundante. Son plantas características desta zona Scrophularia frutescens, Crucianella maritima e Helichrysum picardi, así como Iberis procumbens e Linaria polygalifolia. A fauna de coleópteros é aquí moi rica e presenta especies epiedáficas como os carábidos Amase aenea, Zabrus pinguis e Harpalus neglectus ou o tenebriónido Tentyria interrupta. A vexetación, moito máis abundante nesta zona, alberga unha rica comunidade de insectos fitófagos. Entre os crisomélidos, Crioceris asparagi aliméntase dos espárragos (Asparragus aphyllus) presentes nesta zona. Cryptocephalus lusitanicus é frecuente sobre as flores das estevas (Cistus salvifolius), mentres que Timarcha gougeleti e Chrysolina gypsophilae se alimentan de Crucianella maritima e Linaria polygalifolia, respectivamente. Entre os curculiónidos destacan Cionus scrophulariae, que vive sobre Scrophularia frutescens, e Hypera arator, frecuente sobre diversas cariofiláceas.

11


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

• Zonas húmidas: máis para o interior sitúanse diversas masas de auga con diferentes graos de salinidade, desde as marismas da lagoa de Carregal, onde se mesturan as augas salgadas do mar coas doces procedentes do río Longo ou os regueiros de Sanchanás e Serves, até a lagoa de auga doce de Vixán, alimentada polo regueiro do Vilar. Nas propias masas de auga existe unha rica comunidade de coleópteros acuáticos, como Gyrinus substriatus, Haliplus rubidus, Noterus laevis, Laccophilus minutus, Hydrobius fuscipes, Limnoxenus niger e Berosus affinis. Algúns deles toleran as augas salobres. Nas beiras aparecen diversos coleópteros epiedáficos, como os carábidos Dyschiriodes chalybaeus, Emphanes normannus e Princidium pallidipenne, ou o estafilínido Paederus fuscipes. Asociada ás zonas húmidas, existe unha gran diversidade de plantas típicas de ambientes encharcados, como Juncus spp, Phragmites australis, Iris pseudacorus, Lythrum salicaria e Mentha aquatica. Nestas comunidades vexetais, como xunqueiras e prados encharcados, existe unha fauna de coleópteros fitófagos extremadamente rica. Nas xunqueiras aparecen, entre outras especies, o crisomélido Chaetocnema chlorophana

12


Guía dos coleópteros

e o curculiónido Sphenophorus striatopunctatus. Nos prados encharcados son frecuentes crisomélidos como Chrysolina lucida e Longitarsus lycopi, sobre varias especies de Mentha. Hydrothassa glabra, H. fairmairei e Longitarsus luridus aliméntanse de ranunculáceas e Gastrophysa janthina é moi abundante sobre Rumex spp. Galerucella calmariensis e Altica ampelophaga son extremadamente frecuentes nas beiras dos regatos e charcas, sobre Lythrum salicaria. Nos lirios (Iris pseudacorus) podemos encontrar o crisomélido Aphthona nonstriata, alimentándose das súas follas, e o curculiónido Mononychus punctumalbum, sobre as súas flores. • Piñeirais: na periferia do parque hai un bosque de Pinus pinaster e Pinus radiata acompañados por algunhas árbores autóctonas. Existen numerosos coleópteros cuxas larvas xilófagas se desenvolven na madeira dos piñeiros. Entre elas son frecuentes os cerambícidos Arhopalus ferus e Cribroleptura stragulata, e máis escasos Ergates faber e Pogonocherus perroudi. O curculiónido Pissodes castaneus é tamén unha especie frecuente nas ramas finas dos piñeiros.

13


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Figuras de protección O Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán está situado no concello de Ribeira, e ocupa unha superficie de 996,25 ha. Neste espazo natural concorren as seguintes figuras de protección: - Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural este espazo. - Humidal de importan cia in tern ac ional-Ramsar . Dentro do Convenio sobre humidais de importancia internacional, especialmente como hábitat para as aves acuáticas. Este espazo incluíuse neste Convenio o 26 de marzo de 1993. - Zona de especial protección para as aves-ZEPA. Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres. - Lugar de importancia comunitaria-LIC “Complexo húmido de Corrubedo” dentro da Rede Natura 2000. Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. - Humidal protexido. Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia. - Zona de especial protección dos valores naturais. Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos naturais.

Os vehículos só poden circular polas zonas sinalizadas 14


Gu铆a dos cole贸pteros

Mapa do parque natural

15


Especies


Guía dos coleópteros

Lophyra flexuosa (Fabricius, 1787) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 11,0-13,0 mm. Cor azul escura, verde, bronce, avermellada ou castaña. Ollos saíntes. Antenas e patas cor de bronce. Mandíbulas robustas e curvadas, provistas de dentes. Pronoto e patas con pubescencia abrancazada. Élitros con manchas amareladas. Bioloxía Especie halobionte e psammófila. Encóntrase habitualmente próxima ás dunas, charcos de praia e na beira de ríos e estanques. É depredadora, moi activa de día. Corre velozmente e realiza voos curtos. Distribución Especie estendida polas costas atlánticas de Europa e África, até Mogador. Pola costa mediterránea alcanza Siria e Exipto. En Galicia aparece especialmente en zonas do litoral e tamén en bordos de ríos.

19


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Eurynebria complanata (Linné, 1768) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 17,0-24,0 mm. Todo o corpo é de cor amarela pálida, ás veces alaranxado. Os élitros con manchas lonxitudinais negras. Especie ancha e pouco convexa. Pronoto cordiforme. Estrías dos élitros pouco marcadas. Bioloxía Especie halófila, ás veces gregaria, que vive en praias, debaixo das algas, pedras, madeiras varadas, peixes mortos e diversos materiais botados polo mar. Tamén se pode achar en piñeirais próximos á costa. Un dos seus alimentos preferidos son os anfípodos talítridos, coñecidos comunmente como pulgas de mar. Distribución Costas do Mediterráneo occidental, estendéndose polo litoral da península Ibérica até Francia e o sur das illas Británicas. En Galicia é abundante.

20


Guía dos coleópteros

Carabus melancholicus costatus Germar, 1824 Familia Carabidae Descrición Lonxitude 18,0-25,0 mm. Coloración verde cobreada, mesmo negra. Corpo oval alongado e convexo. Pronoto cos ángulos posteriores fortemente proxectados para atrás. Élitros con costelas moi marcadas. Bioloxía Especie fundamentalmente higrófila, vive en prados e bordos de charcos e lagoas. Tamén se pode atopar en matos e bosques. É depredadora, alimentándose principalmente de insectos e moluscos. Distribución Península Ibérica. Montañas do Rif e áreas adxacentes do norte de Marrocos. En Galicia é máis abundante nas provincias da Coruña e Pontevedra.

21


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Dyschiriodes chalybaeus (Putzeys, 1846) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 2,8-3,5 mm. Cor parda ou negra, xeralmente con reflexo cobreado. Aspecto xeral alongado e estreito. Pronoto globoso e convexo, separado da parte posterior do corpo por un estreitamento moi marcado. Élitros cos lados paralelos e as estrías con filas de puntos moi marcados. Bioloxía Aínda que é considerada especie ligada a ambientes salinos do litoral, tamén vive entre os xuncos dos bordos de lagoas de auga doce ou salobre e debaixo dos musgos nas beiras dos ríos. É activa durante a noite. Distribución Esta especie aparece en toda a rexión mediterránea. En Galicia está citada nas provincias da Coruña e Pontevedra.

22


Guía dos coleópteros

Trechus cuniculorum Méquignon, 1921 Familia Carabidae Descrición Lonxitude 3,5-4,0 mm. Cor castaña con antenas, patas e os bordos laterais do pronoto e élitros máis pálidos. Pronoto transversal e cordiforme. Élitros con ombros marcados e cinco estrías visibles. Bioloxía Especie estenotópica que aparece en follaxe e outros detritos vexetais en piñeirais. Tamén se pode atopar en tobos de coellos. En Galicia aparece tamén en zonas areentas, entre raíces de matos situadas en dunas. Esta especie debe ser protexida, xa que é dun dos escasos carábidos europeos adaptados ao ameazado medio dunar. Distribución Especie europea espallada, principalmente, polo litoral atlántico, aínda que tamén se presenta en diversos puntos do interior. En Galicia aparece esporadicamente no litoral areento.

23


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Emphanes normannus (Dejean, 1831) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 2,5-3,0 mm. Coloración negra brillante, ás veces bronceada, con antenas, patas e o extremo posterior dos élitros castaño avermellado. Pronoto cordiforme e élitros con estrías profundas e numerosos puntos grosos. Bioloxía Especie estenotópica e halobionte. Case exclusivamente ligada a lagoas salobres da costa, en chan arxiloso ou lamacento e en lugares con vexetación de plantas halófitas, hábitats nos que a podemos encontrar en Galicia. Tamén é posible observala no bordo de masas de auga doce. Distribución Especie que vive nas costas de Europa e do norte de África. Tamén no Cáucaso. En Galicia aparece esporadicamente no litoral.

24


Guía dos coleópteros

Princidium pallidipenne (Illiger, 1801) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 4,5-5,0 mm. Cabeza e pronoto verde cobreado. Antenas, patas e élitros amarelados, estes últimos con manchas transversais cobreadas. Pronoto máis estreito que os élitros, cos lados moi sinuosos. Élitros anchos, con estrías finas e punteadas. Bioloxía Especie ripícola que habita en ambientes salinos. Vive no bordo das lagoas costeiras e debaixo das plantas en praias e dunas. Con menor frecuencia pode aparecer no interior, nas beiras areentas de ríos e lagoas. Esta especie é activa durante a noite, permanecendo polo día en pequenos túneles que escava na area. Distribución Costas atlánticas de Europa occidental, incluídas Gran Bretaña e Irlanda. Tamén en Europa setentrional. En Galicia presenta distribución dispersa na costa e menos frecuentemente no interior.

25


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Pogonus chalceus (Marsham, 1802) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 5,0-7,0 mm. Aspecto xeral alongado e estreito. Coloración bronce escura, ás veces cun brillo verde metálico, as antenas e as patas cunha tonalidade avermellada. Pronoto cordiforme coa base punteada. Os élitros son ovados, coas estrías finas. Bioloxía Especie ripícola que habita en ambientes salinos. Vive xeralmente en lagoas costeiras, aínda que tamén en zonas salinas de interior. Encóntrase entre as raíces das plantas, debaixo das algas e nas gretas dos terreos arxilosos. Distribución Esta especie distribúese polas costas de Europa e o norte de África, nas Canarias e en puntos illados de Europa central. En Galicia podémola atopar esporadicamente en areais costeiros.

26


Guía dos coleópteros

Calathus mollis (Marsham, 1802) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 7,0-9,0 mm. Aspecto xeral alongado e aplanado. Coloración pardo-avermellada, as antenas e as patas testáceas. Pronoto cuadrangular cos lados redondeados. Élitros finamente estriados e provistos de tres pequenos pelos. Bioloxía Especie característica de zonas areentas do litoral, como dunas e praias. Aparece debaixo das pedras e entre vexetación xerófila dispersa, formando colonias de numerosos individuos. É saprófaga e de actividade nocturna. Distribución Especie estendida por Europa meridional e central, Asia Menor e o norte de África. Na península Ibérica é común en todo o litoral areento, así como en ambas as dúas mesetas e na bacía do Ebro. En Galicia é abundante na costa, sendo un dos coleópteros máis característicos do medio dunar.

27


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Agonum marginatum (Linné, 1758) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 8,5-10,5 mm. Aspecto xeral alongado e aplanado. Cor verde metálica, co bordo lateral dos élitros amarelo. Fémures castaños e tibias amarelas. Pronoto pequeno, non transversal. Élitros con tres setas marcadas. Bioloxía Especie ligada a hábitats higrófilos que habita no bordo de lagos e encoros con chans arxilosos ou areentos e vexetación baixa e entre a vexetación herbácea de lagoas costeiras. Tamén a podemos encontrar no bordo dos ríos, debaixo das pedras. Ten unha grande afinidade pola calor e permanece activa durante o día. Distribución Esta especie aparece en Europa, incluídas Gran Bretaña e Irlanda. Cáucaso, norte de África, Canarias, Madeira e Azores. En Galicia aparece en todo o territorio.

28


Guía dos coleópteros

Amara aenea (De Geer, 1774) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 6,0-8,0 mm. Forma oval alongada, algo convexa. Coloración bronceada cobreada, tamén verde, azul ou negra. Antenas, tibias e tarsos pardentos, fémures negros. Pronoto trapezoidal, con dúas impresións marcadas na base. Élitros con estrías finas e regulares. Bioloxía Especie euritópica e xerófila. Vive en lugares soleados, con chans secos, areentos e xeralmente de vexetación densa pero baixa. Tamén vive en dunas costeiras na base das plantas. Tamén se encontra en terreos cultivados, lindeiros de bosques, parques e xardíns. A súa dieta consta fundamentalmente de sementes. Activa durante o día. Distribución Difundida amplamente na rexión Paleártica. Introducida en Norteamérica. Moi abundante na península Ibérica e en Galicia.

29


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Zabrus pinguis Dejean, 1831 Familia Carabidae Descrición Lonxitude 14,0-16,5 mm. Forma oval ancha e moi convexa. De cor negra brillante no dorso, co ventre e as patas pardo escuros. Pronoto moi transversal e trapezoidal. Élitros anchos e empenados. Bioloxía Especie psammófila. Vive nas dunas do litoral, onde permanece enterrada de día, na area, ao pé das gramíneas. Citada en Invertebrados españoles protegidos por convenios internacionales, de Rosas et al. (1992) como especie que cómpre protexer debido á alteración do seu hábitat. Distribución Endemismo ibérico que vive na costa atlántica desde Noia (A Coruña) até a desembocadura do Texo en Lisboa. Non se citou até o momento na costa setentrional de Galicia.

30


Guía dos coleópteros

Harpalus neglectus Serville, 1821 Familia Carabidae Descrición Lonxitude 6,5-8,0 mm. Aspecto largo e convexo. Cor negra, antenas co primeiro artello avermellado, fémures negros e tibias e tarsos pardos. Pronoto estreitado para atrás, con ángulos posteriores arredondados. Élitros ovais e convexos con estrías ben marcadas. Bioloxía Especie euritópica e psammófila. Vive en terreos areentos do litoral, en xeral en dunas, entre as raíces das plantas. Máis escasa en zonas do interior. Vive tamén en piñeirais litorais. Forma colonias de numerosos individuos e aparece a miúdo con poboacións de Calathus mollis. Distribución Estendida por Europa, Cáucaso e norte de África. Na península Ibérica aparece especialmente no litoral. En Galicia é abundante en dunas.

31


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Acupalpus maculatus Schaum, 1860 Familia Carabidae Descrición Lonxitude 3,0-3,5 mm. Cabeza negra, antenas e patas testáceas. Pronoto e élitros castaño claros, con manchas mouras de extensión variable. Pronoto trapezoidal cos ángulos posteriores arredondados. Élitros con estrías pouco profundas. Bioloxía Especie paludícola, ligada a ambientes higrófilos, que tolera ben os medios con certo grao de salinidade. Vive debaixo das plantas, restos vexetais e musgos, en prados e no bordo de regueiros, encoros e lagoas litorais. Acostuma formar colonias de numerosos individuos. Distribución Aparece en Europa central e meridional, norte de África e Canarias, chegando até o Cáucaso e Turquestán. En Galicia obsérvase por todo o territorio, sendo abundante en altitudes baixas e medias.

Os cans non están permitidos na praia, nas dunas, no areal, nas lagoas e nos camiños e pasarelas que os atravesan 32


Guía dos coleópteros

Syntomus foveatus (Fourcroy, 1785) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 3,0-3,5 mm. Forma alongada e paralela. Coloración negra con reflexos bronceados. Antenas e fémures negros. Pronoto cordiforme cos ángulos posteriores moi obtusos. Élitros pouco convexos, truncados posteriormente e con dúas pequenas fosas cada un. Bioloxía Especie xerófila e psammófila que acostuma aparecer en lugares con vexetación escasa de matogueiras e plantas herbáceas. Non obstante, en Galicia tamén se ve en ambientes higrófilos. Adoita estar activa durante o día. Distribución Especie estendida por Europa, Cáucaso , Kazajistán e Siberia, alcanzando o Extremo Oriente. En Galicia é moi abundante por todo o territorio.

33


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Gyrinus substriatus Stephens, 1829 Familia Gyrinidae Descrición Lonxitude 6,0-7,0 mm. Corpo ovado e convexo, co ventre plano. Cor negra brillante. Antenas moi curtas. Ollos divididos nunha parte dorsal e outra ventral, de modo que a primeira enfoca o medio aéreo e a segunda o acuático. Patas medias e posteriores aplanadas, cos artellos moi dilatados. Bioloxía Aparece en grupos moi numerosos, en augas tranquilas e sombrías. Móvense a gran velocidade sobre a superficie da auga, describindo movementos circulares. Son carnívoros voraces e aliméntanse de pequenos insectos que caen na superficie da auga, e só se afunden nela se son molestados. Para respiraren durante o mergullo, utilizan unha reserva de aire aloxada nunha cámara debaixo dos élitros, que asoma como unha pequena burbulla no extremo do abdome. Distribución Estendida por Europa, Asia Menor e o norte de África. Vive en toda Galicia.

Non pises nin arrinques as plantas. A lei protéxeas 34


Guía dos coleópteros

Haliplus rubidus Perris, 1857 Familia Haliplidae Descrición Lonxitude 4,0-4,5 mm. Corpo ovado e convexo, pouco hidrodinámico. Cor castaña, con antenas e patas algo máis claras ou con ton avermellado. Cabeza encaixada no pronoto até os ollos. Patas similares ás dos coleópteros terrestres, sen adaptacións para a natación. Élitros provistos de puntos moi grosos na súa parte anterior (pódese ver con axuda dunha lupa). Bioloxía Os halíplidos son torpes nadadores; vense habitualmente camiñando sobre a vexetación acuática en augas tranquilas. Aliméntanse de algas filamentosas. Respiran mergullados na auga grazas á reserva de aire que almacenan debaixo dos élitros, cunhas expansións das súas patas posteriores. Distribución Especie estendida pola rexión suroccidental de Europa e as illas Canarias. En Galicia, como no resto da península Ibérica, coñécense moi poucas citas. Posiblemente sexa unha especie en proceso de extinción.

35


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Noterus laevis Sturm, 1834 Familia Noteridae Descrición Lonxitude 4,0-4,5 mm. Corpo ovado, case elíptico, moi convexo e hidrodinámico, de cor pardento, coas antenas e as patas avermelladas. As antenas son longas e filiformes, aínda que están ensanchadas no medio. As patas teñen os primeiros artellos aplanados, o cal é unha adaptación á natación. Bioloxía Aparece en augas estancadas, a miúdo con abundante vexetación e materia en descomposición. A especie é boa nadadora, aínda que acostuma arrastrarse sobre a vexetación, onde se alimenta de pequenos invertebrados acuáticos. Distribución Especie espallada na rexión suroccidental de Europa e o norte de África. En toda a península Ibérica. En Galicia pódese achar en todo o país.

36


Guía dos coleópteros

Laccophilus minutus (Linné, 1758) Familia Dytiscidae Descrición Lonxitude 4,0-4,5 mm. Corpo comprimido e ovado, moi hidrodinámico, de cor amarela ou ferruxinosa bastante uniforme. As patas, en particular as traseiras, están moi adaptadas á natación: son moi aplanadas, a xeito de remos. Na cabeza os ollos apenas sobresaen do seu contorno xeral. Bioloxía Os seus principais hábitats son augas estancadas, como lagos e lagoas con vexetación escasa, charcas, augas salobres e turbeiras. Como todos os ditíscidos, son excelentes nadadores e moi bos voadores. Distribución Especie espallada por Europa, Siberia meridional, Asia occidental e norte de África. En Galicia, o mesmo que no resto da península Ibérica, é frecuente tanto en zonas montañosas como na costa.

37


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Hydrobius fuscipes (Linné, 1758) Familia Hydrophilidae Descrición Lonxitude 6,0-8,0 mm. Corpo ovado, coa cabeza algo saínte, de cor negra, con brillos metálicos. Os palpos maxilares son longos, máis que as antenas. Os élitros están sucados por estrías lonxitudinais. As patas son pardentas, coas tibias e os tarsos avermellados. Bioloxía Habita fundamentalmente en augas estancadas, aínda que tamén en regueiros, tanto en auga doce como salobre. Especie omnívora e necrófaga que non nada ben, polo cal vive sobre a vexetación próxima á beira. Respira asomando a cabeza sobre a superficie da auga e almacenando o aire debaixo dos élitros. Pode voar. Distribución En todo o hemisferio norte. En Galicia, malia existiren poucas citas, está espallada por todo o territorio.

38


Guía dos coleópteros

Limnoxenus niger (Zschach, 1778) Familia Hydrophilidae Descrición Lonxitude 8,0-10,0 mm. Especie moi parecida á anterior, da que se diferencia por características que se atopan na parte inferior do corpo, polo que a simple vista será difícil distinguilas. Bioloxía Aparece en augas estancadas con abundante vexetación. Aínda que se pode encontrar en zonas de interior, é unha especie halófila que se adapta ben ás augas salobres das zonas costeiras. Distribución Especie estendida por Europa, salvo no norte; ao leste, até Siberia. En Galicia só foi achada en augas estancadas, moitas delas litorais.

39


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Berosus affinis Brullé, 1835 Familia Hydrophilidae Descrición Lonxitude 4,0-4,5 mm. Corpo co contorno menos regular que no resto dos hidrofílidos, cunha inflexión entre o tórax e os élitros e os ollos moi saíntes. De cor castaña, con reflexos metálicos verdosos na cabeza e na mancha central que levan no tórax. Os élitros están sucados por filas de puntos. Bioloxía Especie polífaga fundamentalmente necrófaga, que habita en augas estancadas con vexetación palustre. A diferenza doutros xéneros de hidrofílidos, adoitan ser bastante activos e poden verse nadando con certa rapidez sobre o fondo. Distribución Especie estendida pola metade sur de Europa e polo norte de África. Distribúese por toda a península Ibérica, e en Galicia coñécese en varias localidades.

40


Guía dos coleópteros

Gyrohypnus fracticornis (Müller, 1776) Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 6,0-8,0 mm. Corpo alongado e estreito. Coloración negra, con antenas, patas e élitros castaño escuros. Cabeza cuadrangular, cuberta de puntuación forte. Pronoto oblongo, lixeiramente estreitado para atrás, brillante. Bioloxía Especie ubiquista que vive especialmente en plantas e fungos en descomposición e sobre carniza. Aliméntase de detritos vexetais e animais. Distribución Especie que se estende pola rexión Paleártica e Neártica, tamén rexistrada na India, Arxentina e Chile. Na península Ibérica citouse no noroeste e nordés peninsular, no Sistema Central e de Andalucía.

41


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Philontus punctus (Gravenhorst, 1802) Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 8,0-10,0 mm. Coloración negra brillante. Cabeza cuadrangular con algúns puntos marcados. Pronoto cadrado, un pouco estreitado para diante, tamén con algúns puntos ben visibles. Élitros e abdome cubertos por unha puntuación máis fina e densa. Bioloxía Especie estenotópica e higrófila, ben ripícola ou paludícola. Vive en zonas lamacentas ou pantanosas no bordo de ríos, lagoas ou na costa. Tamén en salgadíos interiores. Aparece debaixo das pedras ou en detritos. Aliméntase de vexetais ou de fungos en descomposición. Distribución Especie paleártico-occidental, vive en Europa desde o sur de Noruega, no norte de África, no Cáucaso e en Siberia. Na península Ibérica coñécense citas dispersas desta especie. En Galicia está rexistrada do Parque Natural de Corrubedo.

42


Guía dos coleópteros

Cafius xantholoma (Gravenhorst, 1806) Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 6,0-9,0 mm. Corpo alongado e estreito. Coloración negra ou negra parda cos patas e os bordos do pronoto, dos élitros e do abdome máis claros. Pronoto e élitros provistos de longos pelos. Pronoto rectangular. Élitros curtos que non cobren o abdome e provistos de pubescencia dourada. Bioloxía Especie halófila que vive na inmediata veciñanza do mar, frecuente nos detritos acumulados no litoral (algas, restos de animais mariños). Aparece ás veces en gran número asociada a poboacións de anfípodos. Distribución Especie estendida polo Paleártico occidental e a rexión Neártica. Vive en todas as costas de Europa, incluída Escandinavia; Canarias e África setentrional. É frecuente no litoral da península Ibérica. Citada en Galicia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

43


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Ocypus olens (Müller, 1764) Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 20,0-30,0 mm. Corpo alongado con lados paralelos, finamente punteado e recuberto de pubescencia negra. Coloración negra. Cabeza cuadrangular e máis ancha que o pronoto. Pronoto cuadrangular coa base lixeiramente arredondada. Élitros curtos que non recobren todo o abdome. Bioloxía Especie euritópica, higrófila e humícola. Vive na lama rica en humus, sobre todo en bosques húmidos e bordos destes. Tamén en prados. Moitas veces aparece en camiños, debaixo das pedras, follaxe e musgo; tamén en feo caído. Distribución Especie holomediterránea e neártica. Está citada de toda a península Ibérica, incluída Galicia.

Camiña en silencio, os ruídos alteran a tranquilidade do parque natural 44


Guía dos coleópteros

Quedius simplicifrons Fairmaire, 1861 Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 10,0-13,0 mm. Corpo alongado e estreito. Coloración negra, aínda que as antenas, patas e élitros son pardo-avermellados. Cabeza oval, máis estreita que o pronoto. Pronoto cuadrangular, con lados redondeados. Élitros curtos que non cobren o abdome. Este último, moi punteado. Bioloxía Especie estenotópica ligada a ambientes con elevado grao de salinidade, atopándose en marismas e dunas costeiras. Aliméntase habitualmente de detritos vexetais. Distribución Especie amplamente espallada por Europa occidental, sobre todo próxima ás costas, sendo máis rara en zonas de interior. En Galicia coñécese nas provincias da Coruña e Pontevedra.

45


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Paederus fuscipes Curtis, 1826 Familia Staphylinidae Descrición Lonxitude 6,5-7,5 mm. Corpo alongado e estreito de lados paralelos. Antenas e patas alaranxadas. Cabeza e extremo do abdome negros. Pronoto e parte anterior do abdome alaranxados. Élitros curtos que non recobren o abdome, rectangulares, de cor azul e provistos de puntuación grosa. Bioloxía Especie estenotópica, higrófila ou paludícola que se alimenta de detritos vexetais. Aparece en prados e devesas húmidas, en zonas pantanosas, mesmo preto da costa. Vive no barro, debaixo das pedras ou en detritos vexetais (Carex, Phragmites). Distribución Largamente espallada pola rexión Paleártica. Coñécese en Europa, comprendidas as illas Británicas e Escandinavia. Foi sinalada tamén do norte de África, Exipto, Oriente Medio e Asia Central. Na península Ibérica é común.

Respecta as plantas e animais, son parte inseparable da natureza 46


Guía dos coleópteros

Anoxia villosa (Fabricius, 1781) Familia Scarabaeidae Descrición Lonxitude 20,0-27,0 mm. Aspecto robusto e convexo. Coloración castaña uniforme máis ou menos escura. Corpo cuberto de pilosidade gris abrancazada que pode ser moi densa ventralmente. A cabeza é recta anteriormente, en visión dorsal. Bioloxía Polo xeral, habita en terreos areentos e secos. É polífaga e aliméntase de diversos tipos de plantas e árbores. Habitualmente ligada a dunas e praias. As súas larvas en ocasións constitúen pragas. Distribución Distribúese pola parte meridional de Europa, desde a península Ibérica até Romanía e Ucraína. En Galicia é relativamente frecuente no litoral. Nota. Denomínase comunmente escaravello de San Xoán, pero este termo utilízase tamén para outras especies próximas.

47


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Oxythyrea funesta (Poda, 1761) Familia Scarabaeidae Descrición Lonxitude 8,0-10,0 mm. Forma rectangular e convexa. Corpo cuberto de pelos abrancazados, longos e pouco mestos. Coloración negra, con reflexos metálicos verdosos ou cobreados, salpicados de manchas brancas que están aliñadas no pronoto e presentan unha disposición irregular nos élitros. Interestrías dos élitros saíntes a xeito de costelas. Bioloxía Os adultos son fitófagos e aliméntanse de néctar e pole. Aparecen a partir da primavera, sendo activos durante as horas de sol. As larvas aliméntanse de materia vexetal en descomposición. Distribución Especie estendida por Europa até o Cáucaso. Tamén habita no norte de África. En Galicia é común por todo o territorio.

48


Guía dos coleópteros

Aegialia arenaria (Fabricius, 1787) Familia Scarabaeidae Descrición Lonxitude 4,0-7,0 mm. Corpo curto, moi convexo e fortemente alargado na parte posterior. Coloración castaño-negra ou castaño-avermellada. Ollos non visibles dorsalmente. Pronoto transversal. Estrías dos élitros ben marcadas. Bioloxía Esta especie vive enterrada ao pé das plantas e debaixo de anacos de madeira nas praias e dunas. Aliméntase de materia orgánica en descomposición. Dado que está limitada a este tipo de hábitat, é sensible á súa degradación e fragmentación. Distribución Especie espallada polo litoral atlántico, desde Portugal a Suecia. Introducida no nordeste de Norteamérica. En Galicia aparece en zonas areentas da costa.

49


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Erodius lusitanicus Solier, 1834 Familia Tenebrionidae Descrición Lonxitude 10,0-14,0 mm. Corpo ovado, convexo, negro e brillante. Pronoto trapezoidal, cos ángulos posteriores agudos. Élitros con dúas costelas pouco marcadas e fina puntuación dispersa. Tibias anteriores provistas de dous fortes dentes. Bioloxía Especie psammófila que vive en dunas e praias do litoral. É activa durante o día, mostrando un modo de vida errante. Pola noite entérrase na area. Aliméntase de restos orgánicos. Distribución A súa área de distribución esténdese polo litoral do noroeste peninsular ao longo de Galicia e do norte de Portugal.

50


Guía dos coleópteros

Tentyria interrupta Latreille, 1807 Familia Tenebrionidae Descrición Lonxitude 12,0-16,5 mm. Corpo negro, glabro e brillante, con puntuación fina, pouco apreciable no pronoto. Antenas robustas. Pronoto globoso, ben separado dos élitros e cos ángulos posteriores nulos. Élitros ovais, convexos e en declive na parte posterior, con estrías pouco marcadas. Bioloxía Especie psammófila do litoral, onde aparece con frecuencia correndo axilmente sobre a area, entre a vexetación dispersa; ás veces enterrada ao pé das plantas. Aliméntase sobre todo de detritos vexetais. Distribución Esta especie coñécese soamente no litoral atlántico: costas do norte de Portugal e de Galicia; na costa occidental de Francia, até o sur de Bretaña.

51


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Phaleria cadaverina (Fabricius, 1792) Familia Tenebrionidae Descrición Lonxitude 5,0-7,0 mm. Corpo oval. De cor amarela testácea, os élitros poden ter dúas manchas escuras de límites pouco marcados. Élitros finamente estriados. Tibias anteriores moi alargadas nas proximidades do ápice. Bioloxía Especie psammófila e halobionte que aparece sempre na inmediata veciñanza do mar, en praias e dunas, nos detritos acumulados polas ondadas (algas, fanerógamas mariñas e restos de animais), dos cales se alimenta. As larvas conviven cos adultos, compartindo o mesmo réxime de vida. Distribución Especie espallada polo litoral atlántico, a Canle da Mancha, o Mar do Norte e o Báltico, desde a costa de Marrocos (Ifni) até Suecia. Tamén nos Azores e illas Canarias. Frecuente no litoral de Galicia.

52


Guía dos coleópteros

Neoisocerus ferrugineus (Fabricius, 1798) Familia Tenebrionidae Descrición Lonxitude 8,5-10,0 mm. Corpo ovado, acuminado por detrás, densamente punteado na súa parte dorsal. A cor é castaño-avermellada brillante. Pronoto transversal con ángulos anteriores marcados. Élitros con estrías marcadas e punteadas. Bioloxía Especie psammófila do litoral, onde vive enterrada debaixo da area, debaixo das pedras ou na base de plantas herbáceas. Aliméntase fundamentalmente de detritos vexetais. Distribución Esta especie distribúese polo litoral de Galicia e Portugal, alcanzando a costa de Marrocos (Tánxer, Tetuán e Melilla).

53


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Phylan gibbus (Fabricius, 1775) Familia Tenebrionidae Descrición Lonxitude 7,0-8,5 mm. Corpo oblongo, algo convexo e punteado pola súa cara dorsal. Coloración negra. Cabeza transversal. Antenas curtas e robustas. Pronoto fortemente transverso cos seus lados arredondados. Élitros case paralelos na súa primeira metade, estreitados posteriormente. Estrías ben marcadas, con intervalos provistos de puntos grosos. Bioloxía Habita preferentemente nas dunas salobres do litoral, onde a podemos encontrar debaixo das pedras ou ao pé das plantas. Aliméntase de detritos vexetais. Distribución Especie estendida pola costa europea desde o Porto até o mar Báltico, incluída a costa inglesa. Na península Ibérica coñécese no litoral atlántico desde Asturias até os arredores do Porto. En Galicia citouse en toda a costa.

54


Guía dos coleópteros

Ergates faber (Linné, 1761) Familia Cerambycidae Descrición Lonxitude 25,0-50,0 mm. Coloración vermella parda nos machos e totalmente negra brillante nas femias. Cabeza globosa, cun suco mediano. Pronoto transversal, rugoso e cunha espiña na metade dos bordos laterais. Élitros pouco convexos, fortemente punteados e cos ombros pouco arredondados. Bioloxía Vive xeralmente sobre coníferas, entre outras Pinus, especialmente en tocos cortados de máis de dous anos. As larvas son xilófagas. O seu ciclo biolóxico dura dous ou tres anos. Os adultos aparecen de xuño a agosto. Distribución Especie holomediterránea amplamente espallada pola península Ibérica e as Baleares.

55


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Cribroleptura stragulata (Germar, 1824) Familia Cerambycidae Descrición Lonxitude 10,0-15,0 mm. Cabeza e pronoto negros. Antenas negras con algúns artellos amarelos ou testáceos. Élitros de cor amarela testácea ou avermellada con debuxos variables de cor negra, ou ás veces enteiramente negros. Os élitros son longos, e están truncados no ápice, que é levemente dentado no seu ángulo externo. Bioloxía Os adultos aparecen sobre toros secos ou ben sobre diversas flores, principalmente umbelíferas, compostas e rosáceas. As larvas son xilófagas, alimentándose de madeira de coníferas en descomposición, especialmente de Pinus. A destrución dos piñeirais representa a súa maior ameaza. Distribución É unha especie endémica da península Ibérica, aínda que tamén se localiza na rexión pirenaica francesa. Falta na Andalucía. Vive en toda Galicia.

56


Guía dos coleópteros

Arhopalus ferus (Mulsant, 1839) Familia Cerambycidae Descrición Lonxitude 8,0-28,0 mm. Coloración pardo-escura ou negro de pez. As antenas superan largamente a metade dos élitros nos machos. Élitros cun punteado fino, como o do chagrén e sen outro tipo de punteado, co ángulo sutural do ápice arredondado. Bioloxía A larva vive sobre madeira seca de diversas coníferas, entre outras Pinus. A pupación ten lugar a comezos do verán. Os adultos aparecen de xuño a setembro. Son activos durante a noite, e son atraídos pola luz. Distribución É unha especie paleártica moi frecuente nos piñeirais de toda a península Ibérica e Baleares. En Galicia distribúese por todo o territorio.

57


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Pogonocherus perroudi Mulsant, 1839 Familia Cerambycidae Descrición Lonxitude 6,0-8,0 mm. Tegumento recuberto de pelos abrancazados, con coloración pardenta. Parte basal dos élitros cincenta, a apical máis escura. As antenas superan a lonxitude dos élitros. Pronoto con tres protuberancias. Élitros truncados no ápice, cunha espiña no ángulo externo. Bioloxía Esta especie aparece sobre as ramas e toros caídos de piñeiros. As larvas son xilófagas e os adultos, florícolas. Mostra costumes crepusculares, apareándose e realizando a posta durante o atardecer. Distribución Especie estendida polo sur de Europa, o norte de África e o Cáucaso. Na península Ibérica coñécese na metade norte e no Levante. É pouco frecuente.

58


Guía dos coleópteros

Crioceris asparagi (Linné, 1758) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 5,0-6,56 mm. Corpo alongado e brillante. Coloración negra cun brillo azulado; o pronoto e os élitros, cos bordos avermellados. Os élitros presentan tres pares de manchas abrancazadas e teñen estrías marcadas con puntos ben visibles. Bioloxía Esta especie está relacionada estreitamente coas plantas de espárragos (xénero Asparagus) e aliméntase das súas follas. Frecuente en campos e prados. Distribución Especie espallada por Europa, o norte de Asia e o Turquestán. Foi introducida en Norteamérica. En Galicia coñécese nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, tanto en zonas de costa como do interior.

59


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Cryptocephalus lusitanicus Suffrian, 1847 Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 4,5-6,5 mm. Corpo ovado e convexo. Cabeza, antenas e patas negras, o pronoto negro cos bordos alaranxados. Élitros alaranxados, con catro pares de manchas negras e coa súa superficie cuberta de puntos grosos desordenados. Bioloxía Especie de hábitos florícolas que pode observarse en estevas e roseiras. Tamén é posible atopala en carballos e aciñeiras, polo que está moi relacionada con árbores do xénero Quercus. Distribución Especie endémica da península Ibérica que en Galicia se coñece sobre todo en áreas montañosas de Lugo e Ourense, aínda que tamén de zonas próximas á costa na provincia da Coruña.

60


Guía dos coleópteros

Timarcha gougeleti Fairmaire, 1859 Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 8,0-13,0 mm. Corpo ovado e moi convexo. Coloración negra. Os fémures presentan unha franxa avermellada. O pronoto non ten rebordo lateral. Toda a superficie do corpo está cuberta de puntos, que nos élitros son máis grosos. Bioloxía En dunas costeiras atopouse sobre Crucianella maritima e en zonas de interior sobre plantas do xénero Galium. Distribución Endemismo ibérico do noroeste peninsular. En Galicia aparece fundamentalmente en zonas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra, aínda que tamén en zonas do interior.

61


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Chrysolina bankii (Fabricius, 1775) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 7,0-11,0 mm. Corpo ovado e convexo. Cunha cor dourada metálica, a cabeza, as antenas e as patas avermelladas. Élitros con puntos grosos na súa superficie, formando series lixeiramente desordenadas. Bioloxía Especie polífaga que se alimenta de diversas plantas de diferentes familias. En Galicia atopouse frecuentemente sobre mentas, fiúnchos e ranúnculos. Distribución Especie espallada na rexión mediterránea occidental. En Galicia habita en todo o territorio, aínda que é máis abundante en zonas do litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

62


Guía dos coleópteros

Chrysolina haemoptera (Linné, 1758) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 5,0-9,0 mm. Corpo ovado e moi convexo. Coloración negra; as antenas, cos dous primeiros segmentos avermellados. Pronoto liso, os élitros con puntos grosos desordenados. Bioloxía Esta especie aliméntase das follas de diversas especies de Plantago. Pode atoparse en diversos tipos de hábitats, desde zonas montañosas até a costa, tolerando bastante ben os ambientes con certo grao de salinidade. Distribución Europa, Cáucaso, Asia Menor e Irán. En Galicia aparece en todo o territorio.

63


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Chrysolina gypsophilae (Küster, 1845) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 7,5-11,0 mm. Corpo ovado e moi convexo. Coloración negra, cos bordos dos élitros alaranxados ou avermellados. Élitros e pronoto con puntos moi grosos, no pronoto só nos laterais, sendo lisa a parte central. Bioloxía Especie de ambientes xerófilos que se alimenta das follas de diversas especies do xénero Linaria. Moi frecuente en dunas costeiras, onde é asociada a Linaria polygalifolia. Distribución Europa, Asia central e o norte de África. A maioría de citas de Galicia correspóndense con zonas costeiras da Coruña e Pontevedra.

64


Guía dos coleópteros

Chrysolina lucida (Olivier, 1807) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 8,0-10,5 mm. Aspecto xeral ovado e convexo. De cor negra salvo os élitros, que son dunha cor vermella brillante. A superficie dos élitros está finamente punteada. Bioloxía Esta especie vive en herbais, claros de bosques e xardíns, alimentándose das follas de plantas lamiáceas como mentas e calamintas. Distribución Especie espallada pola península Ibérica, sur de Francia e norte de Italia. En Galicia coñécese fundamentalmente nas costas areentas da provincia da Coruña.

65


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Chrysolina diluta (Germar, 1824) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 5,0-7,0 mm. Corpo ovado e moi convexo. Cabeza, pronoto, antenas e patas negros. Os élitros son avermellados e con puntos grosos desordenados. Bioloxía Especie fitófaga asociada a diversas especies de Plantago, sendo frecuente en dunas costeiras. Distribución Especie espallada pola península Ibérica e o sur de Francia. En Galicia é especialmente frecuente en dunas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra.

66


Guía dos coleópteros

Gastrophysa janthina (Suffrian, 1851) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 4,0-6,0 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración azul metálica uniforme, con puntos densos no pronoto e os élitros, estes sen estrías visibles. Bioloxía Esta especie é moi frecuente en prados, lindes de bosque e hábitats ruderais, sobre plantas poligonáceas dos xéneros Polygonum e Rumex. Distribución Especie endémica da parte occidental da península Ibérica. En Galicia é frecuente por todo o territorio, tanto na costa como no interior.

67


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Hydrothassa glabra (Herbst, 1783) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 3,0-4,5 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración negra con brillo azulado, salvo os bordos dos élitros, que son alaranxados. Estrías dos élitros provistas de puntos grosos. Bioloxía Esta especie pode acharse en diversos tipos de hábitats, aínda que prefire zonas húmidas, como bordos de lagoas e prados. Tolera os ambientes salinos. Aliméntase das follas e flores de ranunculáceas, fundamentalmente do xénero Ranunculus. Distribución Especie estendida largamente por Europa, Siberia e o Atlas. En Galicia coñécese en todo o territorio.

68


Guía dos coleópteros

Hydrothassa fairmairei (Brisout, 1866) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 4,0-5,5 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración azul metálica uniforme. Cabeza e pronoto provistos de numerosos puntos grosos, nos élitros limitados ás estrías. Bioloxía O mesmo que outras especies do xénero Hydrothassa, está asociada ás ranunculáceas en prados encharcados e outros ambientes húmidos. Distribución Endemismo da metade setentrional da península Ibérica. En Galicia aparece en todo o territorio.

69


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Prasocuris junci (Brahm, 1790) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 4,0-5,5 mm. Aspecto xeral alongado. Coloración negra brillante. Cabeza e pronoto provistos de numerosos puntos grosos, nos élitros limitados ás estrías. Bioloxía Esta especie vive en diversos tipos de hábitats, desde zonas montañosas a dunas do litoral, xeralmente asociada a ambientes húmidos. En Galicia aliméntase das follas de diversas especies de apiáceas. Distribución Europa e o norte de África. En Galicia coñécese en todo o territorio.

70


Guía dos coleópteros

Galerucella calmariensis (Linné, 1767) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 3,5-5,5 mm. Aspecto xeral alongado e pouco convexo. Coloración alaranxada con manchas pardentas na cabeza, pronoto e élitros. Pronoto pequeno en relación cos élitros. Parte dorsal cuberta de numerosos puntos grosos. Bioloxía Especie propia de zonas húmidas, como lagoas e prados húmidos, que tolera bastante ben as condicións de salinidade e que se alimenta exclusivamente das follas da salgueiriña (Lythrum salicaria). Distribución Europa, Cáucaso, Siberia, Kazakhstán, Turkmenistán, norte de China, Xapón e norte de África. En Galicia coñécese en todo o territorio.

71


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Galeruca angusta (Küster, 1849) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 7,0-10,5 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración negra mate. Corpo cuberto por puntos moi grosos e profundos. O máis característico desta especie son os bordos do pronoto e os élitros, os cales son sinuosos e están levantados. Bioloxía Nas dunas do litoral atlántico de Francia atopouse sobre as carrascas de san Xoán (Helichrysum stoechas), aínda que tamén se citou sobre o ravo silvestre (Raphanus raphanistrum). Distribución Península Ibérica, Francia, Sicilia e o norte de África. En Galicia só se coñece nas provincias da Coruña e Pontevedra.

72


Guía dos coleópteros

Aphthona nonstriata (Goeze, 1777) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 2,5-3,0 mm. Corpo alongado e convexo. Coloración azul metálica, coas antenas e as patas amareladas. Os fémures das patas posteriores son mouros. Parte dorsal cuberta de numerosos puntos visibles. Bioloxía Especie higrófila que aparece en prados húmidos e bordos de lagoas. Aliméntase exclusivamente das follas da espadana amarela (Iris pseudacorus). Distribución Europa, Turquía, Irán e Kazajistán. A maioría de citas de Galicia pertencen á provincia da Coruña, moitas delas no litoral. Tamén se coñece nas provincias de Lugo e Ourense.

73


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Longitarsus lycopi (Foudras, 1860) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 1,5-2,0 mm. Corpo alongado, co pronoto claramente máis estreito que os élitros. Coloración parda clara, coa cabeza e o fémur das patas posteriores máis escuros. Como todas as especies de Longitarsus, caracterízase pola gran lonxitude do primeiro artello do tarso das patas posteriores. Bioloxía Especie propia de ambientes con certo grao de humidade que pode aparecer en dunas costeiras e á beira de encoros e lagoas, entre outros. Aliméntase fundamentalmente das follas de diversas especies de menta. Distribución Europa, Turquía, Oriente Medio, Irán, Arabia, Turkmenistán, Kazajistán, Uzbekistán e o norte de África. En Galicia coñécese en todo o territorio.

74


Guía dos coleópteros

Longitarsus luridus (Scopoli, 1763) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 1,5-2,3 mm. Corpo alongado, co pronoto claramente máis estreito que os élitros. Coloración parda escura, case negra, as antenas e as patas lixeiramente máis claras. Élitros con puntos visibles. Bioloxía Esta especie vive en diversos tipos de hábitats. Tolera os ambientes con certo grao de salinidade. Aliméntase de follas de diversas familias de plantas, como ranunculáceas, asteráceas, plantaxináceas e escrofulariáceas, aínda que en Galicia se asocia fundamentalmente ás ranunculáceas. Distribución Europa, Siberia, Asia central, Irán, Oriente Medio e o norte de África. En Galicia é moi común por todo o territorio.

75


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Altica ampelophaga Guérin-Méneville, 1858 Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 3,5-5,0 mm. Corpo alongado e convexo. Coloración verde metálica. Parte dorsal cuberta de numerosos puntos visibles. O pronoto caracterízase por presentar unha profunda depresión transversal na súa base. Bioloxía Especie típica de prados tanto en zonas do interior como no litoral. Aliméntase sobre todo das follas da vide (Vitis vinifera), aínda que tamén das da salgueiriña (Lythrum salicaria) ou a herba de Santo Antón (Epilobium angustifolium), entre outros. Distribución Sur de Europa e o norte de África. En Galicia é común en todo o territorio.

76


Guía dos coleópteros

Podagrica fuscipes (Fabricius, 1775) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 3,0-3,5 mm. Corpo alongado e convexo. Pronoto máis estreito que os élitros. Antenas e patas pardo-alaranxadas. Pronoto alaranxado. Élitros de cor negra azulada e con fileiras de puntos grosos nas estrías. Bioloxía Esta especie vive en hábitats con temperaturas altas, desde zonas montañosas a áreas do litoral. Aliméntase fundamentalmente das follas da malva (Malva sylvestris). Distribución Europa occidental e central. En Galicia está repartida por todo o territorio.

77


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Chaetocnema chlorophana (Duftschmid, 1825) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 2,5-3,5 mm. Corpo ovado e pouco convexo. Coloración verde metálica, ás veces con ton azulado. Antenas pardas, cos primeiros artellos avermellados. Patas co fémur pardo escuro e a tibia e o tarso avermellados. Estrías dos élitros con puntos visibles. Bioloxía Esta especie aparece habitualmente sobre gramíneas ou xuncos, na beira de augas estancadas, como lagoas e pantanos, alimentándose das súas follas. Distribución Europa meridional e central, Cáucaso, Turquía, Oriente Medio e norte de África. En Galicia está presente en todo o territorio.

78


Guía dos coleópteros

Oedionychus cinctus (Fabricius, 1781) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 4,0-6,5 mm. Aspecto xeral pouco convexo. Coloración verde ou azul metálica, cos bordos do pronoto e os élitros avermellados. Ademais, con dúas pequenas manchas avermelladas na superficie de cada élitro. Superficie dorsal cunha puntuación fina pero visible. Bioloxía Esta especie está asociada a plantas da familia das plantaxináceas e das escrofulariáceas. En Galicia é común achala alimentándose das follas da chantaxe maior (Plantago lanceolata). Distribución Especie espallada pola península Ibérica e o sur de Francia. En Galicia aparece por todo o territorio.

79


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Psylliodes marcidus (Illiger, 1807) Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 2,6-3,8 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración alaranxada uniforme. Estrías dos élitros provistas de puntos visibles. Son características do xénero Psylliodes as antenas con 10 artellos. Bioloxía Esta especie vive en praias e dunas do litoral. Tolera as condicións de salinidade e acostuma atoparse en ambientes xéricos. Aliméntase das follas de Cakile maritima e Crambe maritima. Distribución Especie espallada polas costas atlánticas e mediterráneas de Europa, Asia Menor, Oriente Medio e norte de África. En Galicia coñécese en Pontevedra (illas Cíes) e na Coruña (dunas de Corrubedo e lagoas de Traba e Baldaio).

80


Guía dos coleópteros

Cassida rubiginosa Müller, 1776 Familia Chrysomelidae Descrición Lonxitude 6,5-7,5 mm. Corpo ovado e pouco convexo. Coloración verde brillante salvo a zona do escudete, que é pardenta. O pronoto ten forma semicircular e cobre a cabeza. Superficie dorsal cuberta de puntos visibles. Bioloxía Esta especie aparece en diversos tipos de hábitats, tolera bastante ben as condicións de salinidade e aliméntase de diversas especies de asteráceas. En Galicia é frecuente vela sobre os cardos. Distribución Europa, Siberia, China, Xapón e norte de África. En Galicia distribúese por todo o territorio.

81


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Otiorrhynchus atroapterus (De Geer, 1775) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 6,8-9,0 mm. Corpo ovado e convexo. Coloración negra con pubescencia grisalla; as antenas e as patas, algo avermelladas. Rostro curto. Pronoto con lados arredondados e punteado, o mesmo que os élitros. Estes últimos, sen estrías marcadas. Bioloxía Especie psammófila de zonas costeiras. A fase adulta está asociada á gramínea Ammophila arenaria, posiblemente a súa planta nutricia. Distribución Especie estendida polo litoral areento do Báltico, do Mar do Norte e da Canle da Mancha. Citada en Ferrol hai moitos anos; posiblemente vive en toda a costa atlántica de Galicia.

82


Guía dos coleópteros

Hypera arator (Linné, 1758) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 6,0-7,0 mm. Forma oblonga e convexa. Corpo revestido de escamas de cor amarela agrisada. Rostro case tan longo como o pronoto. Este último e os élitros están ornamentados de liñas claras e castañas. Bioloxía Especie psammófila que prefire ambientes secos. Larvas e adultos viven sobre diversas plantas herbáceas da familia de cariofiláceas, como Silene e Dianthus. Distribución Especie amplamente estendida pola rexión Paleártica: Europa, incluída as illas Británicas; Siberia; norte de África.

O lume pode destruír a vida. Non acendas fogueiras nin tires cabichas 83


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Pissodes castaneus (De Geer, 1775) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 4,0-7,0 mm. Corpo ovado con lados paralelos. Coloración castaña ou gris. Corpo cuberto de escamas amarelas ou brancas. Cabeza provista de rostro longo. Pronoto ensanchado na parte posterior. Élitros ornados con dúas manchas transversais. Bioloxía Vive sobre diversas especies de Pinus, entre eles P. pinaster. Os adultos realizan a posta sobre caules e ramas delgadas. As larvas son xilófagas e poden causar danos sobre árbores novas. Distribución Especie amplamente espallada na rexión Paleártica: toda Europa, incluída as illas Británicas; Siberia; Alxeria.

84


Guía dos coleópteros

Mononychus punctumalbum (Herbst, 1784) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 4,0-4,5 mm. Corpo curto, ovado e convexo. Coloración negra. Pronoto provisto lateralmente de escamas amareladas. Rostro case tan longo como o pronoto. Élitros con estrías anchas, profundas e provistas de puntos grosos. Bioloxía Especie paludícola que vive tamén nos bordos das masas de auga doce. As súas plantas nutricias son diversas iridáceas, entre outras o xénero Iris. Pódese atopar tamén en lugares máis secos sobre diversos Iris silvestres. Distribución Esta especie distribúese por toda Europa, incluíndo Rusia e zonas meridionais, pero falta en Escandinavia.

85


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Sphenophorus striatopunctatus (Goeze, 1777) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 6,5-9,0 mm. Corpo ovado, alongado e visiblemente punteado. Coloración negra. Rostro alongado, coa metade distal delgada, ensanchado na zona de inserción das antenas. Pronoto con lados arredondados, de contorno ovado. Élitros con estrías finas. Bioloxía A larva vive na base das raíces de Schoenoplectus lacustris, un xunco halófilo. Os adultos emerxen na primavera e teñen unha vida de longa duración, hibernando en musgos e diversos detritos. Distribución Esta especie distribúese por toda a Europa central e meridional.

Non introduzas plantas nin animais exóticos. Causan un gran dano no equilibrio da natureza 86


Guía dos coleópteros

Cionus scrophulariae (Linné, 1758) Familia Curculionidae Descrición Lonxitude 4,0-5,0 mm. Corpo globoso e convexo. Coloración parda, co pronoto cuberto dunha pubescencia amarelada. Os élitros, considerados en conxunto, de forma cuadrangular, case o dobre de largos que o pronoto e provistos de dúas manchas circulares negras rebordadas de escamas amareladas. Bioloxía Está asociada a especies do xénero Scrofularia. As larvas atacan as follas e as flores, transformándose nunha pupa de cor parda que se fixa a diversas partes da planta. Distribución Europa, polo norte desde Fennoscandia; Gran Bretaña; España; Cáucaso e Asia Menor. Introduciuse en Norteamérica.

87


Guía dos coleópteros

Bibliografía Báguena, L., 1967. Los Scarabaeoidea de la fauna íbero-balear y pirenaica. Instituto Español de Entomología, CSIC. Madrid, 575 pp. Balleto, E. & Casale, A., 1991. Mediterranean Insect Conservation. Pp. 121-140. En: The Conservation of Insects and their Habitats. Collins, N.M. & Thomas, J.A. (Eds.). Academic Press. London, 450 pp. Baraud, J., 2001. Coléoptères Scarabaeoidea d'Europe. Faune de France, vol. 78. Fédération Française des Sociétés de Sciences Naturelles, Paris. 856 pp. Baselga, A. & Novoa, F., 1998. Nuevas citas de Cerambycidae (Coleoptera) de la Península Ibérica. Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 8: 301-302. Baselga, A. & Novoa, F., 2000. Los Chrysomelidae (Coleoptera) de los sistemas dunares de Galicia (Noroeste de España). Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural (Sección Biología), 96(1-2): 113-124. Base lga, A . & N ovoa, F. , 200 6. Diversity of Chrysomelidae (Coleoptera) in Galicia, Northwest Spain: estimating the completeness of the regional inventory. Biodiversity and Conservation, 15: 205-230. Baselga, A. & Novoa, F., 2008. Coleoptera in a Relict Forest of Spain: Implications of Hyperdiverse Taxa for Conservation Strategies. Annals of the Entomological Society of America, 101(2): 402-410. Campos, A. & Novoa, F., 2006. Los Carabidae de Galicia (N.O. de España). Catálogo, Distribución y Ecología. Nova Acta Científica Compostelana. Serie Bioloxía. Anexos Monográficos 2, Santiago de Compostela. 358 pp. Chapman, T.A. & Champion, G.C., 1907. Entomology in NW Spain (Galicia and León). Transactions of the Entomological Society of London: 147-171.

89


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Coiff ait, H., 1972. Coléoptères Staphylinides de la region Paleartique Occidentale. Vol. I: Généralités, Xantholininae, Leptotyphlinae. Publications de la Nouvelle Revue d’Entomologie II, Toulouse. 650 pp. Coiffait, H., 1974. Coléoptères Staphylinides de la region Paleartique Occidentale. Vol. II: Philonthini, Staphilininae. Publications de la Nouvelle Revue d’Entomologie III, Tolouse. 593 pp. Coiff ait, H., 1978. Coléoptères Staphylinides de la region Paleartique Occidentale. Vol. III: Quediini, Pinophilini. Publications de la Nouvelle Revue d’Entomologie VI, Tolouse. 365 pp. Coiff ait, H. , 198 2. Coléoptères Staphylinides de la region Paleartique Occidentale. Vol. IV: Paederini 1. Publications de la Nouvelle Revue d’Entomologie VII, Tolouse. 440 pp. Español, F., 1956. Contribución al estudio de los tenebriónidos del noroeste de España (Col. Heterómeros). Publicaciones del Instituto de Biología Aplicada, 24: 5-71. Forel, J. & Leplat, J., 1998. Faune des Carabus de la Péninsule Ibérique. Collection Systématique, 2. Magellanes, Andrésy. 167 pp. Gaëtan du Chatenet, 2000. Chrysomelidae. Coléoptères phytophages d’Europe, Tome 2. NAP Editions, Verrières le Buisson. 370 pp. Gamarra, P. & Outerelo, R., 2008. Catálogo iberobalear de los Staphylininae (Coleoptera: Staphylinidae). Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa, 42: 197-251. González, J., 1992. Los Coleópteros acuáticos de Galicia. Tese de doutoramento. Departamento de Bioloxía Animal, Universidade de Santiago de Compostela. 302 pp. González, J., Baselga, A. & Novoa, F., 2007. Diversity of water beetles (Coleoptera: Gyrinidae, Haliplidae, Noteridae, Hygrobiidae, Dytiscidae, and Hydrphilidae in Galicia (Northwest Spain): estimating the completeness of the regional inventory. The Coleopterists Bulletin, 61(1): 95-110. Ha nse n, M., 1987. The Hydrophiloidea (Coleoptera) of Fennoscandia and Denmark. Fauna Entomologica Scandinavica, vol. 18. E. J. Brill, Leiden. 254 pp.

90


Guía dos coleópteros

Hoffmann, A., 1950. Coléoptères Curculionides. Première Partie. Faune de France. Vol. 52. Lechevalier, Paris. 1-486. Hoffmann, A., 1954. Coléoptères Curculionides. Deuxième Partie. Faune de France. Vol. 59. Lechevalier, Paris. 487-1208. Hoffmann, A., 1958. Coléoptères Curculionides. Troisième Partie. Faune de France. Vol. 62. Lechevalier, Paris. 1209-1839. Jeannel, R., 1941. Coléoptères Carabiques. Première partie. Faune de France. Vol. 39. Lechevalier, Paris. 571 pp. Koch, K., 1989. Ökologie 1. - Die Käfer Mitteleuropas. Krefeld. 440 pp. Lindroth, C.H., 1985. The Carabidae (Coleoptera) of Fennoscandia and Denmark, part 1. Fauna Entomologica Scandinavica. Vol. 15. E. J. Brill, Leiden. 1-226. Lindroth, C.H., 1986. The Carabidae (Coleoptera) of Fennoscandia and Denmark, part 2. Fauna Entomologica Scandinavica. Vol. 15. E. J. Brill, Leiden. 227-498. López-Vaamonde, C., Pino, J.J. & Devesa, S., 2000. Distribución y estatus de conservación de la familia Cerambycidae Latreille, 1804 (Insecta, Coleoptera) de Galicia (Noroeste de la Península Ibérica). Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural (Sección Biología), 96(1-2): 125-137. Novoa, F. 2004. Insectos. Pp. 449-519. En: A natureza ameazada. Viéitez, E. & Rey, J.M. (Eds.). Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. 836 pp. Novoa, F., Baselga, A. & Campos, A., 1998. Inventario de Coleópteros (Carabidae, Staphylinidae y Chrysomelidae) de los sistemas dunares y lagunares del Parque Natural de Corrubedo (Galicia, noroeste de la Península Ibérica. Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 8: 281-295. Paulian, R. & Baraud, J., 1982. Lucanoidea et Scarabaeoidea II. Faune des Coléoptères de France, vol. 43. Lechevalier, Paris. 478 pp. Petipierre, E., 1994. Estudi faunístic i ecològic dels Coleòpters Crisomèlids de la Vall d’Arán. Butlletí de la Institució Catalana d'Història Natural, 62: 77-108.

91


Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Rosas, G., Ramos, M.A. & García, A., 1992. Invertebrados españoles protegidos por convenios internacionales. Icona-CSIC, Madrid. 278 pp. T empère, G. & Péricat, J., 1989. Coléoptères Curculionides. Quatrième Partie. Faune de France. Vol. 74. Fédération Française des Sociétés de Sciences Naturelles, Paris. 534 pp. Valcárcel, J.P., Prieto, F., Mejuto, C. & Devesa, S., 1997. Aportaciones al inventario de los Caraboidea de Galicia (NO de la Península Ibérica). Familias Carabidae, Nebriidae, Notiophilidae, Omophronidae, Elaphridae y Loroceridae. Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa, 17: 15-26. Viñolas, A. & Cartagena, M.C., 2005. Fauna de Tenebrionidae de la Península Ibérica y Baleares. Vol. 1. Lagriinae y Pimeliinae. Argania, Barcelona, 428 pp. Vives, E., 2000. Coleoptera Cerambycidae. En: Fauna Ibérica, vol. 12. Ramos, M.A. et al. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC, Madrid. 716 pp.

Leva o teu lixo ou deposítao nos colectores de recollida selectiva 92


Guía dos coleópteros

Glosario Epiedáfico: que vive sobre a superficie do chan. Estenotópico: que só habita nun determinado tipo de hábitats. Euritópico: que aparece en diversos tipos de hábitats. Fitófago: que se alimenta de vexetais. Florícola: que vive sobre as flores. Halobionte: que habita en zonas cun elevado grao de salinidade. Higrófilo: que habita en zonas húmidas. Holártico: reino bioxeográfico que comprende as rexións Paleártica e Neártica. Neártico: rexión bioxeográfica que abrangue América do Norte. Paleártico: rexión bioxeográfica que abrangue Europa, norte de África e a parte de Asia situada por enriba dos Himalaias (inclúe así mesmo Asia Menor, case toda Arabia, Mesopotamia e Irán). Psammófilo: que vive en terreos areentos. Ripícola: que habita na beira de ríos ou lagoas. Ruderal: relativo a campos sen cultivar. Saprófago: que se alimenta de materia orgánica en descomposición. Sinuado: cun entrante en forma de seo. Xerófilo: que vive en ambientes secos. Xilófago: que se alimenta de madeira.

93


Guía dos coleópteros

Teléfonos e enderezos de interese • Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Centro de recepción de visitantes «Casa da Costa» 15967 O Vilar - Carreira - Ribeira (A Coruña) Teléfono 981 878 532 - Fax 981 878 527 • Servizo de Conservación da Natureza Edificio Administrativo Monelos Praza Luís Seoane, s/n - 5ª planta 15008 A Coruña Teléfono 981 184 585 - Fax 981 184 654 • Incendios forestais (Xunta de Galicia):: 085 • Seprona: 062 • Emerxencias: 112

Respecta as indicacións recollidas na sinalización do parque natural 95


Guía dos coleópteros do complexo dunar de Corrubedo  

Guía dos coleópteros do complexo dunar de Corrubedo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you